17, Febreiro 2018

O Arenteiro repetíu ante o Ourense CF a película dos últimos partidos, xoga tanto ou máis que o rival, incluso é manifestamente superior,  traballa e crea ocasións, pero perde o partido.

A numerosa parroquia verde, que volveu encher o graderío de Espiñedo, saíu con sensación de impotencia, a mesma sensación que podía verse nos rostros dos xogadores do Arenteiro ao abandonar o terreo de xogo, o fútbol está sendo inxusto con este equipo, e por eso esta derrota, como a de fai unha semana en Noia, son das que fan dano, por inxustas.

Porque visto o visto no terreo de xogo de Espiñedo esta tarde o máis lóxico houbese sido que o Arenteiro, moi superior ao Ourense durante toda a primeira parte, fose ao descanso cun par de goles ao seu favor e non co 0-0 ao remate dos 45 primeiros minutos.

Na sgunda metade o Ourense quedaba  con 10 por expulsión de Renán, e parecía que as opcións de victoria para o Arenteiro serían maiores. Manel Vázquez sacaba do campo a Maxi e daba entrada a Igor para ir definitivamente polo partido, e chegou o gol do Ourense, nunha xogada na que o dianteiro ourensano lévase claramente o balón coa man, pero o árbitro non o ve, o balón vai o pau e o rexeite vaille aos pes de Victor Gallego para marcar o único gol do partido.

Tras unhos minutos nos que o Arenteiro acusa o gol, volven irse en pos do empate os verdes, pero sen claridade nos metros finais, 

E para colmo de males, Brais Vidal tiña que abandonar o terreo de xogo lesionado  probablemente de importancia, e Abdil, con doble cartón amarelo, perderáse o próximo partido en Negreira.

Podes ver a ficha do partido no seguinte enlace :http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

 

17, Febreiro 2018

Acabo de leer outra vez a primeira denuncia e penso que o que escribe o primeiro denunciante queda BEN CLARO: pide que ha Policia Local EMPREGUE MÁIS o radar móbil que teñen na rua 25 de Xullo, non hai máis, penso que o entende todo o mundo.

De paso eu tamén pido que o empreguen máis na rua Ourense, sobre todo en dirección saida do Carballiño, ahi tamén mete medo ver como van os coches, sobre todo no tramo dende a Gasolineira do Piteira ata os supermercados. Inda non hai moito, por exceso de velocidade, un coche na curva antes de onde estaba Fenosa saiuse do seu carril, invadiu o carril contrario e esnafrouse cun coche aparcado correctamente o outro lado da carretera. Por esta rua tamén corren ben.

 

 

17, Febreiro 2018

http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/desalojados-24-pasajeros-m...

A realidade amosa a distancia inmensa entre os mundos de Yupi dos políticos e o mundo real co que temos que lidiar os veciños. Mentras piden paradas de AVE foron incapaces durante decenios de pedir un transporte de cercanías decente. Esta carraca ten máis de 30 anos, e é das máis novas. Hai carracas de 45 anos que penosamente cubren o traxecto Ourense-Santiago. Onde está ese comité de sabios que se comprometeu a loitar polo transporte público???

A fortuna fai que neste caso non teñamos que lamentar ningunha desgracia, pero os que temos feito este traxecto e viaxado nesta mesma carraca, en máis dunha ocasion tivemos que ser transportados en autobús porque esta carraca parou. Aposto que ou ben, esta carraca e as de 45 anos seguirán facendo o traxecto, ou quitaránas e xa non cubrirán este traxecto, e eliminarán o servizo. Porque a incompetencia de todas as administracións de Ourense comezando pola Deputación, e todos os concellos rancios do Partido Podre sitúan a Ourense na provincia máis retrasada de España en transporte público. Pedir AVE cando non loitas polo máis básico, é como pedir ir a lúa cando non sabes camiñar.

17, Febreiro 2018

Estrañame que o denunciante que escribe xusto enriba desta mensaxe pidan un radar movil para a avenida 25 de xullo. Supoño que sería un lapsus e o que pide e un (ou varios) radares fixos en toda a travesia da avenida estacion-25 de xullo ata a cruce de catro camiños.

Porque radar movil como tal xa existe coma tal en todo o casco urbano. Non é mais que o coche da policia local convenientmente adaptado para elo. E de feite hai sinales en todo o carballiño que advertin dilo.

16, Febreiro 2018

O Carballiño contará con diversos paneis informativos que ofrecerán os datos máis significativos das condicións climáticas do municipio nos últimos 34 anos. Esta data de referencia coincide coa creación da Estación Meteorolóxica do Carballiño polo profesor de Física e investigador, Miguel García, no Instituto Manuel Chamoso Lamas.

Precisamente, os paneis foron elaborados coa documentación recollida por este investigador dende 1984, e o deseño é obra de Diego Reboredo. A iniciativa partiu do Centro de Estudios Chamoso Lamas, da que é secretario Miguel García, e conta coa colaboración do concello. Está previsto instalar cinco paneis exteriores en cinco lugares significativos da vila, como o Parque Municipal e o Parque Etnográfico, entre outros.

Así mesmo, colocarane uns paneis interiores noutros lugares, como a Oficina de Turismo. Os paneis exteriores son de metacrilato, mentres que os interiores son de vinilo. Estes paneis foron presentados nun acto ao que asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e Miguel García.

Tanto Fumega como Sobrado felicitaron públicamente e recoñeceron a concesión do Premio Nacional de Meteoroloxía 2018 a Miguel García. “É una honra para O Carballiño contar cun veciño que consigue tan alta distinción, e que só ten obtido outra persoa nada no Carballiño como é o arquitecto Manuel Gallego Jorreto”.

Xosé Luis Sobrado incidiu ademáis na coincidencia de que tres persoas integrantes do Centro de Estudios Chamoso Lamas recibirán no último ano tres galardóns moi importantes, dous no ámbito da investigación pedagóxica e este no da investigación meteorolóxica. Miguel García, se ben non aventurou ningunha conclusión definitiva sobre a evolución climática do Carballiño neste tempo, dixo que eran datos moi significativos sobre os principais parámetros do clima carballiñés.

Así, nos paneis figuran, entre outros, o ano coa temperatura media máis cálida, que foi 2017 con 14,2º, e o ano coa temperatura media máis fría, que foi 1986 con 11,5º, ou o ano máis chuvioso, que foi o 2000. Tamén figuran datos da floración dalgunhas especies forestais, refráns vencellados co tempo e outro tipo de datos e curiorisades científicas derivadas do seguimento diario dos aparellos de medición da Estación Meteoroloxica do Carballiño.

Ainda que Miguel García asegurou que eran frecuentes as consultas que se lle realizaban sobre aspectos meteorolóxicos concretos con fins determinados, como os vencellados coas compañías aseguradoras, censurou, por exemplo, que nunca lle solicitasen un informe sobre a radiación solar no municipio, que é fundamental para saber se resulta axeitado instalar paneis solares en edificios públicos ou privados, ou en vivendas familiares. Ao respecto, amosouse crítico coa escasa utilidade que se lle da aos datos climáticos do Carballiño obtidos durante 34 anos dun xeito riguoroso.

16, Febreiro 2018

Son veciño da avenida 25 de Xullo e hoxe houbo outro atropelo na miña rua. Por sorte e lendo as noticias a victima so sufriu feridas leves. Inda fai poucos meses houbo outro atropelo no paso de peons frente o coñecido como Edificio Fraguas. Xa fai tempo houbo un atropelo mortal nas inmediacións do cruce do atropelo de hoxe. O tempo pasa e o pobo medrou moito de cara a N-541 e xa non é unha carretera nacional que pasa por fora do  Carballiño e na que os únicos puntos conflictivos eran os cruces de Catro Camiños e da Casa Azul, resoltos no seu dia con semáforos. O Cruce da Casa foi moificado recentemente ca eliminación dos semáforos e ca construcción da rotonda actual. A actual avenida 25 de Xullo pódese considerar plenamente integrada no casco urbano do pobo, ten moitisimo tráfico e é moi perigosa sobre todo para os peóns a hora de cruzar os pasos de peóns. Unha veciña miña da avenida vai comprar tódolos dias o supermercado Gadis e me conta que cruzar o paso de peóns que está o final das aceras novas que fixeron, xa en territorio de Maside, e unha tarefa de valentes co perigo que iso implica. Os coches non paran, e para que pare un, antes pasaron uns cantos. As velocidades as que van os coches por esta rua que esta limitada a 50 son moi superiores os límites, sobre todo no tramo que vai dende onde comeza a rua ata a altura da estación do ferrocarril. Xa non falo nas semanas que hai transporte de eólicos, pola maña van cargados dirección Pontevedra e pola tarde que veñen descargados hai que ver como circulan por esta rua, mete medo velos. Tamén é bastante frecuente ver entre as 23:30 e a 1:00 da mañá, 3 ou 4 coches a non menos de 100 km/h. 

Na remodelación das aceras tamén se puxerón sinais novos, entre eles ahi un cartel ben grande no tramo que xa pertence o Carballiño onde comezan as árbores que na que se pode leer Velocidade Controlada por Radar....

A realidade é que desde a Policia Local ten radar a Guardia Civil de Tráfico non se pon no casco urbano do Carballiño. Somentes o principio de todo vin a Policia Local co radar na nosa rua un par de veces, unha a altura da estación e outra despois do alquiler de maquinaria, direccion Ourense. 

Non pretendo culpar  a ninguén, os accidentes pasan pero as veces penso que se poden previr. A realidade é que esta rua ten moitisimo tráfico e non se cumplen os límites de velocidade. Tódalas noites pasan tanto a patrulla da Policia Local no coche e tamén a Guardia Civil, non hai queixa, estamos agradecidos e son dos que pensa que sempre están ahi cando cumpren.

So pido que empreguen máis o radar que teñen na nosa rua, porque é moi necesario, e se o poñen as infraccións detectadas daranme a razón. Se por algunha razón o radar está estropeado ou non se pode usar que deixen poñer a Guardia Civil e xa verán os resultados.

Un día tras outro rebasando os límites de velocidade e quedando impunes, a xente cólleo coma norma e esquécese dos limites e das sinais. Compre que de vez en canto alguén te pare ou que chegue unha multa a casa, para recordarche as normas que as veces esquecemos ou infrinximos.

15, Febreiro 2018
15, Febreiro 2018

O Concello de Boborás conta para este proxecto coa colaboración económica de outras administracións, que xunto as aportacións de fondos propios, suman un orzamento de medio millón de euros, asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde Cipriano Caamaño.

Tamén avanzou o rexedor municipal que o futuro Centro Multiusos de Boborás ubicaráse na edificación das antigas vivendas dos mestres do colexio público de Boborás, a edificación será obxeto dunha reforma integral, que se transformará nun edificio con diversas dependencias.

A primeira planta acollerá unha ludoteca, o programa concilia, aula de atención temperá, e aula de actividades diversas. Na segunda planta ubicaráse a aula CEMIT de Boborás, , aula de formación e biblioteca. Na terceira planta do edificio irá unha aula de música e salón de actos. 

Todas as plantas contarán con aseos e dotaráse o edificio de ascensor, para facer accesible todas as súas dependencias.

Caamaño agarda que o proxecto reciba un impulso definitivo no transcurso deste ano no que andamos, unha vez que se confirmen as subvencións "que xa están moi avanzadas e comprometidas", subliñou.

O concello de Boborás ven de aprobar o orzamento ordinario para este exercicio de 2018, con previsión de superavit para cumplir coa regra de gasto, desta maneira a previsión de ingresos ascende a un millón catrocentos noventa e sete euros, mentres que a previsión de gastos quédase en un millón catrocentos cincuenta e cinco mil euros.

14, Febreiro 2018

Triste a decadencia  do entroido na vila do Carballiño que se precipita vertixinosamente. Este è o resultado de centrar o entroido nun  desfile que depende da imclemencias meteorolóxica, sen ningunha outra iniciativa que incite a un entroido tradicional e participativo. Domingo de antroido coas rúas vacias, a pouca xente que aparecia e desaperecía ía sen ningun tipo de de disfraz e que de cir do luns, outro tanto do mesmo, nin coas sustanciosas ofertas económicas que os concelleiros de bares e festas organizadores ds brincadeiras deste pobo ofertaron para aqueles que se achegaran a animar á hostelería conseguiron animar o ambiente, porque os cartos sen iniciativas e traballo non leva máis que á desaparición do entroido nesta vila. Mención a parte merece a total ausencia de animación, concursos ou calquera tipo de acividade para os nenos. Nada invite ás familias a participar e a vivir o entroido.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS