21, Febreiro 2018

O primeiro felicitar aos organizadors polo "imaxinativo" nome dese proxecto, vese que hai iniciativa e creatividade no Carballiño. E para intentar botar unha man na colocación deses desempregados que se van a formar no Carballiño recurrimos, a tal fin, a igualdade de todos os españoles diante da ley así como aos antecedentes que temos sobre a solución que alguns pais conseguiron para colocar aos fillos dos que non era fácil facer carreira. Temos exemplos a nivel nacional, concretamente da xefatura do Estado, no parlamento, senado, etc; tamén a nivel provincial, na deputación; tamén a nivel local, no Concello do Carballiño, así como no intercambio de cargos entre cargos políticos de concellos da nosa comarca. Trátase de incluír nas listas electorais aos fillos, familiares ou amiguetes que pretendemos colocar, con o cal iremos introducindo a estes "casos difíciles" para alguns pais na arte de vivir a costa dos contribuintes, pisando brandas alfonbras, gozando de exclusivos privilexios, etc e todo sin precisar intelixencia, carreira nin estudios especiais, básicamente esa vida consiste en dormir nos plenos e votar o que manda o xefe do partido. O casos que coñecemos na comarca, de fillos e familiares de políticos, tiveron un recoñecido éxito e gozan de cargos públicos sin que se sepa ben as cualidades que os levaron a tal privilexio si exceptuamos o feito de ser familiaress de outros políticos afins.

21, Febreiro 2018

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu en San Caetano ao alcalde de Beariz, Manuel Prado, para atender as demandas relacionadas co seu departamento.

En concreto, avanzaron na posibilidade de colaborar na adquisición dun tractor con rozadora para a limpeza das faixas de xestión de biomasa e previr incendios forestais neste municipio.

Neste senso, a conselleira trasladoulle ao alcalde que o pasado ano se destinou algo máis de 3 millóns de euros na compra de 35 tractores con dous apeiros para rozas.

Para este ano, salientou, está comprometido un orzamento similar e terase en conta a súa solicitude á hora de determinar os concellos beneficiarios destas achegas. Noutra orde de cousas, ambos dirixentes analizaron as obras de mellora de camiños levadas a cabo no municipio, para as cales houbo un investimento por parte desta consellería de 113.120 euros nos últimos catro anos.

Así mesmo, están orzados outros 31.320 euros na convocatoria deste ano para mellorar o camiño que vai dende Doade a Correa.

21, Febreiro 2018

http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/pp-maside-cuestiona-inmine...

Din os do Partido Podre de Maside que "Maside é un dos moitos concellos que subiron o IBI despois da actualización da valoración catastral, quedando acreditado que non entenden a diferencia entre unha  nova valoración catastral ou ponencia de valores, e o incremento do valor catastral polos coeficientes correctores de Montoro (aínda ignoran que foron todos e non moitos, todos, os concellos de España os que sufriron un increento do valor catastral por culpa dos coeficientes correctores de Montoro publicados cada ano nos PGE). 

Independentemente de que o concello concorra a unha nova ponencia de valores, ou nova valoración catastral, todos os concellos de España sufriron un incremento dos  valores catastrales, por una lei, feita por Montoro no 2004 sendo daquela ministro, lei que non se atreveu a aplicar o PSOE, pero que tampouco derogou por iso de ter ese comodín na recámara. E que Montoro comezou a aplicar dende hai unhos anos.

Cando un Concello entende que existen discrepancias entre este coeficiente corrector de Montoro, e o valor  dos inmobles, ten a opción de solicitar á Dirección Xeral de Catastro un novo relatorio de valores (o anterior relatorio realizouse no ano 1989). Facenda contrata unha empresa privada e realízase unha nova valoración colectiva dos bens inmobles.

Maside solicitou este procedemento en 2016, ao entender, como moitos outros concellos, que os coeficientes correctores de Montoro eran excesivos (iso si, podía facelo antes pois como a anterior ponencia data do 89, é moi probable que os novos valores superen incluso os do coeficiente corrector á alza de Montoro). A empresa privada que enviou Facenda finalizou os seus traballos o 30 de novembro de 2017. Pero xa de antes Maside sufrira incrementos das bases reguladoras. Levamos pagando os sablazos de Montoro dende hai unhos anos.
 
Nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018, se os houbera, sairán publicados os novos valores catastrais en virtude desta nova ponencia de valores, e se non, sairán publicados por Decreto, como xa sucedeu en 2016 para os concellos que solicitaran novas valoracións catastrais e o resto mediante os coeficientes correctores.

E serán os novos valores que se apliquen ó tipo do 0.60, pois ao ser o IBI un imposto que se devenga a un de xaneiro, a hipotética baixada do tipo impositivo que promete o alcalde terá efectos en 2019, a condición de que esta baixada apróbese en 2018. Lembrarlle doutra banda aos do Partido Podre, que este 0.60 é o mesmo tipo impositivo que eles aplicaron nos seus 16 anos de mandato.

Pero o máis curioso deste asunto é a ignorancia na que vive o PP de Maside. Pide este tal Jorge que se dá a coñecer como voceiro (aquí en Maside entendiamos que había unha voceira) do PP, que o excedente se dedique ao proxecto abandonado da Fontela.  E QUÉDASE TAN PANCHO O PERSONAXE!!!!!!

¿Pero en que mundo vive este personaxe? En 2010 Baltarín presumía de mediar na consecución dun investimento de 4.2 millóns de euros para a reubicación das vivendas da Fontela (que sempre foi un soño e unha iniciativa dunha persoa que si amaba e preocupábase por Maside, e ao que debemos sumar outras iniciativas como a que no seu día tivo Chema) ¿Era unha nova fanfarronada do PP? ¿Perdeuse este diñeiro en sobres B? ¿En hoteliños? ¿Reservouse este diñeiro para que o novo candidato do PP de Maside meta os narices onde non debe, prometendo diñeiro a través de emisarios?
 http://www.ppou.es/blog/contenido/127/casimiro_campo_consegue_que_a_xunt...

Dicirlle a este novo personaxe do PP que o que xerou o catastrazo, non é un excedente, senón un  remanente de tesourería que é un saldo que permite coñecer, ao final do exercicio, a solvencia ou capacidade económica que ten unha administración para afrontar as súas débedas. Para iso cuantifícanse, por unha banda, os fondos líquidos da institución (diñeiro en caixa e bancos) máis os dereitos recoñecidos pendentes de cobro. É o que o alcalde chama superávit, pero non é un superávit (porque moitas veces se contabilizan dereitos de cobro que xa prescribiron, e dereitos que nunca se cobrarán. E este remanente debe dedicarse a amortizar a débeda, como establece a lexislación autonómica, tal como se fixo, pero seguimos con débeda en Maside. Tan só aos bancos débeselles 296.000 euros, e hai acreedores aos que tamén se lles debe cartos.

O alcalde non moverá ficha ata que coñeza realmente os novos valores catastrais, porque se se pasa de baixada de tipo impositivo, en vez de ir amortizando a débeda, incrementará a débeda, e volverá á débeda inicial (polo menos así o faría alguén con dous dedos de fronte, aínda que non demostrou telos prometendo unha baixada que non tería efectos ata 2019, así que este 2018 vai ser de sablazo fiscal, cortesía de Montoro).

Esoutra ocorrencia do persoeiro do PP, baixada do seguinte pago, é un disparate que ven a ratificar a súa ignorancia nesta materia. Agora ben, se él paga a débeda de Maside, polos masidaos xenial. Ningún concello pode facer descontos sobre o que resulta de multiplicar a base reguladora polo tipo de gravámen, tan só ten potestade pra facer bonificacións ata un límite, cando se paga por domiciliación bancaria, e por outros conceptos perfectamente tipificados na normativa vixente, pero non por ocorrencias cómicas.. A non ser que se pretenda burlar a lei, e diso o PP sabe moito. De paso pode pedirlle a Montoro que devolva o que el cobrou de mais por IRPF, Imposto de Sucesións e Donacións, e Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (aquí Montoro púxose as botas, xa subira o tipo impositivo do 4% ao 7%, e agora subiu a base reguladora cos coeficientes correctores dos valores catastrais). E xa postos ¿qué tal pedirlle aquelo dos sobres B?

Xa se aprobaron os orzamentos do 2018, e o PP dicía que estaban expectantes de que sairan, e o final non dixeron nin mu. Deben ignorar que unha ordenanza fiscal que aprobe unha baixada do tipo impositivo con efectos no ano 2019 non ten que aprobarse cos orzamentos do concello, debe aprobarse en calquer Pleno. E o remanente de tesoureiria non ten efectos sobre os orzamentos, senon sobre o pago da débeda (deberían sabelo, eles xeraron parte desta débeda e agora pretenden ignorala, ademáis de ignorar moitas outras cousas).

 

20, Febreiro 2018

O novo plan integrado de emprego “Carbaemprega 2018” botou hoxe a andar con 85 alumnos e alumnas inscritos e un obxectivo de inserción laboral do 40%. A formación centrarase en tres eidos: soldadura, técnicas de restaurante-bar e atención sociosanitaria.

Estes datos foron dados a coñecer esta mañá durante a presentación do plan no salón de plenos do concello, que contou coa asistencia da maioría das persoas inscritas así como do alcalde, Francisco Fumega; a delegada Territorial da Xunta, Marisol Díaz; o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; o delegado territorial da Consellería de Emprego, Santiago Álvarez; a concelleira do PP e deputada provincial, Teresa Cerdeira; a responsable de Gestmedical, María Ochogavía; o xerente de GRI, Cándido Gómez, e o xerente de DIZMAR, Carlos Rivas.

Francisco Fumega agradeceu a colaboración institucional e empresarial para poñer en marcha esta nova iniciativa dirixida á formación de persoas desempregadas en ramas laboráis con demanda no Carballiño, e o interese amosado por estas persoas para adquirir una formación acorde con estas necesidades do mercado laboral local.

Marisol Díaz tamén agradeceu ao concello e ao sector empresarial a implicación neste plan, do que dixo que había outros seis na provincia, e que o máis importante era que se centraba nas necesidades do tecido industrial do Carballiño e que os alumnos terían una atención personalizada que debían aproveitar para poder incorporarse ao mercado de traballo.

Adolfo Nogueira explicou o camiño seguido para a consecución deste plan, despois do éxito do celebrado o pasado ano cunha inserción laboral do 70%, e que esperaba que este, que conta co dobre de alumnado e orzamento, acadase o mesmo nivel.

19, Febreiro 2018

O alcalde de San Amaro trasladou ao Subdelegado do Goberno na provincia, Roberto Castro, a preocupación veciñal debido a proliferación de roubos e actos delictivos que se veñen rexistrando en varias localidades do municipio no transcurso do último ano.

Nunha reuníon na sede da Subdelegación do Goberno, Ernesto Pérez demandou do máximo responsable do Goberno na provincia maior presenza da Garda Civil no rural, tal como tamén solicita a veciñanza. 

O Subdelegado comprometeuse ante o alcalde de San Amaro por esta problemática e manifestoulle que se analizará coa Garda Civil esta problemática coa finalidade de avanzar na mellora da seguridade cidadán neste municipio.

19, Febreiro 2018

Debe ser que os do PSOE xa están en campaña e deléitannos coa súa falsa propaganda nos diarios. Sr. Fumega: Iso de mentir está moi mal. Se vostede minte con dolo, é dicir, con vontade manifesta de mentir está moi mal, e se minte por ignorancia está bastante mal.

Coa esperanza de que minta vostede por ignorancia vou colocarlle unhas imaxes e espero que lle saian a vostede as cores cada vez que volva repetir que as contas do Concello están ao cento por cento saneadas e  que ten un superávit de 3 millóns de euros. Revise cada unha das imaxes que lle vou a deixar, porque son as contas enviadas polo propio concello ao Consello de Contas. Pode vostede gardalas no seu computador e estudalas con detemento. Son as do exercicio 2016, porque as do exercicio 2017 ten vostede de prazo para envialas en tempo, ata o 15 de Outubro de 2018, e aquí estaremos para sacarlle as cores se persiste na súa actitude.

Mire, a primeira imaxe que lle vou a colocar, e púxena en vermello socialista (coa esperanza de que así vostede a entenda), é a da débeda que temos cada un dos habitantes do Carballiño por culpa do concello, e é  de 467.50 euros. Porque a débeda total do concello é de 6504781.62 euros e dividida entre os 13900 habitantes dános esa cifra. A débeda corrente é de 4.135.530 euros, e a non corrente é de 2.368.851 euros. CRE VOSTEDE CERTAMENTE QUE A ECONOMÍA DO CONCELLO ESTÁ SANEADA????

Mire, na segunda imaxe que lle poño  poderá vostede ver que a débeda financeira (con bancos) é de 3.025.332 euros (sumadas as débedas a curto e a longo) o cal difire dos 2.700.000 euros que figuran no MEH (que só contabiliza a débeda financeira) Segue vostede crendo que as contas están saneadas cando tan só aos bancos débeselles esta cantidade?

A seguinte imaxe que lle vou a colocar é a do historial de rendición de contas, porque ata agora só enviou dúas contas, a do 2015 (e tivo vostede ata o 15 de outubro de 2016) e as do 2016 (e tivo vostede ata outubro de 2017). Cando digo vostede, refírome a a súa xestión, porque vostede é o máximo representante. E non din moito no seu favor. A primeira envíaa vostede con graves deficiencias, e a segunda con deficiencias leves, un 100% en incompetencia.

É posible que vostede sexa leigo na materia e confunda o remanente líquido de tesouraría cun superávit, Para tentar corrixirlle ese vicio póñolle a seguinte imaxe na que vostede poderá ler que o superávit é 0 Zapatero. Que lle parece???

Por tanto pídolle encarecidamente que deixe de mentir, e seguidamente paso a porlle outra imaxe. Esta é a que máis me preocupa, porque vostede seguiu a tendencia en gasto por habitante no resto de servizos, pero recortou o gasto por habitante en dous servizos que considero importantísimos: CULTURA E DEPORTE. Pasou vostede dun gasto pobre, a un gasto miserable en CULTURA E DEPORTE. Como lle chamamos a iso Recortes?

E por último, para que non diga vostede que me invento as cousas, déixolle unha imaxe da propaganda que fan no seu chiringuito. Á cidadanía vostede cada vez engánaa menos. Espero que non se engane a si mesmo.

19, Febreiro 2018

Eu era usuario nos anos 90 e non recordo que tivera carencia ningunha nas instalacions. Frío no inverno e calor no verán non se pasaba desde logo, e sin embargo agora parece que ou morres de frio ou abafas de calor coa caldeira funcionando correctamente. E a xeometria e a arquitectura do edificio era a mesma daquela que agora (con esas claraboxas, eses ventanais e eses tabiques separadores de pladur). Incluso na sala de proxeccións recordo que tampouco se pasaba frío. E agora parece que todo falla a vez. Os baños estropearonse outra vez (incrible que uns baños fallen tanto). As goteiras campas ao seu ancho pola cuberta. E a unica solucion que propoñen os da oposicion é un cambio de ubicación. Pero vamos, se todas as bibliotecas de vilas parecidas ao Carballiño teñen a misma arquitectura en altura e non dan eses problemas. Para exemplo a da Verín, que recibiu premios importantes. Estou seguro que o edificio actual é perfectamente subsanable e se pode restituir a como estaba fai 20 anos.

 

Por suposto a maiores fai falta persoal tecnico especializado e que o horario de apertura se amplie (abrir 1 hora antes pola maña e pecha 1 hora mais tarde a noite). A sala de lectura pode reorganizarse e convertirse nunha sala de estudio sen mais que trasladar as estanterias do deposito e poñeles contra as paredes laterais deixando o oco central baleiro para poñer mesas.

E unha cousa mais que ningun comenta. inexplicablemente a biblioteca municipal e das poucas bibliotecas municipais de galicia (por non dicir a unica) que non esta adherida A REDE DE BILIOTECAS DE GALICIA, o cal significa que usan un carne exclusivo e un rexistro de usuarios esclusivo delas e que por exemplo con carne da bliblioteca do carballiño non podes ir a biblioteca nodal de ourense a retirar un libre ou solicitar un prestamo interbibliotecario entra elas (e viceversa con algun doutro sitio que queira facer uso da do carballiño). Inexplicablamente a bibliteca do Carballiño segue usando o sistema informatico MEIGA (e polo que teño entendido estos ultimos meses nin funcionaba polo que era imposbile facerse socio nin sacar libro algun).

TODAS AS BIBLIOTECAS DE GALICIA FIGURAN ADHERIDAS "A REDE DE BIBLITECAS DE GALICIA".

Todas menos Carballiño. Unha vez mais chamando a atencion polo malo. Nunca polo bo.

18, Febreiro 2018

Estou dacordo co que din os outros denunciantes. O exceso de velocidade no sempre coñecida como avenida de estacion e alarmante e intolerable. O limite de 40-50 no no respeta naide. Nin os transportes pesados dos eolicos cando van baleios como dixo a outra persoa. E alucinante. Os radares están ben pero nos serven permanentemente nin todo o dia. Solo vexo o mesmo que se fixo no seu dia na Avenida de Compostela ata a Uceira.

Pasos elevados e bandas rugosas sonoras. Man de santo. En canto os dous primeiros coches deixan as defensas e os baixos do coche ali o resto xa vai aprendido. E ademais duas rotondas mais estarian ben: una no cruce dos catro camiños e outra fronte o fuchela.

 

Hai que solucionar o tema XA! se a rua e de fomento pois habera que poñerse a falar con eles.

 

Que fan os nosos gobernatantes?

18, Febreiro 2018

Está claro que o cámbeo da súa celebración, que fai unhos pasou do domingo de entroido ao de piñata, foi todo un acerto.

Xa nos últimos anos se viña confirmando este impulso do acontecemento festivo gastronómico do inverno carballiñés, e nesta XXIV edición podemos afirmar que foi o salto definitivo para facerse un sitio no mapa das festas gastronómicas.

A practica totalidade dos comedores dos 27 restaurantes que serviron o menú típico da festa, o cocido de entroido a base de cachucha, rexistraron un cheo total, e moitos deles non poideron atender a demanda, non foron poucas as persoas que se quedaron desta vez coas gañas de degustar a cachucha cocida.

O ambiente na hostelería local e  nas rúas maís céntricas  foi indo a máis a partir da sobremesa, agardando a hora do desfile de folións, carrozas e comparsas do entroido, que foi seguido por miles de persoas durante o seu recorrido.

A orquestra Gran Parada despedíu na Praza Maior a Festa da Cachucha, sen dúbida, máis concurrida dende que fai 24 anos se ven celebrando.

18, Febreiro 2018

 

Hai que ver a inventiva que teñen algúns " xornalistas" por chamarlles dalgunha forma, a hora de encher o papel do xornal. Eu lin a noticia na web, pero seguro que tamén está no xornal impreso. A verdade é que me diu a risa o lela, pero case pode pasar por un escritor de novelas basadas en feitos reais o que escribiu este artigo.

Todo mundo sabe que este venres se incendiou un tren no apeadeiro da Friela que está no casco urbano de Maside. A planta de gas licuado a que fai mención a noticia está na estación da Touza, a 2 km de distancia. Descoñezo si os responsables activaron ou non un protocolo de prevención por un incendio no apeadeiro de Maside a esa distancia, pero dicir que os depositos están a escasos 50 metros do incendio, cando están a 2 km de distancia....

Alguén, non sei quen, debería tomar cartas no asunto con esta xente. Xa dixen que a min me deu a risa con esta noticia, pero fai poucos dias faleceu un veciño do concello de maside nun accidente de coche a altura de Fonteboa. Este mismo xornal, o pouco tempo do accidente, non tivo reparos en poñer unha foto da furgoneta sinestrada ( que está rotulada e todos os que somos da zona sabemos de quen é) e dicir que o accidente se produxo na N-541 e que ía de acompañante a muller do falecido. Nin o accidente se produxo na N-541 nin o outro do ocupante do vehiculo era a sua muller. Que podería pasar se a noticia a ve un familiar cercano ou mesmo os fillos/as?

Non se pode informar, neste case malinformar a calquer prezo.

Veracidade e rigurosidade ante todo. Calquera información sen iso non ten credibilidade.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS