Non señores e señoras do PP, membros e membras dese partido. O complot tácito ou expreso de AV en Marea é produto da fantasía baltar junior. Un partido como AV en Marea propón algo que é necesario. O restate dun servizo dunha empresa que deixou prescribir máis de 3 millóns de euros, e na que curiosamente traballa a dona do actual alcalde.
Pero é que o PP tivo catro anos pra rescatar o servizo das máns desta, cara e ineficiente, por non decir inepta empresa. O PP xa coñecía a prescripción, e incluso fixo unha auditoría que aclarou a situación real das contas (que por outro lado xa están ben claras no Consello de Contas e vese a prescripción de dereitos de cobro, non só do IBI, pero ademáis en outras taxas e contribucións)
AV en Marea, polo menos, tivo a decencia e o bo criterio de propoñer algo que é necesario, cousa que non foi quen de facer o PP en catro anos e con maioría absoluta.
O PP non ten capacidade moral pra chamar ás cousas polo seu nome. Esto non é un complot, esto é un chiringuito progre, no que os do PSdeG meteron aos seus cando privatizaron o servizo. Pero o PP non pode falar de chiringuitos, xa sabemos que a Deputación é un servizo de colocación de familiares do PP (esto é unha verdade xudicial).
A inepcia da empresa de recadación deixa prescribir inicialmente 3 millóns de euros, e outros dous con posterioridade. O alcalde non ve preciso eliminar esa inepta empresa por razóns obvias ¿E qué fai o resto da oposición? Inventar complots o PP, e o BNG non se sabe todavía qué (alomenos AV en Marea recoñece que foi enganada polo alcalde) SEÑORES E SEÑORAS DA OPOSICIÓN: TENDES INSTRUMENTOS PARA PARAR ESTO!!! A oposición é maioría absoluta, pode facerlle unha moción de censura ao alcalde, e tamén pode tumbar o proceso de adxudicación. Aquí cada quén debe retratarse.
O “complot tácito” entre o Alcalde do PSdeG-PSOE, Paco Fumega, e o Concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea, Bernardo García, leva a que o Concello privatice este servizo ata mediados do 2020, facendo cunha gran mentira, un gran pacto fantasma pola municipalización.
Tiñan anunciada repetidas veces novidades para antes de rematar o ano 17 e a data de hoxe non se cumpriu ningunha delas, e seguen sen cobrarse as taxas menores. O prego contempla un prezo a maiores de 63.525,00€ para que a empresa asuma un posible incumprimento do cobro das taxas ás que se ten comprometido o concello.
O BOP do 5 de marzo de 2018, da publicidade ao concurso para a adxudicar a empresa privada o servizo de recadación municipal, faltando unicamente que se publique no DOG. A derradeira prórroga do contrato existente e que se fixo por medio de cesión de contrato entre empresas externas, remataba o 31 de decembro do 17, e agora, con meses de retraso se saca a concurso dando só un prazo de só 5 días para a presentación de ofertas, cando o normal, o transparente e o eficaz, sería telo sacado en outubro do 17 e dar un prazo de 30 días para ofertas e ter en vigor un novo contrato o 1 de xaneiro do 18.
O pacto “Bernardo-Fumega”, máximos responsables deste descontrol na fórmula de xestión elixida, resultará que se dos tres bancos que colaboran en materia de recadación, terán cada un deles dúas contas, unha para o Concello e outra para a empresa externa, facendo do control do recadado, un auténtico caos ao ter que conciliar un total de 6 contas distintas. Ao respecto dos pequenos cobros a facer no Concello, anunciado por Bernardo e Fumega en comparecencia conxunta a mediados de Decembro, resulta que aínda non se puxo en funcionamento, nin se fan recibos, nin liquidacións nin auto-liquidacións de taxas menores en ningún dos departamentos.
Pero este é o menor dos problemas, o problema é que nin os propios gobernantes creen nas súas posibilidades de remunicipalización do servizo, toda vez que no prego que rexe este concurso, aparece a cantidade de 63.525,00€ para os dous anos a maiores dos 618.310,00€ do contrato principal, por si a empresa adxudicataria, definitivamente tivera que facer fronte á confección de recibos, liquidacións e auto-liquidacións desas taxas menores.
O prego base para a licitación deixa en evidencia a mentira sobre que xa se está municipalizando o servizo de recadación pois a comparativa entre os 618.310 € que se fixa para a empresa e os 63.525 € no que se valoran as taxas a cobrar polo concello que non son mais do 10,22%. E que dicir de que este prego, non fose pasado, xa non dicimos que polo pleno, pois debería toda vez que incumpre un acordo plenario sobre a remunicipalización de recadación, pero alomenos que fosen o suficientemente elegantes como para pasalo por unha comisión informativa de facenda.
En resumidas contas, teremos recadación privatizada ata o 2020. ¿onde está a remunicipalización?, quizáis ao carón da mentira.
Grupo Municipal do Partido Popular.

Efectivamente como ben conta o/a veciñ@ que critica a actuación do grupo de goberno e a nosa "pasividade" coincidimos en que non estamos de acordo con esta situación. Tanto Bernardo,o noso voceiro, coma o resto de compañeir@s incluíndome a min non estamos de acordo na maneira de actuar e de non cumplir nin co pactado nin co que lle prometen a veciñanza do actual grupo de goberno. Efectivamente o ano pasado a remunicipalización da recaudación era unha das condicións ( a máis importante dende logo) se lle esixíu o Alcalde para aprobar os orzamentos do 2017. Eles mesmos sacaron un calendario que dividía dita remunicipalización en catro fases. Tres delas xa tiñan que completarse no ano xa vencido (2017) e a cuarta ao longo deste. Nada de nada. E para broche de ouro e cubrirse de gloria publican no BOP de maneira unilateral (correspondelle o pleno a aprobación ou non a forma da xestión dos servizos e os expedientes de municipalización...). Esta é a maneira de actuar do actual alcalde, e de pouco serve dar excusas nin dar explicacións cando decimos unha cousa e POR DETRÁS facemos outra. A parte de esta maneira (privatizando) poden seguir tendo persoal traballando de maneira "irregular" (non esquezamos que a plaza de tesoreir@ con habilitación nacional segue sen salir a concurso...e está cuberta por unha funcionaria interina dende 1994 e dada esta situación debandita plaza tiña que ser sacada a concurso na oferta pública de emprego nun prazo máximo de tres anos dende a toma de posesión da mesma por parte d@ funcionari@ interin@). Este xeito de xestionar non é dende logo o que Alternativa Veciñal quere nin aproba. Denunciamos este xeito de facer as cousas e dende logo sentimonos enganados. Non deixaremos que esta situación caia en saco roto e actuaremos en consecuencia.
Manuel Nogueira, integrante de Alternativa Veciñal e covoceir@ de En Marea comarca do Carballiño

Acontecía ás catro e media desta pasada madrugada neste restaurante carballiñés, Pulpería Fuchela, na Avenida 25 de Xullo, desta vez os ladróns empregan un tempo de 42 segundos en realizar todo o operativo do roubo.
Según tamén puxo de manifesto o visionado do video da cámara de vixilancia do local foron 3 persoas coa cara tapada os que participaron no roubo.
Tamén desta vez, romperon o cristal do local -como pode apreciarse na fotografía- e unha vez no interior valeiraron a recadación da máquina tragaperras.
Este roubo súmase aos rexistrados noutros establecementos carballiñeses no transcurso das últimas semanas.
Porque hai incongruencia no que dis. Por un lado dis que a estratexia (do concello) para que quen ten competencias sobre as políticas activas de emprego (a Xunta) enfoque axeitadamente cales son as necesidades do mercado laboral en canto á formación dos futuros traballadores foi errónea (no que podo estar de acordo con matices porque o mercado laboral é cambiante e todo nicho de mercado colapsa, e chegará un momento en que os cursos de soldadura sobrarán polo que hai que analizar todo no seu preciso contexto).
Pero dis, e aquí radica a incongruencia, que o PP tiña deseñadas as estratexias para os anos que gobernou e pra máis anos (do que se deduce que formas parte do goberno do PSdeG e atopacheste co estas estratexias erróneas cando chegaches). Pois ben, eso digo eu A VER SE NOS ENTERAMOS!!! Non mezclemos churras con merinas ¿Competencias en politícas activas de emprego? A Xunta de Galicia ¿Estratexias para a solicitude de cada tipo de formación? O Concello ¿Pode un concelleiro da area de emprego establecer as estratexias dos futuros gobernos? Non, a non ser que forme parte dese futuro goberno municipal. Polo tanto o dato ese de que os do PP tiveran deseñadas estratexias erróneas para o futuro é irrelevante, do mesmo xeito que é irrelevante as que teñades vos se non repetides mandato, porque quen goberne nun futuro, en virtude da potestade que lle será propia, deseñará as súas propias estratexias.
E repito, relacionar a evolución do mercado de traballo coa xestión municipal, é un arma de doble filo e un xogo perigoso (Moitas razóns apuntalan esta premisa: Complexidade do mercado laboral, mínimo impacto da xestión dun concello das dimensións do Carballiño sobre o mercado, etc...)
Parabéns polas cousas que se estén facendo ben, pero menos autobombo e pasteleo, porque as cousas non están para tirar cohetes. Vese demasiada propaganda de autobombo no diario La Región. Diario que vive prioritariamente dos cartos que lle inyecta a Deputación, e de concellos como o do Carballiño que adica unha parte non pequena dos seus orzamentos en este tipo de campañas. Os recursos, sempre escasos, deberían ser susceptibles de usos máis productivos.
Contestando sobre as políticas activas de emprego do Carballiño, se ven e certo que depende da Xunta de Galicia a adxudicación das mesmas, non así a solicitude, de tal maneira que si o Concello solicita un obradoiro de emprego ou un curso de soldadura, a Xunta é a que ten competencia para adxudicalo ou non, pero a responsabilidade da estratexia laboral é totalmente responsabilidade do concello. coincidiras conmigo en que habendo un nicho de emprego en soldadura ou en atención sociosanitaria non tería lóxica que se solicitara outra formación que non fora esa, por ejemplo, cando o goberno do partido popular chegou o concello había solicitado un curso de aproveitamentos forestais, que pouca ou nada salida tiña en aquel momento no mercado laboral, sen embargo, non sabemos a razón, era o que estaba solicitado sin ningunha repercusión a nivel de inserción laboral. Non é o mesmo solicitar unha formación ca outra. En unhas hai emprego e en outras non.
Quero decir con esto que é moi importante que o Concelleiro ou concelleira de empleo sepa dirixir as politicas activas de emprego hacia o sectores de máis demanda laboral. ESTO SOLICITAO O CONCELLO, NON O DA A XUNTA PORQUE SI. a ver si nos enteramos!!!!!
E asegúroche que as estratexias xa quedaban diseñadas polo partido popular, quedaba traballo feito para catro anos máis dos que gobernaron.
Hai que lembrar que fai un ano, o PSdeG e en Marea comprometéranse a remunicipalizar o servizo de recadación (condición sine qua non para aquel acordo orzamentario). Pero polo que se ve tan só queren remunicipalizar a puntiña, é dicir, o que non afecta á empresa que xa presta este servizo, e que agora concurrirá mediante un procedemento de urxencia (como se non soupesen que de remunicipalización na de na, e que o caso é tomarlle o pelo á xente).
Daquela denunciábase por este medio a falta de interese por parte do actual goberno (por razóns obvias, nas que será conveniente profundizar nun futuro).
Se ante tal tomadura de pelo a oposición permanece calada, será consecuencia das seguintes circunstancias
1) A oposición non está a favor da remunicipalización de servizos
2) A oposición está a favor das mamandurrias (que cada un coloque aos seus nos chiringuitos contratados polo concello)
Unha empresa que deixou prescribir máis de 3 millóns de euros de pago de IBI, é premiada cun procedemento de urxencia para a nova adxudicación. CHEIRA QUE APESTA!!!!

O concello do Carballiño anunciou a posta en marcha do Programa Apego, dirixido a promover o uso do galego no ámbito familiar dende a infancia.
Tras adherirse a esta iniciativa, da que forman parte actualmente 30 concellos galegos, díronse a coñecer os requisitos para formar parte do programa, e que son: estar empadroados no municipio do Carballiño e ter un fillo ou filla de ata seis anos como máximo.
Á presentación asistiu o concelleiro de Educacion e Cultura, Diego Fernández; o concelleiro de AV-SON, Bernardo Garcia, que presentou a moción para a adhesión ao programa Apego, e a primeira familia que solicita o acollemento ao programa, integrada por Melanie Rodríguez, Manoel Pérez e a súa filla Xoana, de seis meses.
Diego Fernández agradeceu a presencia e o interese desta familia por participar no programa, e fixo fincapé na importancia de fomentar o galego dende a infancia e que o programa Apego facilita as ferramentas para levalo a cabo. De aí que o concelleiro se amose orgulloso de que o concello se integrase no mesmo conxuntamente con outros 30 concellos ( en Ourense, a capital e O Carballiño) que dispoñen do servizo de normalización lingüística.
Finalmente, animou ás demáis familias carballiñesas con fillos de ata seis anos para que soliciten a adscrición a este programa, que se pode facer a través do Servizo de Normalización Lingüística municipal. Bernardo García tamén incidiu no compromiso do concello do Carballiño coa promoción do noso idioma, e referiuse á iniciativa do grupo AV-SON que, a través dunha moción, foi quen solicitou a adhesión ao programa Apego.
No acto presentouse parte do material didáctico que se entregará ás familias cos cativos de menor idade e o resto do material para a realización de actividades que se pode baixar da páxina web apego.gal.
Como feito curioso pode resaltarse que a mascota do programa é un pulpo, que leva o nome de polbo “Po”. A caixa que se entregará contén diverso material, e ademáis tamén se entregará un cd con cancións infantís. Así mesmo, participou neste acto a primeira familia que se acollerá ao programa no Carballiño, integrada por Manoel Pérez, Melanie Rodriguez e a súa filla, Xiana.
O concurso resolveráse en base á oferta máis ventaxosa, mediante procedemento aberto e urxente.
A empresa adxudicataria terá ao seu cargo a xestión da recadación municipal no concello do Carballiño, en materia de multas de tráfico, e cobro do IAE e IBI, éste último o imposto polo que máis recada o municipio, o Imposto de Bens Inmobles.
O prazo de duración do contrato será por un ano máis outro de prórroga, cun máximo de dous anos.
O valor estimnado do contrato deste servizo de recadación municipal ascende a 511.000 euros máis o IVE.
As empresas intgeresadas teñen de prrazo 8 dias naturais, a partir deste 6 de marzo, para presentar as súas ofertas e demáis documentación requerida.
O que se criticaba era que foran invitados os do PP e non o resto da oposición. Repito, si e solo si foron invitados os do PP e non o resto, a foto esa é un pasteleto PPSOE.
Os demáis concellerios da oposición traballan coa mesma dilixencia en todos os aspectos da vida municipal.
E outra aclaración Ana. Un concello non ten competencia en políticas activas de emprego. Tan só as ten o goberno central e aquelas CCAA que teñen transferidas políticas activas de emprego como é o caso da Xunta de Galicia. Eso si, un concello pode poñer todos os mecanismos que faciliten a creación de emprego. Pero ollo avizor, coidadiño con eso de relacionar a evolución do mercado de traballo coa xestión municipal, porque ademáis de ser un erro garrafal, é un arma de doble filo ¿Estaràn dispostos os concelleiros a asumir unha responsabilidade que non é súa cando veñan mal dadas?
Recapitulando, moi mal se o resto da oposición non foi invitada, e coidadiño co pasteleto PPSOE cando veñen ben dadas, porque cando veñan mal dadas teremos que ir polos do pasteleo PPSOE. Xa sabedes, ás duras e ás maduras.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 496
- 497
- 498
- 499
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- …
- seguinte ›
- última »