Onte todas as mulleres da Galiza puxémonos en loita contra a desigualdade de xénero. Onte quedou claro que estamos fartas da discriminación por razón de sexo.
E penso que xa é hora de denunciar a organización patriarcal que rixe no concello do Carballiño. Non se entende que sexan os homes os únicos que cobran por adicación parcial, e total no caso do alcalde ¿acaso as concelleiras non se adican parcialmente as súas tarefas? Esto xa é micro/macro machismo.
E dentro do patriarcado machista do concello existe un caso de macromachismo alfa que consiste en que sexan os últimos que chegan os que teñan dereito a cobrar por adicación parcial. Aqueles que sexan fillos dalgún alcalde veciño, porque presúmese por xenética que serán os machos alfa chamados a dirixir o concello. Como nai, non quero que os meus fillos tamén podan ser discriminados por razóns xenéticas. Xa chega coa discriminación que sufrimos as mulleres.
O salón de sesións do concello do Carballiño acolleu este 8 da Marzo un acto institucional con motivo do "Dia Internacional da Muller", no que se procedeu á lectura dun manifesto a cargo da concelleira de igualdade, Marina Ortega.
Á unha da tarde, a Praza Maior foi o escenario dunha concentración no marco do paro de mulleres convocado para esta xornada.
A conmemoración do 8 de Marzo tamén tivo repercusión nos centros de ensinzanza, onde tamén se reivindicou a igualde, precisamente na fotografía que publicamos podemos ver un momento do acto celebrado no IES nº 1 do Carballiño.

Un boleto do Euromillón deste pasado martes dia 6 de Marzo validado na Administración de Loterias Prada, na rúa Curros Enríquez do Carbaliño, lévase un premio de 212.510 euros.
Trátase dun segundo premio, 5+1 acertos, non houbo ningunha combinación que fiexera pleno. De segunda categoria, catro boletos en toda Europa, e dous en España, un en Lleida e éste do Carballiño.
Según contou en COPE O Carballiño a xerente da Adminstración de Loterias carballiñesa, Ana Prada, o posuidor ou posuidora do boleto cubriuno a man, unha aposta simple e para un so dia, de 2,5 euros.
Fallou unha das estrelas, no caso de que houbese acertado tería gañado un premio de 37 millóns de euros.
Non señores e señoras do PP, membros e membras dese partido. O complot tácito ou expreso de AV en Marea é produto da fantasía baltar junior. Un partido como AV en Marea propón algo que é necesario. O restate dun servizo dunha empresa que deixou prescribir máis de 3 millóns de euros, e na que curiosamente traballa a dona do actual alcalde.
Pero é que o PP tivo catro anos pra rescatar o servizo das máns desta, cara e ineficiente, por non decir inepta empresa. O PP xa coñecía a prescripción, e incluso fixo unha auditoría que aclarou a situación real das contas (que por outro lado xa están ben claras no Consello de Contas e vese a prescripción de dereitos de cobro, non só do IBI, pero ademáis en outras taxas e contribucións)
AV en Marea, polo menos, tivo a decencia e o bo criterio de propoñer algo que é necesario, cousa que non foi quen de facer o PP en catro anos e con maioría absoluta.
O PP non ten capacidade moral pra chamar ás cousas polo seu nome. Esto non é un complot, esto é un chiringuito progre, no que os do PSdeG meteron aos seus cando privatizaron o servizo. Pero o PP non pode falar de chiringuitos, xa sabemos que a Deputación é un servizo de colocación de familiares do PP (esto é unha verdade xudicial).
A inepcia da empresa de recadación deixa prescribir inicialmente 3 millóns de euros, e outros dous con posterioridade. O alcalde non ve preciso eliminar esa inepta empresa por razóns obvias ¿E qué fai o resto da oposición? Inventar complots o PP, e o BNG non se sabe todavía qué (alomenos AV en Marea recoñece que foi enganada polo alcalde) SEÑORES E SEÑORAS DA OPOSICIÓN: TENDES INSTRUMENTOS PARA PARAR ESTO!!! A oposición é maioría absoluta, pode facerlle unha moción de censura ao alcalde, e tamén pode tumbar o proceso de adxudicación. Aquí cada quén debe retratarse.
O “complot tácito” entre o Alcalde do PSdeG-PSOE, Paco Fumega, e o Concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea, Bernardo García, leva a que o Concello privatice este servizo ata mediados do 2020, facendo cunha gran mentira, un gran pacto fantasma pola municipalización.
Tiñan anunciada repetidas veces novidades para antes de rematar o ano 17 e a data de hoxe non se cumpriu ningunha delas, e seguen sen cobrarse as taxas menores. O prego contempla un prezo a maiores de 63.525,00€ para que a empresa asuma un posible incumprimento do cobro das taxas ás que se ten comprometido o concello.
O BOP do 5 de marzo de 2018, da publicidade ao concurso para a adxudicar a empresa privada o servizo de recadación municipal, faltando unicamente que se publique no DOG. A derradeira prórroga do contrato existente e que se fixo por medio de cesión de contrato entre empresas externas, remataba o 31 de decembro do 17, e agora, con meses de retraso se saca a concurso dando só un prazo de só 5 días para a presentación de ofertas, cando o normal, o transparente e o eficaz, sería telo sacado en outubro do 17 e dar un prazo de 30 días para ofertas e ter en vigor un novo contrato o 1 de xaneiro do 18.
O pacto “Bernardo-Fumega”, máximos responsables deste descontrol na fórmula de xestión elixida, resultará que se dos tres bancos que colaboran en materia de recadación, terán cada un deles dúas contas, unha para o Concello e outra para a empresa externa, facendo do control do recadado, un auténtico caos ao ter que conciliar un total de 6 contas distintas. Ao respecto dos pequenos cobros a facer no Concello, anunciado por Bernardo e Fumega en comparecencia conxunta a mediados de Decembro, resulta que aínda non se puxo en funcionamento, nin se fan recibos, nin liquidacións nin auto-liquidacións de taxas menores en ningún dos departamentos.
Pero este é o menor dos problemas, o problema é que nin os propios gobernantes creen nas súas posibilidades de remunicipalización do servizo, toda vez que no prego que rexe este concurso, aparece a cantidade de 63.525,00€ para os dous anos a maiores dos 618.310,00€ do contrato principal, por si a empresa adxudicataria, definitivamente tivera que facer fronte á confección de recibos, liquidacións e auto-liquidacións desas taxas menores.
O prego base para a licitación deixa en evidencia a mentira sobre que xa se está municipalizando o servizo de recadación pois a comparativa entre os 618.310 € que se fixa para a empresa e os 63.525 € no que se valoran as taxas a cobrar polo concello que non son mais do 10,22%. E que dicir de que este prego, non fose pasado, xa non dicimos que polo pleno, pois debería toda vez que incumpre un acordo plenario sobre a remunicipalización de recadación, pero alomenos que fosen o suficientemente elegantes como para pasalo por unha comisión informativa de facenda.
En resumidas contas, teremos recadación privatizada ata o 2020. ¿onde está a remunicipalización?, quizáis ao carón da mentira.
Grupo Municipal do Partido Popular.

Efectivamente como ben conta o/a veciñ@ que critica a actuación do grupo de goberno e a nosa "pasividade" coincidimos en que non estamos de acordo con esta situación. Tanto Bernardo,o noso voceiro, coma o resto de compañeir@s incluíndome a min non estamos de acordo na maneira de actuar e de non cumplir nin co pactado nin co que lle prometen a veciñanza do actual grupo de goberno. Efectivamente o ano pasado a remunicipalización da recaudación era unha das condicións ( a máis importante dende logo) se lle esixíu o Alcalde para aprobar os orzamentos do 2017. Eles mesmos sacaron un calendario que dividía dita remunicipalización en catro fases. Tres delas xa tiñan que completarse no ano xa vencido (2017) e a cuarta ao longo deste. Nada de nada. E para broche de ouro e cubrirse de gloria publican no BOP de maneira unilateral (correspondelle o pleno a aprobación ou non a forma da xestión dos servizos e os expedientes de municipalización...). Esta é a maneira de actuar do actual alcalde, e de pouco serve dar excusas nin dar explicacións cando decimos unha cousa e POR DETRÁS facemos outra. A parte de esta maneira (privatizando) poden seguir tendo persoal traballando de maneira "irregular" (non esquezamos que a plaza de tesoreir@ con habilitación nacional segue sen salir a concurso...e está cuberta por unha funcionaria interina dende 1994 e dada esta situación debandita plaza tiña que ser sacada a concurso na oferta pública de emprego nun prazo máximo de tres anos dende a toma de posesión da mesma por parte d@ funcionari@ interin@). Este xeito de xestionar non é dende logo o que Alternativa Veciñal quere nin aproba. Denunciamos este xeito de facer as cousas e dende logo sentimonos enganados. Non deixaremos que esta situación caia en saco roto e actuaremos en consecuencia.
Manuel Nogueira, integrante de Alternativa Veciñal e covoceir@ de En Marea comarca do Carballiño

Acontecía ás catro e media desta pasada madrugada neste restaurante carballiñés, Pulpería Fuchela, na Avenida 25 de Xullo, desta vez os ladróns empregan un tempo de 42 segundos en realizar todo o operativo do roubo.
Según tamén puxo de manifesto o visionado do video da cámara de vixilancia do local foron 3 persoas coa cara tapada os que participaron no roubo.
Tamén desta vez, romperon o cristal do local -como pode apreciarse na fotografía- e unha vez no interior valeiraron a recadación da máquina tragaperras.
Este roubo súmase aos rexistrados noutros establecementos carballiñeses no transcurso das últimas semanas.
Porque hai incongruencia no que dis. Por un lado dis que a estratexia (do concello) para que quen ten competencias sobre as políticas activas de emprego (a Xunta) enfoque axeitadamente cales son as necesidades do mercado laboral en canto á formación dos futuros traballadores foi errónea (no que podo estar de acordo con matices porque o mercado laboral é cambiante e todo nicho de mercado colapsa, e chegará un momento en que os cursos de soldadura sobrarán polo que hai que analizar todo no seu preciso contexto).
Pero dis, e aquí radica a incongruencia, que o PP tiña deseñadas as estratexias para os anos que gobernou e pra máis anos (do que se deduce que formas parte do goberno do PSdeG e atopacheste co estas estratexias erróneas cando chegaches). Pois ben, eso digo eu A VER SE NOS ENTERAMOS!!! Non mezclemos churras con merinas ¿Competencias en politícas activas de emprego? A Xunta de Galicia ¿Estratexias para a solicitude de cada tipo de formación? O Concello ¿Pode un concelleiro da area de emprego establecer as estratexias dos futuros gobernos? Non, a non ser que forme parte dese futuro goberno municipal. Polo tanto o dato ese de que os do PP tiveran deseñadas estratexias erróneas para o futuro é irrelevante, do mesmo xeito que é irrelevante as que teñades vos se non repetides mandato, porque quen goberne nun futuro, en virtude da potestade que lle será propia, deseñará as súas propias estratexias.
E repito, relacionar a evolución do mercado de traballo coa xestión municipal, é un arma de doble filo e un xogo perigoso (Moitas razóns apuntalan esta premisa: Complexidade do mercado laboral, mínimo impacto da xestión dun concello das dimensións do Carballiño sobre o mercado, etc...)
Parabéns polas cousas que se estén facendo ben, pero menos autobombo e pasteleo, porque as cousas non están para tirar cohetes. Vese demasiada propaganda de autobombo no diario La Región. Diario que vive prioritariamente dos cartos que lle inyecta a Deputación, e de concellos como o do Carballiño que adica unha parte non pequena dos seus orzamentos en este tipo de campañas. Os recursos, sempre escasos, deberían ser susceptibles de usos máis productivos.
Contestando sobre as políticas activas de emprego do Carballiño, se ven e certo que depende da Xunta de Galicia a adxudicación das mesmas, non así a solicitude, de tal maneira que si o Concello solicita un obradoiro de emprego ou un curso de soldadura, a Xunta é a que ten competencia para adxudicalo ou non, pero a responsabilidade da estratexia laboral é totalmente responsabilidade do concello. coincidiras conmigo en que habendo un nicho de emprego en soldadura ou en atención sociosanitaria non tería lóxica que se solicitara outra formación que non fora esa, por ejemplo, cando o goberno do partido popular chegou o concello había solicitado un curso de aproveitamentos forestais, que pouca ou nada salida tiña en aquel momento no mercado laboral, sen embargo, non sabemos a razón, era o que estaba solicitado sin ningunha repercusión a nivel de inserción laboral. Non é o mesmo solicitar unha formación ca outra. En unhas hai emprego e en outras non.
Quero decir con esto que é moi importante que o Concelleiro ou concelleira de empleo sepa dirixir as politicas activas de emprego hacia o sectores de máis demanda laboral. ESTO SOLICITAO O CONCELLO, NON O DA A XUNTA PORQUE SI. a ver si nos enteramos!!!!!
E asegúroche que as estratexias xa quedaban diseñadas polo partido popular, quedaba traballo feito para catro anos máis dos que gobernaron.
Hai que lembrar que fai un ano, o PSdeG e en Marea comprometéranse a remunicipalizar o servizo de recadación (condición sine qua non para aquel acordo orzamentario). Pero polo que se ve tan só queren remunicipalizar a puntiña, é dicir, o que non afecta á empresa que xa presta este servizo, e que agora concurrirá mediante un procedemento de urxencia (como se non soupesen que de remunicipalización na de na, e que o caso é tomarlle o pelo á xente).
Daquela denunciábase por este medio a falta de interese por parte do actual goberno (por razóns obvias, nas que será conveniente profundizar nun futuro).
Se ante tal tomadura de pelo a oposición permanece calada, será consecuencia das seguintes circunstancias
1) A oposición non está a favor da remunicipalización de servizos
2) A oposición está a favor das mamandurrias (que cada un coloque aos seus nos chiringuitos contratados polo concello)
Unha empresa que deixou prescribir máis de 3 millóns de euros de pago de IBI, é premiada cun procedemento de urxencia para a nova adxudicación. CHEIRA QUE APESTA!!!!
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 493
- 494
- 495
- 496
- 497
- 498
- 499
- 500
- 501
- …
- seguinte ›
- última »