
O novo plan integrado de emprego “Carbaemprega 2018” botou hoxe a andar con 85 alumnos e alumnas inscritos e un obxectivo de inserción laboral do 40%. A formación centrarase en tres eidos: soldadura, técnicas de restaurante-bar e atención sociosanitaria.
Estes datos foron dados a coñecer esta mañá durante a presentación do plan no salón de plenos do concello, que contou coa asistencia da maioría das persoas inscritas así como do alcalde, Francisco Fumega; a delegada Territorial da Xunta, Marisol Díaz; o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; o delegado territorial da Consellería de Emprego, Santiago Álvarez; a concelleira do PP e deputada provincial, Teresa Cerdeira; a responsable de Gestmedical, María Ochogavía; o xerente de GRI, Cándido Gómez, e o xerente de DIZMAR, Carlos Rivas.
Francisco Fumega agradeceu a colaboración institucional e empresarial para poñer en marcha esta nova iniciativa dirixida á formación de persoas desempregadas en ramas laboráis con demanda no Carballiño, e o interese amosado por estas persoas para adquirir una formación acorde con estas necesidades do mercado laboral local.
Marisol Díaz tamén agradeceu ao concello e ao sector empresarial a implicación neste plan, do que dixo que había outros seis na provincia, e que o máis importante era que se centraba nas necesidades do tecido industrial do Carballiño e que os alumnos terían una atención personalizada que debían aproveitar para poder incorporarse ao mercado de traballo.
Adolfo Nogueira explicou o camiño seguido para a consecución deste plan, despois do éxito do celebrado o pasado ano cunha inserción laboral do 70%, e que esperaba que este, que conta co dobre de alumnado e orzamento, acadase o mesmo nivel.

O alcalde de San Amaro trasladou ao Subdelegado do Goberno na provincia, Roberto Castro, a preocupación veciñal debido a proliferación de roubos e actos delictivos que se veñen rexistrando en varias localidades do municipio no transcurso do último ano.
Nunha reuníon na sede da Subdelegación do Goberno, Ernesto Pérez demandou do máximo responsable do Goberno na provincia maior presenza da Garda Civil no rural, tal como tamén solicita a veciñanza.
O Subdelegado comprometeuse ante o alcalde de San Amaro por esta problemática e manifestoulle que se analizará coa Garda Civil esta problemática coa finalidade de avanzar na mellora da seguridade cidadán neste municipio.
Debe ser que os do PSOE xa están en campaña e deléitannos coa súa falsa propaganda nos diarios. Sr. Fumega: Iso de mentir está moi mal. Se vostede minte con dolo, é dicir, con vontade manifesta de mentir está moi mal, e se minte por ignorancia está bastante mal.
Coa esperanza de que minta vostede por ignorancia vou colocarlle unhas imaxes e espero que lle saian a vostede as cores cada vez que volva repetir que as contas do Concello están ao cento por cento saneadas e que ten un superávit de 3 millóns de euros. Revise cada unha das imaxes que lle vou a deixar, porque son as contas enviadas polo propio concello ao Consello de Contas. Pode vostede gardalas no seu computador e estudalas con detemento. Son as do exercicio 2016, porque as do exercicio 2017 ten vostede de prazo para envialas en tempo, ata o 15 de Outubro de 2018, e aquí estaremos para sacarlle as cores se persiste na súa actitude.
Mire, a primeira imaxe que lle vou a colocar, e púxena en vermello socialista (coa esperanza de que así vostede a entenda), é a da débeda que temos cada un dos habitantes do Carballiño por culpa do concello, e é de 467.50 euros. Porque a débeda total do concello é de 6504781.62 euros e dividida entre os 13900 habitantes dános esa cifra. A débeda corrente é de 4.135.530 euros, e a non corrente é de 2.368.851 euros. CRE VOSTEDE CERTAMENTE QUE A ECONOMÍA DO CONCELLO ESTÁ SANEADA????
Mire, na segunda imaxe que lle poño poderá vostede ver que a débeda financeira (con bancos) é de 3.025.332 euros (sumadas as débedas a curto e a longo) o cal difire dos 2.700.000 euros que figuran no MEH (que só contabiliza a débeda financeira) Segue vostede crendo que as contas están saneadas cando tan só aos bancos débeselles esta cantidade?
A seguinte imaxe que lle vou a colocar é a do historial de rendición de contas, porque ata agora só enviou dúas contas, a do 2015 (e tivo vostede ata o 15 de outubro de 2016) e as do 2016 (e tivo vostede ata outubro de 2017). Cando digo vostede, refírome a a súa xestión, porque vostede é o máximo representante. E non din moito no seu favor. A primeira envíaa vostede con graves deficiencias, e a segunda con deficiencias leves, un 100% en incompetencia.
É posible que vostede sexa leigo na materia e confunda o remanente líquido de tesouraría cun superávit, Para tentar corrixirlle ese vicio póñolle a seguinte imaxe na que vostede poderá ler que o superávit é 0 Zapatero. Que lle parece???
Por tanto pídolle encarecidamente que deixe de mentir, e seguidamente paso a porlle outra imaxe. Esta é a que máis me preocupa, porque vostede seguiu a tendencia en gasto por habitante no resto de servizos, pero recortou o gasto por habitante en dous servizos que considero importantísimos: CULTURA E DEPORTE. Pasou vostede dun gasto pobre, a un gasto miserable en CULTURA E DEPORTE. Como lle chamamos a iso Recortes?
E por último, para que non diga vostede que me invento as cousas, déixolle unha imaxe da propaganda que fan no seu chiringuito. Á cidadanía vostede cada vez engánaa menos. Espero que non se engane a si mesmo.
Eu era usuario nos anos 90 e non recordo que tivera carencia ningunha nas instalacions. Frío no inverno e calor no verán non se pasaba desde logo, e sin embargo agora parece que ou morres de frio ou abafas de calor coa caldeira funcionando correctamente. E a xeometria e a arquitectura do edificio era a mesma daquela que agora (con esas claraboxas, eses ventanais e eses tabiques separadores de pladur). Incluso na sala de proxeccións recordo que tampouco se pasaba frío. E agora parece que todo falla a vez. Os baños estropearonse outra vez (incrible que uns baños fallen tanto). As goteiras campas ao seu ancho pola cuberta. E a unica solucion que propoñen os da oposicion é un cambio de ubicación. Pero vamos, se todas as bibliotecas de vilas parecidas ao Carballiño teñen a misma arquitectura en altura e non dan eses problemas. Para exemplo a da Verín, que recibiu premios importantes. Estou seguro que o edificio actual é perfectamente subsanable e se pode restituir a como estaba fai 20 anos.
Por suposto a maiores fai falta persoal tecnico especializado e que o horario de apertura se amplie (abrir 1 hora antes pola maña e pecha 1 hora mais tarde a noite). A sala de lectura pode reorganizarse e convertirse nunha sala de estudio sen mais que trasladar as estanterias do deposito e poñeles contra as paredes laterais deixando o oco central baleiro para poñer mesas.
E unha cousa mais que ningun comenta. inexplicablemente a biblioteca municipal e das poucas bibliotecas municipais de galicia (por non dicir a unica) que non esta adherida A REDE DE BILIOTECAS DE GALICIA, o cal significa que usan un carne exclusivo e un rexistro de usuarios esclusivo delas e que por exemplo con carne da bliblioteca do carballiño non podes ir a biblioteca nodal de ourense a retirar un libre ou solicitar un prestamo interbibliotecario entra elas (e viceversa con algun doutro sitio que queira facer uso da do carballiño). Inexplicablamente a bibliteca do Carballiño segue usando o sistema informatico MEIGA (e polo que teño entendido estos ultimos meses nin funcionaba polo que era imposbile facerse socio nin sacar libro algun).
TODAS AS BIBLIOTECAS DE GALICIA FIGURAN ADHERIDAS "A REDE DE BIBLITECAS DE GALICIA".
Todas menos Carballiño. Unha vez mais chamando a atencion polo malo. Nunca polo bo.
Estou dacordo co que din os outros denunciantes. O exceso de velocidade no sempre coñecida como avenida de estacion e alarmante e intolerable. O limite de 40-50 no no respeta naide. Nin os transportes pesados dos eolicos cando van baleios como dixo a outra persoa. E alucinante. Os radares están ben pero nos serven permanentemente nin todo o dia. Solo vexo o mesmo que se fixo no seu dia na Avenida de Compostela ata a Uceira.
Pasos elevados e bandas rugosas sonoras. Man de santo. En canto os dous primeiros coches deixan as defensas e os baixos do coche ali o resto xa vai aprendido. E ademais duas rotondas mais estarian ben: una no cruce dos catro camiños e outra fronte o fuchela.
Hai que solucionar o tema XA! se a rua e de fomento pois habera que poñerse a falar con eles.
Que fan os nosos gobernatantes?
Está claro que o cámbeo da súa celebración, que fai unhos pasou do domingo de entroido ao de piñata, foi todo un acerto.
Xa nos últimos anos se viña confirmando este impulso do acontecemento festivo gastronómico do inverno carballiñés, e nesta XXIV edición podemos afirmar que foi o salto definitivo para facerse un sitio no mapa das festas gastronómicas.
A practica totalidade dos comedores dos 27 restaurantes que serviron o menú típico da festa, o cocido de entroido a base de cachucha, rexistraron un cheo total, e moitos deles non poideron atender a demanda, non foron poucas as persoas que se quedaron desta vez coas gañas de degustar a cachucha cocida.
O ambiente na hostelería local e nas rúas maís céntricas foi indo a máis a partir da sobremesa, agardando a hora do desfile de folións, carrozas e comparsas do entroido, que foi seguido por miles de persoas durante o seu recorrido.
A orquestra Gran Parada despedíu na Praza Maior a Festa da Cachucha, sen dúbida, máis concurrida dende que fai 24 anos se ven celebrando.
Hai que ver a inventiva que teñen algúns " xornalistas" por chamarlles dalgunha forma, a hora de encher o papel do xornal. Eu lin a noticia na web, pero seguro que tamén está no xornal impreso. A verdade é que me diu a risa o lela, pero case pode pasar por un escritor de novelas basadas en feitos reais o que escribiu este artigo.
Todo mundo sabe que este venres se incendiou un tren no apeadeiro da Friela que está no casco urbano de Maside. A planta de gas licuado a que fai mención a noticia está na estación da Touza, a 2 km de distancia. Descoñezo si os responsables activaron ou non un protocolo de prevención por un incendio no apeadeiro de Maside a esa distancia, pero dicir que os depositos están a escasos 50 metros do incendio, cando están a 2 km de distancia....
Alguén, non sei quen, debería tomar cartas no asunto con esta xente. Xa dixen que a min me deu a risa con esta noticia, pero fai poucos dias faleceu un veciño do concello de maside nun accidente de coche a altura de Fonteboa. Este mismo xornal, o pouco tempo do accidente, non tivo reparos en poñer unha foto da furgoneta sinestrada ( que está rotulada e todos os que somos da zona sabemos de quen é) e dicir que o accidente se produxo na N-541 e que ía de acompañante a muller do falecido. Nin o accidente se produxo na N-541 nin o outro do ocupante do vehiculo era a sua muller. Que podería pasar se a noticia a ve un familiar cercano ou mesmo os fillos/as?
Non se pode informar, neste case malinformar a calquer prezo.
Veracidade e rigurosidade ante todo. Calquera información sen iso non ten credibilidade.

O Arenteiro repetíu ante o Ourense CF a película dos últimos partidos, xoga tanto ou máis que o rival, incluso é manifestamente superior, traballa e crea ocasións, pero perde o partido.
A numerosa parroquia verde, que volveu encher o graderío de Espiñedo, saíu con sensación de impotencia, a mesma sensación que podía verse nos rostros dos xogadores do Arenteiro ao abandonar o terreo de xogo, o fútbol está sendo inxusto con este equipo, e por eso esta derrota, como a de fai unha semana en Noia, son das que fan dano, por inxustas.
Porque visto o visto no terreo de xogo de Espiñedo esta tarde o máis lóxico houbese sido que o Arenteiro, moi superior ao Ourense durante toda a primeira parte, fose ao descanso cun par de goles ao seu favor e non co 0-0 ao remate dos 45 primeiros minutos.
Na sgunda metade o Ourense quedaba con 10 por expulsión de Renán, e parecía que as opcións de victoria para o Arenteiro serían maiores. Manel Vázquez sacaba do campo a Maxi e daba entrada a Igor para ir definitivamente polo partido, e chegou o gol do Ourense, nunha xogada na que o dianteiro ourensano lévase claramente o balón coa man, pero o árbitro non o ve, o balón vai o pau e o rexeite vaille aos pes de Victor Gallego para marcar o único gol do partido.
Tras unhos minutos nos que o Arenteiro acusa o gol, volven irse en pos do empate os verdes, pero sen claridade nos metros finais,
E para colmo de males, Brais Vidal tiña que abandonar o terreo de xogo lesionado probablemente de importancia, e Abdil, con doble cartón amarelo, perderáse o próximo partido en Negreira.
Podes ver a ficha do partido no seguinte enlace :http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...
Acabo de leer outra vez a primeira denuncia e penso que o que escribe o primeiro denunciante queda BEN CLARO: pide que ha Policia Local EMPREGUE MÁIS o radar móbil que teñen na rua 25 de Xullo, non hai máis, penso que o entende todo o mundo.
De paso eu tamén pido que o empreguen máis na rua Ourense, sobre todo en dirección saida do Carballiño, ahi tamén mete medo ver como van os coches, sobre todo no tramo dende a Gasolineira do Piteira ata os supermercados. Inda non hai moito, por exceso de velocidade, un coche na curva antes de onde estaba Fenosa saiuse do seu carril, invadiu o carril contrario e esnafrouse cun coche aparcado correctamente o outro lado da carretera. Por esta rua tamén corren ben.
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/desalojados-24-pasajeros-m...
A realidade amosa a distancia inmensa entre os mundos de Yupi dos políticos e o mundo real co que temos que lidiar os veciños. Mentras piden paradas de AVE foron incapaces durante decenios de pedir un transporte de cercanías decente. Esta carraca ten máis de 30 anos, e é das máis novas. Hai carracas de 45 anos que penosamente cubren o traxecto Ourense-Santiago. Onde está ese comité de sabios que se comprometeu a loitar polo transporte público???
A fortuna fai que neste caso non teñamos que lamentar ningunha desgracia, pero os que temos feito este traxecto e viaxado nesta mesma carraca, en máis dunha ocasion tivemos que ser transportados en autobús porque esta carraca parou. Aposto que ou ben, esta carraca e as de 45 anos seguirán facendo o traxecto, ou quitaránas e xa non cubrirán este traxecto, e eliminarán o servizo. Porque a incompetencia de todas as administracións de Ourense comezando pola Deputación, e todos os concellos rancios do Partido Podre sitúan a Ourense na provincia máis retrasada de España en transporte público. Pedir AVE cando non loitas polo máis básico, é como pedir ir a lúa cando non sabes camiñar.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 496
- 497
- 498
- 499
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- …
- seguinte ›
- última »