17, Febreiro 2018

Estrañame que o denunciante que escribe xusto enriba desta mensaxe pidan un radar movil para a avenida 25 de xullo. Supoño que sería un lapsus e o que pide e un (ou varios) radares fixos en toda a travesia da avenida estacion-25 de xullo ata a cruce de catro camiños.

Porque radar movil como tal xa existe coma tal en todo o casco urbano. Non é mais que o coche da policia local convenientmente adaptado para elo. E de feite hai sinales en todo o carballiño que advertin dilo.

16, Febreiro 2018

O Carballiño contará con diversos paneis informativos que ofrecerán os datos máis significativos das condicións climáticas do municipio nos últimos 34 anos. Esta data de referencia coincide coa creación da Estación Meteorolóxica do Carballiño polo profesor de Física e investigador, Miguel García, no Instituto Manuel Chamoso Lamas.

Precisamente, os paneis foron elaborados coa documentación recollida por este investigador dende 1984, e o deseño é obra de Diego Reboredo. A iniciativa partiu do Centro de Estudios Chamoso Lamas, da que é secretario Miguel García, e conta coa colaboración do concello. Está previsto instalar cinco paneis exteriores en cinco lugares significativos da vila, como o Parque Municipal e o Parque Etnográfico, entre outros.

Así mesmo, colocarane uns paneis interiores noutros lugares, como a Oficina de Turismo. Os paneis exteriores son de metacrilato, mentres que os interiores son de vinilo. Estes paneis foron presentados nun acto ao que asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e Miguel García.

Tanto Fumega como Sobrado felicitaron públicamente e recoñeceron a concesión do Premio Nacional de Meteoroloxía 2018 a Miguel García. “É una honra para O Carballiño contar cun veciño que consigue tan alta distinción, e que só ten obtido outra persoa nada no Carballiño como é o arquitecto Manuel Gallego Jorreto”.

Xosé Luis Sobrado incidiu ademáis na coincidencia de que tres persoas integrantes do Centro de Estudios Chamoso Lamas recibirán no último ano tres galardóns moi importantes, dous no ámbito da investigación pedagóxica e este no da investigación meteorolóxica. Miguel García, se ben non aventurou ningunha conclusión definitiva sobre a evolución climática do Carballiño neste tempo, dixo que eran datos moi significativos sobre os principais parámetros do clima carballiñés.

Así, nos paneis figuran, entre outros, o ano coa temperatura media máis cálida, que foi 2017 con 14,2º, e o ano coa temperatura media máis fría, que foi 1986 con 11,5º, ou o ano máis chuvioso, que foi o 2000. Tamén figuran datos da floración dalgunhas especies forestais, refráns vencellados co tempo e outro tipo de datos e curiorisades científicas derivadas do seguimento diario dos aparellos de medición da Estación Meteoroloxica do Carballiño.

Ainda que Miguel García asegurou que eran frecuentes as consultas que se lle realizaban sobre aspectos meteorolóxicos concretos con fins determinados, como os vencellados coas compañías aseguradoras, censurou, por exemplo, que nunca lle solicitasen un informe sobre a radiación solar no municipio, que é fundamental para saber se resulta axeitado instalar paneis solares en edificios públicos ou privados, ou en vivendas familiares. Ao respecto, amosouse crítico coa escasa utilidade que se lle da aos datos climáticos do Carballiño obtidos durante 34 anos dun xeito riguoroso.

16, Febreiro 2018

Son veciño da avenida 25 de Xullo e hoxe houbo outro atropelo na miña rua. Por sorte e lendo as noticias a victima so sufriu feridas leves. Inda fai poucos meses houbo outro atropelo no paso de peons frente o coñecido como Edificio Fraguas. Xa fai tempo houbo un atropelo mortal nas inmediacións do cruce do atropelo de hoxe. O tempo pasa e o pobo medrou moito de cara a N-541 e xa non é unha carretera nacional que pasa por fora do  Carballiño e na que os únicos puntos conflictivos eran os cruces de Catro Camiños e da Casa Azul, resoltos no seu dia con semáforos. O Cruce da Casa foi moificado recentemente ca eliminación dos semáforos e ca construcción da rotonda actual. A actual avenida 25 de Xullo pódese considerar plenamente integrada no casco urbano do pobo, ten moitisimo tráfico e é moi perigosa sobre todo para os peóns a hora de cruzar os pasos de peóns. Unha veciña miña da avenida vai comprar tódolos dias o supermercado Gadis e me conta que cruzar o paso de peóns que está o final das aceras novas que fixeron, xa en territorio de Maside, e unha tarefa de valentes co perigo que iso implica. Os coches non paran, e para que pare un, antes pasaron uns cantos. As velocidades as que van os coches por esta rua que esta limitada a 50 son moi superiores os límites, sobre todo no tramo que vai dende onde comeza a rua ata a altura da estación do ferrocarril. Xa non falo nas semanas que hai transporte de eólicos, pola maña van cargados dirección Pontevedra e pola tarde que veñen descargados hai que ver como circulan por esta rua, mete medo velos. Tamén é bastante frecuente ver entre as 23:30 e a 1:00 da mañá, 3 ou 4 coches a non menos de 100 km/h. 

Na remodelación das aceras tamén se puxerón sinais novos, entre eles ahi un cartel ben grande no tramo que xa pertence o Carballiño onde comezan as árbores que na que se pode leer Velocidade Controlada por Radar....

A realidade é que desde a Policia Local ten radar a Guardia Civil de Tráfico non se pon no casco urbano do Carballiño. Somentes o principio de todo vin a Policia Local co radar na nosa rua un par de veces, unha a altura da estación e outra despois do alquiler de maquinaria, direccion Ourense. 

Non pretendo culpar  a ninguén, os accidentes pasan pero as veces penso que se poden previr. A realidade é que esta rua ten moitisimo tráfico e non se cumplen os límites de velocidade. Tódalas noites pasan tanto a patrulla da Policia Local no coche e tamén a Guardia Civil, non hai queixa, estamos agradecidos e son dos que pensa que sempre están ahi cando cumpren.

So pido que empreguen máis o radar que teñen na nosa rua, porque é moi necesario, e se o poñen as infraccións detectadas daranme a razón. Se por algunha razón o radar está estropeado ou non se pode usar que deixen poñer a Guardia Civil e xa verán os resultados.

Un día tras outro rebasando os límites de velocidade e quedando impunes, a xente cólleo coma norma e esquécese dos limites e das sinais. Compre que de vez en canto alguén te pare ou que chegue unha multa a casa, para recordarche as normas que as veces esquecemos ou infrinximos.

15, Febreiro 2018
15, Febreiro 2018

O Concello de Boborás conta para este proxecto coa colaboración económica de outras administracións, que xunto as aportacións de fondos propios, suman un orzamento de medio millón de euros, asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde Cipriano Caamaño.

Tamén avanzou o rexedor municipal que o futuro Centro Multiusos de Boborás ubicaráse na edificación das antigas vivendas dos mestres do colexio público de Boborás, a edificación será obxeto dunha reforma integral, que se transformará nun edificio con diversas dependencias.

A primeira planta acollerá unha ludoteca, o programa concilia, aula de atención temperá, e aula de actividades diversas. Na segunda planta ubicaráse a aula CEMIT de Boborás, , aula de formación e biblioteca. Na terceira planta do edificio irá unha aula de música e salón de actos. 

Todas as plantas contarán con aseos e dotaráse o edificio de ascensor, para facer accesible todas as súas dependencias.

Caamaño agarda que o proxecto reciba un impulso definitivo no transcurso deste ano no que andamos, unha vez que se confirmen as subvencións "que xa están moi avanzadas e comprometidas", subliñou.

O concello de Boborás ven de aprobar o orzamento ordinario para este exercicio de 2018, con previsión de superavit para cumplir coa regra de gasto, desta maneira a previsión de ingresos ascende a un millón catrocentos noventa e sete euros, mentres que a previsión de gastos quédase en un millón catrocentos cincuenta e cinco mil euros.

14, Febreiro 2018

Triste a decadencia  do entroido na vila do Carballiño que se precipita vertixinosamente. Este è o resultado de centrar o entroido nun  desfile que depende da imclemencias meteorolóxica, sen ningunha outra iniciativa que incite a un entroido tradicional e participativo. Domingo de antroido coas rúas vacias, a pouca xente que aparecia e desaperecía ía sen ningun tipo de de disfraz e que de cir do luns, outro tanto do mesmo, nin coas sustanciosas ofertas económicas que os concelleiros de bares e festas organizadores ds brincadeiras deste pobo ofertaron para aqueles que se achegaran a animar á hostelería conseguiron animar o ambiente, porque os cartos sen iniciativas e traballo non leva máis que á desaparición do entroido nesta vila. Mención a parte merece a total ausencia de animación, concursos ou calquera tipo de acividade para os nenos. Nada invite ás familias a participar e a vivir o entroido.

14, Febreiro 2018

Maside, remata o Entroido e deixan os focos de alto consumo da carpa encendidos toda a noite do lúns. Chega a noite do martes e o mesmo. Total pagamos todos. A concellala esa que cobra non ten luces pra mandar que alguén apague as luces, ou é que vai a pachas con Elena Espinosa, Felipe González, Pedro Solbes, Borrell e o resto de sociatas conselleiros de eléctricas. Botaría moito tempo pra nomealos a todos.

13, Febreiro 2018

A comparsa da Asociación Cultural Os Arrieriños de Dacón volveu gañar o primeiro premio do gran desfile do martes de entroido no Carballiño, dotado con 1.300 euros.Ademáis, a comparsa daconense tamén consigue o premio especial de 300 euros.

"O Gran Musical"  de  San Amaro -que o pasado domingo conseguíu o primeiro premio do desfile de Ourense- lévase nesta ocasión o segundo premio, ao que corresponden 1.000 euros.

Completan a táboa dos grandes premios, "Os Azucarados de Maside", en terceira posición, mentres que "Os Musicais do Freixo" quedanse co cuarto premio. "O Bosque Máxico" da Anpa do colexio da Uceira, alcazan o quinto premio e "A Lenda de Lumareda" o sexto. 

As demáis comparsas participantes no concurso convocado pola concellería de cultura do concello do Carballiño  reciben todas elas un accésit de 60 euros. 

As 16 comparsas que desfilaron -non se presentaron dúas das que estaban inscritas- tardaron algo máis de dúas horas en completar o recorrido programado, con choiva incluida, que aínda que miuda, non cesou durante todo o tempo que durou o desfile, que como cada ano congregou a numeroso público a pesar do tempo desapacible da xornada, con choiva e tamén con temperaturas moi frias.

Podes ver a acta do xurado abrindo o arquivo adxunto:

13, Febreiro 2018

Ven sendo unha norma moi extendida o vicio dos politicuchos que falan como loros do saneamento das súas contas, o que según eles  lles permite até baixar o tipo impositivo do IBI, e bla bla bla. En primeiro lugar, pra desenmascarar estes impostores é preciso diferenciar o que é déficit/superávit, con respecto o que é débeda.

O déficit versus superávit, é o resultado negativo (no caso do déficit) ou positivo (no caso do superávit) dun exercicio. Pola outra banda, a débeda é a acumulación de resultados negativos de todolos exercicios, que non compensaron os resultados positivos de algún/hos exercicio/s.

Creo que até aquí é fácil de entender. Continuemos ¿Cando tes un superávit nun exercicio? Moi fácil, cando tes máis ingresos que gastos. E aquí é onde temos que falar dos impostores ¿Por qué? Porque o HIPOTÉTICO superávit que tiveron nos tres derradeiros exercicios non é conseguencia dunha racionalización do gasto. É consecuencia, ¿adivinan de qué? DO CATASTRAZO!!!! Máis ingresos pra eles cortesía de Montoro. A xentiña é a que financiou o gasto desmedido mediante a carga fiscal: CATASTRAZO.

O Sr. Montoro foi incrementando en todos os concellos de España o pago do IBI mediante os coeficientes correctores que saían publicados cada ano nos PGE. Non é que Montoro sexa moi xeneroso e quixese salvar aos concellos das súas débedas abismales, é que él tamén pillaba cacho, porque ó corrixir ó alza as bases reguladoras, o impostos estatales como Imposto de Transmisións Patrimoniales e Actos xúrídicos Documentados, IRPF, ou Imposto de Sucesións e Donacións, veríanse incrementados.

Poñamos un exemplo práctico pra que ninguén se perda. Falemos de Maside. Temos aquí a gráfica da débeda do Concello. Di o alcalde ( o mesmo que di o do Carballiño) que o superávit permite unha baixada do tipo impositivo do IBI ¿Onde está o superávit? Maside segue tendo débeda. Quizáis, e tan só digo quizáis, o aspìrante a Zapatero, ese reporteiro dicharacheiro que nutre o diario La Región, poda explicar esta falacia.

Fixémonos no ano 2011. A débeda de Maside (hipotética) que figuraba no MEH, era inferior a 100.000 euros. De repente supera os 600.000 euros a partir do 2011 ¿Non terá algo que ver o Plan de Axuste que fixo que as débedas gardadas no caixón aflorasen? O Plan de Axuste foi duro, pero Montoro veu coas regalías. Inventou os coeficientes correctores do IBI. Máis ingresos para él e para os concellos.

E a actual débeda actual de Maside é de 296000 euros ¿Onde está o superávit? Se é certo que neste ou en algún exercicio houbo superávit, ¿non será polo catastrazo? E empregouse, como non podía ser doutro xeito, en amortizar a débeda alarmante.

En definitiva, aspirantes a Zapatero e demáis tropa, claro que calquera pode errar. Pero mentir como bellacos con respecto a hipotéticos superávits dos mundos da progresía charlatana, é algo máis que errar, é tentar tomarlle o pelo á cidadanía. Pode que os charlatáns descoñezan que o IBI é un imposto que se devenga a 1 de xaneiro. Polo tanto, prometer baixadas do tipo impositivo no ano 2018, non só é un disparate, senon o traxe que caracteriza á charlatanería progre de medio pelo. Pra que eso poda ser certo, tiñades que aprobalo no 2017.

SE CRITICADES A MONTORO E O SEU CATASTRAZO, NON OCULTEDES QUE O HIPOTÉTICO SANEAMENTO DAS VOSAS CONTAS NON VEU POLA VOSA XESTIÓN, SENON PRECISAMENTE POLO CATASTRAZO. HAI QUE ESTAR ÁS DURAS E ÁS MADURAS

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS