28, Abril 2018

O persoal da Televisión de Galicia desplazado a O Carballiño traballa dende as 10 da mañá no operativo televisivo que  desplegará dende as catro e media da tarde en directo dende o Estadio Municipal de Espiñedo.

A TVG-2 retransmitirá o partido correspondente á 35 xonada do campionato de liga na terceira deivisión entre CD Arenteiro e CD Boiro.

Neste partido, os futbolistas do Arenteiro lucirán unha camiseta con deseño retro que evoca a utilizada na primeira etapa do club nos anos sesenta do século pasado.

O Club Deportivo Arenteiro celebra hoxe diversos actos conmemorativos do seu 60 aniversario, tras a súa fundación en 1958.

26, Abril 2018

Alcaldes, concelleiras e concelleiros de quince concellos adheridos á ruta xacobea do Camiño Miñoto Ribeiro, reuníronse hoxe no Carballiño para perfilar novas inciativas.

Neste acto confirmouse a adhesión do concello do Carballiño á asociación que promove a valorización desta ruta que vai dende Braga a Compostela e que cruza O Ribeiro.

O obxectivo é acadar a declaración de Camiño Cultural como paso previo para establecer unha nova variante do Camiño de Santiago, que está perfectamente documentada, sobre todo a partir do século XVIII, según dixo o presidente da asociación, o alcalde de Cortegada, Avelino De Francisco.

Para isto, vaise encargar un estudio perimetral do camiño en cada un dos concellos polos que pasa, así como efectuar a limpeza en cada termo municipal e proceder a súa sinalización e promoción a través de diversos medios, entre eles, a elaboración dun video.

O concello do Carballiño estivo representado nesta reunión polo teniente alcalde e concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, que se comprometeu en nome do alcalde a levar a adhesión canto antes a un pleno municipal para a súa aprobación, xa que é unha condición indispensable para formar parte da asociación.

Á ruta xacobea do Camiño Miñoto Ribeiro chamábanlle de antigo o Camiño dos Leprosos, xa que eran moitas as persoas enfermas que o transitaban buscando a súa curación, e para isto aproveitaban as augas mediciñais dos moitos manantiais e balnearios que hai nesta ruta.

26, Abril 2018

O grupo Os Coribantes ofrecerá este sábado, 28 de abril, no auditorio municipal do Carballiño, un concerto extraordinario de primavera para presentar o seu novo repertorio con temas inéditos e que incorporan ademáis dos instrumentos musicais tradicionais de Galicia outros foráneos.

Asemade, contarán coa colaboración de músicos de Son de Seu e incluso un do Carballiño, Manuel Fernández, que é percusionista. En total, actuarán arredor de 50 persoas, dende nenos e nenas de 6 anos a mozos e mozas de 25. O concerto comezará ás 20,00 h., e será gratuito.
O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o director do grupo, Andrés Lorenzo, e o presidente, Ángel Rodríguez.

Dacal agradeu a deferencia de Os Coribantes por acudir por vez primeira ao Carballiño, e por elexir o auditorio da vila para presentar en primicia o novo espectáculo do grupo. Por isto, convidou aos veciños do concello e da comarca, así como do resto da provincia, a asistir a este magnífico concerto, que será totalmente gratuito.

Andrés Lorenzo amosouse entusiasmado por actuar no Carballiño, e dixo que o facían con moita ilusión, e que esperaban ofrecer un gran espectáculo. Ao respecto explicou que o concerto mestura música tradicional con música foránea, creando un programa moi atractivo e variado.

Ángel Rodríguez tamén se amosou orgulloso de estar no Carballiño, e convidou a toda a xente a asistir ao concerto, no que se ofrecerá un tipo diferente de música á dos demáis grupos de gaitas, que non deixrará indeferente a ninguén.

O concerto terá unha duración de entre unha hora e media e dúas horas, no que algunhas das pezas interpretadas serán bailadas, e na que se estrenarán seis cancións, que forman parte do novo repertorio do grupo.

25, Abril 2018

Na nosa comarca tivemos dous delegados de Medio Ambiente elexidos a dedo polo que fora conselleiro de Medio Ambiente. Calquera cun pouco de sentido común pensaría que estas persoas terían un mínimo de sensibilidade ambiental, un mínimo de cultura do que significa o medio ambiente, sobre os efectos que produce a degracación do chan, e os efectos que ten sobre as aguas subterráneas. Pero logo de ver os seus actos, o único que unha persoa pode pensar é que os carguitos servíanlle para pasear coches oficiais.

Unha pregunta ¿Qué mal fixo Maside para que teñamos que ser o centro neurálxico do lixo e dos escombros? ¿E do que ninguén quere? Xa sei, xa sei, son dúas preguntas.

25, Abril 2018

Os portavoces dos 3 grupos políticos da oposición protagonizaron unha comparecencia conxunta na que trasladaron á opinión pública o seu malestar co grupo de goberno pola tardanza en presentar o expediente da Relación de Postos de Traballo -RPT- e orzamentos municipais para este ano 2018.

Agardaban, despóis de 3 meses sen celebrarse sesión de pleno, que figurasen na órden do dia da convocatoria plenaria deste xoves, polo que manifestan sentirse decepcionados e enganados.

Dende Alternativa Veciñal-En Marea, Bernardo García esixe que o goberno leve a pleno a RPT a menor brevidade de tempo posible, sen descartar unha posible alternativa conxunta cos outros dous grupos da oposición se a xestíon municipal non avanza.

O portavoz do BNG, Chema Ferreiro, non descarta ningún "hitpotético escenario político" como solución para superar un goberno ineficaz e con graves problemas internos, que en 24 horas son capaces de decir unha cousa e tamén a contraria".

Finalmente, Argimiro Marnotes dixo que "o Partido Popular está en disposición de de prestar tanto a BNG como AV os seus 6 edís para facer valer a maioria que a oposición ten no pleno da Corporación e tratar "todo o que o grupo de goberno non quere tratar".

Neste sentido, Marnotes lanzou un ultimátum ao grupo de goberno socialista, advertíndolle que si nun prazo de 15 dias "non leva a pleno  un expediente de RPT axustado á legalidade", daquéla apoiarán a solicitude dun pleno extraordinario.

25, Abril 2018

Os camelios subsitutídos na recente plantación de novas árbores nun tramo da rúa Xullo R. Soto, e que puideron ser recuperados, están sendo tranplantados dende o luns pasado nos terreos dos centros sociais das parroquias, según a información facilitada pola concellería de medio ambiente.

Concretamente, xa foron transplantados once camelios nos centros sociais de Banga, Seoane, Sagra, Partovia, O Torrón, Madarnás e Veiga, e está previsto transplantar catro máis, ainda que se dubida de que podan saír todos adiante.

O estado xeral dos camelios xa quedara constatado -aseguran- nun informe técnico encargado pola concellería de Medio Ambiente o pasado mes de febreiro, antes de tomar a decisión de substituílos por outro tipo de árbores máis axeitadas para unha rúa céntrica.

Dase a circunstancia de que dos vintecinco camelios substituidos na avenida Xullo R. Soto, a metade estaban completamente inservibles para transplantar, pois secaran ou tiñan deficiciencias nos cepellóns, polo que non foi posible recuperalos, aclaran dende a concellería.

Este traballo, ao igual que a plantación das novas árbores da avenida Xullo R. Soto, está sendo realizado por unha empresa especializada en xarnidería, contratada para o efecto pola concellería de Medio Ambiente.

24, Abril 2018

O Partido Popular recorda que "o pasado día 13, presentouse por rexistro diversas preguntas sobre o que estaba a acontecer na Avda. De Julio Rodríguez Soto do Carballiño, sobre a substitución dunhas 20 camelias que foron retiradas do seu emprazamento por unha empresa privada".

Manifestan que a dia de hoxe continúan sen ter resposta da existencia dun proxecto medioambiental ou técnico que garanta a conveniencia do cámbeo destas árbores, nin tampouco do procedemento administrativo para a súa contratación a través dunha empresa privada.

"Non sabemos quen fixo o servizo e canto lle costou ao Concello, e por suposto, tampouco cal é o destino das camelias retiradas. Por declaracións públicas da concelleira de Medio Ambiente, Erika Paz, estaban buscando un lugar para reubicar estas camelias", manifestan.

E engaden "agora, temos constancia da aparición de destas camelias e macetas nunha finca privada no pobo de O Lago, no Municipio de Maside, na que se pode observar incluso un maltrato a estas árbores no seu traslado".

Consideran dende o Partido Popular que "o Concello do Carballiño ten espazo dabondo onde albergar-las provisionalmente en calquera das súas instalacións ou fincas, sen necesidades de levalas a unha finca privada dun Concello lindeiro".

Tamén afirman "descoñecer de quen é a finca e a súa actividade, descoñecemos o seu destino, e descoñecemos porqué esta ubicación, pero engadimos estas preguntas agora ás xa rexistradas anteriormente, pois queremos saber, de quen é a finca e a relación que pode ter co acontecido, así como quen lle levou ata alí as camelias e macetas, e con que fin".

Tamén tendo en conta que aquí non están a totalidade das camelia, esixen saber de forma inmediata a ubicación exacta de todas elas.

En todo caso, entenden que "estáse a demostrar as sospeitas de que todo o acontecido, non obedece mais que a unha TRAMA da concelleira de medio ambiente, e visto o visto, todo apunta incluso a unha improvisación que podería acarrear un delito medioambiental".

E finalmente, anuncian dende o Partido Popular que reservan "máis apreciacións ata ter aclaracións a todo o acontecido".

24, Abril 2018

Oíamos fai pouco como os  veciños de San Ciprián de Las se queixaban porque alguén talóu unha árbore significativa sen motivo aparente.

Parece que no concello de Maside se unen a esta práctica, cortando polo pe dúas das árbores que contribuían a  que as instalacións de A Rañoa, sexan das máis visitadas da comarca en época estival. Xa o ano pasado se talaron outras tres. Independentemente de que dita barbaridade teña ou non xustificación, o certo é que se a Rañoa vai quedando sen arboleda, comenzará a perder o claro atractivo que fai da Rañoa unha das xoias da corona dos masidaos.

Esta desmedida afición pola motoserra que teñen os responsables municipáis , deberíase ver compensada pola plantación de novos exemplares, para así manter  un lóxico equilibrio e impedir que ano tras ano, as piscinas e o seu entorno perdan o seu valor.  É algo de caixón. O doado é cortar polo pe, pero a ninguén se lle ocurríu plantar. Non se lle escapa a ninguén que estas instalacións merecen unha especial atención por ser dende sempre un dos mellores espacios públicos de término municipal.

 

24, Abril 2018

A Consellería de Infraestructuras ven de adxudicar as obras de reforzo do firme na estrada entre o concello de Cea e a localidade de A Barrela, no chamado Eixo do Riberio, cun investimento de 436.000 euros.

Estas actuacións comezarán no vindeiro mes de maio e foron adxudicadas á empresa Grupo Bascuas, cun prazo de execución de 4 meses.

Os traballos complementarán aso levados a cabo pola Xunta en 2016, mediante os que se ampliou a plataforma da estrada.

Fronte Común para esixir a execución da Autovia de Lugo

Alcaldes dos concellos das provincias de Lugo e Ourense, entre eles os de Cea e Carballedo, xunto a empresarios e outros axentes socias, reuniránse este mércores dia 25 en Chantada para acordar unha fronte común, esixindo dunha vez por todas que se reactive este proxecto que acumula varios anos de retraso.

Na actualidade, tan so está en obras un pequeno tramo nas inmediacións da Barrela, e no proxecto de orzamentos do Ministerio de Fomento para 2018 tan so se contempla unha partida de 10 millóns de euros para o tramo A Barrela-San Martiño.

23, Abril 2018

En maio de 2016 o alcalde de Maside chamaba brazo político armado ao servizo do PP a 771 persoas que firmaran a súa vontade de participar nun asunto público de conformidade co artigo 23.1 da Constitución española e o artigo 70 bis da Lei reguladora de Bases do Réxime local.

No seguinte pleno cualificaba a estas mesmas 771 persoas como os da bola de cristal.

Debería este xenuino alcalde explicar o funcionamento da súa bola de cristal que é capaz de visionar un acordo de 29/12/2018.

Como descargo a esta inepcia hai que dicir que é a primeira vez na historia que publica no perfil do contratante un contrato público, contravindo a Lei. Cando eres novato cométense erros. Pero lembrarlle a este persoeiro que dende o 3 de marzo xa está en vigor a nova Lei de Contratos do Sector Público. E xa pode fiar máis fino se non quere que outras bolas de cristal chamadas códigos o poñan no seu sitio.

Esta chapuza é similar ás obras.

http://www.concellodemaside.es/contratante.php

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS