Debéronlle sentar moi ben as vacacións. Nótase que ven vostede coa mente despexada. O de pescar xardas vaille moi ben. Non me refiro a que leva vostede oito anos de vacacións, senon ás do verán.
Xa que vostede ven en forma e nesta ocasión non chama "lambe cus" a quenes rexeitan unha incineradora de neumáticos no monte veciñal onde recentemente un desalmado/a plantou lume (imaxínese se eso estivera cheo de neumáticos). E xa que vostede non chama brazo político armado ao servizo do PP a quenes inician unha IPL, comezo a pensar que vostede ben levado é igual que unha persoa.
Así que vou osar a tratalo como tal, e vou tentar que vostede entre en razón. Mire vostede, sabe de sobra que o problema da auga en Maside (o marxe da seca que é evidente) e que hai unha bolsa enorme de persoas que collen auga sen ter contador. Ainda que vostede faga o pampo cando lle convén, non o é, entón a pregunta é ¿Por qué non pon a estas persoas as correspondentes sancións? Vostede é o responsable ¿Para que lle sigan votando? ¿Pra que non se encomoden? Se esa é a súa política non veña vostede asustado, porque este é un problema estructural ao que vostede non lle quera poñer solución. VOSTEDE NON LLE QUERE POÑER O CASCABEL O GATO. Fai unhos anos vostede fixo a tentativa de privatizar a xestión da auga pra torear este problema. Pero o problema é vostede, unha persoa que mira pra outro lado cando se trata de desenvolver as responsabilidades que ten como alcalde (xa falaremos deso nun futuro non moi lonxano).
O problema da auga é o mesmo que o do IBI, existe unha gran bolsa de persoas que non o pagan e a ineficacia da empresa de recadación fai que prescriba. Estanse tirando cartos nunha empresa que non é capaz de pasar os recibos por vía executiva deixando que prescriban ¿NOn sería mellor facer público o servizo de racadación? ¿ Non sería mellor crear emprego, e de paso recadar o que hai que recadar?
¿Señor? alcalde, vive vostede nunha realidade paralela. O concello de Maside está moi lonxe dos 3000 habitantes, concretamente 2818 (moitos deles empadroados para o seu interese, pero nin viven en Maside). Desperte e non faga tanto o pampo porque casi é mellor a versión de difamador que a de bombeiro torero. Por certo, sempre será lembrado como o heroe da avispa asiática e a súa desinteresada entrega en defender aos masidaos desta lacra .
Felices Festas!

Chega a semana grande de agosto en Maside, a que se abre coa celebración da Festa do Cabalo e se despide coas Festas de San Vitorio.
O domnigo 20 é a cita para os afeccionados ao mundo do cabalo, de gran tradición no municipio masidao.
Tanto pola mañá como pola tarde, na paraxe natural do Puzo do Lago celebrase a 30 edición da Festa do Cabalo do Concello de Maside, haberá concursos e carreiras con premios para os mellores, cun intervalo á primeira hora da tarde para o xantar popular.
Do mércores 23 aos venres 25 terán lugar as xa tradicionais noites de cine ao aire libre na Praza Maior de Maside. Proxectaránse as películas "Angry Birds", "Cazafantasmas" e "Los Pitufos: La aldea perdida".
O ambiente festivo irá a máis a partir do sábado dia 26, coa celebración da "Noite Folck e Troula" na que animarán os bares e as rúas de Maside os grupos "Do fondo do peto" e "Maianas", entre outros.
O domingo 27 abre a programación festiva o disparo de bombas de palenque e os pasarrúas da banda de música. As 12 do mediodia a Coral A Torre cantará na misa solemne, e despois haberá concerto da banda de música. Pola tarde a V Mostra-Feira de Artesanía Infantil, e pola noite, ademáis dos fogos artificiais, a verbena con Fania Show e Garibaldi.
O lúns 28, comezará a xornada coas bombas de palenque e a animación polas rúas de Maside da Banda de Música, que despois aconcpañará a procesión e ofrecerá un concerto na Praza Maior. A misa deste dia será solemnizada polo Orfeón do Carballiño.
Pola tarde, volverá abrir a Mostra-Feira de Artesanía Infantil, e na verbena actuarán as orquestras Tango e El Combo Dominicano.

Un centenar de persoas, entre as que se atopaban os portavoces e membros da corporación municipal do Carballiño, funcionarios, veciños e visitantes, concentráronse este venres dia 18 de Agosto ás 12 da mañá na Praza Maior e gardaron cinco minutos de silencio en repulsa polos atentados de Barcelona e Cambrils e en solidariedade coas vítimas, as súas familias e os veciños destas localidades.
Esta convocatoria levouse a cabo secundando a realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Dende primeiras horas da mañá as bandeiras do concello do Carballiño están a media asta en sinal de condolencia.

A segunda edición do RallyMix do Concello de Piñor contará con máis de 40 pilotos que, durante os días 19 e 20 de agosto, participarán nesta competición que forma parte do calendario da Federación Galega de Automobilismo.
A presentación desta cita deportiva tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o alcalde de Piñor, José Luis González; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o presidente da Escudaría MixRallyeSports e director da proba, Ignacio J. Davila; e o xefe de seguridade da proba, Cándido Carrera.
O deputado provincial de Deportes lembrou a "tradición automobilística" da provincia de Ourense e a gran capacidade de convocatoria que teñen "estes eventos que atraen a numerosos afeccionados do mundo do motor". Nese mesmo senso, Iván Corral lembrou que Ourense é "a provincia de referencia do automobilismo en España" e esta modalidade de Rallymix, "que vimos de implantar recentemente, só existe en Galicia a nivel nacional".
Pola súa parte, o alcalde de Piñor destacou "a importante repercusión económica que supón para o noso municipio e para os concellos limítrofes, desenvolver esta proba automobilística", e engadiu "tamén nos permite dar a coñecer o noso territorio aos asistentes que veñen de fóra de Galicia". As novidades que presenta esta segunda edición son "o cambio de data para evitar as inclemencias meteorolóxicas que sufrimos o ano pasado e os cambios realizados no trazado para achegalo ao centro do Concello", dixo José Luis González.
O tramo cronometrado é mixto cun total de 8,4 quilómetros dos cales 4,45 quilómetros son de asfalto e 3,95 quilómetros son de terra. "Ata o momento contamos con 42 pilotos inscritos na proba aínda que esperamos chegar aos 50, superando así os 31 participantes da pasada edición. Os equipos inscritos proceden de tódolos puntos de Galicia, do Norte de Portugal, Castela e León, Cantabria e Asturias", explicou o director da proba.
O evento comezará pola mañá o sábado, 19 de agosto, coas verificacións administrativas e técnicas e os recoñecementos, para arrancar coa competición, ás 12.15 horas, disputando tres mangas cronometradas seguidas. O domingo, 20 de agosto, a competición comezará ás 10.00 horas disputándose dúas mangas cronometradas. A entrega de premio realizarase sobre as 16.30 horas. O parque de asistencia estará no Campo de Fútbol do Reino.

A vila de Pazos de Arenteiro retrocederá dous séculos, os días 19 e 20 de agosto, coa celebración da festa "1809 A Batalla", a 1ª Festa Histórica de Pazos de Arenteiro que traerá ao presente as tradicións e as vivencias daquela época, para conmemorar o 208 aniversario da Batalla que tivo lugar dentro da Guerra da Independencia.
A presentación desta iniciativa cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; a concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e de Sustinea, Rebeca Carreiro.
Manuel Doval, quen lembrou as heroicas accións do Capitán Cachamuíña e a defensa que fixo pola súa terra, dixo que con esta celebración "Boborás pon en valor este feito histórico a través dunha iniciativa cultural que aglutina teatro, música, obradoiros e un completo elenco de actividades para o desfrute de tódolos asistentes".
Con esta festa, o municipio de Boborás recupera a historia da vila e da súa bisbarra, representando a batalla que alí tivo lugar contra os franceses a comezos do século XIX cando os locais, da man do Capitán Cachamuíña, lograron derrotar ás tropas francesas.
Patricia Torres, quen agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense para poder desenvolver este proxecto, asegurou que esta celebración "vai a ser un éxito, pois foron moitas as persoas que nos chamaron de fóra de Galicia para interesarse por ela". Asemade, a concelleira de Cultura de Boborás tamén agradeceu a colaboración "dos máis de cen voluntarios que estarán a traballar eses días para representar tódolos episodios que se viviron naquela época".
Pola súa banda, Rebeca Carreiro dixo que esta celebración aposta "polo desenvolvemento local sostible e persegue a dinamización de todo o núcleo poboacional da vila, participando nela veciños da localidade e doutras aldeas de arredor".
A programación da festa comezará o día 19 de agosto, ás 12.30 horas, co pregón da man do Bando Francés no Palenque. O mercado abrirá as súas portas ás 12.00 horas ámbolos días. Ademais tamén haberá actividades na rúa, o campamento do exército francés, teatro, unha mostra de esgrima, monólogos, música popular, obradoiros e postos de comida e artesanía, "un completo programa que rematará o domingo, 20 de agosto, ás 20.00 horas coa celebración da batalla final "fouces contra mosquetóns" na Ponte", sinalou Rebeca Carreiro.

O concello do Carballiño manifesta que A LV Festa do Pulpo pasará á historia por ter superado algúns rexistros, pero sobre todo por conseguir o máis amplo seguimento dos medios de comunicación e redes sociais. Así, en TVE 1, Antena 3 e TVG, e radios diron a noticia en directo nos seus servizos informativos do mediodía.
Tamén os xornais de Galicia destacan a celebración do evento. E cobra unha importancia trascendental as numerosas entrevistas mantidas os últimos días con axencias, radios e cadenas de televisión internacionais sobre a Festa do Pulpo. Entre outras, destacan a reportaxe de Adrián Cragnolini para Cadena 3 Argentina, ou a de Patricia Alvarado para o Grupo Radio Centro en horario de máxima audiencia, con 20 millóns de ointes en México e Estados Unidos.
Asimesmo, nas redes sociais multiplicáronse as imaxes e noticias, e de feito, o propio Facebook do concello do Carballiño acada neste intre un alcance de máis de 627.000 persoas e unha interacción de preto de 184.000. Todo isto da boa conta, por unha parte,da extraordinaria promoción que se fixo para esta edición da festa, e por outra, do crecente interese que suscita a Festa do Pulpo do Carballiño tanto a nivel informativo como popular, remarcan dende a institución municipal.
Por iso, dende o concello do Carballiño agradecen esta dedicación e o traballo desenvolvido por todos os profesionais, cámaras, fotógrafos e xornalistas, que estiveron cubrindo estes días os actos programados na 55 festa do Pulpo.
O Partido Popular suxire varias melloras
O grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño fai varias propostas que -entende- mellorarían a organización da Festa do Pulpo.
Para acceder ao comunidado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:
Este pasado sábado noche fuimos testigos de un atropello de un coche a un perro en el parque. Tanto nosotros como el conductor llamamos a la policía local. El perro estaba en medio de la carretera aún vivo pero mal. Apareció la policía y al frente uno de nuestros policias con poca pinta de policía. Pues viendo al perro como estaba dijo q la solución era apartarlo a la cuneta y que quedara ahí.
Cuando uno de los testigos le dijo q como iba a hacer eso le contestó "si tanto te preocupa llevatelo tu" y ante el nerviosismo y críticas de este testigo por el estado del perro y la poca sensibilidad del superpolicía sacó su posición de superioridad, su prepotencia y le pidió que se identificara que se lo llevaba en el coche. El perro le daba igual.....así es este hombre....un ejemplo para el pueblo. Menos mal que su compañero de patrulla era bastante más educado y razonable.
Escribo co gallo de informar a esta emisora e de comunicarlle ó excelentísimo concello do Carballiño que algo falla neste pobo cando imos perdendo servizos e nen sequera temso información. Mentres que por un lado tratamos de magnificar e prolongar a festa do pulpo, polo outro nen sequera nos percatamos de que quedamos sen comunicacións. Todos estes cambios levados a cabo pola xunta en pleno mes de Agosto sen previos avisos, sen publicación de novos horarios, feito todo sobre a marcha levaron a un grupo de pasaxaseiros que se acercou á estación de autobuses de Vigo o venres día 11 de Agosto a quedar en terra. Cando pediron o billete dixéronlle que xa non hai servizo entre Vigo e o Carballiño, a ruta Chantada-Vigo, Vigo- Chantada quedou suspendida, coa única solución de esperar ata a noite para coller o autobús que vai a Ourense e parar en Ribadavia donde cada un terá que buscarse a vida. Ata esta semana había un autobús de luns a venres que salía as 8:00 da mañán do Carballiño, e os domingos as oito da noite, moi usado polos estudantes, e un de volta pola tarde.Dende esta semana quedamos incomunicados con Vigo. Alguien terá que mirar por este pobo, porque creo que está claro que cada paso que damos é para atrás.
Saúdos
A Festa do Pulpo non parece que teña teito de participación, polo menos de momento, e nesta edición de 2017 todo parece indicar que volveu superar a afluencia de anos anteriores. Según ás cifras oficias facilitadas dende a organización, o concello do Carballiño eleva a asistencia ás 125.000 persoas.
Oitenta caldeiras de polbo repartidas entre o casco urbano e o parque municipal cubriron a demanda de carballiñeses e visitantes nunha xornada neste segundo domingo de agosto no que O Carballiño multiplica por seis a súa poboación habitual.
A maiores do pulpo que se coce nas caldeiras dos pulpeiros e pulpeiras de Arcos, hai que sumar o que se sirve nos restaurantes e pulperías do Carballiño, e por suposto, o que se come en familia nos domicilios, na maioria comprado previamente nas cámaras frigoríficas da localidade.
Resulta complicado calcular a cantidade de pulpo que esta fin de semana pode consumirse no Carballiño. Non obstante, os profesionais do sector consultados por esta emisora de radio cifran o consumo nunhas corenta toneladas de pulpo, o que equivale a unas 100.000 racións de pulpo á feira, degustadas en prato de madeira ó xeito tradicional. Un auténtico récord mundial.
Aínda que festa do pulpo foi facéndose cada ano un chisco máis urbana, é no parque municipal onde conserva a súa identidade e ambiente máis xenuíno, de auténtica romaría galega.
O parque transformouse un ano máis nun gran comedor ao aire libre, con numerosas tabernas ambulantes que á hora do xantar están rexistraron un cheo total, igual que no recinto do concello, onde degustaron o menú da festa unhas 1.200 persoas ao prezo de 30 euros. O abarrote tamén foi total nos restaurantes do Carballiño, e tamén fixo pleno a ocupación hoteleira nos útlimos dias.
Charangas, gaiteros e grupos folclóricos animan a xornada festiva, que está acompañada dunhas boas condicións meteorolóxicas para un dia de festa á sombra das árbores do parque carballiñés, con temperaturas algo calurosas durante a xornada, na que se alcanzaron os 35 graos.
Recibimento ao Centro Galego de Nuremberg
Esta 55 edición da festa do Pulpo foi dedicada ao Centro Galego de Nuremberg, en Alemania, representado por varios dos seus directivos, entre eles o presidente Gerardo Arias.
O alcalde Fumega e concelleiros e concelleiras da corporación municipal carballiñesa déronlles a benvida á entrada do parque, neste mesmo acto a Xunta de Galicia estivo representada ao seu máximo nivel, polo presidente Alberto Núñez Feijóo.
Ahora sí que estamos bien con el nuevo plan de la xunta de Galicia de los autobuses en Carballiño si antes nos quejábamos ahora nos dejan totalmente incomunicados un autobús que teníamos para Vigo a las 8 de la mañana eliminado por completo no hay nada para Vigo en todo el día otro que teníamos con Pontevedra a las 11 y continuaba a Vigo eliminado es imposible ir de a la mañana el autobús ahora es a las 13:30 y como estos ejemplos muchos más y nuestros políticos están callados y de fiestas mientras muchos concellos de Ourense están reclamándole a la xunta como sale hoy en prensa...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 516
- 517
- 518
- 519
- 520
- 521
- 522
- 523
- 524
- …
- seguinte ›
- última »