5, Xaneiro 2018

Hai que ter a cara de cemento armado pra vir agora coa eterna cantinela do PXOM.

Recapitulemos: Un partido que estivo no poder durante 16 anos, o PP, non foi quén de desenvolver o PXOM. O actual goberno, o PSOE, prometeu que faría o PXOM en seis meses, e resultou ser un conto chino.

Pero o máis simpático é que o PP foi, é, e será o mellor cómplice para que o PXOM de Maside non acabe de chegar. Estes que se queixan das modificacións puntuais, votaron a favor delas nuns casos, noutros casos abstivéronse, e noutros votaron en contra. É dicir, o PP foi a tarabela o son do vento do PSOE. Participou no cambio de estampiñas que lle propuso o PSOE pra votar a favor de certas modificacións puntuais, polo tanto, vir a queixarse delas, é ter unha cara de cemento armado, ou non ter nin idea do que se fala.

Por suposto que o PXOM é unha norma fundamental pra o desenvolvemento de Maside. Pero é ridículo e patético que quenes tiveron 16 anos pra desenvolvelo, e preto de outros 12 de oposición acaudillada polos mesmos que non foron capaces de desenvolvelo, veñan agora coa cantinela do PXOM, tendo en conta que votaron a favor de moitas das modificacións puntuais das que tanto se queixan. Se non crees nas modificacións puntuais e crees nun PXOM, o que marca o sentido común é votar sempre en contra das modificacións puntuais e traballar a favor do PXOM. Pero pouco sentido común se lle pode pedir a aqueles cuxa máxima preocupación é que o Sr. Alcalde non lle pon os plenos os mércores, por moito que se disfracen de coplistas ou copleros de escasa calidade literaria.

5, Xaneiro 2018

Ante a última previsión meteorolóxica, que anticipa unha mellora do tempo a partir das 5 da tarde, o concello informa que os Reis Magos efectuarán un recorrido, a partir das 17,30 h., polas principais rúas da vila nas súas carrozas máxicas. Noutronte, os resposables municipais acordaran suspender a cabalgata ante a previsión de mal tempo para esta tarde de venres.

Este recorrido da cabalgata comezará no barrio da Uceira e seguirá pola rúa Evaristo Vaamonde, Conde Vallellano, Aldara, Cesáreo Tizón, Ribeiro, Cruce de Ribadavia. Rúa do Paseo e Curros Enríquez, e finalizará no auditorio municipal, ondeterá lugar a recepción dos Reis.

A chegada das carrozas ao auditorio está prevista para as 18,30 h, aproximadamente. Durante o recorrido, haberá música en directo do dúo Canela Cafuné, e repartiransemilleiros de golosinas aosnenos e nenas que presencien a caravana e se acheguenao auditorio.

Así mesmo, haberá unha actuación especial da escola municipal de danza.

5, Xaneiro 2018

Quen na Xunta estea encargado,

de revisar normas a miles,

co acontece en Maside

Deberá estar abraiado.

 

É concello principal,

que se permite algún luxo,

e por sistema fai abuso,

da modificación puntual.

 

De toda a provincia os primeiros,

seguimos polo momento,

no uso diste instrumento,

urbanístico remendo.

 

Disque había un PXOM,

seica hai anos que se fixo,

non sei se acabóu no lixo,

ou perdido nalgún caixón.

 

Tanto ten que non o haxa,

o caso é ir facendo,

arránxase no pleno,

as veces que faga falta.

 

 

 

 

4, Xaneiro 2018

Recordan dende o Partido Popular como "o día 18 de Decembro de 2018 en comparecencia pública do Alcalde Sr. Francisco Fumega e o Concello de Alternativa Veciñal Sr. Bernardo García, manifestaron, dándose a razón un ao outro, que antes de que rematase o 2017, porían en marcha a primeira fase de municipalización do servizo de recadación, e que algunhas taxas poderían cobrarse xa nas propias dependencias municipais. Din de igual forma que se instalaría un caixeiro no propio Concello e tamén afirmaron que con esta medida se mellora a democratización do funcionamento e transparencia do concello".

Non obstante, afirma o Partido Popular que "a realidade a 4 de xaneiro de 2018, é que non se cobra aínda ningunha taxa nin grande nin pequena no propio concello do Carballiño, de igual forma é que non está instalado ningún caixeiro de ningunha entidade financeira nas dependencias municipais, e o que aínda é mais grave, o servizo de recadación volve a estar en precario, pois a vixencia da enésima prórroga e cesión do contrato rematou o pasado día 31 de decembro de 2017 e aínda non saíu a concurso o novo procedemento que se contempla de 1 ano + outro de prórroga, e nin aprobado está o prego de condicións".

E van máis alá os populares ao afirmar "se pretenden con este incumprimento falar de democratización e transparencia, e están equivocados de cheo, pois democratización nada de nada, este é un secuestro consentido do goberno municipal por parte do único concelleiro de Alternativa Veciñal, e de transparencia nada de nada, pois imos de mentira en mentira".

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular, están sorprendidos "de cada episodio que non queren facer ver tanto dende alcaldía como dende Alternativa Veciñal, pois a Fumega interésalle facer que fai e a Bernardo esta mentira só lle vale para que ante os seus colaborades pareza que está todo municipalizado e que le fixo algo", remarcan

Respecto a cobrar no concello certas taxas,os populares manifestan "ser sabedores do malestar existente entre o persoal laboral, maioritario respecto do persoal funcionario que en gran medida están en contra de ter que facer cobros sexa polo sistema que sexa, pois non está nas súas funcións do posto de traballo, tamén a data de hoxe non existe ningún regulamento nin disposición municipal que regule dentro do concello esta nova fórmula de cobro".

Finalmente, recordan que solicitaron dende o Grupo municipal do PP no derradeiro Pleno, que se informe por parte de secretaría a legalidade de que persoal laboral non funcionario, poida facer este tipo de traballo "que parece máis adecuado por lei aos funcionarios".

4, Xaneiro 2018

A primeira ruta das tapas do 2018 celebrase este venres dia 5 de Xaneiro.

Os pinchos de "inverno e reis" serán os protagonistas nos 16 locais da hostalaría carballiñesa que participan nesta iniciativa da concellería de turismo do concello do Carballiño.

O prezo do pincho fíxouse en 1,5 euros, e participando na ruta ofrécese a posiblidade de gañar ata 2.000 premios, nesta ruta que terá continuidade o primeiro e segundo vernes de cada mes, atá o próximo Maio.

4, Xaneiro 2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, destacou esta mañá a aposta que a Xunta está a realizar para lograr unha modernización dos mercados galegos na visita que realizou á praza de abastos do Carballiño.

Tal e como sinalou, trátase dunha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vén de ser remodelada polo Concello co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A directora xeral explicou que, entre as actuacións desenvolvidas, destacan a limpeza das fachadas de cantería, así como o acondicionamento dos postos exteriores mediante a recolocación de mobiliario urbano. Tamén se instalou nova iluminación e pavimentación co obxectivo de mellorar a imaxe da praza de abastos.

Sol Vázquez lembrou que a Xunta leva apoiado a modernización desta infraestrutura, desde 2015, cun total de 170.000 euros que se destinaron tanto á mellora e acondicionamento do mercado como á realización de campañas publicitarias, a adopción dunha imaxe común ou a creación de aparcadoiros.

2, Xaneiro 2018

No ano 2013, daquéla con 14.355 habitantes, O Carballiño alcazara o seu teito histórico de poboación.

Dende o ano 2014, o municipio acumula catro anos nos que perde poboación, tras a última actualización do Padrón Municipal de Habitantes, o municipio carballiñes rexistra -a 1 de Xaneiro de 2017- unha poboación oficial de 13.854 habitantes, medio millar menos en relación a fai tan so catro anos atrás.

Tras esta nova actualización do Padrón, O Carballiño perde 59 habitantes no transcurso do último ano. Aínda asi, é o municipio que menos poboación perde entre os grandes da provincia, xa que Verín perde 142 habitantes, O Barco de Valdeorras 180, e Ourense, con 257 habitantes menos.

O resto da Comarca perde 274 habitantes

A perdida de poboación é áinda moito máis acentuada nos oito concellos restantes da comarca carballiñesa, que no último ano perdeu 274 habitantes, no conxunto dos concellos de Maside, Boborás, San Amaro, San Cristovo de Cea, Piñor, Punxín, Beariz e O Irixo.

Maside baixa no seu padrón en 21 habitantes, e quédase con 2.797. Boborás perde 68 habitantes e fixa a súa poboación oficial en 2.375,  San Cristovo de Cea descende en 62 habitantes, e pasa a ter unha poboación de 2.241 habitantes. O Irixo, quédase cunha poboación de 1.519 habitantes, tras baixar en 27 persoas; Piñor, que perde 40 habitantes, fixa a súa poboación en 1172 persoas; San Amaro, con -24 no ultimo ano, quédase con 1112 habitantes.

Por vez primeira na súa historia, Beariz baixa da barrreira dos 1.000 habitantes, xa que ao perder 21 habitantes, pasa a contar con 982 persoas empadronadas no municipio. Finalmente, Punxín, tras perder 13 habitantes no último ano, conta con 713 habitantes.

31, Decembro 2017
31, Decembro 2017

A agrupación local de Novas Xeraciòns de O Carballiño, fixo a entrega de alimentos, roupa e xoguetes dentro da campaña solidaria #RepartindoSorrisos a Cáritas parroquial e a Sociedade de San Vicente de Paul de Carballiño.

Na entrega de solidaria de alimentos, roupa e xoguetes estiveron acompañados polo presidente provincial de NNXX,José Antonio Parente, a Concelleira e deputada provincial, Teresa Cerdeira Valiñas e o concelleiro Magín Daparte.

O presidente provincial de Novas Xeraciòns, agradeceu aos mozos da organización local de Novas Xeraciòns do Carballiño e ao Partido Popular do carballiño o traballo realizado e a entrega feita a Cáritas, un agrademcento que fixo extensivo a todos os veciños e veciñas do carballiño pola participación nesta campaña de Nadal.

29, Decembro 2017

A programación de nadal do NOVOCINE de Leiro está constituíndo un gran éxito de asistencia ao cine en pantalla grande.

O único cine comercial que continúa aberto no ámbito das comarcas do Carballiño e o Ribeiro está rexistrando unha notable afluencia de espectadores a esta sala sita na vila de Leiro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS