
Os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Mancomunidade de concellos do Ribeiro levaron a cabo ao longo do ano 2017 traballos de roza en case mil quilómetros dos municipios da Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro.
Estes labores supuxeron, en concreto, un investimento de preto de 30.000 euros e tiveron como finalidade controlar a matogueira para diminuír o risco e a virulencia dos lumes. A Consellería do Medio Rural financia estes labores mediante convenios cos diferentes concellos e administracións locais, que contemplan, ademais da realización das rozas preventivas, as funcións de vixilancia, defensa e extinción durante a tempada de alto risco de incendios.
Estes datos sobre traballos preventivos foron achegados polo presidente da Mancomunidade e alcalde de Leiro, Francisco Fernández, á conselleira Ángeles Vázquez, nunha xuntanza de traballo celebrada en San Caetano.
No encontro, ambos abordaron diferentes cuestións de interese para os veciños desta comarca ribeirán e de xeito particular avanzaron nesa colaboración entre administracións en materia de prevención e loita contra os incendios forestais, que neste caso cualificaron como moi útil e favorable para as partes.
A música de The Tetas Van encheu este venres día 23 o Auditorio Municipal Mauuel María do Carballiño con máis de 400 rapaces e rapazas dos centros de ensino da comarca: os CPI Virxe da Saleta de Cea e Terras de Maside e os IES Nº1 e Chamoso Lamas do Carballiño.
Este concerto forma parte dunha serie de actividades para dar a coñecer a cultura galega aos alumnos que estes catro centros levan facendo en conxunto os últimos 5 anos: Poesía na escola, que achegou a O Carballiño a moitos poetas e músicos.
Este ciclo contou nos últimos 3 cursos coa colaboración e axuda económica da Área de Cultura do Concello do Carballiño.
No outono estivo nos centros o poeta carballiñes Quico Valeiras cun obradoiro de poesía dirixido aos máis pequenos. O autor está a punto de publicar o seu primeiro libro de poemas (ó que saben os corpos no que dura unha dársena..) que estará nas librerías moi pronto.
O ciclo pecharase no próximo trimestre co recital poético musical de Anxo Blas.
Alumnado do IES Nº1 do Carballiño conseguiu o 3º premio no Concurso “Yo conozco mi herencia, ¿y tú?”, un concurso promovido pola AMUPROLAG (Asociación de Profesores de Latín e de Grego) e a SEEC (Sociedade Española de Estudos Clásicos) para reclamar un lugar para a Cultura Clásica, o Grego e as Humanidades na LOMCE.
Participaron cinco alumnos de 3º e 4º da E.S.O que teñen as materias Cultura Clásica ou Latín máis catro de 1º de Bacharelato que cursan Latín, coordinados pola súa profesora de latín Gema Roiz.
O equipo carballiñés estivo integrado por Gladys Estefani Contreras Paulino, Doris Isabel González Almonte, Mateo Giraldez Fernández, Isabella Erlania Pereira Da Silva, Juan Corral Blanco, Esteban Decabo Nogueira, Nerea Gallego Cabanas, Tania Pérez Godoy e Patricia Portabales García.
Trátase dun concurso escolar de vídeos que cada ano presenta unha temática diferente. Este ano o tema era a figura de Ovidio co gallo da commemoración do bimilenario da súa morte.
Pódese ver o vídeo premiado neste enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=MZ8KDmNpN8Y&list=PL5fn-KFFop_AwIssblxQ9H...
Esa foto do Carbaemprega 2108 da que pensar. Concelleiros do PSOE e do PP nada máis, representantes da Xunta e das empresas. Se a excusa é que a Xunta participou no programa e o PP goberna a Xunta que vaian eles solos pero non pinta nada unha concelleira do PP se non son invitados os concelleiros do resto da oposición. Vexo moito pasteleo ultimamente entre PPSOE.
Bernardo, lévante a Alemania e non contan contigo nestes saraos? Co que contaban contigo o ano pasado por estas datas... Se non puderon asistir non dixen nada, pero pareceme fatal se non foron invitados porque son oposición igual que o PP, e traballan como todos en facer o que se poda polo emprego.
Un apunte a quen escribe sobre o catastrazo de Maside. Non é certo que sempre se aplicase 0.6 seino porque somos veciños e en Punxín casi sempre tivemos o 0.45 e sempre deciamos que Maside era máis barato porque tiña 0.4, e co alcalde que tedes. Pero no ano 2013 aumentaronolo o 0.6, e penso que no mesmo ano aumentarono en Maside. Nos tamen temos a ponencia do 89, e a lei fixaba un mínimo de 0.60 para os que tiveran a ponencia dese ano. Se o comentarista quere dicir que en Maside sempre se aplicou e mínimo que marca a lei, leva razón pero non é certo que sempre fora 0.6. Non e por encomodalo ou encomodala.
Penso que o catastrazo é inxusto totalmente, un atraco en cristiano. Estou dacordo que por h ou por b subiron todos os concellos. Os coeficientes corretores por IBI, os coeficientes dos valores catastrais por sucesións e donacións, Os coeficientes de valor catastral de transmisións patrimomiais. Coeficientes diferentes e cada un a subir máis o valor catastral e a castigar ós de sempre. Non dan tregua oes.
Todo esto podía ter algo de senso cando os pelotazos urbanisticos e a burbulla do ladrillo pero non nestes tempos que corren. Se queren ter estabilidade presupuestaria que disminuan o gasto. Na crise non podemos ser os de sempre os que tiremos do carro. Coñezo rapaces da provincia con pais donos de explotacións agrarias que perderon a beca de estudos por culpa desta M. (sen Rajoy) por pasarse do umbral de renda.
Van polos que queiran mercar unha leira, os xubilados e polos que poden. E panos quentes á banca. E eles a subirse o soldo como fixo recentemente todo o goberno Feijóo, que o paga o catastrazo e outros impostos. Este é un país de corruptos e moi pouca vergonza. Demasiado chupón.
Acordeime o outro día da denuncia pola veracidade das noticias nun xornal da provincia publicada fai pouco tempo. Acordeime cando lin no xornal que se colocarán uns bolardos con chave ou mando electrónico para os veciños na peatonal rua Perfectino Vieitez para solucionar o problema do tráfico fora das horas autorizadas.
Calquera que lea a noticia do Carballiño dariase conta de que non foron colocados os bolardos nin houbo obras nesa rua na semana pasada. Digo que calquera sabe que non se colocaron, menos os do PP do Carballiño, que na sua páxina de Facebook criticaban e poñian o enlace da noticia do xornal que se habían colocado os bolardos e que xa desapareceran, mais ben din, pois si que duraron ben os bolardos...
Pois si que estamos ben Sr. Marnotes, se lle fai caso a todo o que aparece nese xornal.
A realidade é que as obras empezaron hoxe e os do periódico se adiantan o futuro. Maña igual nos chega o AVE a Ourense ou nos empezan a construir o famoso PAET.
O peor é que os partidos da oposición lle dan máis crédito o que len nalgúns periódicos que os comunicados do Concello, pero que seguro que pedir perdón desde o Facebook tampouco o fan.

Co obxectivo de concienciar á poboación para previr accidentes, sobre todo atropelos, este venres terá lugar una charla organizada pola AA.VV. Camiño e a asociación STOP Accidentes, en colaboración co concello, que se desenvolverá co lema: “Peón os teus pasos con seguridade”.
O acto, que se desenvolverá o venres, 23 de febreiro, ás 20,00 h., no salón de plenos do concello, vai dirixido a todas as asociacións de veciños e veciños en xeral do Carballiño.
A presentación realizouse este mediodía coa intervención do concelleiro de Seguridade, Adolfo Nogueira; o xefe da Policía Local, Francisco Valeiras; o presidente da Asociación de Veciños Camiño, Cádido Ferreira, e o representante da asociación Stop Accidentes de Ourense, Benito Bouzada.
Bouzada fixo fincapé no elevado número de accidentes que se producen en Galicia e Ourense, sobre todo atropelos con consecuencias moi graves. Neste senso dixo que evitalo non é só unha cuestión das administracións senón de todos. E por iso convidou aos veciños a asistir a esta conferencia.
Ferreira tamén convidou ao movemento asociaciativo a sumarse a este acto, do que dixo era unha verdadeira necesidade para evitar accidentes.
E Nogueira e Valeiras incidiron na oportunidade da iniciativa tendo en conta os últimos atropelos acontecidos na vila. Ao respecto aseguraron que algúns dos puntos máis conflictivos poderían quedar subsanados en breve, incrementando as rúas de sentido único para evitar a confluencia masiva de vehículos nas interseccións, como acontece, por exemplo, na avenida 25 de Xullo.
Segundo Benito Bouzada, o 90% dos accidentes son evitables, e a conferencia permitirá visibilizar os riscos que se producen a cotío por parte dos peóns e automovilistas. Ao respecto dixo que un dos problemas máis graves é pasear polas cunetas das estradas e avenidas de noite ou con pouca visibilidade sen chaleco refrectante.
O primeiro felicitar aos organizadors polo "imaxinativo" nome dese proxecto, vese que hai iniciativa e creatividade no Carballiño. E para intentar botar unha man na colocación deses desempregados que se van a formar no Carballiño recurrimos, a tal fin, a igualdade de todos os españoles diante da ley así como aos antecedentes que temos sobre a solución que alguns pais conseguiron para colocar aos fillos dos que non era fácil facer carreira. Temos exemplos a nivel nacional, concretamente da xefatura do Estado, no parlamento, senado, etc; tamén a nivel provincial, na deputación; tamén a nivel local, no Concello do Carballiño, así como no intercambio de cargos entre cargos políticos de concellos da nosa comarca. Trátase de incluír nas listas electorais aos fillos, familiares ou amiguetes que pretendemos colocar, con o cal iremos introducindo a estes "casos difíciles" para alguns pais na arte de vivir a costa dos contribuintes, pisando brandas alfonbras, gozando de exclusivos privilexios, etc e todo sin precisar intelixencia, carreira nin estudios especiais, básicamente esa vida consiste en dormir nos plenos e votar o que manda o xefe do partido. O casos que coñecemos na comarca, de fillos e familiares de políticos, tiveron un recoñecido éxito e gozan de cargos públicos sin que se sepa ben as cualidades que os levaron a tal privilexio si exceptuamos o feito de ser familiaress de outros políticos afins.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu en San Caetano ao alcalde de Beariz, Manuel Prado, para atender as demandas relacionadas co seu departamento.
En concreto, avanzaron na posibilidade de colaborar na adquisición dun tractor con rozadora para a limpeza das faixas de xestión de biomasa e previr incendios forestais neste municipio.
Neste senso, a conselleira trasladoulle ao alcalde que o pasado ano se destinou algo máis de 3 millóns de euros na compra de 35 tractores con dous apeiros para rozas.
Para este ano, salientou, está comprometido un orzamento similar e terase en conta a súa solicitude á hora de determinar os concellos beneficiarios destas achegas. Noutra orde de cousas, ambos dirixentes analizaron as obras de mellora de camiños levadas a cabo no municipio, para as cales houbo un investimento por parte desta consellería de 113.120 euros nos últimos catro anos.
Así mesmo, están orzados outros 31.320 euros na convocatoria deste ano para mellorar o camiño que vai dende Doade a Correa.

http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/pp-maside-cuestiona-inmine...
Din os do Partido Podre de Maside que "Maside é un dos moitos concellos que subiron o IBI despois da actualización da valoración catastral, quedando acreditado que non entenden a diferencia entre unha nova valoración catastral ou ponencia de valores, e o incremento do valor catastral polos coeficientes correctores de Montoro (aínda ignoran que foron todos e non moitos, todos, os concellos de España os que sufriron un increento do valor catastral por culpa dos coeficientes correctores de Montoro publicados cada ano nos PGE).
Independentemente de que o concello concorra a unha nova ponencia de valores, ou nova valoración catastral, todos os concellos de España sufriron un incremento dos valores catastrales, por una lei, feita por Montoro no 2004 sendo daquela ministro, lei que non se atreveu a aplicar o PSOE, pero que tampouco derogou por iso de ter ese comodín na recámara. E que Montoro comezou a aplicar dende hai unhos anos.
Cando un Concello entende que existen discrepancias entre este coeficiente corrector de Montoro, e o valor dos inmobles, ten a opción de solicitar á Dirección Xeral de Catastro un novo relatorio de valores (o anterior relatorio realizouse no ano 1989). Facenda contrata unha empresa privada e realízase unha nova valoración colectiva dos bens inmobles.
Maside solicitou este procedemento en 2016, ao entender, como moitos outros concellos, que os coeficientes correctores de Montoro eran excesivos (iso si, podía facelo antes pois como a anterior ponencia data do 89, é moi probable que os novos valores superen incluso os do coeficiente corrector á alza de Montoro). A empresa privada que enviou Facenda finalizou os seus traballos o 30 de novembro de 2017. Pero xa de antes Maside sufrira incrementos das bases reguladoras. Levamos pagando os sablazos de Montoro dende hai unhos anos.
Nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018, se os houbera, sairán publicados os novos valores catastrais en virtude desta nova ponencia de valores, e se non, sairán publicados por Decreto, como xa sucedeu en 2016 para os concellos que solicitaran novas valoracións catastrais e o resto mediante os coeficientes correctores.
E serán os novos valores que se apliquen ó tipo do 0.60, pois ao ser o IBI un imposto que se devenga a un de xaneiro, a hipotética baixada do tipo impositivo que promete o alcalde terá efectos en 2019, a condición de que esta baixada apróbese en 2018. Lembrarlle doutra banda aos do Partido Podre, que este 0.60 é o mesmo tipo impositivo que eles aplicaron nos seus 16 anos de mandato.
Pero o máis curioso deste asunto é a ignorancia na que vive o PP de Maside. Pide este tal Jorge que se dá a coñecer como voceiro (aquí en Maside entendiamos que había unha voceira) do PP, que o excedente se dedique ao proxecto abandonado da Fontela. E QUÉDASE TAN PANCHO O PERSONAXE!!!!!!
¿Pero en que mundo vive este personaxe? En 2010 Baltarín presumía de mediar na consecución dun investimento de 4.2 millóns de euros para a reubicación das vivendas da Fontela (que sempre foi un soño e unha iniciativa dunha persoa que si amaba e preocupábase por Maside, e ao que debemos sumar outras iniciativas como a que no seu día tivo Chema) ¿Era unha nova fanfarronada do PP? ¿Perdeuse este diñeiro en sobres B? ¿En hoteliños? ¿Reservouse este diñeiro para que o novo candidato do PP de Maside meta os narices onde non debe, prometendo diñeiro a través de emisarios?
http://www.ppou.es/blog/contenido/127/casimiro_campo_consegue_que_a_xunt...
Dicirlle a este novo personaxe do PP que o que xerou o catastrazo, non é un excedente, senón un remanente de tesourería que é un saldo que permite coñecer, ao final do exercicio, a solvencia ou capacidade económica que ten unha administración para afrontar as súas débedas. Para iso cuantifícanse, por unha banda, os fondos líquidos da institución (diñeiro en caixa e bancos) máis os dereitos recoñecidos pendentes de cobro. É o que o alcalde chama superávit, pero non é un superávit (porque moitas veces se contabilizan dereitos de cobro que xa prescribiron, e dereitos que nunca se cobrarán. E este remanente debe dedicarse a amortizar a débeda, como establece a lexislación autonómica, tal como se fixo, pero seguimos con débeda en Maside. Tan só aos bancos débeselles 296.000 euros, e hai acreedores aos que tamén se lles debe cartos.
O alcalde non moverá ficha ata que coñeza realmente os novos valores catastrais, porque se se pasa de baixada de tipo impositivo, en vez de ir amortizando a débeda, incrementará a débeda, e volverá á débeda inicial (polo menos así o faría alguén con dous dedos de fronte, aínda que non demostrou telos prometendo unha baixada que non tería efectos ata 2019, así que este 2018 vai ser de sablazo fiscal, cortesía de Montoro).
Esoutra ocorrencia do persoeiro do PP, baixada do seguinte pago, é un disparate que ven a ratificar a súa ignorancia nesta materia. Agora ben, se él paga a débeda de Maside, polos masidaos xenial. Ningún concello pode facer descontos sobre o que resulta de multiplicar a base reguladora polo tipo de gravámen, tan só ten potestade pra facer bonificacións ata un límite, cando se paga por domiciliación bancaria, e por outros conceptos perfectamente tipificados na normativa vixente, pero non por ocorrencias cómicas.. A non ser que se pretenda burlar a lei, e diso o PP sabe moito. De paso pode pedirlle a Montoro que devolva o que el cobrou de mais por IRPF, Imposto de Sucesións e Donacións, e Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (aquí Montoro púxose as botas, xa subira o tipo impositivo do 4% ao 7%, e agora subiu a base reguladora cos coeficientes correctores dos valores catastrais). E xa postos ¿qué tal pedirlle aquelo dos sobres B?
Xa se aprobaron os orzamentos do 2018, e o PP dicía que estaban expectantes de que sairan, e o final non dixeron nin mu. Deben ignorar que unha ordenanza fiscal que aprobe unha baixada do tipo impositivo con efectos no ano 2019 non ten que aprobarse cos orzamentos do concello, debe aprobarse en calquer Pleno. E o remanente de tesoureiria non ten efectos sobre os orzamentos, senon sobre o pago da débeda (deberían sabelo, eles xeraron parte desta débeda e agora pretenden ignorala, ademáis de ignorar moitas outras cousas).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 495
- 496
- 497
- 498
- 499
- 500
- 501
- 502
- 503
- …
- seguinte ›
- última »