
Esta semana o Cinema Club Carballiño desenvolve unha programación especial, con catro películas integradas dentro dun ciclo titulado Escravitudes.
Iníciase o xoves día 9 coa proxección ás 22:00 horas de Manderlay, do director Lars von Trier, unha impecable disección do xénero humano que estivo nomeada á Palma de Ouro en Cannes e á Espiga de Prata no Festival de Valladolid no ano 2005. O pase será en versión dobrada ao castelán.
O venres día 10 proxéctase I´m not your negro, sen dúbida un dos mellores documentais dos últimos anos, onde se repasa a historia do movemento afroamericano nos Estados Unidos. Gañadora do Premio ao Mellor documental para a Asociación de críticos de Los Ángeles, nomeado ao mellor documental nos Óscar e nos premios Gotham, está baseada no libro do escritor James Baldwin. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS.
O sábado día 11 teremos Rebelde, filme canadense do 2012 que gañou o Festival de Tribeca e estivo nomeada aos Óscar no que se nos narra a historia de Komana, secuestrada por un exército rebelde nun dos moitos conflitos armados en África. Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas, ambos en VOS.
O ciclo péchase o domingo día 12 co nacemento dunha nación, dirixida por Nate Parker no 2016, gañadora do Premio do Público e da Mellor película no Festival de Sundance. O horario será ás 18:00 (versión dobrada ao castelán) e ás 20:00 horas (VOS).
Todas as proxeccións serán no Auditorio Municipal Manuel María, e o prezo do bono para acceder a cada película será de 3 euros.

A Praza Maior do Concello foi o lugar elixido pola Asociación de Persoas con discapacidade Física do Carballiño e Comarca para denunciar a falta de accesibilidade universal neste e outros lugares do Carballiño, como as estacións de autobuses ou Renfe, e reivindicar "a posta en marcha de medidas dirixidas a eliminar barreiras que vulneran dereitos, liberdades e vida independente das persoas con discapacidade".
ASDIFICA convocou esta concentración no marco dunha campaña de COCEMFE Nacional que, baixo o lema “#AccesibilidadYA: Pola accesibilidade de produtos, entornas, bens e servizos”, consistíu na celebración de 35 concentracións simultáneas en cidades repartidas por todo o país onde se prevé la participación de máis de 2.500 persoas.
Durante a concentración no Carballiño, informaron sobre esta problemática ás persoas que transitaban pola zona e procedeuse á lectura dun manifesto.
O acto contou coa participación de representantes de ASDIFICA, así como de diferentes persoas que contaron como lles afecta a falta de accesibilidade universal no exercicio dos seus dereitos e liberdades.
Impulsada por COCEMFE Nacional en colaboración coas súas entidades membro, esta campaña tamén pretende chamar a atención sobre o previsible incumprimento do mandato da Lei Xeral de Dereitos de Persoas con Discapacidade y e da súa Inclusión Social que establece o 4 de decembro de 2017 como límite temporal para que todos os produtos, bens, entornas e servizos sexan accesibles.
A Asociación de Persoas con Discapacidade Física do Carballiño e Comarca -ASDIFICA- está integrada por persoas con discapacidade física e organica, residentes nos concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor, San Cristovo de Cea, O Carballiño e Maside.

A praza de abastos comezou a campaña de promoción do Nadal, que se desenvolverá ata o 22 de decembro, e que inclúe o sorteo de dez vales de compra por un valor total de 500 euros, dez entradas para os encontros de C.D. Arenteiro no estadio de Espiñedo, outras dez entradas para as sesións dos venres do Cine Club Carballiño e unha caixa de viño Pazo Tizón. O sorteo realizarase á unha da tarde do 22 de decembro.
Asemade, esta campaña de dinamización contará cunha programación cultural especial con actuacións musicais, teatro e xogos para os nenos. Todo isto, en aras de dinamizar a praza durante este período de tempo ata o Nadal.
A campaña foi presentada esta mañá polo presidente da asociación de praceiros, Eligio González, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, que fixeron fincapé no traballo de promoción que se leva realizando estes últimos anos e que supón un incremento notable das ventas. O obxectivo é acadar, canto menos, o éxito logrado na campaña do pasado ano.
Neste senso tamén cobran especial relevancia os proxectos de reforma levados a cabo na praza e que nunha terceira fase suporán a mellora do espazo exterior da entrada principal da instalación municipal. Este último proxecto, que se executa neste momento e que concluirá dentro de dúas semanas, inclúe a homoxenización dos establecementos que están no exterior e a reforma da praza, coa eliminación dos contenedores soterrados, un novo pavimento, novo mobiliario e iluminación con lámparas LED.
Adolfo Nogueira amosou unha vez máis o apoio do concello a este campaña que promove dinamizar as vendas na praza durante este período previo ao Nadal, destacando o labor que desenvolve a asociación de praceiros.
Eligio González agradeceu a colaboración municipal e resaltou o avance experimentado nestes últimos anos coas melloras realizadas e as campañas postas en marcha, e que supuxeron un incremento notable de clientes e vendas. Por iso, fixo un chamamento para que acudan máis clientes.
Dende a institución municipal manifestan que "o concello segue a traballar no proceso de ocupación dos postos baleiros que conleva moitas dificultades administrativas, pero se seguen buscando fórmulas para resolver o problema".

O grupo municipal do Partido Popular lamenta a incertidume creada sobre a situación actúal dos praceiros da Praza de Abastos do Carballiño, en relación á concesión administrativa dos postos que ocupan no mercado carballiñés.
Os populares piden que se respecten as titularidades dos postos que manteñen a súa actividade "dándolle garantía xurídica aos mesmos", e que "sexa unha prioridade que se poida sacar a consucros os postos baleiros na praza de abostos do Carballiño"
Ademáis, propoñen solucións que pasarían pola aprobación dun regulamento municicipal para a Praza de Abastos que recollería novos títulos aos actuais praceiros, por medio dunha disposición transitoria, antes de proceder á convocatoria do consurso para a adxudicación dos postos que permancen sen actividade comercial.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto:

Non sei como ainda queda xente do Carballiño e da comarca, que se queixa "que aquí, non hai onde aparcar", eiqui tedes un exemplo: C/ Margarita Taboada.
Parking gratuito do maìs céntico, ilimitado en tempo, velocidade, para todo tipo de vehículos, onde TODO VALE, ainda que sexa lavar un vehículo , facer botellón......unha auténtica e vergonzosa pena, para os que imos con sillas de bebés, en caderas de rodas, e xa que decir para os que vivimos alí ou a utilizamos a cotió.
SOLUCION XA!
PEATONIZACIÓN XA!
BOLARDOS XA!
Resulta que un novo candidato elixido a dedo polos herdeiros do PP de Maside, está a facer campaña política cunha antelación de máis de ano e medio ás eleccións municipais. O cal constitúe unha fraude electoral contra os votantes do PP, e un absoluto desprezo aos catro concelleiros que foron elixidos polo pobo de Maside, que deberían ser os que desenvolvan o seu labor de oposición ao Goberno municipal.
Entenderíase que o novo candidato representase ao PP de Maside se ostentase a representación legal, é dicir, a Presidencia. Pero a Presidencia segue en mans dun dos que lle nomearon novo candidato, un dos herdeiros do anterior alcalde. Parece que o novo candidato necesita da tutela do Presidente para defraudar aos votantes do PP. A súa tutela, e a súa aprobación. Ata aquí todo correcto, pois é problema deles e son un pequeno grupo cuxo destino é ser condenado ao maior dos fracasos políticos.
Pero o que é absolutamente inaceptable e debe ser denunciado publicamente é que este personaxe se entrometa nos asuntos dunha Asociación de Pais e Nais de alumnos do CPI de Maside..
Señor novo candidato elixido a dedo polos herdeiros do PP de Maside: Vostede non é ninguén para interferir nos asuntos dun ANPA. Iso que nos quería colar na Xunta Reitora, desbaratado na forma e no fondo, léveo nas súas futuras listas ou onde teña vostede competencia, se é que ten algunha. E de paso leve vostede aos seus emisarios, coas súas ofrendas á Xunta Reitora, e coas difamacións inventadas polos seus achegados. Pero vostede non pinta nada nos asuntos dun Colexio. Ningún alcalde na Historia de Maside meteu os fuciños en asuntos que non son da súa competencia, nin tan sequera o pai dos que a vostede seleccionárono.
Pasou vostede de ser un perfecto descoñecido, a ser coñecido polo cartón de visita que deixou neste Colexio. Teña por certo que cando se abran os colexios electorais, os pais deste Colexio devolveranlle o cartón. A súa torpeza e a súa intromisión non serán esquecidas por moito que falte máis de ano e medio para que se abran os colexios electorais.
Por último, a súa idea de bombeiro de crear unha ANPA alternativa, fala moito da súa ignorancia. Poderá montar vostede unha Asociación de Pais do PP de Maside. Dese présa ou xa non haberá quorum suficiente.

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" acollerá tódolos xoves do mes de novembro, ás 20.00 horas, a cuarta edición de "Cata a Arte", unha iniciativa que mestura degustacións de cinco adegas de viños do Ribeiro con actividades de índole cultural: música, danza e teatro, que amenizarán a xornada gastronómica.
A presentación desta nova edición tivo lugar no Centro Cultural, acto no que participou o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; o director do Centro Cultural, Francisco González; a xerente de Autismo Ourense, Ana Tejada; e os representantes das adegas participantes no ciclo e a bailarina de danza contemporánea, Nuria Sotelo.
A programación comeza este xoves, 2 de novembro, coa cata a cargo da adega Reboreda Morgadío, amenizada coa actuación musical de Tato Trio. Ao xoves seguinte, o 9 de novembro, será a quenda para a adega Cuñas Davia e para a actuación musical de Mounqup. O día 16 de novembro, actuarán Ton Risco & Jacobo de Miguel durante a cata que ofrecerá a bodega Nairoa. O xoves, 23 de novembro, será a adega Pazo Casanova a que sacará os seus viños acompañados pola actuación de danza contemporánea de Nuria Sotelo & Cris Vilariño. Por último, o día 30 de novembro, pechará esta cuarta edición a Bodega Alanís que ofrecerá os seus viños amenizados coa interpretación de teatro musical de Lili Berlin.
Asemade, esta iniciativa cultural volve a presentarse cun carácter solidario destinando tódolos donativos recadados nestas degustacións gratuítas, á Asociación de Autismo de Ourense, para promover a calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e das súas familias ao longo do seu ciclo vital.

Asi o anunciou no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio. A apenas ano e medio por diante para a convocatoria das eleccións municipais de 2019, o alcalde Francisco Fumega teno claro: opotará a un segundo mandato no concello do Carballiño.
"A obra hai que acabala, a política é para estar pouco tempo, e eu entendo que non me chegou aínda o tempo para facer o que quero, unha vila sostible. unha vila peonil, industrial, unha vila que lidere a comarca", subliñou Fumega nun momento da entrevista en COPE O Carballiño.
O rexedor considera que un ciclo de oito anos na alcaldia é o ideal "teñoo claro, tampouco creo que haxa que botar máis de oito anos" e insistíu en que polo menos son dous mandatos os que necesita un alcalde para poder desenvoler o seu proxecto municipal.
Francisco Fumega, que xunto á concelleira de servizos sociais Marina Ortega veñen de ser elexidos como membros da nova Executiva Galega do PSdeG-PSOE, tamén deixou para posibles interesados esta mensaxe "non vou máis alá do Carballiño, os meus intereses están no Carballiño".
Tecnoloxía LED para a rúa Julio Rodríguez Soto
O alcalde aproveitou a súa intervención radiofónica en COPE para anunciar a mellora da iluminación pública na rúa Julio Rodríguez Soto para as próximas semanas.
O servizo eléctrico municipal será o encargado de executar este proxecto de mellora coa tecnoloxía LED, cun orzamento de 17.000 euros, aportados con fondos do propio concello.
Fumega agarda, ademáis, que antes de final de ano se confirme o proxecto europeo que foi promovido dende o concello carballiñés para a modernización da iluminación pública na totalidade das rúas do Carballiño, asi como nas parroquias de Veiga e Mesego e o barrio da Uceira, proxecto para o que se agarda unha achega económica de 400.000 euros.
Este sistema de mellora lumínica e aforro enerxético, xa se acometeu nas rúas Martinez Avellanosa, Conde Vallellano e Ourense.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 511
- 512
- 513
- 514
- 515
- 516
- 517
- 518
- 519
- …
- seguinte ›
- última »