Pensei que sería unha desas cousas que che contan por facer mal, pero non! Como se pode permitir iso? como se lle ocurre a 2 panfilos políticos falar así de ningúen? Pero según eles os que nacen noutro sitio, ou a xente que ven doutros Paises, non é como nós? que temos categorías? E que lle fixeron a estes merdentos os portugueses? E que sin non o vexo na tele, non o creo. Sodes uns racistas. Si fose eu xa estabades denunciados. E a Eva que carallo di, cando ela vive nun piso e nunha casa que pagou a súa familia con "negocios" en Panamá. Pero que pensades, que os que nacemos fora de Galicia somos cidadáns de 5ª? O voso necesita tratamiento.
Unha vergonza. Un feito que parece imposible na nosa Comarca pero que según puiden ver na TV do Carballliño, douse no Concello de Boborás no pleno da semana pasada. Todo por unha plaza de Xuiz de Paz que vive na Almuzara, que seica non naceu aquí, na terra. Según o maleducado do LITO - José Benito González Trigás, o feito de nacer fóra de aquí como é o caso parece desa rapaza, ou o feito de non ser de aquí, quitache non só puntos pero que según el, faete menos persona. Increíble o que vin e oín onte a noite.
Nunha comarca na que casi aseguraría que o que máis o que menos ten familia que foi o estranxeiro gañar o pan, vive no estranxeiro gañando o pan e mesmo casou con persoas doutro País.
Eres un RUIN. Señores de Boborás, saiban o que teñen en Boborás. O inmoral Lito, que dixo e repetiu publicamente nun pleno queas persoas que non son de aquí 100% (sobre todo si é Portuguesa), non vale un peso. O segundo é, a perversa xefa-compañeira "SUPER EVA". Rapaza, pensas que non temos memoria?. Absolutamente inmoral e sen escrúpulos, e teñen os santos bemoles para ir decir a un pleno que os de fóra, os que nacen fóra, os que casan fora e van vivir a Boborás, non valen? pero que se pensan estes 2 elementos? Sodes lo peor de lo peor. Menos mal que non estades gobernando, iso non pasará xamais.
Lito, miracheste o espello? Non sabes que a túa familia tamén inmigrou? No tes vergonza. Eva, agora que outra vez queres cambiar de partido e seica vendes a chaqueta a Ciudadanos, dilles que nunca soubeches nin sabes facer nada produtivo mentres foi concelleira e dende a oposición, meter merda e mentir. DIMITIDE PERO ANTES PEDIDE PERDÓN.

Son en total 77 parroquias en toda Galicia, das que cinco se localizan na Comarca do Carballiño, e nas que Medio Rural controlará sobre o terreo esta problemática dos lumes.
Trátase das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria -PAAI- consideradas como tal no PLADIGA 2018 da Xunta de Galicia.
No territorio comarcal figuran nesta relación as parroquias de Vales e Covas, ambas no concello de San Cristovo de Cea, outra parroquia no concello de Piñor, a da Corna. No concello de Boborás figura como de alto risco incendiario a parroquia de Xurenzás, e a de Lobás no municipio do Carballiño.
A partir desta semana faránse reunións de estudo e control da actividade incendiaria, nas que participarán técnicos de Medio Rurtal, alcaldes e responsables municipais, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, asi como axentes públicos e privados con presenza nas zonas afectadas.
Faránse avaliacións das principais causas, consecuencias e peculariedades da actividade incendiaria en cada unha destas parroquias, procurando mellorar os mecanismos e a coordenación en materia de prevención, disuasión, extinción e investigación dos lumes, reforzando a cooperación dos corpos policiais.

Para facer unha boa festa non se precisa da Panorama, nin a Paris de Noia, nin El Combo Dominicano... e para mostra o 4º Serán de Mandrás, organizado con gran éxito de convocatoria pola Asociación de Veciños desta parroquia do concello de San Cristovo de Cea.
Unha noite de sábado animada por boa música tradicional, coa participación de numerosos grupos chegados a este serán de Mandrás dende toda a comarca e o resto da provincia, gaiteiros, pandereiteiras, e varios grupos que co seu estilo peculiar, como "Os Cotovías" de Maside -na foto- , foron moi aplaudidos polo numeroso público que se xuntou no campo da festa de Mandrás.
Ademáis, a velada estivo acompañada pola oferta gastronómica, que incluíu invitación gratuíta a tortilla, para acompañar os pementos fritidos e o pan de Cea, que degustaron a maioria dos asistentes nas amplas carpas instaladas pola organización.

O alcalde socialista Francisco Fumega, cun grupo en minoría no pleno da Corporación, volve conseguir sacar adiante os orzamentos anuais, e faino por terceiro ano consecutivo valéndose da abstención de un dos tres grupos da oposición.
Desta vez foi o Partido Popular coa abstención dos seus seis concelleiros quen permitíu a Fumega a aprobación inicial dos orzamentos para este ano 2018, cifrados en 9,6 millóns de euros para o presente exercicio.
Tanto BNG como Alternativa Veciñal votaron en contra do documento presentado polo grupo de goberno, que consideran continuista "un corta e pega" que non aporta nada novo, argumentaron.
Nesta mesma sesión de pleno extraordinario na que se aprobaron os orzamentos, tamén foi inicialmente aprobada a Relación de Postos de Traballo -RPT- no concello do Carballiño, neste caso grazas a tres abstencións, as dúas do BNG e a do portavoz do PP, Argimiro Marnotes. En contra votaron os outros cinco concelleiros populares e o concelleiro de AV-En Marea, Bernardo García.
A corporación tamén aprobou unha modificación de crédito por importe de 790.000 euros, procedentes do superavit de 2017, que en gran parte se vai destinar a sadar a débeda municipal, según anunciou o alcalde nesta sesión plenaria.
Tamén se aprobou a adhesión do concello do Carballiño á "Rede de Cidades que Camiñan".

Nada chico, que non te enteras. Vouche refrescar a memoria. Déixote aquí a lexislación vixente en materia de Catastro Inmobiliario. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2004-4163 Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario. Como podes ver meu rei, non é Celso Fernández o que firma (fun mirar a ver se fora él porque tampouco é santo da miña devoción). Esta lei é asinada por Cristóbal Montoro (o mesmo que a aplica hoxe).
Con respecto ao IBI de 2017, os masidaos (non sei se coñeces ben este pobo) non pagamos máis pagamos o mesmo porque o IBI de 2017 devéngase a 1 de xaneiro. Pagamos o valor catastral da ponencia de valores do 89, cos coeficientes correctores de Montoro, é dicir, non veñas de listo, se pagamos máis é polos coeficientes correctores de Montoro. É no ano 2017 cando se produce a nova ponencia de valores. A empresa contratada por Montoro fai os seus traballos, e os novos valores entran en vigor no ano 2018. Cando pagaremos máis por culpa destes valores será no 2018 porque como o IBI devéngase a 1 de xaneiro, e os novos tipos impositivos aprobáronse no 2018, non poderán ser efectivos ata o 2019.
Polo tanto Jorge, o que se pagou de máis ata o de agora é polos coeficientes correctores de Montoro. O que se pagará de máis no 2018 é pola nova ponencia de valores (os que te puxeron a dedo xa poideron solicitar unha nova ponencia de valores, porque está ben que queiran estar 28 anos na poltrona, pero 38 anos sen nova ponencia de valores é excesivo).
Polo demáis, eso de coller o toro polos cornos, eso dos petos dos masidaos, e demáis chorradas deberíades telo en conta no ano 2017, ano no que chorábades porque o alcalde non vos poñía os plenos os mércores. Se forades unha oposición un pouco decente e constructiva deberiades poñer unha moción no ano 2017. Pero non te enteras Jorge. Méteste en xardíns que non dominas, e saes trasquilado.
Non podes aplicar un tipo impositivo cando che pete ou cando che veña en gaña ( esto non é como o dos xardíns). Tes que aplicalo a 1 de xaneiro no caso do IBI, e se a un de xaneiro non está aprobado non podes.
Podes visitar as Festas de Santa Rita de Dacón, e deste modo podes despexar a mente.
Un cidadán de Maside.
Mira cos do PP de Maside somos tranquilos pero é que levamos uns meses vendo que dende o Concello de Maside todo son ou contos ou medias verdades, e como parece que xa comezou a campaña no Concello de Maside, pois imos a dar resposta as incertezas sementadas polo Alcalde facendo os desmentidos correspondentes.
Como hai moitos asuntos a tratar irémolos debullando un a un, hoxe tocaremos o tema do tristemente famoso IBI (Imposto de Bens Inmobles) de natureza Urbana, que tanto esta dando que falar en Maside e supoño que noutros concellos tamén.
O alcalde de Maside, vendo as numerosas queixas dos veciños pola suba tan desmesurada do IBI do 2017, vennos coa REBAIXA, pero chega tarde. Tras a moción presentada polos populares para que o catastrazo non caera outra vez sobre as cabezas dos veciños, o alcalde acorda rebaixar o tipo de gravame xeral do 0,6 ao 0,5, pero non o aplica, tal como se lle pediu tamén, para o exercicio 2017, senón que acorda que como moi pronto non entrará en vigor antes do fin do 2018 principios do 2019, vamos cando se paga o IBI.
Vista a moción que presentamos os populares pedindo unha baixada ata o 0,45; o alcalde e algún dos seus concelleiros o darse conta que se quedaran moi curtos nas súas previsións, andan agora a vender a moto aos veciños que aínda van a baixar mais o tipo de gravame a aplicar no IBI urbano, concretamente falan de chegar ata o 0,4 .
Dende o PP de Maside esperamos que se chegue a cumprir o que predican, polo ben do peto de todos os Masidaos, pero que quede a cousa ben clara, o catastrazo veu a petición do concello de Maside non proposto por Rajoy, Montoro ou o primeiro que se lle pase pola cabeza ao alcalde, que o que normalmente fai, así que deixe de botar balóns fora.
Insistimos dende o PP de Maside en dicir que o alcalde sabía perfectamente que como consecuencia da subida do valor catastral do 2017 o Imposto de Bens Inmobles (IBI) a aplicar no 2017 sería moito mais elevado que o que se viña pagando ata entón e é aquí onde a xestión realizada polo Concello fai augas porque primeiro FIXO CAIXA cobrando o IBI ca suba e despois nos vende que o vai o arranxar coa baixada do tipo de gravame xeral a pagar.
Os populares pensamos que o que se debería haber feito era tomar o touro polos cornos e facer esa rebaixa efectiva no 2017, iso sería unha boa xestión por parte do Concello, porque intentaría diminuír o gasto aos masidaos antes de ter que facer o desembolso dos cartos, que polo que podemos apreciar os veciños, eses cartos nunca mais os volveremos a ver.
Luis Jorge Álvarez Ferro. Partido Popular de Maside.

Dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño veñen de presentar un paquete de charlas formativas dirixidas ás familias e destinadas a apoiar a súa labor educativa na crianza dos fillos e fillas, tratando temáticas de especial relevancia na actualidade que promovan a prevención, evitando así a aparición de diversas problemáticas, que se desenvolerán nos cinco concellos que integran a entidade intermunicipal.
Educar nunca foi tarefa sinxela, ó que de debemos sumar a existencia de novas realidades que veñen a dificultala aínda máis, e nos poñen fronte a novos retos educativos que requiren maiores habilidades e recursos para as familias. A finalidade deste grupo de charlas é precisamente apoiar ás familias e dotalas das ferramentas necesarias para facer fronte ás súas dificultades diarias. Os temas a tratar son diversos e impartidos por profesionais especializados en cada ámbito.
As diferentes xornadas formativas desenvolveranse ó longo do ano 2018 e 2019, de forma periódica, co fin de facilitarlle a asistencia ás persoas participantes e non sobrecargalos, sendo coñecedores da gran cantidade de carga de responsabilidades diarias que ostentan as familias e que limitan o seu tempo libre para formación. O curso “CÓMO EDUCAR” dará comezo cunha primeira charla sobre unha problemática de especial relevancia, o Grooming.
O manexo das novas tecnoloxías por parte dos menores é cada vez máis temperá, facéndoo moitas veces de forma autónoma e sen supervisión, e sen coñecemento real da perigosidade que entraña. Ademais, os pais e nais adoitan carecer das ferramentas necesarias para facer fronte a esta situación. Neste contexto, debemos ter en conta que hai persoas que se dedican a enganar e manipular ós menores para satisfacer os seus desexos sexuais.
A pedofilia produce un temor fulminante nas familias, e xa que non poden influír na conduta desviada destas persoas, o que si poden é educar ós seus fillos e fillas no bo uso da Internet e nas sinais de alerta temperás que deben notificar, para estar protexidos e sentirse seguros.
Baixo o título GROOMING: abusos infantís a través da Internet. Introdución segura das novas tecnoloxías nos menores, persoal da Garda Civil especializado neste tema ofrecerá pautas de detección e actuación ante esta problemática, incidindo tamén nas metodoloxías educativas para introducir ós menores nas novas tecnoloxías dun xeito seguro.
Esta primeira xornada formativa terá lugar nos cinco concellos integrantes da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño, requirindo inscrición previa, posto que una vez finalizado todo o curso farase entrega duns diplomas que acrediten a participación:
PIÑOR CENTRO SOCIAL Luns 28 de Maio, 19h a 20:30h
SAN AMARO CONCELLO (Salón de Plenos) Mércores 6 de Xuño, 18h a 19:30h
O IRIXO CONCELLO (Salón multiusos) Mércores 27 de Xuño, 18h a 19:30h
BOBORÁS CONCELLO (Salón de Plenos) Mércores 4 de Xullo, 18h a 19:30h
BEARIZ CONCELLO (Salón de Actos) Luns 9 de Xullo, 18h a 19:30h
As persoas interesadas deben inscribirse no concello correspondente. O curso CÓMO EDUCAR está conformado por un total de 4 charlas formativas. A seguinte sesión versará sobre educación sexual e terá lugar no mes de outubro, mentres que as últimas dúas xornadas se celebrarán no primeiro semestre do ano 2019, das cales se informará coa antelación necesaria.
Na foto, o Presidente da Mancomunidade Manuel Cerdeira e a Vicepresidenta Patricia Torres.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 488
- 489
- 490
- 491
- 492
- 493
- 494
- 495
- 496
- …
- seguinte ›
- última »