E unha autentica locura o permitir a saida das carrozas chovendo, tan solo con pensar que pode haber un accidente por electrocución.
Non se olviden que estas comparsas e grupos levan a maioria un grupo electróxeno para a sua animación, e como todos sabemos a auga e a alectricidade non fai boa amizade.
Calquera electrecista sabe o risco que conleva un espectaculo asi e con choiva polo medio, polo que rezemos para que non se produzca ningunha desgracia e todo saia ben.
A falta de sentido pode levar a calquer cousa e incluso tomar decicions sen sentidiño como soe facer este goberno. Preguemos para que non ocurra nada.

Dezaoito comparsas participarán no Desfile-Concurso do Martes de Entroido, que comezará ás 17,00 h., co percorrido habitual, e rematará arredor das 19,00 h. Tanto en número de comparsas inscritas como de compoñentes, supéranse as cifras do pasado ano, polo que se prevé un desfile moi participativo e animado.
Malia á previsión de chuvia, mantéñense tanto os horarios como o percorrido, se ben a entrega de premios e a actuación da orquestra-espectáculo “Televisión” terán lugar na carpa instalada na Praza do Emigrante, en vez de na Praza Maior, como estaba previsto nun principio.
En total, repartiránse máis de 6.000 euros en premios, que serán anunciados e entregados nesa carpa a partir das 20,30 h., aproximadamente.
COMPARSAS PARTICIPANTES:
1. OS LIBORIANOS
2. O BOSQUE MÁXICO (ANPA UCEIRA)
3. OS PICAPEDRA DE ASPADISI
4. WESTER CEA
5. ASDIFICA: NON MÁIS LUME!!
6. OS 100TOLOS
7. A LENDA DE LUMAREDA
8. O GRAN MUSICAL DO CASTRO DE SAN AMARO
9. OS ARRIEIROS DE DACÓN
10. OS MEXICANOS
11. OS AZUCARADOS DE MASIDE
12. MAR ENTROIDO DOS NEVADIÑOS
13. OS DA CAÑA
14. ESCOLA DE DANZA CATRO PASOS AFRICANOS
15. TRIBU SAMBURU DE PARTOVIA
16. OS SILLEIROS HIPPIES DE MASIDE
17. OS MUSICAIS DO FREIXO
18. A CINCENTA
PERCORRIDO:
R/ Otero Pedraio/ Conde Vallellano/ Rotonda Alameda/ Avda. Julio Rodríguez Soto/ Calvo Sotelo/ Tomás Mª Mosquera/ Praza Maior.
XURADO:
O xurado estará composto polo concelleiro de Cultura como presidente e un membro máis de cada grupo político con representación no Concello, un representante Do Centro Comercial Aberto do Carballiño (CCA), un representante do movemento veciñal e outro do movemento cultural.
O xurado do premio especial de 300 euros estará composto por un representante de cada comparsa que participe no desfile.
PREMIOS:
1º PREMIO: 1.300 € 2º PREMIO: 1.000 € 3º PREMIO: 800 € 4º PREMIO: 400 € 5º PREMIO: 350 € 6º PREMIO: 300 € 15 accesits de 60 euros ás comparsas que non acaden ningún dos premios anteriores. • As cinco primeiras comparsas gañadoras terán nun incremento de 250 euros cada unha delas, sempre que participen no desfile do día 18 de febreiro, Domingo de Piñata. • Un premio especial de 300 euros para a mellor comparsa que acade a maior puntuación.
Na foto podemos ver a carroza da comparsa "El Gran Musical" de San Amaro, gañadora do primeiro premio do desfile de Ourense, celebrado este pasado domingo.
As carrozas dos entroidos de Cea e Parada de Amoeiro, e por suposto, os felos de Maside, foron os grandes protagonistas na tarde do lúns, na versión máis tradicional do entroido na comarca.
A Praza Maior de Cea quedouse pequena para acoller ás vinte carrozas que a primeira hora da tarde fixeron parada obrigada na vila do pan, tal como ordena a tradición do entroido nesta zona.
Xa á tardiña, a comitiva fixo entrada na vila de Maside, recibindo os parabéns do numeroso público congregado, e que antes xa tivera ocasión de ver aos felos e tamén a varias das comparsas da comarca, que tampouco faltaron á cita do entroido en Maside.

Animación de rúa con charangas; desfiles de comparsas e murgas; concursos de peñas, comparsas e disfraces infantis; verbenas con orquestras, e obradoiros de máscaras coparán o intenso programa previsto para estes días e que, tendo en conta o ritmo de inscricións de comparsas e peñas para os concursos de luns e o martes, auguran una gran participación popular no entroido carballliñés, e na programación de actividades organizada pola concellería de cultura.
A xornada do sábado resérvase para os mais cativos, con obradoiro de máscaras e concurso de disfraces a partir das catro e media da tarde na carpa instalada na Pista Roxa, na Praza do Emigrante.
A murga Os Liborianos animará as rúas durante o domingo,pola tasrde ofrecerá o seu repertorio de coplas e antes, pola mañá, animará as rúas do Carballiño s charanga do Doctor Anchoa.
A Ruta dos Mil será a gran novedade do luns que, por iniciativa da hostalería, pon en marcha un gran concurso de peñas que se prevé moi participativo, e no que se repartirán 1.500 euros en premios.
O día grande será o Martes de Entroido, no que terá lugar o Desfile e Concurso de Comparsas, con case seis mil euros en premios, e para o cal xa se levan inscritas moitas comparsas do Carballiño e de fóra, un concurso que vai repartir 6.000 euros en premios, e que se agarda como acontece todos os anos sexa seguido nas rúas carballiñesas por miles de persoas, un desfile que iniciará o seu percorrido ás cinco da tarde. Na Praza Maior o fin de festa correrá a cargo da Orquestra Televisión.
A tarde do mércores será para o tradicional Enterro da Sardiña, coa animación de Aspadisi e a charanga Castro Bello, as sete e media da tarde na Praza Maior. E nesta edición do entroido tamén haberá animación de rúa na feira do venres, 16.
Finalmente, o domingo 18, terá lugar no Carballiño a Festa da Cachucha, na que haberá un récord de establecementos hostaleiros participando, e no que se poderá disfrutar cos desfiles de mañá e tarde de folións tradicionais da provincia e as comparsas premiadas no desfile do martes.
En Cea, a programación ábrese o sábado dia 10 cun espectáculo sorpresa ás cinco e media da tarde na Praza Maior da vila, neste mesmo escenario terá lugar unha gran verbena entroideira amenizada polo Grupo Maratón, dende as once da noite en adiante, e para todos os asistentes, chocolatada con churros e queique.
O Luns dia 12, en Cea recibirán a visita das sempre espectáculares carrozas dee Parada de Amoeiro, Mandrás e Cea, ás catro da tarde, despois haberá unha gran festa infantil de disfreaces no centro multiusos. Tamén en Cea haberá loito o mércores 13 co enterro da sardiña, dende as oito e media da tarde, a comitiva fúnebre recorrerá as rúas de Cea, con despedida o entroido na Praza Maior, coa música da Charanga Os Centellas, e unha sardiñada Popular.
En Boborás, o sábado 10, na praza detrás do concello, organizan unha gran festa infantil con diversas actividades, chocolate con churros, e a animación musical do grupo Imperio. O lúns de entroido volverán vivir a festa máis tradicional en Pazos de Arenteiro, con concentración de "Rodos" ás nove e media da noite no Bar da Ponte, e posterior recorrido pola parroquia.
En Maside, o dia grande será lúns pola tarde, cando verémos os tradicionais Felos campar ás súas anchas pola vila de Maside dende primeira hora da tarde. Ás cinco da tarde está programado o gran desfile do carnaval de Maside no que tomarán parte as mellores comparsas da comarca, e tamén as carrozas do entroido de Parada de Amoeiro. Haberá fin de festa con chocolatada na Praza Maior da vila masidá, onde despedirán a festa co enterro da sardiña, o mércores.
En Piñor, o ambiente concentraráse o sábado dende as 3 da tarde na localidade de Cotelas, onde haberá festa infantil no centro social dende as catro e media da tarde, e logo pola noite gran bailes de disfraces amenizado coa música do grupo Ases.
Querome sumar o debate avícola e eu penso que non aprendemos. Estamos fartos de ver edificios devorados polas silveiras que no seu día foron produto dunha gran idea do político de turno, sexa da cor que sexa dame igual. O político explotou a súa idea, fixo caixa electoral e probablemente outro tipo de caixa ¿e qué queda de todo iso? http://www.laregion.es/articulo/ourense/trece-millones-euros-devorados-d...
Estamos fartos de ver aeroportos, estacións de trens de cercanías que ian nutrir de xente eses aeroportos, e todo tipo de inversións multimillonarias comidas polas silveiras.
Señores e señoras, membros e membras do partido que sexa, un pouco de sentidiño por favor que non anda o forno pra bollos. Transporte público xa!!! Pero transporte realista: Cercanías, autobuses, etc. Pero o que teña paxaros na testa que se quede con eles, os paxaros e o outras aves non son o que precisa O Carballiño.

O Presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou diversas obras financiadas polo organismo provincial no concello do Carballiño. Así, estivo no estadio de Espiñedo, nas Caldas de Partovia e na rúa Otero Pedrayo, cuxas obras de reforma da rede de abastecemento e asfaltado comezarán en breve.
Na visita ao estadio municipal de Espiñedo, Baltar foi recibido polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal; o presidente do Club Deportivo Arenteiro, Xan Pinal, os portavoces do PP, BNG e AV-SON, Argimiro Marnotes, Francisco Ferreiro e Bernardo García, así como a deputada provincial do PP, Teresa Cerdeira e demáis concelleiros do PP.
Tras percorrer as instalacións arranxadas (zona de vestiarios), que tivo un investimento da Deputación de 60.000 euros, o presidente da Deputación compromoteuse a financiar a colocación de cadeiras nas bancas de grada, que foi una petición realizada polo presidente da entiade deportiva. T
Tanto o presidente de C.D. Arenteiro como o alcalde agradeceron a Baltar a úa colaboración co deporte en particular e co Carballiño en xeral. O alcalde destacou a boa colaboración que hai entre as dúas institucións, e agradeceu o financiamento da Deputación na mellora das infraestruturas e instalación deportivas de vila carballiñesa.
A continuación, Manuel Baltar deprazouse ata as Caldas de Partovia, onde a Deputación financiou o asfaltado e mellora da rede de abastecemento das Caldas de Partovia, así como a beirarrúa e acceso al balneario, cuxo custo foi de 60.000 euros, dentro do Plan Termal de Ourense.
Ao respecto, Baltar sinalou que O Carballiño era un emblema importante dentro do termalismo provincial e galego, e que por iso seguiría apoiando iniciativas que redundasen na mellora dos balnearios carballiñeses.
Así, anunciouse o asfaltado da estrada dende Montegrande ás Caldas, co obxectivo de facilitar o tránsito de autocares ata o balneario. Nesta visita ás Caldas tamén estivo presente o director do balneario, Jesús Garriga. Finalmente, visitouse a rúa Otero Pedrayo, onde obras de reforma comezarán en breve co cofinanciamento da Deputación e do concello.

O Centro de Información da Muller, o Centro Comercial Aberto e a Asociación Fotográfica O Potiños convocan a 7ª edición do Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero: A muller na súa loita”.
O concurso, que ten carácter nacional (xa que a pasada edición foi internacional pero houbo problemas burocráticos), foi presentado esta mañá pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Marina Ortega; a xerente do Centro Comercial A berto, Noelia Mares, e o presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, Manuel Blanco. Marina Ortega explicou que o motivo do lema desta edición era render homenaxe ás mulleres pioneiras na loita pola igualdade, “aquelas feministas que crearon precedentes”.
Neste senso, dixo que ainda queda moito por facer e de aí a importancia desta iniciativa. A concelleira tamén adiantou que este ano a Andaina pola Igualdade ía ter lugar o domingo, 4 de marzo, con saída e chegada na Praza Maior, e cun percorrido de 16 km. Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, haberá tres premios de 300, 200 e 100 euros para os tres primeiros, respectivamente. O segundo e o terceiro premio será aportados polo CCA e consistirán en vales de compra nos establecementos comerciais adheridos a esta asociación. Ao respecto, Noelia Mares dixo que estes premios eran para distinguir ás mellores fotografías, para homenaxear a loita das mulleres e para que repercutisen nos establecementos comerciais do Carballiño.
Pola súa parte, Manuel Blanco, destacou a vitalidade do Carballiño no eido da fotografía a nivel de Galicia, e comentou as características técnicas do concurso. Referiuse á continuidade de poder enviar fotografías online ou en papel, e que as vinte mellores serían expostas nos comercios e lugares de exhibición da asociación.
As bases do concurso poden consultarse na páxina web do concello, e son similares a da última edición: que os traballos deben estar realizados por persoas afeccionadas á fotografía; que se poden realizar en B/B ou cor; que deben ser inéditos e non terse presentados noutros concursos, e que cada participante pode presentar como máximo tres fotografías. As fotografías que se envíen on-line (a través do correo electrónico cim@carballino.gal ), deben facerse en arquitos JPG con resolución 2.400 pixels no seu lado maior (Non superando as cinco megas). Admítense fotos apaisadas e de formato cadrado. Non se admiten fotografías con marcas de auga, sinaturas, marcos, nin pés de foto. A data límite para a presentación de fotografías será o 28 de febreiro de 2018. E os premios entregaranse nun acto que se celebrará no concello, ás 12,00 h., do 8 de marzo.
Me ha llamado la atención la denuncia que hacía referencia a la megalomanía del PP. Estando de acuerdo con la mayor, pienso que este vicio no pertenece en exclusividad al PP (no hay más que recordar, por poner un ejemplo, que el alcalde de Carballeda de Avia le quería poner una estátua ecuestre a Pachi Vázquez). Tampoco es exclusividad del PP el supuesto supremacismo genético de la endogamia que se produce en los partidos políticos (no hay más que recordar el mismísimo caso Pachi Vázquez, u otros ejemplos de alcaldes que ponen su pica en Flandes y colocan a sus vástagos en concellos vecinos).
Pero lo que más me llama la atención de la denuncia es lo de la burbuja de la deuda pública, porque creo que el denunciante ha dado en el clavo. Para los que no conozcan lo que es deuda pública les recomiendo que lean este artículo https://elpais.com/economia/2017/08/17/actualidad/1502958673_827632.html
La burbuja de la deuda pública supera con creces lo que fue en su día la burbuja inmobiliaria. Cuando estalle, y no tengan duda de que estallará, porque todas las burbujas estallan, los efectos sobre la economía serán ca-tas-tró-fi-cos. Cuando España no encuentre mercado para su deuda (en la actualidad la está financiando el BCE a través del Banco de España) los resultados de esta deuda galopante serán nefastos para la economía española. Con una subida de tipos ya anunciada por la Reserva Federal, y el subsiguiente seguimiento de esta política por parte del BCE, el estallido es inminente.
Luis de Guindos, que sabe muchísimo de burbujas (de hecho se infló a vender los bonos subprime cuando estaba en el Lehman Brothers) ya está pidiendo paso en el BCE (la habilidad de este tipo para crear el problema y ser parte de la solución es asombrosa, siempre sale impune). Hoy mismo, M. Rajoy en un foro del diario ABC, hablaba de las pensiones privadas y anunciaba medidas para favorecer a los que recurran a las pensiones privadas.
Demasiadas señales que anuncian lo que es inminente. Algún día habrá que pedirle responsabilidades a los partidos responsables de endeudar de tal forma España. Habrá que exigirle responsabilidades por arruinar el futuro de muchas generaciones. Mientras tanto dejo al aire estas preguntas: ¿Qué ha hecho Montoro con el dinero de sus constantes sablazos fiscales? ¿Cómo se puede explicar que ingresando más tengas más deuda?
La única respuesta que yo le encuentro es un gasto desmedido de los que el anterior denunciante califica como megalómanos: PPSOE
Como vexo que está animado o tema dos transportes na vila, parece que solo se fala do tren. Pero recordo que Carballiño está a día de hoxe fora do plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia.
Con Argimiro de alcalde non se quixo adherir o concello a dito plan. E agora que goberna os socialistas tampouco se considera apropiado. Non entendo que saquen mocións do AVE e sempre din nos medios que están a favor de mellores as comunicacións, pero algo tan sinxelo como dicirlle a Xunta que queren formar parte de transporte metropolitano non son capaces de facelo. Algo que e gratis e non fai falta nin negociar con ninguen. Simplemente pedilo. Ver para creer.
Non entendo. Fálasa moito desta infraestructura pero o señor Argimiro do PP que é quen a propoe non quere decir a ubicación exacta. Que está desde a Piteira dirección Irixo xa o sabemos pero, onde exactamente? Porque iso é o mais importante. Porque se di que e alí onde pararan os tren Avant para ir a Ourense, Santiago e Vigo, os carballiñese deberíamos saber onde temos que ir porque igual nos é millor ir a Ourense directamente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 498
- 499
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- 505
- 506
- …
- seguinte ›
- última »