Eu era usuario nos anos 90 e non recordo que tivera carencia ningunha nas instalacions. Frío no inverno e calor no verán non se pasaba desde logo, e sin embargo agora parece que ou morres de frio ou abafas de calor coa caldeira funcionando correctamente. E a xeometria e a arquitectura do edificio era a mesma daquela que agora (con esas claraboxas, eses ventanais e eses tabiques separadores de pladur). Incluso na sala de proxeccións recordo que tampouco se pasaba frío. E agora parece que todo falla a vez. Os baños estropearonse outra vez (incrible que uns baños fallen tanto). As goteiras campas ao seu ancho pola cuberta. E a unica solucion que propoñen os da oposicion é un cambio de ubicación. Pero vamos, se todas as bibliotecas de vilas parecidas ao Carballiño teñen a misma arquitectura en altura e non dan eses problemas. Para exemplo a da Verín, que recibiu premios importantes. Estou seguro que o edificio actual é perfectamente subsanable e se pode restituir a como estaba fai 20 anos.
Por suposto a maiores fai falta persoal tecnico especializado e que o horario de apertura se amplie (abrir 1 hora antes pola maña e pecha 1 hora mais tarde a noite). A sala de lectura pode reorganizarse e convertirse nunha sala de estudio sen mais que trasladar as estanterias do deposito e poñeles contra as paredes laterais deixando o oco central baleiro para poñer mesas.
E unha cousa mais que ningun comenta. inexplicablemente a biblioteca municipal e das poucas bibliotecas municipais de galicia (por non dicir a unica) que non esta adherida A REDE DE BILIOTECAS DE GALICIA, o cal significa que usan un carne exclusivo e un rexistro de usuarios esclusivo delas e que por exemplo con carne da bliblioteca do carballiño non podes ir a biblioteca nodal de ourense a retirar un libre ou solicitar un prestamo interbibliotecario entra elas (e viceversa con algun doutro sitio que queira facer uso da do carballiño). Inexplicablamente a bibliteca do Carballiño segue usando o sistema informatico MEIGA (e polo que teño entendido estos ultimos meses nin funcionaba polo que era imposbile facerse socio nin sacar libro algun).
TODAS AS BIBLIOTECAS DE GALICIA FIGURAN ADHERIDAS "A REDE DE BIBLITECAS DE GALICIA".
Todas menos Carballiño. Unha vez mais chamando a atencion polo malo. Nunca polo bo.
Estou dacordo co que din os outros denunciantes. O exceso de velocidade no sempre coñecida como avenida de estacion e alarmante e intolerable. O limite de 40-50 no no respeta naide. Nin os transportes pesados dos eolicos cando van baleios como dixo a outra persoa. E alucinante. Os radares están ben pero nos serven permanentemente nin todo o dia. Solo vexo o mesmo que se fixo no seu dia na Avenida de Compostela ata a Uceira.
Pasos elevados e bandas rugosas sonoras. Man de santo. En canto os dous primeiros coches deixan as defensas e os baixos do coche ali o resto xa vai aprendido. E ademais duas rotondas mais estarian ben: una no cruce dos catro camiños e outra fronte o fuchela.
Hai que solucionar o tema XA! se a rua e de fomento pois habera que poñerse a falar con eles.
Que fan os nosos gobernatantes?
Está claro que o cámbeo da súa celebración, que fai unhos pasou do domingo de entroido ao de piñata, foi todo un acerto.
Xa nos últimos anos se viña confirmando este impulso do acontecemento festivo gastronómico do inverno carballiñés, e nesta XXIV edición podemos afirmar que foi o salto definitivo para facerse un sitio no mapa das festas gastronómicas.
A practica totalidade dos comedores dos 27 restaurantes que serviron o menú típico da festa, o cocido de entroido a base de cachucha, rexistraron un cheo total, e moitos deles non poideron atender a demanda, non foron poucas as persoas que se quedaron desta vez coas gañas de degustar a cachucha cocida.
O ambiente na hostelería local e nas rúas maís céntricas foi indo a máis a partir da sobremesa, agardando a hora do desfile de folións, carrozas e comparsas do entroido, que foi seguido por miles de persoas durante o seu recorrido.
A orquestra Gran Parada despedíu na Praza Maior a Festa da Cachucha, sen dúbida, máis concurrida dende que fai 24 anos se ven celebrando.
Hai que ver a inventiva que teñen algúns " xornalistas" por chamarlles dalgunha forma, a hora de encher o papel do xornal. Eu lin a noticia na web, pero seguro que tamén está no xornal impreso. A verdade é que me diu a risa o lela, pero case pode pasar por un escritor de novelas basadas en feitos reais o que escribiu este artigo.
Todo mundo sabe que este venres se incendiou un tren no apeadeiro da Friela que está no casco urbano de Maside. A planta de gas licuado a que fai mención a noticia está na estación da Touza, a 2 km de distancia. Descoñezo si os responsables activaron ou non un protocolo de prevención por un incendio no apeadeiro de Maside a esa distancia, pero dicir que os depositos están a escasos 50 metros do incendio, cando están a 2 km de distancia....
Alguén, non sei quen, debería tomar cartas no asunto con esta xente. Xa dixen que a min me deu a risa con esta noticia, pero fai poucos dias faleceu un veciño do concello de maside nun accidente de coche a altura de Fonteboa. Este mismo xornal, o pouco tempo do accidente, non tivo reparos en poñer unha foto da furgoneta sinestrada ( que está rotulada e todos os que somos da zona sabemos de quen é) e dicir que o accidente se produxo na N-541 e que ía de acompañante a muller do falecido. Nin o accidente se produxo na N-541 nin o outro do ocupante do vehiculo era a sua muller. Que podería pasar se a noticia a ve un familiar cercano ou mesmo os fillos/as?
Non se pode informar, neste case malinformar a calquer prezo.
Veracidade e rigurosidade ante todo. Calquera información sen iso non ten credibilidade.

O Arenteiro repetíu ante o Ourense CF a película dos últimos partidos, xoga tanto ou máis que o rival, incluso é manifestamente superior, traballa e crea ocasións, pero perde o partido.
A numerosa parroquia verde, que volveu encher o graderío de Espiñedo, saíu con sensación de impotencia, a mesma sensación que podía verse nos rostros dos xogadores do Arenteiro ao abandonar o terreo de xogo, o fútbol está sendo inxusto con este equipo, e por eso esta derrota, como a de fai unha semana en Noia, son das que fan dano, por inxustas.
Porque visto o visto no terreo de xogo de Espiñedo esta tarde o máis lóxico houbese sido que o Arenteiro, moi superior ao Ourense durante toda a primeira parte, fose ao descanso cun par de goles ao seu favor e non co 0-0 ao remate dos 45 primeiros minutos.
Na sgunda metade o Ourense quedaba con 10 por expulsión de Renán, e parecía que as opcións de victoria para o Arenteiro serían maiores. Manel Vázquez sacaba do campo a Maxi e daba entrada a Igor para ir definitivamente polo partido, e chegou o gol do Ourense, nunha xogada na que o dianteiro ourensano lévase claramente o balón coa man, pero o árbitro non o ve, o balón vai o pau e o rexeite vaille aos pes de Victor Gallego para marcar o único gol do partido.
Tras unhos minutos nos que o Arenteiro acusa o gol, volven irse en pos do empate os verdes, pero sen claridade nos metros finais,
E para colmo de males, Brais Vidal tiña que abandonar o terreo de xogo lesionado probablemente de importancia, e Abdil, con doble cartón amarelo, perderáse o próximo partido en Negreira.
Podes ver a ficha do partido no seguinte enlace :http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...
Acabo de leer outra vez a primeira denuncia e penso que o que escribe o primeiro denunciante queda BEN CLARO: pide que ha Policia Local EMPREGUE MÁIS o radar móbil que teñen na rua 25 de Xullo, non hai máis, penso que o entende todo o mundo.
De paso eu tamén pido que o empreguen máis na rua Ourense, sobre todo en dirección saida do Carballiño, ahi tamén mete medo ver como van os coches, sobre todo no tramo dende a Gasolineira do Piteira ata os supermercados. Inda non hai moito, por exceso de velocidade, un coche na curva antes de onde estaba Fenosa saiuse do seu carril, invadiu o carril contrario e esnafrouse cun coche aparcado correctamente o outro lado da carretera. Por esta rua tamén corren ben.
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/desalojados-24-pasajeros-m...
A realidade amosa a distancia inmensa entre os mundos de Yupi dos políticos e o mundo real co que temos que lidiar os veciños. Mentras piden paradas de AVE foron incapaces durante decenios de pedir un transporte de cercanías decente. Esta carraca ten máis de 30 anos, e é das máis novas. Hai carracas de 45 anos que penosamente cubren o traxecto Ourense-Santiago. Onde está ese comité de sabios que se comprometeu a loitar polo transporte público???
A fortuna fai que neste caso non teñamos que lamentar ningunha desgracia, pero os que temos feito este traxecto e viaxado nesta mesma carraca, en máis dunha ocasion tivemos que ser transportados en autobús porque esta carraca parou. Aposto que ou ben, esta carraca e as de 45 anos seguirán facendo o traxecto, ou quitaránas e xa non cubrirán este traxecto, e eliminarán o servizo. Porque a incompetencia de todas as administracións de Ourense comezando pola Deputación, e todos os concellos rancios do Partido Podre sitúan a Ourense na provincia máis retrasada de España en transporte público. Pedir AVE cando non loitas polo máis básico, é como pedir ir a lúa cando non sabes camiñar.
Estrañame que o denunciante que escribe xusto enriba desta mensaxe pidan un radar movil para a avenida 25 de xullo. Supoño que sería un lapsus e o que pide e un (ou varios) radares fixos en toda a travesia da avenida estacion-25 de xullo ata a cruce de catro camiños.
Porque radar movil como tal xa existe coma tal en todo o casco urbano. Non é mais que o coche da policia local convenientmente adaptado para elo. E de feite hai sinales en todo o carballiño que advertin dilo.

O Carballiño contará con diversos paneis informativos que ofrecerán os datos máis significativos das condicións climáticas do municipio nos últimos 34 anos. Esta data de referencia coincide coa creación da Estación Meteorolóxica do Carballiño polo profesor de Física e investigador, Miguel García, no Instituto Manuel Chamoso Lamas.
Precisamente, os paneis foron elaborados coa documentación recollida por este investigador dende 1984, e o deseño é obra de Diego Reboredo. A iniciativa partiu do Centro de Estudios Chamoso Lamas, da que é secretario Miguel García, e conta coa colaboración do concello. Está previsto instalar cinco paneis exteriores en cinco lugares significativos da vila, como o Parque Municipal e o Parque Etnográfico, entre outros.
Así mesmo, colocarane uns paneis interiores noutros lugares, como a Oficina de Turismo. Os paneis exteriores son de metacrilato, mentres que os interiores son de vinilo. Estes paneis foron presentados nun acto ao que asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e Miguel García.
Tanto Fumega como Sobrado felicitaron públicamente e recoñeceron a concesión do Premio Nacional de Meteoroloxía 2018 a Miguel García. “É una honra para O Carballiño contar cun veciño que consigue tan alta distinción, e que só ten obtido outra persoa nada no Carballiño como é o arquitecto Manuel Gallego Jorreto”.
Xosé Luis Sobrado incidiu ademáis na coincidencia de que tres persoas integrantes do Centro de Estudios Chamoso Lamas recibirán no último ano tres galardóns moi importantes, dous no ámbito da investigación pedagóxica e este no da investigación meteorolóxica. Miguel García, se ben non aventurou ningunha conclusión definitiva sobre a evolución climática do Carballiño neste tempo, dixo que eran datos moi significativos sobre os principais parámetros do clima carballiñés.
Así, nos paneis figuran, entre outros, o ano coa temperatura media máis cálida, que foi 2017 con 14,2º, e o ano coa temperatura media máis fría, que foi 1986 con 11,5º, ou o ano máis chuvioso, que foi o 2000. Tamén figuran datos da floración dalgunhas especies forestais, refráns vencellados co tempo e outro tipo de datos e curiorisades científicas derivadas do seguimento diario dos aparellos de medición da Estación Meteoroloxica do Carballiño.
Ainda que Miguel García asegurou que eran frecuentes as consultas que se lle realizaban sobre aspectos meteorolóxicos concretos con fins determinados, como os vencellados coas compañías aseguradoras, censurou, por exemplo, que nunca lle solicitasen un informe sobre a radiación solar no municipio, que é fundamental para saber se resulta axeitado instalar paneis solares en edificios públicos ou privados, ou en vivendas familiares. Ao respecto, amosouse crítico coa escasa utilidade que se lle da aos datos climáticos do Carballiño obtidos durante 34 anos dun xeito riguoroso.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 498
- 499
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- 505
- 506
- …
- seguinte ›
- última »