7, Decembro 2017

Somos milleiros de carballiñeses os que dende sempre agárdabamos un uso público para este edificio emblemático da nosa vila...., nas tertulias comentábamos a necesidade de que o Concello se fixera cargo, así anos, anos, e anos. Cando semellaba que ao fin os gobernantes tiñan decidido facelo, a oposición negouse á compra aludindo ao costoso importe da venta por parte dos seus propietarios. Coñecían ou coñecen esas persoas que non permitiron a combra as diménsións do propio edificio e da inmensa finca que vai ata ata o centro da Terceira Idade?. Non, non o creo. O caso é que quedamos sen a beleza e os centos de posibilidades para gozar da Casa Soto..., como xa antes se foran outras tantas maravillas que facían do Carballiño unha vila con peso. Segue a imperar o ladrillo. Cal vai ser o vindeiro derribo?. De verdade, dan ganas de chorar.

5, Decembro 2017

Comezou a desmontaxe da fachada da casa da antiga ferraxería Soto, na rúa Tomás Maria Mosquera, outro dos edificios emblemáticos do Carballiño que desaparece.

A fachada non estaba catalogada no PXOM, polo que non contaba con ningún tipo de protección.

O perigo de derrubo que presentaba a fachada levou aos seus propietarios, un grupo imnobiliario, a desmontar  a parte superior da fachada ata a altura do primeiro piso. Os propietarios teñen pendientes aínda a inversión e a decisión urbanística que adoptarán sobre a propiedade.

O edficio protagonizara unha gran polémica no contexto da campaña electoral das municipais de 2015. Unhas semanas antes de iniciarse a contenda electoral o Partido Popular -daquéla no goberno- acordara un protocolo de compra deste edificio para destinalo a uso público.

A operación preelectoral dos populares con Argimrio Marntoes de alcalde fora obxeto de críticas dos grupos da oposición, rotundamente en contra da operación de compra, anunciando -tal como fixeron- que se chegaban ao goberno municipal procederían a anular o protocolo de compra iniciado polo Partido Popular.

5, Decembro 2017

A Agrupación de Protección Civil do Carballiño desenvolve dende hoxe unha xornada informativa con motivo do Día Internacional do Voluntariado.

O evento está a ter lugar na Praza Maior, ata onde desprazaron parte do material co que contan para prestar o servizo, como vehículos todoterreo, unha lancha zodiac, motos e unha gran carpa, entre outros dispositivos.

O obxectivo é informar aos veciños e veciñas da súa función e promover a captación de voluntarios, que é o principal capital co que conta Protección Civil.

O alcalde, Francisco Fumega, tamén se achegou ata carpa para falar cos voluntarios e voluntarias e interesarse pola marcha desta xornada.

4, Decembro 2017

O concelleiro do BNG, Luis Pérez "Ficol" considera que é unha imprudencia deixar esta nova senda peonil "sen ningún elemento de seguridade, sobre todo para as persoas maiores e os nenos, xa que a zona de paseo non leva ningunha protección cara o rio, cun desnivel de máis de tres metros de alto".

Manifesta Ficol que deixar a senda peonil neste estado é unha auténtica temeridade que agarda nunca sexa preciso lamentar.

Tampouco comparte o concelleiro nacionalista "a estreitez do paseo, xa que a duras penas poden curzarse dúas persoas, e dificilmente poderá facélo unha silla de rodas dunha persoa con discapacidade".

Asemade, Ficol pensa que "ésta  é unha preocupación e sentir da maioria da veciñanza" polo que debería tomarse en consideración, e recorda que "no proxecto inicial estaba contemplada a instalacións dunhos pasamáns pola ladeira do rio, polo que debe esixirse a súa colocación, tal como figura no primeiro proxecto técnico aprobado pola corporación municipal do concello de Leiro".

2, Decembro 2017

O plan de mellora de infraestruturas viarias do Carballiño no medio rural, posto en marcha recentemente polo concello, continúa coas obras de asfaltado de estradas en Ponterriza e Veiga.

Concretamente, estes días estase levando a cabo o asfaltado da estrada de acceso e rúas na Ponterriza. Este proxecto o executa a Deputación provincial mediante un convenio asinado co concello. Co obxectivo de seguir o traballo,  desprazáronse ata o lugar o alcalde, Francisco Fumega; a concelleira de Medio Rural, Charo González, e o arquitecto municipal.

Asemade, comezaron as obras de mellora da estrada que comunica Veiga co Pavillón de Deportes, e que conleva nova canalización da auga e asfaltado en quente, que tamén se realizará na circunvalación do campo da festa.

Actualmente estanse executando catro proxectos importantes de mellora das infraestruturas na zona rural. Así, ademáis destes dous, estanse culminando as melloras das infraestruturas viarias en Partovia e o acceso ao balneario, así como en Señorín, nas rúas Outeiriño e Xesteira.

Complementariamente, tamén se leva a cabo neste intre a construcción dunha beirarrúa na rúa Juan Corral Pajariño, que é unha das poucas rúas do casco urbano que non contaba con beirarrúa, dificultando o paso de peóns e aceso aos edificios e e garaxes, polo aparcamento de coches nas dúas marxes.

O importe total deste plan ronda os 600.000 euros, e nel inclúense tamén os proxectos das rúas do casco urbano Otero Pedrayo, Aquilino Sánchez, Camiño de Aquilino Sánchez e beirarrúas da Avenida do Parque dende a antiga casa do Peón Caminero ao Instituto Chamoso Lamas.

O custe do plan sufrágase con fondos do concello, da Deputación e da Xunta.

29, Novembro 2017

Este venres, 1 de decembro, comeza unha nova tempada da Ruta das Tapas, que contén moitas novedades con respecto ás pasadas edicións. Así, hai máis locais hostaleiros participantes, concederanse más premios, tanto directos como por sorteo, e redúcese o prezo dos pinchos a 1,50 euros. Ademáis, pon en marcha a App “QuedamosdeTapas”, que se pode descargar para ver nos teléfonos móviles os pinchos que ofrece cada un dos mesóns, bares e restaurantes participantes.

A iniciativa foi presentada este mediodía na rúa do Paseo, nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; os concelleiros de Turismo, Cultura e Benestar, Manuel Dacal, Diego Fernández e Marina Ortega, respectivamente; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares; a representante da adega Pazo Tizón, Cristina Mouriño, e representantes dos dezaséis locais integrados.

Os locais participantes nesta edicion son Cafetería Roraima, Café-Bar Estate Quieto, Bar Soldado, Casa Pituxo, Café Bar El Caserío, Furancho do “Toto”, Pulpería-Tapería Plaza, Café-Bar Peñasco, Mesón Os Portales, Cafetería Loft 27, Café-Bar Ningures, Cervecería-Tapería Don Paco, Pulpería-Asador Veracruz, Parrillada San Andrés, Café & Bar Esquina e Pulpería Restaurante Fuchela.

Estes locais ofertarán este venres, 1 de decembro, tapas ao prezo de 1,50 euros (50 céntimos menos que na pasada tempada). A ruta, que nesta xornada está dedicada aos produtos do Nadal, repetirase o venres, 8 de decembro.

Os clientes poderán obter regalos directos como mochilas, mecheiros, bolígrafos portamóbiles, cargadores de móbiles, paraguas, pinchos gratuitos noutros locais, e regalos por sorteo como servizos nos dous balnearios do Carballiño, entradas para os partidos de C.D. Arenteiro e 150 vales de compra nos establecementos do Centro Comercial Aberto por valor de 10 euros cada un. O número total de agasallos é de 2.000.

Francisco Fumega agradeceu a colaboración e implicación do sector hostaleiro nesta iniciativa, dirixida a promocionar a gastronomía do Carballiño e atraer visitantes á vila.

Manuel Dacal tamén agradeceu a colaboración do sector e dos patrocinadores, Centro Comercial Aberto, Pazo Tizón, Balneario Caldas de Partovia, Gran Balneario do Carballiño, Estrella de Galicia, Holi Pulpo e Xunta de Galicia, e animou aos carballiñeses e visitantes a participar nesta experiencia gastronómica.

En termos semellantes se manifestaron a xerente do CCA, Noelia Mares, e Cristina Mouriño, representante da adega Pazo Tizón, expresando o seu desexo de que esta edición sexa ainda mellor que as anteriores.

Neste acto amosouse a gran variedade de tapas que se poderá degustar ao prezo de 1,50 euros este venres e o próximo nos locais integrados na iniciativa. Salpicón de mariscos, crema de atún e marisco en follado, bacallau con viño branco do país, lomo recheo con puré e salsa agridulce, vieira ao forno con coliflor e fideua con zamburiñas, son algunhas das propostas destes locais para as primeiras xornadas desta nova tempada da Ruta das Tapas.

28, Novembro 2017

O Alcalde de Piñor José Luis González, recepcionou na nave municipal do concello o novo tractor e dous apeiros desbrozadora, un de arrastre e outra de brazo.

A empresa adxudicataria, que presentou a oferta económicamente máis ventaxosa, fixo entrega ao Alcalde de Piñor da maquinaria que foi adquirida polo concello froito de un convenio entre o Concello de Piñor e a Consellería de Medio Rural que financiou a adquisición de este novo vehículo.

O importe total é de 96.245,82 IVE incluido dos cales a Consellería aportou a cantidade íntegra do custe e o concello só tivo que aportar a 16.703,82 €, cantidade correspondente ao IVE. Este novo vehículo pasa a formar parte do parque móbil do Concello de Piñor e reforzará os traballos de desbroce que o Concello realiza todos os anos e que se intensifican durante a primavera e o verán limpando todos os pobos do concello, as estradas de titularidade municipal e camiños.

Para o Alcalde de Piñor, José Luis González, o novo tractor conxuntamente cos dous apeiros desbrozadora son unha maquinaria imprescindible para un concello rural como Piñor que ten gran número de vías municipais e camiños que hai que manter limpos para facilitar o acceso aos mesmos e como medida preventiva dos lumes.

O novo tractor reforzará e facilitará o traballo da limpeza viaria e de camiños municipais que repercutirán nunha mellora da calidade de vida dos veciños de Piñor.

28, Novembro 2017

O Centro de Estudios Chamoso Lamas acordou conceder ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto o “Torques de Honra 2017”. Trátase dun galardón que outorga con carácter bianual esta entidade para distinguir o traballo de persoas e entidades a prol da conservación, recuperación e divulgación do patrimonio histórico-cultural das comarcas do Carballiño e do Ribeiro.

Nesta quinta edición regular do premio, os integrantes do Centro de Estudios Chamoso Lamas tomaron en consideración o importante labor desenvolvido por Manuel Gallego Jorreto no proxecto de rehabilitación da antiga fábrica de papel da Lavandeira, así como do que realiza na actualidade para ampliar as instalacións termais do Gran Balneario do Carballiño.

O galardón lle será entregado nun acto que se desenvolverá no Carballiño o próximo mes de decembro, e que se anunciará previamente.

Manuel Galllego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, ten recibido numerosos premios, entre eles, o Premio Nacional de Arquitectura (1997), Medalla de Ouro da Arquitectura (2010) e Medalla de Ouro de Galicia (2016). Colaborou co Centro de Estudios Chamoso Lamas, sendo ponente no I Congreso “O Home e o Medio”, e varios historiadores desta entidade conlaboraron co él na aportación da documentación histórica da antiga fábrica de papel da Lavandeira. Na actualidade ultima o proxecto de ampliación das instalación termais do Gran Balneario, cuxas obras comezarán nos próximos meses.

Dende a creación do Torques de Honra, no ano 2008, o Centro de Estudios Chamoso Lamas leva concedido un total de sete galardóns, tres de xeito extraordinario e catro con carácter ordinario e bianual. Os catro últimos entregáronse ao Museo Etnolóxico de Ribadavia e ao seu creador Juan Carlos Sierra (2015); a Fray Damián Yáñez, bibliotecario do Mosteiro de Oseira (2013); ao Almanaque Agrícola (2011) e a Olimpo Liste, creador do Museo Etnográfico Olimpo Liste de Oseira (2009).

27, Novembro 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiu o acto de inauguración da nova Estación de Inspección Técnica de Vehículos, que fai o número 26 da rede de ITV de Galicia e é a primeira que inicia a súa actividade na nova etapa iniciada coa integración de Supervisión y Control no grupo Applus.

Con máis de 19.000 empregados e presenza en 70 países, Applus é unha das compañías lideres mundiais en inspección, ensaios e certificación. Unha das súas sedes corporativas está en Sada (A Coruña).

A incorporación de Supervision y Control ao Grupo Applusvén a poñer en valor o modelo galego de ITV. Un modelo baseado na experiencia de máis de 30 anos de traxectoria, na innovación e tamén na cercanía.

A estación ITV de O Carballiño é a número 26 da rede de estacións fixas de Supervisión y Control, que ten 10 estacións móbiles que percorren a xeografía galega chegando a todos os Concellos de Galicia, e achegando un servicio público tan importante para a seguridade viaria o máis preto posible aos cidadáns da nosa comunidade.

Ademais, esta ITV é a segunda ITV na que se empregaa tecnoloxía modular, desenvolvida por SyC en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, e nela vense de implantar maquinaria de última xeración, que permitirá realizar a inspección máis completa a todo tipo de vehículos.

Na súa intervención, o conselleiro de Economía, Francisco Conde,destacou que a posta en marcha desta estación é un paso máis en Galicia para acadarunha rede de ITV máis ampla e máis adaptada a todos os retos que impón a nova lexislación que entrará en vigor o próximo ano. Salientou tamén o esforzo realizado por Applus e SyCna innovación tecnolóxica coa implantación dun sistema pioneiro en España que se exportará desde Galicia ao eido internacional. Aplaudiu tamén a colaboración coa Universidade, o que constitúe o exemplodunha forma de facer empresa a través da transferencia de coñecemento, o que permitirá que o noso tecido produtivo se diferencie polacalidade e pola innovación.

Particiou tamén no acto o alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, que agradeceu que a Consellería de Economía e máisApplus e SyCque elixiran O Carballiño para plasmar un proxectocunequipamento tan novidoso, o cal contribuirá a dinamizar o parque industrial destalocalidade, e en concreto o sector dos talleres mecánicos, e á creación de postos de traballo, reforzando o papel que ten O Carballiño como cabeceira comarcal.

Pola súa banda, o vicepresidente de Applus, José Delfín Pérez, destacou o carácter emprendedor de Galicia, onde a estabilidade e a cooperación institucional constitúenunha base para a prosperidade, o que se exemplifica coa colaboración coa universidade para desenvolver un modelo innovador.

Lembrou que Appluss postou por Galicia, con implantacións como Norcontrol ou a súa presencia no Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia. Con esta inauguración indicou José Delfín Pérez que Applus reafirma o seu compromiso con Galicia e cosgalegos, para concluir que “somos galegos por orixe, por presente o por futuro”, polo que “queremos aportar unha experiencia acreditada e unha cultura que nos obriga a non coformarnos nunca”.

O director xeral de SyC, Juan Diego Rodríguez, referiuse á nova ITV explicando que será a referencia para a exportación do sistema galego a outros países de Iberoamérica e África, converténdose así nun modelo internacional de ITV.

O acto rematou coa intervención de Manuel Amor e Félix Suárez arquitectoscoordinadores do proxecto da ITV Modular, que fixero nunha breve descrición das características construtivase das particularidades da estrutura do edificio.

A ITV de Carballiño é a primeira estación totalmente inhalámbrica da provincia de Ourense, e as inspecciónsrealízanse mediante tablets conectadas a un servidor central a través de Wi-Fi. Ademais, cóntase con equipos de control de contaminantes de última xeración que permite estar preparados para o futuro nun tema tan sensible para a sociedade como é a protección do medioambiente.Outras das novidades incorporadas en esta estación sono bloque de equipos compactos, o banco de suspensións (que comproba a eficacia do sistema de amortiguación do vehículo) e o frenómetro, que é equipo destinado a comprobar o estado dos sistemas de freado do vehículo.Ademais, a ITV de O Carballiño incorpora un sistema de diagnose pioneiro en España para sistemas de seguridade controlados electrónicamente.

24, Novembro 2017

Os galardóns da Arenteira foron instituídos polo Aparthotel Arenteiro do Carballiño como recoñecemento a persoas, entidades ou asociacións que no ámbito das comarcas do Ribeiro e O Carballiño destacan pola súa contribución e méritos no deporte e a cultura.

Nesta sexta edición, o salón de actos do Aparthotel carballiñés reuníu a numeroso público para asistir á entrega dos galardóns que este ano o xurado decidíu outorgar a Manolo Blanco en deporte, Roberto Pascual en cultura  e Frai Damián Yañez, èste a título póstumo.

Na modalidade deportiva, Manuel Blanco Guerra "Manolo Celta" fíxose acreedor a este galardón por toda unha vida dedicada ao deporte, tanto como animador como na súa propia condición de deportista. Foi o gran valedor do baloncesto carballiñés, e con él vivíu a época dourada o deporte da canasta con aquél "Carballiño Baloncesto" que chegou a militar en liga EBA.

Manolo Celta tamén foi pioneiro no atletísmo, no tenis e no fútbol sala local, e tamén no mundo do automobilismo se implicou na época de máis actividade daquela "Escudería Carballiño". Coninúa na practica deportiva activa, agora como recoñecido xogador de Golf.

O premio da Arenteira en cultura 2017 foi para Roberto Pascual Rodríguez, unha persoa relacionada co mundo do teatro. Colleu o relevo de Rubén García na dirección da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que exerce na actualidade. Ademáis, é crítico, investigador teatral e profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

E por último, o galardón da Arenteira a título póstumo foi nesta edición para Frai Damiàn Yañez Neira, falecido no mosteiro de Oseira en 2015, o "monxe bilbliotecario" foi o artífice da recuperación da biblioteca monacal, que co seu traballo persoal e compromiso durante máis de 50 anos, convertíu nunha das mellores de Galicia.

O padre Damían foi o gran promotor dos estudos cistercienses en España, recoñecido humanista, e autor dunha gran cantidade de traballos en libros e revistas, sendo distinguido en vida como Socio de Honra do Centro de Estudos Chamoso Lamas, pola súa contribución á investigación histórica da nosa comarca.

No seu nome recibíu este premio a título póstumo o alcalde do Concello de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, amigo persoal de Frai Damián, un dos monxes máis respetados e queridos da historia recente da comunidade cisterciense de Santa María A Real de Oseira.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS