19, Xullo 2024

Parece que a memoria é fráxil, moi fráxil, aínda que este non creo o motivo de varios dos comentarios que vexo por aquí, seguro que teñen máis que ver con aquelo que se decía dos estómagos agradecidos.

Miren señor@s, Pachi Vázquez obtentou a alcaldía do Carballiño durante 10 anos, desde 1995 a 2025, e foi a etapa máis oscura., caciquil e retrógrada que tivo a historia deste concello. Unha época felizmente superada.

19, Xullo 2024

Por moitas voltas q lle desen os achegados do tándem Fumega Marnotes, Pachi foi de largo o millor alcalde q tivo o Carballiño.Quen nos dera agora ter un Carballiño tan limpo, tan fermoso e con tantas actividades como na era Pachi. Agora temos o tándem Fumega Marnotes e xa todos vemos no estado lamentable q teñen o pobo.Paci o millor alcalde q se recorda no Carballiño. Fumega e Marnotes o piored q se recordan ás q o pobo xa castigou duramente nas urnas.

 

 

 

19, Xullo 2024

Moitos asistimos con vergoña ao espectáculo dunha vila onde os seus políticos parecen discutir sobre cando estivemos "ben". Vou deixar caer algúns datos e realidades dende unha perspectiva máis ou menos neutral.

1. A mentira da débeda e a herencia do "pachismo".

O goberno de Pachi Vázquez no Carballiño levou a cabo unha política, efectivamente, expansiva en materia económica e de gasto máis non se viu repercutido no ámbito da deuda que, facendo unhas buscas en Internet pode verse que no ano 2008 ascendía a 3 € por habitante. Pachi foi alcalde ata o ano 2005. Polo tanto a responsabilidade do aumento da débeda é do seu sucesor do PSOE e do posterior goberno do PP alcanzando máis de 300 € por habitante. Durante o goberno de Pachi podo dicir que en xeral, había certo interese por embelecer a vila, asfaltar e encerar as rúas e por intentar expandir económicamente O Carballiño. En aspectos negativos queda, polo tanto, a política municipal de contratación pública tantas veces posta en entredito ou que moitos dos gastos foran innecesarios e inútiles, podéndose gastar en materias máis importantes.

2. A parálise dende 2011.

Creo que queda ben claro que dende os anos da crise económica de 2008 os sucesivos gobernos municipais levaron á vila e o seu rural a quedar estancada e progresivamente degradarse co paso do tempo. Sorprende a rápida baixada da dende 2012 ata 2019 pero e que dende 2019 non ten sentido seguir coa política de austeridade pois o gasto público está baixo control e incluso o concello ten superávit para facer inversións. Que mínimo que polo menos coidar das infraestructuras e dos servizos xa existentes.

3. Gobernados por unha esquerda que non é de esquerdas e unha dereita que renega da dereita.

E chegamos a situación actual onde o PP e o PSOE deciden pactar e amosan que non só ideolóxicamente, senón tamén en materia de intereses son prácticamente o mesmo. Dende 2011 veñen defendendo as mesmas políticas e a cidadanía está orfa e a vila, degradada e olvidada.

Un saludo.

 

 

 

19, Xullo 2024

O alcalde de San Amaro, Fernando Redondo deu a coñecer o proxecto de ampliación do Centro Hípico, que terá o apoio da Xunta e unha inversión que pasa dos 400.000 euros.

Neste Centro Hípico ten a súa sede a Escola de Equinoterapia de San Amaro, e no que nenos e persoas maiores con necesidades especiais reciben esta terapia, de todo elo falamos coas monitoras Marta e Sonia.

Divulgamos o San Amaro veraniego e festivo, con Cristina coñecimos a programación da Festa da Cabra de Anllo para o próximo mércores dia 24 deste mes de xullo, e con Victor Gulias de "Dar Trela Teatro" avanzamos o que será a gran festa castrexa no castro da Cidade a celebrar o domingo 1 de setembro, e que terá a súa previa o sábado 31 de agosto coa terceira edición do Festival Celta de San Amaro, no que actuarán as agrupacións Zurrumalla e Leira Buxo.

No PODCAST podes escoitar este programa especial dos venres de verán, dedicado ao concello de San Amaro, que foi emitido este venres dia 19 de xullo de 2024.

19, Xullo 2024

E coma ese outros moitos exemplos. Pachi, o mellor alcalde que tivo Carballiño. Fumega e Marnotes so buscan o beneficio persoal.

19, Xullo 2024

Os que din que con Pachi estaba todo tan ben que non se olviden do xigantesco pufo que nos deixou a todos en forma de débeda, cousas que hoxe os concellos non poder facer, facía facía cando non habia cartos e despois tuvemos que pagar todos a deuda e con intereses, e xa se vos olvidastes cando ningune quería ser provedor do concello porque non pagaba ? Memoria selectiva so para o que vos interesa

19, Xullo 2024

O PSdeG-PSOE de Leiro critica a “falla de previsión” do Concello e a Xunta de Galicia con respecto as obras iniciadas hai unha semana na ponte da Esperela. As e os socialistas consideran que co inicio do verán, o aumento da veciñanza que reside en Leiro e a chegada dun maior número de turistas “as obras supoñen un gran trastorno para todos e todas”.

O grupo municipal socialista desprazouse ata a ponte da Esperela para comprobar de primeira man o avance das obras, despois de que fai unha semana se pechase a mesma ao tránsito de vehículos. Tal e como explican as e os socialistas “estamos falando dunha das principais arterias de entrada ao núcleo de Leiro, polo que o corte da mesma ten como consecuencia que a veciñanza e aquelas persoas que nos visitan teñan que desprazarse 6 quilómetros máis para poder acceder ao municipio”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, explica que estas obras “son froito da total e absoluta falla de previsión por parte da Xunta, pero tamén da desidia a que nos teñen acostumados os que gobernan este concello”. O edil socialista considera que as obras “deberían terse realizado noutra época de menor afluencia, para evitar trastornos a veciñanza, aos negocios e aos turistas” e apunta a que “Leiro debería vestirse en verán coas súas mellores galas e non amosar unha imaxe de desleixo e abandono”.

Rodríguez Vázquez tamén destaca que aos negocios “estanlle afectando moi negativamente as obras, posto que o turismo, que aumenta de afluencia nesta época, atópase con cortes na entrada principal ao municipio, tendo que optar por un desvío”. Tal e como destaca as previsións da Xunta “son de 3 meses para o remate das obras, o que provocará que a ponte estea cortada ao longo de toda a época estival”.

Dende o PSOE de Leiro esíxenlle ao alcalde do Partido Popular que “defensa os intereses da veciñanza e os comerciantes” e que nun futuro “opte por instar a Xunta a realizar obras importantes noutra época do ano, e non coincidindo co aumento da afluencia de turistas e veciños e veciñas que volven a Leiro a pasar o verán e as vacacións”.

19, Xullo 2024

Bochorno é paztar o PSOE do Carballiño, co PP do Carballiño p

Ara beneficio de q o  alcalde cotice dous anos mais pa alcanzar a xubilación e despois deixar o Carballiño nas mans de Marnotes escondido o q o pobo xa castigou fortemente no seu momento. Bochornoso é ver como teñen o Carballiño abandoado,sucio e caendo a cachos por todos os lados. Non pedimos mais ca velo como estaba na época de Pachi de alcalde. Daba gusto pasear por rúas,prazas ,parques ezt. O Carballiño non o recordo nunca niste estado q se atopa agora e o tándem PPPSOE sóo van o seu a repartirse soldos e sillas, arreglar os bolsillos de Iles e impedir q Pachi volva o goberno q sería moi malo pa Fumega e Marnotes e os seus achegados, pero sería moi bó Po Carballiño,como xa o foi no seu momento pero a coalición PPPSOE do Carballiño dirixida por Fumega e Marnotes non lle interesa o Carballiño,Fumega 

 Fumega está centrado na súa xubilación e Marnotes en volver a ser alcalde do Carballiño q nunca máis o vai a volver ser. O pobo xa lle dixo no seu día q non o queria

 

 

 

 

19, Xullo 2024

leo una queja de los contenedores de la plaza de la mina...y los del resto del pueblo? muchos sin tapa, muchos rotos, la mayoría sucios, destrozados....es vergonzoso como está todo....pero claro lo importante viene ahora que es la fiesta del pulpo! nuestros políticos solo les preocupa que venga gente a la fiesta pero van a venir y ver un pueblo con las calles sucísimas, con los contenedores que das asco, con fincas que llega la maleza a las carreteras, un parque infantil de la alameda destrozado, las calles llenas de fochancas....ESO ES LO QUE QUEREMOS QUE VEAN LOS TURISTAS???!!!

Fdo: un arrepentido votante del psoe

18, Xullo 2024

Dame moita pena que o Carballiño, o Rural e os Ciudadanos de ditos sitios estemos gobernados por estes impresentables, non lles importa nada , solo pelearse  uns contra outros polo poder.

Non hai máis que ver como está O CARBALLIÑO,  e o RURAL ,  as zonas públicas sucias  abandonadas,  cheas de maleza.   ¿ Hai empregados no concello  que teñan ganas de traballar e que se preocupen por deixar ben feito o seu traballo?.  ¿ Hai alguén encargado de mirar e revisar de que deixan ben rematadas  as súas tareas?. porque vendo como deixan o pouco que fan,  dame que pensar que traballan  GRATIS.

PIDOLLE Ó  ALCALDE, E Ó TENIENTE ALCALDE ( QUE NON VEXO QUE APORTARA NADA NOVO , DE UTILIDADE E SENTIDO COMÚN),  QUE SALGAN DO SEU LETARGO ,  POR FAVOR.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS