Teño que felicitar aos do PP de Maside, porque por fin xa teñen o que tanto ansiaban. Xa teñen os plenos os mércores: Os veciños teremos que estarlle plenamente agradecidos por acadar tal xesta que redunda tan beneficiosamente no interese xeral.
Agora din que non lles dan documentación e que van a tomar medidas moi serias. E din que os do PSOE pensan que os concelleiros do PP non saben o que se coce entre bambalinas. E pra decir tan pouco, meten un tostón que non hai quen trague.
Eu, como veciño de Maside, teño unhas preguntas para os do PP ¿Sabedes vós o que se coce entre bambalinas? ¿Pensades que os veciños non sabemos o que se coce entre bambalinas? Déixovos aquí un enlace para que reflexionedes https://elpais.com/ccaa/2015/01/17/galicia/1421520980_577485.html
Unha vez leido o enlace é vosa misión explicar á sociedade masidá unha serie de cuestións. Por qué tendes un candidato, un ex candidato, unha voceira, e un presidente. Podedes ver que unha empresa masidá levou a adxudicación da Deputación por valor de 2.5 millóns de euros en medio ano ¿Ese é todo o voso proxecto político? Pola outra banda, se non vos interesa contestar estas cuestións, sempre podedes facer esas coplas de tanta calidade literaria.
En fin, peperos de Maside, podedes seguir coas ridículas ameazas de tomar medidas moi serias, e con vosas fantasmadas. Pero non esquezades unha cousa: Os de Maside sabemos o que se coce entre bambalinas, e por moito que querades disfrazarvos, e por moito que poñades novos monicreques pra maquillar o que se coce entre bambalinas, os de Maside, parvos non somos.
En primeiro lugar felicitar o comentario doutro cidadán en relación o AVE no Carballiño. Non hai absolutamente nada que dicir en contra. Eu penso de igual forma. O meu comentario vai polo mesmo asunto e como o escribín antes de lelo vouno publicar igualmente, haber si publicando comentarios por xente de a pe os políticos de todos os partidos empezan a facer política con sentido común, que é o que empregamos a xente da rua no día a día, tanto na familia coma no traballo.
Mi madriña co Sr. Marnotes. Quere que o Concello solicite a Fomento un estudo da viabilidade dun PAET no Carballiño na liña do AVE, non vaia ser o caso que Fomento non a faga porque non a solicitamos. E todo porque saiu a noticia nos medios dun comunicado da resolución dun estudo para un PAET en Lalín que seguramente foi solicitada en tempos do Sr. Cuiña (Pai) e inda sae agora.
Estamos no 2018 e inda non circula ningún tren AVE pola liña de alta velocidade e na mentres non se remate a totalidade da liña ca meseta non vai circular ningún. A distancia da liña AVE dende a Estación de Ourense a Santiago e de 87,1 Km pretende que os trens paren a recoller pasaxeiros en Carballiño e en Lalin. Xa teño ido en tren Avant dende Ourense a Coruña e cando pasa polo polígono industrial do Carballiño inda vai a +-175 Km e acelerando e non colle a máxima velocidade ata altura de Lalin +-230 Sabe vostede cantas paradas intermedias ten o tren Ave na Liña Madrid Barcelona (659 Km) pola que tamen fun: 4 en 659 km de recorrido Pretende vostede ter un AVE ou un metro con paradas cada pouco. Son cousas ben distintas.
Ainda que se xuntarán todas as constelacións do universo nin sequera hai espazo físico na liña para facer iso. A liña do AVE pasa polo concello polo viaducto de Pol ( de triste recordó durante a sua construcción) e polo túnel dende ese viaducto o viaducto que vai por encima da carretera Ribadavia-Cea. O único espazo libre entre a boca dese túnel e o viaducto é claramente insuficiente para facer o desdobramento de vías que hai nun PAET. Eu, sonlle de Mundín, e tamén me gustaría un PAET e poder subir o tren para ir ver o Depor e temos máis espazo ali ca vostede no Carballiño.
Sexamos sensatos e realistas dunha vez por todas.
Por tolerias de políticos coma vostede despilfarramos os cartos de todos, por mirar o ben dun ou duns poucos e non o da maioria, por ideas de políticos asi temos tres aeroportos en Galicia que non compiten co de Porto, non sería mellor ter un suficientemente grande en Santiago, digo Santiago por non dicir Silleda, A Estrada ou Lalin, básome en que estea ben centralizado con Galicia e ben comunicado para ir dende calquera punto de Galicia estar en menos de 90 minutos en Santiago por autovia ou tren.
Non sería mellor molestarse e reclamar a Fomento o que se comprometeu o Ministro Sr. Blanco cando en campaña electoral prometeu alargar o túnel dos catros camiños para humanizar a zona.
Non sería mellor tratar de mellorar o servizo de cercanías que temos, so hai tres trens para ir a Ourense. Teño un sobriño que está estudando na Escola de Arte de Ourense e non ten tren nin autobús para virse despois das clases. É normal que a xente teña que alquilar pisos estándo a 20 minutos por Autovia e a 30 polo ferrocarril estudando en Ourense?
Non sería mellor tratar de centralizar a estación de Autobuses (da pena vela, se colles o autobús a Madrid, recóllete fora na rua, tes que estar as tantas de noite fora, chova faga frio, agardando que chegue e non te despistes e faite ver que senón non para) con liñas polo pobos da comarca co transaporte ferroviario. Da penar ver o estado la liña Ourense-Santiago con todas as estación abandonadas con uns instalacions deterioriadas.
Que pasou co concurso para cambiar as carpinterías da estación do Carballiño. Quedou deserto ou qué. A obra non se fixo. Non lle preocupa iso. Para qué tal e como esta a estación…
Molestese en traer ou pedir cousas para o pobo que se necesiten e que sexan reais, viables e sostibles económicamente e non meta na cabeza a xente cousas imposibles. Nin en Lalin vai parar o tren AVE a coller ou deixar pasaxeiros nin tampouco no Carballiño. Non confunda a xente co PAET, porque os demais tamén estudamos e non somos parvos e sabemos o que é. Defeito a estación do Carballiño esta configurada como un PAET nunha liña de via simple. Non queira liar a xente co PAET para tratar de convencer que si temos un PAET igual pode parar o Tren AVE nas aforas do Concello.
Ogallá nunca pare o AVE no concello do Carballiño, porque se para, será por una avaria ou un accidente. Por iso subliño, ogallá nunca para o AVE no Carballiño.
Moléstese en facer política real e deíxese de mirar para os concellos vecinos con envexa.

O concello do Carballiño promoverá una campaña informativa co obxectivo de incrementar a domiciliación dos recibos de pagamento da taxa do lixo e dos impostos municipais de vehículos e bens inmobles.
Para isto, editará un calendario para ser distribuido entre a veciñanza cos períodos de domiciliación e pagamento voluntario. O desconto que se aplica na domiciliación do pagamento dos impostos municipais de vehículos e bens inmobles é do 3%, mentres que o da taxa do lixo é do 1,5%.
Actualmente, está en período de cobro voluntario o imposto de vehículos de tracción mecánica. Concretamente, comezou o pasado 1 de febreiro e rematará o 2 de abril. A domiciliación deste imposto debe facerse coa data límite do 19 de xaneiro, polo que só se poderá facer efectiva para o próximo exercicio.
Non obstante, para o pagamento da primeiro semestre da taxa de lixo, a data límite para a domiciliación do recibo é o 4 de abril. Esta mesma data rixe para a domiciliación do recibo do primeiro semestre do IBI. Así mesmo, para o pagamento de segundo semestre da taxa de lixo, a data límite de domiciliación é o 3 de agosto. Esta mesma data rixe para o o segundo semestre do IBI.
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Maside, temos que dunha vez facer pública unha situación que se ven repetindo en maior ou menor medida, pero que dun tempo a esta parte, ven sendo o que consideramos unha tomadura de pelo.
A denuncia que vimos a facer a través deste escrito, trata do incumprimento legal, que se ven dando no Concello de Maside, cada vez que se procede a convocar unha sesión plenaria. Á marxe de non respetar das datas establecidas, tema que ás veces ten explicación e outras non, e demasiado frecuente que falte documentación relativa á convocatoria o que impide que neste caso dende a oposición, poidamos facer correctamente o noso traballo para preparar a parte que nos corresponde para a sesión plenaria.
Pomos por exemplo a convocatoria para o pleno que se celebrará o vindeiro mércores, convocatoria recibida o pasado venres pola maoría. Pois ben, luns a primeira hora da mañá esta que suscribe foi consultar a documentación a disposición, e cal foi a “xa non tan sorpresa” que faltaba a documentación do punto número 4, número 5 e número 7.
Ademáis, atopamonos co agravante de que, o secretario Municipal, como xa ven sendo habitual, non está operativo nas dependenzas municipais a esas horas, e obviamente, os demais traballadores que están no Concello tan só lle podemos preguntar si saben onde está, e dende logo nunca responsabilizalos do que ben sendo unha falta tanto por parte do Sr. Alcalde, como do máximo responsable legal, o Señor Secretario.
Non é a primeira vez, nin moito menos que constatamos esta falla de documentación dende o Grupo da oposición Masidá, e vimos solicitando reiteradamente nos plenos que cese dunha vez por todas. Pero a vista está que a alguns lles importa bastante pouco cumprir coa Lei, que especifica moi claramente que : “a documentación para o seu estudo e revisión, debe estar a disposición de todolos interesados no mesmo instante que o Sr. Secretario Municipal, asina a convocatoria”.
Polo nosa banda, resultanos absolutamente cansino e frustrante, volver a distintas horas en horario matutino, con tan só 48 horas de convocatoria por adiantado real (remitir a convocatoria un venres….para qué???? Si ata luns non se pode consultar a documentación!!!! Outra tomadura de pelo) para consulta. Os máximos reponsables legáis do Concello Masidao deben pensar que os Concelleiros Municipais do PP Masidao son 4 parvos que non teñen nada que facer e que non se preocupan polo que se coce entre bambalinas….
Rexeitamos desta volta públicamente este xeito de actuar e esperamos que sexa a derradeira vez que acontece, se non, deberemos tomar serias medidas….
¿Para que queremos unha futurible estación AVE se non está integrada no casco urbano? a 2-3 km do centro da vila dependemos de ir en taxi ou molestar a algun familiar ou amigo para que te leve no coche. E todo para que? Para que o usen 1-2 persoas ao día (con sorte). Porque non nos enganemos. Cando o tren Talgo a Madrid paraba no Carballiño fai 7 anos ese era o volume de persoas diario que o usaba. E había moitos días que non subía ninguen (festividade especiais aparte). E que esperabamos? Carballiño é vila, non cidade. Peor o teñen os de Lalín que piden unha estacion AVE que nos planos está proxectada a 6-7 km de vila. Non entendo estas peticions tan disparatadas? Tanto uns como outros temos a liña convencional integrada nos entorno urbano (bueno Lalín non, pero nos si). Loitemos para Renfe creo dunha vez o servicio de cercanías en Galicia. Como pode ser que Asturias o teña e Galicia non. Cun numero de frecuencias adecuado e suficiente e sobretodo con mellores vehiculos-trens mais modernos o tempo entre carballiño e ourense reduciriase a 18-20 minutos exactos. que barbaridade verdade? e dende ourense xa cada un pode ir a onde queira: madrid, barcelona, leon, santiago, coruña, etc. que problema hai en ir a santiago-coruña facendo transbordo en ourense se o tempo total é incluso inferior a si se fose da outra maneira? Non vamos querer ser señoritos agora e non querer facer transbordos. E os de Lalín deberían loitar o mesmo pero hacia Santiago. Pero como digo a loita debe ser conseguir mais frecuencias, mellores trens y que se coordinen bens cos servicios desde ourense para que os tempos de espera en ourense sexan o menores posible. E sen embargo agora falamos dunha utopía de AVE. Nos non temos a sorte de outra vilas como Padrón ou Vilagarcia que se lles coincidiu o trazado de alta velocidade no centro da vila e beneficiaronse delo. Ter un AVE no medio do monte ou da montaña non é servicial. Estamonos equivocando na loita unha vez máis.

A gastronomía do tempo de entroido será a protagonista da Rutas das Tapas que terá lugar este venres e o seguinte nos 16 locais hostaleiros adheridos a esta iniciativa.
O evento foi presentado este mediodía no Bar Estate Quieto coa asistencia do concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares; a relación públicas da adega Pazo Tizón, Sara Pérez, e os representantes dos bares, mesóns e restaurantes que ofrecerán estes pinchos ao prezo de 1,50 euros.
Na presentación tamén se fixo fincapé no concurso de disfraces de peñas que celebrará o luns de entroido o sector hostaleiro co nome de “A Ruta dos Mil”.
Dacal agradeceu una vez máis a implicación do sector, do CCA e de Pazo Tizón, e animou aos carballiñeses e visitantes a degustar os pinchos nestes locais a partir das 8 da tarde deste venres, 2 de febreiro.
Noelia Mares e Sara Pérez tamén coincidiron neste desexo e amosaron os seus parabéns ao sector hostaleiro, sobre todo pola creatividade na elaboración das tapas.
Todos os ingredientes propios do cocido de entroido forman parte desta elaboración, con presentacións moi variadas e creativas, e cuxa mostra exhibiuse durante a presentación.
Na App da Ruta das Tapas poderanse visualizar a totalidade das tapas presentadas por cada un dos locais con obxecto de que os clientes poidan poidan estar informados da oferta da ruta.
¿Algún concelleiro do Carballiño se fai esta pregunta, pra saber como defendelo?. Xa que o que resignadamente e docilmente vemos e a destrucción de nosa propia historia.

O grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño trasladará ao pleno da Corporación Municipal unha moción na que propón un acordo do concello carballiñés para solicitar ao Ministerio de Fomento un informe sobre a viabilidade de ubicar no municipio un "PAET", esto é, un Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens, na liña da alta velocidade, compatible cunha estación de viaxeiros.
Reproducimos a proposta que fai pública o grupo popular no concello carballiñés.
MOCIÓN SOBRE SOLICITUDE DE VIABILIDADE DUN (PAET) POSTO DE ADIANTAMENTO E ESTACIONAMENTO DE TRENS COMPATIBLE CON PARADA PARA TRENS REXIONAIS DE ALTA VELOCIDADE NO CARBALLIÑO.
D. ARGIMIRO MARNOTES FERNÁNDEZ , como portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular do Carballiño, ó amparo do disposto no artigo 94 do Regulamento Orgánico Municipal e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, somete ó Pleno da Corporación Municipal para a súa consideración se procede, a presente MOCION Ó PLENO que deberá de incluírse expresamente como punto da orde do día da primeira sesión que se convoque.
Exposición de Motivos
Nestes días podemos observar en diversos medios de comunicación como por parte dalgún Concello polo que lle pasa no seu territorio a liña de alta velocidade do tren entre os Concellos de Ourense e Santiago de Compostela, ten contestación de Fomento dando certas esperanzas a ese Concello sobre a posible ubicación dun (PAET) Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens que podería facer de estación de tren a alta velocidade. Referímonos aquí ao Concello de Lalín.
Queremos pensar que o Ministerio de Fomento, non vaia a valorar a implantación desta infraestrutura nun Concello polo feito de que o solicite, e descarte outras ubicacións polo feito de que outros Concellos non a teñan solicitado, pero por si acaso, non está de mais en mandar unha solicitude, e neste caso, basta con que o faga o Concello de Lalín para que nos non fagamos o mesmo.
Se outros Concellos poden ter posibilidades técnicas, pensamos no grupo municipal do Partido Popular do Carballiño, que o noso municipio ten tantas ou mais posibilidades que eles, toda vez que será no nosos entorno onde se produza o desdobramento de trazado cando se execute no futuro a liña cara a Vigo dende Ourense, toda vez que dende a zona de influencia do Carballiño, se unirán as liñas Ourense-Santiago e Ourense-Vigo, a implantación dun PAET colle moito máis sentido pois aparentemente a relación entre inversión e rendibilidade ten máis sustentabilidade, pois non deixa de ser unha infraestrutura que serviría para as dúas liñas tanto dirección Santiago como dirección Vigo. Os PAET que se veñen construíndo, e que se fan por razóns técnicas, utilízanse moitas veces como estación que aproveitan aqueles viaxes que se teñen que deter por razóns de cruces de trens e que son momentos aproveitables pola poboación do seu entorno para subir ou baixar facendo destes puntos unhas estacións ferroviarias.
Principalmente, nestes casos sería con frecuencia a parada de trens tipo Avant-Alvia que circulan por estas vías de alta velocidade e xa non o fan pola vella e que serían dos que como veciños do Carballiño nos poderíamos aproveitar e xa non só dirección Ourense, senón que tamén dirección Santiago/Coruña e dirección Pontevedra/Vigo. Somos sabedores de que hoxe o máis importante para o noso pobo no relacionado co transporte ferroviario, o que mais aprémea hoxe, é unha mellor oferta no transporte de cercanías, e a isto, non só non debemos de renunciar, senón que non debemos de deixar de reclamalo, pero tampouco podemos ter unha actitude de pasotismo sobre algo que si hoxe parece algo irrealizable, dentro duns anos poderíamos ver como se fai noutro lugar e nos nin nos molestamos en intentar conseguilo para o noso pobo.
E polo que se pon a disposición do pleno do Concello do Carballiño os seguintes acordos:
PRIMEIRO: Que se solicite ao Ministerio de Fomento un informe sobre a viabilidade de construír un (PAET) Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens, no Carballiño que de servizo tanto á liña Ourense-Santiago como á futura liña Ourense-Vigo e faga ademais de parada para os trens rexionais (tipo Avant/Alvia) na liña de alta velocidade.

Os socialistas carballiñeses aprobaron por unanimidade a composión da nova executiva local do partido, na que Adolfo Nogueira Campo pasa a ser o novo Secretario Local, en substitución do alcalde Francisco Fumega, que agora será "Presidente" da agrupación local, un cargo de nova creación no organigrama local do PSdeG-PSOE.
Érika Paza continuará ao fronte da secretaría de de organización, a responsable de política municipal será Charo González, mentres que da secretaría de igualdade e política social ocuparáse Iolanda Otero.
Tal como destacou o novo secretario local, Adolfo Nogueira: “Seguindo cos procedementos de renovación orgánica, tocaba escoller unha nova executiva que dese novos azos ó proxecto político no Carballiño, centrado en afianzar todo o labor que se fai dende o grupo municipal e procurando medrar e sumar máis persoas a un modelo de gobernanza que se centra no benestar e no progreso. Queremos asentar o que xa fomos alcanzando e proxectarnos cara ao futuro para ter unha base social máis ampla aínda e medrar en termos electorais. Para isto é imprescindible ter un partido forte, unido, cunha militancia activa e sermos unha organización viva, presente nas rúas, desenvolvendo actividades e accións de grande calado social”, dixo.
Do mesmo xeito, Paco Fumega, agora escollido coma presidente do partido e, polo tanto, da asemblea fixo un balance positivo do seu paso pola secretaría local destacando que : “fixemos un gran labor nestes últimos catro anos, por suposto o máis destacado foi conseguir o goberno municipal pero, ademais, non deixamos de medrar coma organización, asentando unha gran base de militancia que nos fai ser a 2ª agrupación da provincia só por detrás da cidade de Ourense. O noso obxectivo é ir a máis”, remarcou.

A nova liña ferroviaria da alta velocidade ten o seu percorrido polas parroquias de A Piteira e Seoane, a apenas dous kilómetros de distancia do casco urbano carballiñés. A pesar desta circustancia, O Carballiño parece vivir alleo ao aproveitamento do paso da nova vía polo seu territorio, todo o contrario do que acontece en Lalín.
O Ministerio de Fomento elaborou un estudo no que considera viable a posible contrucción dunha estación na liña da alta velocidade ao seu paso polo municipicio dezano, incluso cifra en 4,5 millóns de euros o coste desta infraestructura, aínda que esta cantidade podería aumentar según a ubicación que se elixise.
Asi se recolle nunha resposta dada polo goberno a unha pregunta dun senador do PNV, a petición do actúal alcalde de Lalín, Rafael Cuiña.
A resposta, con data do 23 deste mes de Xaneiro, indica que do estudo de viabilidade, dedúcese que técnicamente é viable a construcción dunha estación na liña de alta velocicidade entre Ourense e Santiago de Compostela.
Mentres en Lalín siguen dando pasos para poder contar cunha estación na liña da alta velocidade, o certo é que no Carballiño en ningún momento se plantexou formalmente esta posiblidade nin por parte do concello, nin de ningún dos grupos políticos municipais.
Na actualidade, os trens de media distancia que circulan por esta via entre Ourense e Santiago fan o recorrido en 38 minutos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 499
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- 505
- 506
- 507
- …
- seguinte ›
- última »