3, Abril 2018

Neste fermoso e bonito pobo e imposible case sempre transitar por as autoestradas co coche, a xente dalle igual donde deixa o coche, xa sexa mal aparcado no sitio, pero o peor e os que aparcan en doble fila ata para ir o super e da igual que fagan colas que non pase case un coche asique imaxinadevos un camion, as zonas de carga e descarga ocupada por vehiculos e os camions en dobre fila por que non teñen sitio, e vergonzoso o quepasa no pobo. O que se tiñan e que por a recetar mais e que a todos eses veciñ@s qie aparcan como lles peta se lles quite o vicio

3, Abril 2018

A nova ubicación, o Costado, a escasos 40 metros da Rañoa foi unha gran elección. Esta planta punteira e referente en toda a contorna (tiña moitas noivas que a desexaban) é intensiva en traballadores e en I+D+i. Os traballadores subvencionados pola xunta, máis a concelleira que cobra por adicación parcial, fan os seus pinitos científicos, e a ínclita concelleira exerce sobre unha traballadora a comanda de practicar o pioneiro sistema de queimar os rastroxos (e outros compoñentes) plantando lume á gasolina coa mala sorte de que o lume fixo reventar a lata de gasolita con queimaduras serias para a traballadora. Pero abofé que non foi mala fe da concelleira, e todo sexa polo ben da Ciencia.

Este é o estado actual desta porcallada. Deste atentado contra o medio ambiente. No corazón de Maside. Nun espazo do que todos os masidaos estamos namorados.

¿E qué di a oposición? Eu penso que debemos ser pacientes. Os do PP de Maside deben andar moi atareados deliberando sobre a ignominia de que non lles poñen os plenos os mércores, ou quizáis deben estar a rematar o Traballo de Fin de Máster.

3, Abril 2018

Unha subvención que chegará con esta finalidade ao concello do Carballiño "despois de que tanto usuarios como a oposición, entre eles o grupo municipal do Partido Popular, reivindicaran en reiteradas ocasións o estado de abandono e as deficiencias das instalacións", subliñan dende o Partido Popular.

Asemade, engaden que "este investimento chega logo de que a Xunta enviara unhos técnicos para verificar e analizar o estado da Biblioteca, e de que nos últimos tres anos se perderan varias liñas de investimento por parte do concello do Carballiño e máis concretamente por parte da Concellería de Cultura".

Unha vez confirmada esta subvención por parte da Xunta, que se fará efectiva en dúas anualidades mediante un convenio que se deberá formalizar co concello do Carballiño, o grupo popular vai solicitar ao goberno municipal "que se habilite unha partida orzamentaria a maiores, para subsanar non so as instalacións senón tamén para poder contar con medios técnicos necesarios e con persoal cualificado para atender aos usuarios".

Finalmente, os populares non desbotan o consenso en relación ao acordo tomado no pleno da Corporación Municipal sobre "a necesidade nun futuro de ir pensando en buscar novas instalacións para adaptarse ao que hoxe se considera unha biblioteca moderna e adaptada como un centro de estudio".

 

31, Marzo 2018

Es un escándalo la cantidad de aves que se estrellan contra las paredes acristaladas de las pistas de pádel de Maside,y ninguno de los responsables municipales toman nota para evitarlo.

Que no tengan las pistas en condiciones es triste,sucias y sin acondicionar.

Pero más triste es que vean como estas aves mueren a causa de no tener en condiciones las pertinentes bandas

adhesivas.

Por favor,dejense ustedes de ese ''peloteo barato'' hacia los vecinos y tomen medidas al respecto.

Y otra cosa,procedan a retirar a las aves muertas y no dejen que se pudran ahi ,un poco de respeto .

31, Marzo 2018

Levaba tempo sen tentar aparcar na Rúa Enriquez Parrondo e desta volta, conseguino. Dende hai moito tempo, moito xa que poderían explicar o por qué se permitiu ata tres alcaldes, ocupaba unha ou quizais dúas prazas de aparcamento unha rampa de cemento, si, algo moi usual para reservar paso de carroaxes sen o preceptivo vado. Agora desapareceu e puiden aparcar, si, o triste é que non llo podo agradecer aos gobernantes municipais, teńo que agradecerllo a un empresario chino que lle dou por abrir negocio e arrincar despois de moitos anos a xa innecesaria rampa de cemento instalada sobre a rúa, si, sobre a rúa.

A partir de hoxe cando aparque nesa zona da rúa direi: "Grazas aos chinos"

30, Marzo 2018

O acto abordará tanto as axudas dirixidas a autónomos como os apoios e incentivos para a contratación; ademáis de explicar a liña de apoios dirixida ás empresas con interese en fomar aos seus traballadores.

O encontro inclúe tamén unha explicación de axudas e financiación promovidas polo IGAPE para proxectos emprendedores e para a mellora da competitividade das empresas e internacionalización.

A cita terá lugar o martes día 3 de abril no Salón de Actos do Aparthotel Arenteiro ás 20:00h.

Prégase confirmación de asistencia á dirección mail carballinocca@gmail.com antes do luns día 2 de abril.

Para ver o programa, prema no arquivo adxunto:

29, Marzo 2018

Dos seus ollos manaba unha estraña dozura que che penetraba ata converterse no interior do ser nun dardo ardente. Antes fuxir que facer fronte a esta tenrura. O anzol lanzado ás túas brumas profundas que sacaba a luz do día toda a túa miseria, a túa servidume e a túa enrancia, pertencentes á condición humana; facía estremecerse o corazón e a cambio un non podía senón marcharse a chorar.

 

E moitos entre os que se lle achegaban choraban sen saber porqué simplemente porque tomaran conciencia da Súa propia conciencia.

 

O seu corazón era máis suave que o mel. As súas palabras podían converterse nunha espada. A súa vivacidade e a fogosidade do Seu Verbo contrastaban coa apracible claridade da súa mirada. Cando sorría, a Súa risa, máis eficaz que un látigo, disolvía a mentira, os terrores ou a atonía. Ningún dos que lle coñeceron verdadeiramente naquela época poderían negar os estragos interiores que suscitaba a Súa presenza. Non se saía indemne desta conmoción.

 

Él procreaba o amor sen esperar ser amado á maneira dos homes, e para quen non sabía exceder semellante fascinación, o corazón convertíase nunha llaga viva.

 

Que se pode dicir máis. Cando Deus paséase entre os homes, escribir este cadro parece insensato.

 

Jesús encarnouse varias veces segundo a Lei da Perfección e do Servizo. Hoxe día, con outro corpo e con outro nome, continúa camiñando entre nós. Con todo, inútil percorrer os camiños para atoparlle fisicamente, non lle recoñecería. Pero, se no fondo do seu corazón, no máis profundo do seu sufrimento, vostede pensa nel, este simple pensamento resoará como un berro ao que non deixará de responder.

26, Marzo 2018

A Xunta e o Concello de Leiro colaborarán na mellora das rúas Casanova e Leiro Pequeno mediante un investimento conxunto de 118.671 euros.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde deste municipio, Francisco José Fernández, asinaron un convenio para o desenvolvemento destas actuacións.

Este acordo permitirá acometer as obras de acondicionamento do tramo inicial da rúa Casanova, que conecta coa praza da Pontiña e coa rúa Estévez Carrera, e o arranxo da rúa Leiro Pequeno, mellorando o acceso ao centro escolar e ao Centro Cívico.

Estas actuacións teñen como finalidade o mellor acondicionamento das vías para uso de tráfico rodado e peonil, dado que nestes momentos contan cun pavimento bastante deteriorado, con multitude de parches e fochas.

As actuacións que se van realizar permitirán dotar ás rúas de novo pavimento, revisar as redes de saneamento fecais e pluviais, preinstalar arquetas de rexistro e tubaxes para redes de telefonía ou similares e substituír as actuais luminarias por outras de menor consumo.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda achegará o 80% do custo da actuación (case 95.000 euros) e o 20 por cento restante o Concello de Leiro, con preto de 24.000 euros.

Con esta intervención, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, en colaboración co Concello de Leiro, trata de fomentar actuacións que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que aporte unha maior calidade de vida á cidadanía.

23, Marzo 2018

A oficina municipal de Turismo permanecerá aberta ao público durante a Semana Santa. En horario de 10,00 a 14,00 h., e 16,00 a 20,00 h., de xoves a sábado, e de 10,00 a 14,00 h., o domingo, a oficina estará aberta para facilitar aos visitantes canta información precisen sobre actos e actividades de ocio e lecer, así como dos balnearios, hoteis e restaurantes.

Así mesmo, están programadas diversas visitas e rutas guiadas, que partirán da oficina de turismo:

-ROTEIRO PARQUE MUNICIPAL E GRAN BALNEARIO. Xoves, 29 de marzo. Hora: 17:15 h. Duración: 1.30 h. Inclúe a visita ao Parque Municipal e ao Gran Balneario.

-ANDAINA ROTEIRO DOS ARRIEIROS. Venres, 30 de marzo. Hora: 17:00 h. Data límite para anotarse 14:00 h (mínimo 5 persoas). Distancia: 9 Km. Dificultade: Media-Baixa. -

PERCORRIDO POLA VILA. Sábado, 31 de marzo. Hora: 12:00 h. Duración: 1.30 h. Percorrido: Praza Maior, Rúa Principal, Barrio de Flores, Alameda, Templo da Veracruz. Os balnearios e hoteis tamén ofertan servizos e estancias durante os días festivos desta Semana Santa.

A ampla variedade tanto de servizos termais coma de aloxamento e manutención, pode consultarse nas páxinas web do Balneario das Caldas de Partovia e Gran Balneario, así como nos hoteis, que ofertan uns prezos moi competitivos para atraer aos visitantes durante estas vacacións

23, Marzo 2018

Como ven demandando Alternativa Veciñal ao logo do actual mandato da corporación
a organización da economía interna do Concello do Carballiño, tanto no que se refire aos
ingresos como gastos, deixa moito que desexar.Ningún alcalde foi capaz de encarar o
problema das perdas de ingresos pola mala xestión da recadación como demostraron as
auditorías externas efectuadas no 2011 por Argimiro Marnotes e no 2015 por Paco Fumega.En
ambas se constataron que varios millons de euros deixaron de ingresarse por prescripción
ante a omisión de exixir os pagos preceptivos a algúns contribuintes.Aparte do agravio
comparativo que representa para os outros veciños e veciñas, ao disminuir os ingresos
repercute negativamente na inversión en servizos de todo tipo.
Por este motivo Alternativa Veciñal brindou o seu apoio puntual ao grupo de goberno
de Paco Fumega a cambio de dotar ao servizo de recadación de personal e medios
informáticos para xestionar directamente a recadación de impostos.Este obxectivo ,que se
propuxo dende o mesmo inicio do mandato no 2015, aínda non se cumpliu nun porcentaxe
significativo ,pola desidia e preguiza do grupo de goberno e o desentendimento do tema do
resto da oposición , a pesares de ser aprobado por UNANIMIDADE nesa data.
Alternativa Veciñal leva insitindo machaconamente dende o comenzo no cumplimento
deste acordo por consideralo fundamental para acadar un control económico-orzamentario
máis riguroso.Para elo os cargos electos teñen que contar co personal técnico especializado
según marca a lexislación.Por iso presentamos unha moción fai dous anos pedindo que se
cubrise a vacante de tesoureiría con un funcionario con habilitación nacional, preceptivo en
concellos de segunda categoría coma é O Carballiño.Deuselle largas ao asunto pensamos que
por non mover do posto a personal que o detenta interinamente na actualidade.Mais o Real
Decreto publicado no BOE o sábado pasado,17 de marzo, non deixa lugar a dubidas e máis
dilacións.O Concello do Carballiño, por pertenecer á segunda categoría, debe dotarse
obrigatoriamente de un posto para a Tesoureiría con un funcionario/a con habilitación de
carácter nacional.
Exixiremoslle a Paco Fumega que cumpla con esta disposición, como paso imprescindible para
organizar un departamento que permita a xestión directa de toda a recadación neste mesmo
ano.
Bernardo García , portavoz deAlternativa Veciñal –En Marea
O Carballiño, a 22 de marzo de 2018

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS