
O Entroido e a Festa da Cachucha contarán este ano con máis grupos de animación de rúa, concursos, desfiles e verbenas. De feito, entre o concello e a hostelería repartiranse preto de 8.000 euros en premios, o que supón un récord nesta festa de inverno.
Ambos eventos foron presentados esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega, e os concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.
Por vez primeira, ademáis do concurso de disfraces infantil e do concurso do desfile do Martes de Entroido, haberá un concurso para grupos organizado polo sector hosteleiro, que é una das novedades deste ciclo festivo que comezará o venres 9 de febreiro, e rematará o domingo 18 coa XXIV Festa da Cachucha.
Gastronomía, obradoiros, animación de rúa, desfiles, concursos e verbenas, configuran o extenso programa elaborado polas concellerías de Cultura e Turismo, en colaboración coa hostelería e o Centro Comercial Aberto.
Así, a Ruta das Tapas do venres, 9; a festa e concurso infantil do sábado, 10; as coplas da murga Os Liborianos do domingo, 11; o concurso de disfraces da hostelería do luns, 12; o gran desfile-concurso de comparsas do martes, 13; o enterro da sardiña do mércores, 14; e os desfiles de folións, comparsas e charangas do domingo, 18, son os principais alicientes do Entroido e da Festa da Cachucha que este ano celebra a XXIV edición, e na que van participar uns 23 restaurantes e mesóns, ofrecendo un menú a base de cacheira, codido e postres de entroido.
Francisco Fumega agradeceu o traballo levado a cabo polas concellerías implicadas na elaboración do programa, e a colaboración do sector da hostelería, resaltando a importancia de dinamizar a vila para atraer aos visitantes ofrecendo un programa moi atractivo.
Manuel Dacal e Diego Fernández expuxeron o programa, asegurando que estaba pensado para ofrecer actividades, espectáculo e divertimento tanto para os máis pequenos como para os maiores, e que esperaban que tivesen moita aceptación e resultase atractivo para atraer visitantes.

Dezanove establecementos hosteleiros do Carballiño únense para promover o luns de entroido, 12 de febreiro, un gran concurso de peñas. Esta iniciativa, denominada “A RUTA DOS MIL”, vai dirixida a animar a tarde e a noite nesa víspera do martes de entroido, que é festivo na vila. Así mesmo, o concello contribuirá a crear un bo ambiente de entroido tanto nos locais como nas rúas contratando a tres charangas que actuarán dende as oito da tarde ata a unha da madrugada, no mesmo horario do concurso.
A organización do concurso corre a cargo destes locais hosteleiros que repartirán 1.500 euros en premios. Haberá un 1º premio de 1.000 euros, un 2º premio de 200 euros, un 3º premio de 100 euros, e un accésit de 200 euros para a peña máis numerosa. O xurado estará formado polos representantes destes mesóns, bares e cafeterías, e o resultado darase a coñecer no facebook do Centro Comercial Aberto a partir das 12 do mediodía do martes de entroido. Así mesmo, os gañadores deberán recoller os premios durante a entrega de premios do Gran Desfile do Martes, na Praza Maior.
As peñas deberán inscribirse en calquera dos locais participantes, aportando o nome da peña, a persoa responsable, DNI e teléfono. Ademáis, o requisito para concursar é que as peñas teñan un mínimo de oito integrantes e que visiten, cando menos, sete dos locais que forman parte da iniciativa.
Hai dezanove locais organizadores, que son: Little Galicia, Estate Quieto, A Fcuehela, Roraima, Copetín, Soldado, Lecer, Os Portales, San Andrés, Don Paco, Ningures, Loft, El Caserío, Plaza, Peñasco, Esquina, Fass, Moon 93 e O Fiadeiro.
O prazo para poder inscribirse neste concurso remata o domingo, 11 de febreiro, ás doce da noite.
Tanto dende o sector da hostelería como das concellerías de Cultura e Turismo, que organizan o programa do Entroido e da Festa da Cachucha, que se presentará este venres, anímase aos veciños do municipio, da comarca e de calquera outro lugar, a xuntarse e formar peñas para pasar unha tarde e noite de luns de entroido dun xeito divertido, e poder obter algún dos premios deste concurso.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o municipio de Leiro, dentro da rolda que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense, para visitar obras dos ámbitos medioambiental e viario, levadas a cabo co apoio da Deputación de Ourense.
Na vila de Leiro, foi recibido na Casa Consistorial polo alcalde, Francisco José Fernández, con quen analizou temas en materia de infraestruturas viarias e medioambientais. Tamén estivo presente o primeiro tenente de alcalde de Leiro, Ramón Álvarez.
Despois, o presidente da entidade provincial achegouse á senda fluvial do río Avia na que, por medio dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Leiro, se levou a cabo un proxecto de recuperación dun tramo do camiño peonil da marxe dereita do río Avia.

O novo matadoiro do Carballiño podería entrar en funcionamento o próximo mes de xuño. Así o confirmou este mediodía o representante da sociedade adxudicataria “Matadero de Carballiño S.L.”, Emilio Pedro González, trala sinatura do contrato.
O acto desenvolveuse na Alcaldía, coa presencia do alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; dous representantes dos tres que integran a sociedade, e da que é portavoz Emilio Pedro González, e o arquitecto Jesús Fernández, autor do proxecto técnico.
Cun orzamento de 1.100.000 euros máis IVE, que comprende tanto a obra civil como a maquinaria, o proxecto de Jesús Fernández contempla a habilitación desta instalación para convertela nun referente dos matadoiros da provincia e de Galicia. Así, será especialmente significativo o tratamento sanitario e medioambiental e de depuración, cumpríndose escrupulosamente a lexislación, e cunha balsa de puríns que serán recollidos por una empresa especializada, e a cocción do sangue para convertelo nun residuo sólido.
O matadoiro conta con 1.600 metros construidos, e terá dúas líneas de funcionamento: bovino e ovino, ainda que non se descarta que incorpore gando porcino máis adiante. Levará cinco muelles de carga e cuadras na parte posterior.
Está previsto que a obra de reforma comece antes dun mes, de forma que o matadoiro entre en funcionamento en xuño sen que impida que prosigan os traballos da reforma.
Francisco Fumega amosou a súa satisfacción por asinar o contrato administrativo da posta en funcionamento do matadoiro, que pon fin a un longo proceso. Agradeceu a aposta da sociedad adxudicataria polo Carballiño e referiuse á creación de emprego que conlevaba. Asi mesmo, destacou que una vez rematadas as obras ía ser o matadoiro máis importante da provincia e incluso dos máis importantes de Galicia.
A esta mesma cuestión se referiu Emilio Pedro González, asegurando que se trata dun proxecto de longo percorrido, pois asumirá o servizo que presta na actualidade o matadoiro de Ourense e que se clausurará en xuño. Por isto, asegurou que sería una instalación cunha gran carga de traballo, contemplándose una plantilla inicial de 13 ou 14 traballadores, que podería ampliarse a 18 a pleno rendimento. Ao respecto dixo que xa había un grupo de 5 carballiñeses que traballan actualmente no matadoiro de Ourense e que se integrarían no do Carballiño. Finalmente, agradeceu a ilusión coa que tomaron este proxecto tanto o alcalde como o concelleiro de Promoción Económica.
Adolfo Nogueira tamén amosou a súa satisfacción polo remate do proceso de xeito positivo, destacando sobre todo o servizo que ía prestar aos carniceiros do Carballiño e á comarca, así como os postos de traballo que se ían crear. “Tras a explosión da caldeira do matadoiro no ano 2012, e dun longo proceso na elaboración e aprobación do pliego, agora temos a certeza de que imos contar cun matadoiro de referencia para Ourense e Galicia”, dixo. Para concluir lembrou que era un compromiso e un dos grandes obxectivos do programa electoral do actual grupo de goberno municipal, e que agora era una realidade.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referíuse ás obras de conservación e rehabilitación do conxunto mosteiral de Oseira como un exemplo da aposta por valorizar o patrimonio cultural e monumental de Galicia e avanzar cara ao Xacobeo 2021. Nesta visita, o máximo mandatario galego estivo acompañado polo presidente da Deputación Manuel Baltar, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares.
Cun investimento total que rolda os 800.000 euros, Feijóo subliñou que as obras neste Mosteiro de Santa María A Real de Oseira –que ten a declaración de BIC na categoría de monumento histórico-, teñen como obxectivo potenciar o atractivo cultural e turístico da comarca e, ao mesmo tempo, forman parte do programa que está a desenvolver a Xunta para actuar en todos os bens de interese cultural que se atopan preto dos camiños de Santiago.
Neste sentido, precisou que a actuación abarca a igrexa do mosteiro, a fachada principal exterior do claustro da hospedaría, parte da cuberta, intervencións nos claustros, na sancristía e na sala das Palmeiras, entre outros lugares. Non en van, a súa biblioteca, datada de 1766 conserva uns fondos bibliográficos de importancia excepcional, cuns 30.000 volumes de ampla temática.
“Estou convencido de que este proxecto será bo para esta zona, xa que suporá un pulo económico e cultural; e, tamén, para o resto de Galicia, porque supón conservar a nosa cultura”, aseverou, destacando tamén que este mosteiro se atopa preto dunha das paisaxes máis fermosas de Galicia como é a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio da Humanidade.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta incidiu en que a nosa cultura é o símbolo das mellores cousas que fixemos e o alento para as que nos quedan por facer. E, neste contexto subliñou que Galicia xa dispón de instrumentos para fomentar as boas prácticas patrimoniais, como a nova Lei do patrimonio cultural de Galicia, unha norma que combina a máxima protección do patrimonio coa axilidade e a simplificación dos trámites administrativos.
Feijóo concluíu incidindo en que o Goberno galego seguirá mellorando as condicións dos bens de interese cultural asociados ao Camiño e, nesta liña, repasou algúns deles nos cales a Xunta está a actuar na provincia de Ourense, como son: a catedral de Ourense; a rehabilitación completa do Castelo de Monterrei; o Mosteiro de Montederramo; o Mosteiro de Melón, a finalización da Reitoral de Ribadavia, na que se instalará o Museo do Viño de Galicia, a rehabilitación dunha parte do Mosteiro de San Clodio, do Convento de San Francisco, así como varias actuacións na Ribeira Sacra. “Estas actuacións complétanse con outras que se están a levar a cabo en toda a Comunidade, ademais das actuacións en todas as catedrais de Galicia”, recordou.
Así mesmo, resaltou que estes días a Comunidade galega presentou en Fitur unha proposta completa en paisaxes, ocio e a Comisión organizadora do Xacobeo 2021 xa está en marcha, “porque o Camiño segue a ser o mellor escaparate para todo o que temos que ofrecer ao visitante, a mellor porta de entrada”.

Os ladróns -que eran catro e ían con guantes e coa cara tapada con carapuchas según pudo observarse no vídeo da cámara de seguridade- conseguiron entrar no interior do restaurante Fuchela, na Avenida 25 de Xullo do Carballiño- ás 3 desta pasada madrugada.
Romperon a porta de cristal de a cceso ao restaurante e palanquearon a mesma, en apenas un minuto e mentras soaba a alarma, levaronse o diñeiro da máquina tragaperras. É a cuarta vez no transcurso dos últimos seis meses que este restaurante carballiñés é obxeto dun roubo.
Nas últimas horas foron denunciados varios roubos cometidos en localidades da comarca.
NO IES Chamoso Lamas levaronse tres ordenadores portátiles, diñeiro en efectivo e 30 kilos de productos comestibles. Tamén son cuantiosos os danos causados nas instalacións, que foron avaliados en máis de 2.000 euros.
Na mesma localidade de Mesego, unha veciña presentaba denuncia ante a Garda Civil en relación ao roubo sufrido na súa vivenda, da que se levaron numerosas xoias e 2.500 euros en diñeiro en efectivo.
Din agora os do PP, despois de que a caradura do alcalde fora denunciada aquí, que a culpa do catastrazo é do alcalde de Maside.
Non "señores" do PP. A culpa do catastazo é do "Sr. Montoro". Ao PP gústalle moito sablear as clases medias baixas e as baixas, e para subvertir sobres B, sacou este coello da chistera. Sobres B, e hoteliños en Ourense pra prometer o ouro e o mouro a rapazas.
A culpa do alcalde é decir que o superávit permite baixar o tipo impositivo, e que esta é unha boa inversión. Se tiverades algunha noción, entenderíades que a mellor inversión é amortizar a débeda. E se souperades onde mirar, entenderíades que ese superávit, moi probablemente sexa unha propaganda do alcalde. Xa o miraremos cando envíe as contas ao Consello de Contas (Tribunal de Contas galego para que os enteredes o PP de Maside do que é).
Pero que digades que o catastrazo é culpa do alcalde é ridículo. Será un luxo ver no futuro ao novo candidato elexido a dedo polos de sempre, defender o poswtulado de que o catastrazo é culpa do alcalde e non de Montoro.
MIrade muchachos e muchachas do PP. A inmensa maiioría de Maside ten moito máis cabeza que vos, pra que teñades a caradura de vir agora vos a enganar á xente.

O Partido Popular recorda que "o concello de Maside é un dos concellos da provincia que dispón do gravame de bens inmobles urbanos mais altos cunha porcentaxe de 0,60".
Dos concellos do redor so O Carballiño esta no mesmo tipo de gravame o resto están mais baixos. Algúns moito mas baixos coma San Amaro (0,40), Cea (0,40), O Irixo (0,40), Amoeiro (0,42), Punxín (0,45), como se pode apreciar de todos os cores políticos, manifestan.
"Quen goberna Maside debe intentar mirar polo ben de todos os seus veciños, poñendo medidas antes de que se produzan feitos que lesionen os petos dos cidadáns, como sucede co IBI de este ano, consecuencia do "catastrazo" pegado recentemente", remarcan.
Afirman os populares que "xa se sabia iso por parte do grupo de goberno, xa que foi solicitado polo Concello, non se fixo ningunha actuación no sentido de intentar diminuír o quebranto económico de moitos veciños de Maside, fundamentalmente da xente que fixo as súas casas nos últimos dez anos, baixando ese gravame ao mínimo o 0,40, e conseguir deste xeito reducir o impacto do catastrazo aos veciños de Maside".
Entenden dende o Partido Popular "que non pode facer o Sr. Alcalde de Maside, despois de ter o IBI cobrado, é saír na prensa xustificándose de que para o ano que ven intentarase baixar un 10 ou un 20% que significa no mellor dos casos baixar o gravame ao 0,48, pero claro o que xa pagamos os veciños de mais será un ben que vimos pero que non volveremos a ver, e o peor de todo que xa veremos en que queda a cousa, si se fai ou non, e en que se emprega o superávit conseguido este ano, o día que presenten as contas saberemolo".
Pídenlle ao alcalde de Maside que aclare "o que vai a facer con todo o recadado de mais co IBI deste ano, que por certo non é un ano normal senón que en principio recolle as subas de varios anos, e estamos a falar dun montón de euros".
E ofrecenlle dúas propostas:
-Devolver aos veciños a suba realizada descontándoa do recibo do ano seguinte.
- Usar ese superávit orzamentario para retomar a reubicación da xente da Fontela.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 501
- 502
- 503
- 504
- 505
- 506
- 507
- 508
- 509
- …
- seguinte ›
- última »