
Polo presente escrito queremos por en coñecemento dos medios a nosa discrepancia co Grupo
de Goberno en materia urbanística, tal e como lles fixemos saber a eles no Pleno do pasado xoves.
E máis concretamente referimonos a recepción de obras por parte do Concello que non cumpren os
requisitos para ser recepcionadas.
Queremos denunciar neste caso, a obra de reforma da fonte do Arenteiro. Unha obra que non ten
nin pés nin cabeza (adxuntamos imaxes). Entre outras deficiencias destacan a colocación do cano
nunha esquina da tanque imposibilitando coller auga cun cubo, por exemplo; a colocación da
varanda de xeito arbitrario, quedando sen ela na zona onde hai máis desnivel; ou a falta dun
desaugue axeitado para impedir que se inunde todo o enterno do lavadeiro.
En Piñor a 20 de marzo de 2018
Agrupación Electoral Veciños de Piñor.
Ao non funcionar o Consello de Saúde do Carballiño,os pacientes non teñen cómo canalizar as queixas que xurden diariamente por deficiencias na dotación de personal médico e auxiliar no Centro de Saúde.
As citas médicas descontrolanse diariamente ao ter que acudir o personal habitual a prestar atención de urxencias no exterior .Iso produce retrasos importantes no atendimento de pacientes que foron convocados previamente para unha hora determinada.
Se a iso engadimos a non sustitución do personal médico ou de enfermería por baixa ou imprevistos, o descontrol e indefensión dos pacientes agravase, sen que ninguén dé explicacións.Visitas médicas que se podían resolver en minutos ,convirtense en varias horas, co sonseguinte trastorno para vida normal dos usuarios, principalmente para os que teñen que pedir horas no posto de traballo.
Para solventar este inconvinte ,Alternativa Veciñal, propón que o Centro de Saúde do Carballiño sexa dotado dun equipo sanitario de composto por personal médico e de enfermeiría para urxencias e visitas domiciliarias ordinarias.En momentos que non tivese traballo exterior podería aliviar o cupo acumulado de pacientes producido por baixas do personal habitual.
É necesaria unha xuntanza do Consello Municipal de Saúde para tratar este e outros problemas que deterioran este servizo sanitario básico.
Bernardo Garcia, Alternativa Veciñal. O Carballiño a 20 de marzo de 2018
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou este xoves dia 22 de Marzo na celebración dos Días Mundiais da Auga, da Árbore e da Poesía na Insua dos Poetas, na Esgueva, Madarnás (O Carballiño), onde os protagonistas foron os máis de 250 alumnos procedentes de centros de ensino da comarca do Carballiño, quen realizaron diferentes actuacións artísticas que tiñan como eixo central a auga, por ser hoxe o seu Día Mundial. O presidente da Deputación de Ourense manifestou o seu orgullo por participar na Insua do Poetas que "vive, revive e luce as súas mellores galas" e felicitou aos profesores por facer realidade "un soño como este, e darlle vida o noso rural ao estar hoxe nun enclave paradisíaco como este".
Baltar aludiu no seu discurso ao logo da "Ourensanía", alí presente, ao afirmar que representa a "nosa personalidade, a dunha provincia de auga e pedra, a provincia termal, onde temos desde unha estación de esquí, na que a auga está nese estado neve, ata esas láminas de auga do río onde se veñen a preparar para as olimpíadas e campionatos do mundo as mellores seleccións internacionais".
O presidente do goberno provincial dixo aos rapaces que eles son "a parte fundamental dese Ourense, do presente e do futuro, que hoxe nos trae aquí para falar de medio ambiente e de auga". No acto tamén participou o presidente da Fundación Ínsua dos Poetas e do PEN Galicia, Luis González Tosar; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
O presidente da Fundación Insua dos Poetas dixo que este ano "chegamos ao décimo aniversario desta actividade, unha celebración consolidada, que xira entorno a estas tres cuestións: a poesía, a auga e a árbore", sinalou Luis Gónzalez Tosar, quen destacou "o labor dos centros educativos participantes e o protagonismo dos escolares, os ourensáns do futuro, nesta celebración". Asemade, González Tosar salientou "o compromiso da mocidade actual, co respecto pola natureza e pola defensa do medio natural", destacando a importancia que ten auga por ser "o ben máis prezado da humanidade".
Pola súa banda, Valentín García centrou o seu discurso na importancia da palabra "que nos achega valores e nos permite relacionarnos", e engadiu "esta tremenda riqueza irá sempre con vós; a palabra, a identidade, e a cultura acompañaravos sempre".
Mentres que, o alcalde do Carballiño incidiu na importancia que ten a auga na nosa vida afirmando que "a cantidade de auga que hai no planeta é sempre a mesma, pero introducimos cada vez máis cantidade de auga no ciclo vital e no ciclo industrial, e devolvémola contaminada, polo que é un ben que pasou de ser libre a escaso".
Á celebración asistiron alumnos e profesores dos centros educativos da comarca do Carballiño, e tamén do colexio Maristas de Ourense.
Os estudantes realizaron unha actuación que tiña como fío condutor a auga, poñendo música, poesía, relatos e cor a esta celebración. Cada actuación estaba dividida en dúas partes: unha presentación e xustificación da palabra elixida e relacionada coa auga como dedicatoria á Fonte das Sete palabras, e a actuación escénica de canción, microteatros, poemas, xogos... sobre diferentes temáticas vencelladas á auga. Como remate das actividades, os alumnos dividíronse en grupos para plantar árbores de distintas especies autóctonas (castiñeiro, bidueiro, carballo, salgueiro, freixo...) na Insua dos Poetas.
A Fundación "Insua dos Poetas", declarada de Interese Galego, ten como fins a promoción e o fomento da lingua e da cultura galegas, a defensa do medio natural e o diálogo entre natureza, artes plásticas e literatura.

O Auditorio do Carballiño acollerá este martes 20 de marzo (17,45 h.) a Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, cuxa convocatoria recupera HOSTALERIA Galega GASTRONOMÍA&TURISMO, a revista especializada hexemónica na Eurorrexión, xunto coa proclamación dos PREMIOS HGg& T, despois dun quinquenio no que, dada a situación de crise económica nas empresas, desacelerou celebracións e gasto.
No acto de presentación deste evento na casa do concello estiveron presentes os responsables da revista organizadora desta gala, Maria Campos e Guillermo Campos, asi como o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, que exerceu de anfitrión e agradeceu aos promotores que elexiran O Carballiño para celebrar esta actividade que reunirá a unhas trescentas persoas.
HGg& T foi fundada en 1995 polo divulgador e xornalista especializado Guillermo Campos, mantendo a súa edición ininterrompida ao longo deste cuarto de século no que propiciou innovadores eventos promocionais das profesións hostaleiras (cociñeiros, sumilleres, maitres, entre outras) e o turismo de proximidade, especialmente..
A Gala, que desde a súa inicial edición en 1999 converteuse na primeira cita intersectorial de Galicia cunha asistencia media próxima aos setecentos participantes profesionais, centrarase nesta continuación, nunha escenificación e recoñecemento, precisamente, aos produtos e as súas empresas e entes sectoriais representativos, que acertaron a aguantar a crise sen menoscabo da excelencia nas súas elaboracións.
O baremo desta calidade sostida outórgano os podios resultantes das Catas Transfronteirizas e demais comparativas que a propia revista foi convocando ao longo do quinquenio 2013- 2017 (período sen convocatoria entre galas, e por tanto sen proclamación de distincións) sobre os mellores produtos de mercado e en cada momento, tanto no sector dos viños, como das conservas, os queixos, os aceites, os destilados, as chacinas, os cafés, as cervexas, entre outros, tanto comercializados en Galicia como no resto da península ibérica. Tamén se contemplaron destinos de interese para o viaxeiro.
Máis de trescentas marcas IBÉRICAS obtiveron puntuacións equivalentes ao ouro, prata e bronce, ou o que é o mesmo, máis de trescentas etiquetas mereceron as mellores cualificacións dos paneis de cata ao longo das sucesivas convocatorias, un exame brillantemente superado sobre uns mil produtos analizados organolépticamente.
A Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia será, de novo, o gran e maior punto de encontro intersectorial entre os subsectores que ofrecen e demandan os produtos de consumo e negocio, principalmente no sector hostaleiro e distribuidor. Unha porcentaxe representativa deses produtos constituirán a degustación que seguirá á cerimonia de entrega de certificacións dos premios outorgados polos paneis das Catas HGg& T, para cuxa solvencia técnica, a revista conta coa colaboración das asociacións de catadoras, enólogos, as universidades e outros expertos.
No ano 2010 Zapatero conxelaba as pensións e o PP votaba en contra da conxelación e presumía de ser o primeiro partido que aprobara por Lei a revalorización das pensións en función do IPC. Ano 2011: Chega o PP ao poder e mantén a conxelación (incrementa as pensións un 0.25% anual, que está moi por baixo do IPC anual e que significa unha conxelación e merma do poder adquisitivo dos pensionistas nos anos 2012-2018, disparandose o prezo da luz, castigando a todo o mundo a catastrazos, incrementando o IVE, disparandose o prezo da auga, permitindo as estafas das facturas das eléctricas, e un larguísimo etc). Recientemente o goberno Feijóo incrementouse o salario nun 7% (cara*** po angazo, telita mariñeira...) Esfórzate ti que a min me pega a risa.
E agora o PSOE ten a caradura de queixarse desto, cando eles as conxelaron e ni tan siquera aumentaron o 0.25%, aumentaban o 0% (lémbrannos a cando Lauriña Seara veu a manifestarse no Carballiño en contra do IRPF que se lle cobraba aos inmigrantes retornados e que era consecuencia dunha lei do propio Zapatero).
O PP ademáis de cinismo non ten principios (goberna en contra do que di). O PSOE nin principios nin vergonza (é capaz de dicir unha cousa e a contraria pra volver a inicial, e todo ao mesmo tempo, repetindo este bucle segundos despois).
¿Poden existir dous partidos máis veletas?
¿Poden existir dous partidos máis cínicos?
¿Poden existir unhos mercaderes que frivolicen máis cos esforzos e dereitos dos nosos maiores?

A Praza Maior do Carballiño acolleu este pasado sábado unha concentración convocada pola Plataforma Carballiñesa de apoio ao Movemento por unhas pensións dignas.
Nas súas intervencións, os manifestantes que tomaron a palabra deixaron clara a súa indignación contra o incremento do 0,25 fixado polo Goberno, ao que dirixiron as súas criticas.
A Plataforma convocara aos pensionistas e veciñanza en xeral a acudir a un acto de protesta, no que reivindicaron o dereito dos pensionistas á revalorización das súas pensións públicas dacorde co incremento do IPC interanual.
Tamén demandan unha pensión mínima de 1.080 euros como -recordan- fixa a carta social europea, asi como a xubilación aos 65 anos ou que se recupere o subsidio ás persoas mairores de 52 anos, entre outras varias peticións.

Los Socialistas del Ayuntamiento de Leiro, acaban de introducir por el registro municipal, un escrito con una problemática que vienen padeciendo hace mas de un año los vecinos de la localidad de Vilaverde.
Debido a unos actos vandálicos que se produjeron en tres fuentes públicas ya que cortaron los tubos que eran de cobre y que los propios vecinos nos comentan que quedaron sin reparar y que un vecino tuvo cerrar como pudo, para que no se perdiera el agua y sobre de todo ante la escasez que había por aquellas fechas .
El Alcalde en su día en un Pleno Municipal le ha comentado al Portavoz Municipal Manuel Rodríguez” que se interpuso una denuncia en el Cuartel de la Guardia Civil de LEIRO por esos hechos”, pero desde la fecha en que se hizo la denuncia, los socialistas no volvimos a saber más nada de este tema, por eso requerimos del Regidor Municipal una respuesta urgente a las preguntas que le hicimos en el Escrito que registramos en el Ayuntamiento y dichas preguntas son las siguientes.
¿Que se sabe de la denuncia formulada en su día?
¿Tiene pensado el Ayuntamiento llevar a cabo algún tipo de actuación aparte de la denuncia, para averiguar quien ha realizado estos actos vandálicos?
¿Se van arreglar los caños de agua de las fuentes que fueron cortados, para que vuelvan a echar agua, para que los vecin@s y el resto de la ciudadanía puedan beber, ya que llevan las tres fuentes publícas más de un ano en un estado lamentable de abandono por parte del Gobierno Municipal y a día de hoy aun no se arreglaron?
Por todo lo expresado con anterioridad los socialistas requerimos que se tomen medidas urgentes ya que son patrimonio de todos y con mucho esfuerzo las cuales fueron realizadas por nuestro antepasados, para que ahora queden abandonadas de la mano de Dios.

Foi a primeira muller que presideíu en España unha Real Academia Nacional.
A carballiñesa Mª Teresa Miras Portugal fora nomeada no ano 2007 como presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia, cargo para a que resultara reelexida para un segundo mandato en 2010.
Catedrática de bioquímica e bioloxía molecular na Universidade Complutense de Madrid, foi condecorada pola Xunta de Galicia no ano 2016 coa medalla Castelao.
Agora, acaba de ingresar como Académica Correspondente da Academia de Farmacia de Galicia.
Na sede compostelana desta institución pronunciou este pasado mércores o seu discurso de ingreso, nun acto no que estivo acompañada de familiares e amigos, e ao que tamén asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o exalcalde Argimiro Marnotes.

A ANPA UCEIRA do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño ven de realizar unha enquisa entre todas as familias do centro para coñecer a súa opinión respecto a situación dos horarios lectivos do CEIP.
Non é a primeria vez que a ANPA UCEIRA realiza este tipo de enquisas para ir actualizando a información sobre a opinión das familias respecto aos horarios xa que todos os anos entran e saen familias do centro. En anteriores consultas como esta a opinión maioritaria nas respostas foi sempre favorable a unha revisión de horarios, aínda que, a consellería non as tivo en consideración.
A xornada lectiva iníciase ás 10,15 horas da mañá, ata as 13 horas. Pola tarde, o horario vai de 15,15 a 17,15 horas.
Respecto a organización da enquisa indicar que a ANPA UCEIRA habilitou 3 urnas (unha en cada edificio do centro) para que as familias puideran emitir a súa opinión. A idea das urnas parte de aproveitar a enquisa para que os nenos e nenas do centro se familiaricen cos procesos democráticos e puidesen exercer a opinión das súas familias respecto a este tema como nos procesos electorais dos adultos. O número de papeletas era limitado e as mesmas estaban numeradas. As urnas estiveron a disposición das familias dende o mércores 07/03/2018 ata o venres 09/03/2018.
A participación foi dun 69%. Obtendo os seguintes resultados: o 89% dos votos -333- foron favorables a un cámbeo de horarios, mentres que o 10% restante é partidario de manter os actuais horarios. O 1% votaron en branco ou foron nulos.
Tamén se lles solicitou aos pais e nais que voluntariamente se identificaran xa que na consulta anterior a Consellería restoulle validez ao resultado ao ser enquisas anónimas.
Dende a directiva da ANPA agradecen ás familias "o esforzo xa que o 82% das papeletas recibidas viñan identificadas con nome e DNI".
Agora, van trasladar á Consellería de Educación o resultado desta consulta "facendo a solicitude pertinente para que volvan a valorar a situación do noso centro respecto aos horarios e tomen as medidas axeitadas para mellorar a situación das familias", subliñan.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 491
- 492
- 493
- 494
- 495
- 496
- 497
- 498
- 499
- …
- seguinte ›
- última »