
A primeira ruta das tapas do 2018 celebrase este venres dia 5 de Xaneiro.
Os pinchos de "inverno e reis" serán os protagonistas nos 16 locais da hostalaría carballiñesa que participan nesta iniciativa da concellería de turismo do concello do Carballiño.
O prezo do pincho fíxouse en 1,5 euros, e participando na ruta ofrécese a posiblidade de gañar ata 2.000 premios, nesta ruta que terá continuidade o primeiro e segundo vernes de cada mes, atá o próximo Maio.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, destacou esta mañá a aposta que a Xunta está a realizar para lograr unha modernización dos mercados galegos na visita que realizou á praza de abastos do Carballiño.
Tal e como sinalou, trátase dunha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vén de ser remodelada polo Concello co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A directora xeral explicou que, entre as actuacións desenvolvidas, destacan a limpeza das fachadas de cantería, así como o acondicionamento dos postos exteriores mediante a recolocación de mobiliario urbano. Tamén se instalou nova iluminación e pavimentación co obxectivo de mellorar a imaxe da praza de abastos.
Sol Vázquez lembrou que a Xunta leva apoiado a modernización desta infraestrutura, desde 2015, cun total de 170.000 euros que se destinaron tanto á mellora e acondicionamento do mercado como á realización de campañas publicitarias, a adopción dunha imaxe común ou a creación de aparcadoiros.

No ano 2013, daquéla con 14.355 habitantes, O Carballiño alcazara o seu teito histórico de poboación.
Dende o ano 2014, o municipio acumula catro anos nos que perde poboación, tras a última actualización do Padrón Municipal de Habitantes, o municipio carballiñes rexistra -a 1 de Xaneiro de 2017- unha poboación oficial de 13.854 habitantes, medio millar menos en relación a fai tan so catro anos atrás.
Tras esta nova actualización do Padrón, O Carballiño perde 59 habitantes no transcurso do último ano. Aínda asi, é o municipio que menos poboación perde entre os grandes da provincia, xa que Verín perde 142 habitantes, O Barco de Valdeorras 180, e Ourense, con 257 habitantes menos.
O resto da Comarca perde 274 habitantes
A perdida de poboación é áinda moito máis acentuada nos oito concellos restantes da comarca carballiñesa, que no último ano perdeu 274 habitantes, no conxunto dos concellos de Maside, Boborás, San Amaro, San Cristovo de Cea, Piñor, Punxín, Beariz e O Irixo.
Maside baixa no seu padrón en 21 habitantes, e quédase con 2.797. Boborás perde 68 habitantes e fixa a súa poboación oficial en 2.375, San Cristovo de Cea descende en 62 habitantes, e pasa a ter unha poboación de 2.241 habitantes. O Irixo, quédase cunha poboación de 1.519 habitantes, tras baixar en 27 persoas; Piñor, que perde 40 habitantes, fixa a súa poboación en 1172 persoas; San Amaro, con -24 no ultimo ano, quédase con 1112 habitantes.
Por vez primeira na súa historia, Beariz baixa da barrreira dos 1.000 habitantes, xa que ao perder 21 habitantes, pasa a contar con 982 persoas empadronadas no municipio. Finalmente, Punxín, tras perder 13 habitantes no último ano, conta con 713 habitantes.


A agrupación local de Novas Xeraciòns de O Carballiño, fixo a entrega de alimentos, roupa e xoguetes dentro da campaña solidaria #RepartindoSorrisos a Cáritas parroquial e a Sociedade de San Vicente de Paul de Carballiño.
Na entrega de solidaria de alimentos, roupa e xoguetes estiveron acompañados polo presidente provincial de NNXX,José Antonio Parente, a Concelleira e deputada provincial, Teresa Cerdeira Valiñas e o concelleiro Magín Daparte.
O presidente provincial de Novas Xeraciòns, agradeceu aos mozos da organización local de Novas Xeraciòns do Carballiño e ao Partido Popular do carballiño o traballo realizado e a entrega feita a Cáritas, un agrademcento que fixo extensivo a todos os veciños e veciñas do carballiño pola participación nesta campaña de Nadal.

A programación de nadal do NOVOCINE de Leiro está constituíndo un gran éxito de asistencia ao cine en pantalla grande.
O único cine comercial que continúa aberto no ámbito das comarcas do Carballiño e o Ribeiro está rexistrando unha notable afluencia de espectadores a esta sala sita na vila de Leiro.

“La Bella y La Bestia, el musical” chega a O Carballiño, constituíndo un dos pratos fortes da programación navideña da concellería de cultura do concello carballiñés.
A compañía La Barbarie Teatro Musical xunto á productora Factoría Diversity representará a súao bra ‘La Bella y La Bestia: El Musical‘ no Auditorio Municipal do Carballiño o 28 de decembro ás 17:00 h.
La Barbarie Teatro Musical naceu en 2015 coa intención de apoiar e fomentar as artes escénicas emusicais entre a mocidade, aportando cada un dos seusmembros a súa formación e experiencia para abarcar as distintas disciplinas que require o teatro musical.
Trátase dunha compañía de teatro musical formada actualmente por un elenco de 25 persoas con inquedanzasartísticas, concretamente, noeido do teatro, o canto e a danza.
Cabe destacar que este espectáculo poderá ser disfrutado en diferentes localidades de toda España, entre as que destacanesta do Carballiño. Así, a xira comprende cidades como Lugo, Valladolid, Béjar (Salamanca), Santa Fe (Granada), Sevilla, Bilbao, Santander, Valencia, Calafell (Tarragona) e Ávila.
Na provincia de Ourense, este espectáculo só se poderá disfrutar este xoves no Carballiño, por medio da promotora Moita Merda Produccións, que tamén traerá en xaneiro o monólogo de El Sevilla.
“La Bella y La Bestia: El Musical” é unha gran obra musical con voces en directo, un vestiario impecable eu nha escenografía que te transportará desde a pintoresca aldea ata o tenebroso castelo encantado.
É un espectáculo familiar que se converteuen clásico tras a película que fixo Disney en 1991 comesmonome. O musical La Bella y la Bestia revivirá a historia de amor dunhafermosamoza chamada Bella que para salvar ao seu pai acepta aloxarse nun castelo cunha besta que é, en realidade, un príncipe encantado.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela visitou na Residencia de Tempo Librre do Carballiño aos participantes no programa "Xuntos polo Nadal", nunha visita que compartiron a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola Martínez, asi como o alcalde do Carballiño Franscisco Fumega e o portavoz do grupo popular Argimiro Marnotes.
Trátase dunha iniciativa na que 120 persoas maiores de 60 anos que se atopan soas nas súas casas, xúntanse na residencia carballiñesa para pasar estas datas con persoas da súa mesma idade.
Rey Varela sinalou que a finalidade de Xuntos polo Nadal “é que os maiores pasen acompañados unhas datas tan sinaladas como estas, reforzando ou tecendo novas amizades e ocupando o seu tempo libre facendo distintas actividades, como talleres de manualidades, saídas ou cenas especiais amenizadas con música en directo, entre outras”.
Ademais, destacou que a principal novidade que presenta o programa este ano é a ampliación da estancia nas residencias ata despois da festividade dos Reis Magos, ata o 7 de xaneiro, cando en edicións anteriores remataba o día 2.
Así mesmo, o titular de Política Social manifestou que prestar unha atención integral ás persoas maiores é un obxectivo prioritario para o Goberno galego, posto que “aspiramos a que esta terra sexa o mellor lugar para ser maior e tamén para facerse maior”.
Nesta liña, apuntou que unha das liñas de actuación deste departamento autonómico consiste en fortalecer os coidados dirixidos a persoas que teñan recoñecida a súa dependencia e, ao mesmo tempo, poñer a disposición dos maiores unha ampla oferta de programas nos ámbitos do ocio, a formación e a corresponsabilidade como son: este Xuntos polo Nadal, o programa de Benestar en balnearios, os seminarios e accións de formación coas universidades galegas ou a iniciativa de Escola de avós e avoas educadoras.
O conselleiro apuntou que “os maiores teñen unha mochila chea de experiencia e tamén, cada vez mais, moita vida por diante. Trátase de continuar aproveitando os seus coñecementos coa participación en todos os ámbitos, porque favorecer o intercambio de valores e experiencias entre maiores e xeracións máis novas fainos máis fortes e axúdanos a construír unha sociedade mellor”, concluíu.

Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 503
- 504
- 505
- 506
- 507
- 508
- 509
- 510
- 511
- …
- seguinte ›
- última »