11, Agosto 2017

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, anunciou que a Festa do Pulpo de 2017, que fará a edición número 56, se dedicará ao Centro Partido do Carballiño en Bos Aires pola súa celebración do centenario. Así o dixo durante un acto de homenaxe a este centro, que contou coa asistencia do seu presidente, Emilio Nogueira, e a súa secretaria, Mª Silvana; os portavoces e concelleiros dos grupos municipais, o exalcalde e directivo de honra do centro, Argimiro Marnotes, e o tamén directivo de honra, Camilo “Copetín”.

Francisco Fumega dixo que era un día moi especial porque o Centro do Carballiño en Bos Aires ía cumprir cen anos dende a súa creación, e agradeceu o traballo desenvolvido neste tempo por moitas xeracións de carballiñeses residentes en Bos Aires a prol de manter o compromiso coa terra. Asemade, confirmou que a corporación estudiará a organización dunha viaxe para festexar este efeméride conxuntamente cos carballiñeses residentes na capital arxentina.

A secretaria da entidade referiuse tamén a unha dobre celebración, como era o 60 aniversario da integración de CEA no Centro do Partido do Carballiño, polo que esta se engadiría á do centenario.

Emilio Nogueira amosou o seu orgullo pola recepción do concello e convidou a todos os carballiñeses que poidan viaxar para festexar o centenario na sede do Centro da capital bonaerense, situada nunha zona residencial á beira do río da Prata. Dixo que tamén celebraban alí cada ano unha Festa do Pulpo, e que esperaban que a do próximo ano foise moi especial.

Finalmente, fíxose entrega dunha placa da LV Festa do Pulpo de homenaxe ao Centro Partido do Carballiño en Bos Aires.

10, Agosto 2017

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou un convenio de colaboración co presidente de Mancomunidade Turística Terras do Avia, Francisco José Fernández, para impulsar e dinamizar o xeodestino O Ribeiro-O Carballiño.

Aínda que tan so catro concellos -os de Ribadavia, Leiro, O Carballiño e Boborás- forman parte da Mancomunidade Turística, o acordo beneficiará a 21 concellos, contén accións en numerosas liñas, desde a creación de produto ata a promoción e a xestión dos recursos turísticos.

Nava Castro, que estivo acompañada da secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, subliñou as singularidades do xeodestino do Ribeiro-O Carballiño, que lle confiren un gran valor engadido á súa oferta, co enoturismo e o termalismo como elementos principais. Neste sentido, a directora de Turismo explicou que o convenio, con vixencia para dous anos, inclúe a creación do Bus do Viño do Ribeiro.

A iniciativa será deseñada e planificada coas adegas, os pazos, outros recursos turísticos e prestadores de servizos turísticos, tras o cal porase en marcha para incrementar as propostas do xeodestino con distintos percorridos e visitas. De xeito paralelo, impulsaranse paquetes termais biosaudables, nos que se incluirán hoteis, balnearios e spas, con estancias e escapadas termais que tamén incorporarán o enoturismo como experiencia. Ademais, e co fin de que os viaxeiros dispoñan de información precisa sobre os espazos que poden visitar no Ribeiro, editarase un mapa de roteiros culturais,

“A promoción, dinamización e fomento do turismo no Ribeiro é o obxectivo deste convenio de colaboración, que busca a súa consolidación como destino turístico galego de interior”, declarou Nava Castro tras a sinatura. A directora de Turismo salientou que a consecución destas metas “suporá a xeración de emprego e a redistribución da riqueza, que constitúen beneficios inherentes que o turismo ben planificado ten para toda a sociedade”. En liña coa Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta coa que o Goberno galego e o sector planifican o crecemento neste eido, o convenio co Ribeiro aposta pola calidade e a sustentabilidade como referencias.

De feito, o acordo prevé a redacción do Plan de acción turística do xeodestino como ferramenta para a xestión conxunta dos concellos implicados. Ademais, editarase un catálogo de servizos turísticos para repartir nos aloxamentos, oficinas e puntos de interese da zona, crearase unha páxina web e deseñarase a imaxe corporativa que o xeodestino empregará nos seus canais de comunicación.

En conxunto, investiranse nos dous próximos anos 96.000 euros, dos que Turismo de Galicia achegará 80.000. Os concellos que integran o xeodestino do Ribeiro-O Carballiño son A Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, Melón, O Carballiño –que esta fin de semana celebra a súa Festa do Polbo, declarada de Interese Turístico Nacional e á que a directora de Turismo animou a asistir–, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea. Imaxes relacionadas

9, Agosto 2017

O Concello de Avión acollerá o vindeiro venres, 11 de agosto, a celebración da XIII edición da "Festa Mexicana" ofrecendo aos asistentes música en directo a cargo de mariachis, actividades para os máis cativos e gastronomía tradicional mexicana.

A presentación desta celebración tivo lugar esta no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Avión, Antonio Montero; e a responsable de Cultura do Concello de Avión, Isabel Gabián Lorenzo.

"Esta festa comezou a celebrarse no ano 2005 co obxectivo de homenaxear a un país que acolleu a maior parte dos veciños emigrantes do municipio", dixo Rosendo Fernández, que engadiu, "trátase dunha festa de carácter único e particular polas súas características dentro das existentes en Galicia, que ano tras ano medra e mellora, e que da a coñecer a cultura de Avión e de México, ligado ao municipio".

Nese mesmo senso, o alcalde de Avión explicou que esta festividade naceu como "unha homenaxe a toda a emigración, pois o noso municipio é eminentemente emigrante, e tratamos de simbolizar o país que ten maior transcendencia polo número de persoas que alí foron". En canto á organización da festa, Antonio Montero sinalou que "cada edición vaise mellorando ata converter esta celebración nunha cita obrigada no calendario festivo de Galicia, pois acoden a ela preto de 3.000 persoas".

Pola súa parte, a responsable de Cultura do Concello asegurou que esta festa "representa o que somos moitos dos veciños de Avión: mexicano-galegos ou galego-mexicanos" e detallou a programación prevista para o día 11 de agosto, que comezará, como novidade, ás 18.30 horas, con actividades gratuítas dirixidas aos máis cativos entre as que se atopa o xogo da piñata, tradicional na cultura mexicana. Ademais, este ano, tamén haberá dúas piñatas para os adultos.

No apartado gastronómico, Isabel Gabián dixo que estarán presentes "catro restaurantes mexicanos afincados en diferentes puntos de xeografía galega e cada un deles ofrecerá a súa especialidade". A partir das 21.00 horas, será a quenda para a música coas actuacións dos mariachis, "unha das actividades de maior éxito da "Festa mexicana", sinalou Isabel Gabián.

8, Agosto 2017

Esta noita pasada saiu do parque empresarial do Carballiño con rumbo ao porto de Vigo a primeira das vinte pezas que fabrica a empresa carballiñesa DIZMAR con destino a unha ponte internacional en Canadá.

Trátase da Ponte Champlain de Montreal, que está na ruta dun dos tramos con máis tráfico de Norteamérica, e que cruzan cada ano máis de 50 millóns de automóbiles, camións e autobuses.

A peza atópase neste intre na Cañiza á espera de partir pola noite cara ao porto de Vigo, onde será embarcada. Esta peza en concreto pesa 200 TM.

O contrato con DIZMAR foi conseguido pola empresa ubicada no parque empresarial do Carballiño gacias á experiencia que ten neste tipo de traballos, como o Viaducto do Ave de Catoira ou obras en Ghana, Finlandia, Escocia e Brasil, por citar algúns dos países para nos que ten realizado e realiza actualmente encargos esta empresa.

A Ponte Champlain, ademáis de ser utilizada polos residentes da rexión metropolitana para os seus desprazamentos cotiáns, o cruce no que se atopa é parte dunha conexión terrestre vital para o transporte de mercadorías entre Canadá e Estados Unidos. O aumento do tráfico combinado co dano causado polo sal e outros factores contribuiron ao considerable desgaste da estrutura. Por eso, en 2015, púxose en marcha un novo proxecto para construir a nova Ponte Champlain, cuxa finalización está prevista para decembro de 2018.

O proxecto inclúe a construcción da nova Ponte Champlain de 3,4 km; unha nova ponte de 470 metros para L´Îledes-Soeurs; a ampliación da autoestrada 15 entre o intercambio de Atwater e a nova ponte, e a mellora das rampas que conducen dende as estradas 132 e 10 na Costa Sur ata a ponte.

E tamén incorpora vixiancia ambiental e medidas de mitigación rigurosas para proteger o entorno natural circundante; a calidade arquitectónica e as características que realzarán a paisaxe urbana de Montreal e contribuirán ao estado do pasillo como a entrada principal á cidade; un corredor reservado para o transporte público e un sendeiro seguro e accesible de uso múltiple para peóns e ciclistas.

8, Agosto 2017

As pulpeiras e pulpeiros do Carballiño volven elaborar a ración de pulpo máis grande do mundo.

Utilizarán un prato de madeira de 5,37 metros de diámetro e media tonelada de pulpo, que cocerán en caldeiras e intentarán cortar e aderezar con sal gorda, aceite de oliva e pementón nun tempo récord.

O evento terá lugar este martes, 8 de agosto, ás 20,00 h., na Praza Maior do Carballiño.

Arredor de trinta persoas participarán neste proceso, que comezará ás 12 do mediodía co traslado do prato ata a Praza Maior nun camión con guindastre, e rematará ás dez da noite, cando remate a distribución do pulpo en pequenas tapas que se venderán ao prezo de 5 euros conxuntamento cun vaso de viño, un anaco de pan de Cea e unha lambetada de chocolate do Royal, así como o agasallo do propio prato.

Nesta edición, que é a séptima, o prato non varía con respecto ás dimensións do pasado ano, pero o reto nesta ocasión é facelo en menos tempo, de forma que o pulpo non se enfríe e poida ser degustado con todo o seu sabor polos varios miles de visitantes que se acheguen ata O Carballiño.

Calcúlase que desta Ración Xigante poden saír unhas 1.500 tapas.

7, Agosto 2017

Desde hace unos días observo circular camiones y hormigoneras por la calle Antonio Palacios hasta la Plaza San Ramón, para acceder a una obra sita en calle Curros Enríquez.

Con lo que se luchó para poder disfrutar de un entorno así, en lo que pienso es en cómo quedará después de varios meses con circulación de vehículos pesados....

 

6, Agosto 2017

Coa magnífica banda de música popular Coribantes, que estará acompañada polo grupo de pandereteirasMaianas e o cantante Manoele de Felisa (ex de A Roda), comeza este luns, 7 de agosto, a Semana Grande da LV Festa do Pulpo.

Concertos, homenaxes e actividades gatronómicasdesenvoleranse durante toda a semana ata o domingo 13, coa celebración da Festa do Pulpo no Parque Municipal.

Este lúns haberá Xornada de Ruta das Tapas nos locais de hostalería, que estarán dedicadas ao pulpo. Será a partir das 20,00 h., nos bares, mesóns e restaurantes que forman parte desta ruta gastronómica. Coribantes, Maianas e Manoele de Felisa actuarán no anfiteatro da praza da Veracruz a partir das 21,00 h.

O martes, 8, será o día da Tapa Xigante de Pulpo, na Praza Maior, a partir das 20,00 h. E pola mañá renderemos homenaxe aos propietarios da antiga xeadería La Ibense.

O mércores 9, teremos un extraordinario concerto de música folk a cargo de Budiño e Mercedes Peón, que actuarán na Praza Maior ás 23,00 h.

O xoves está programado o Festival Folclórico Internacional, tamén na Praza Maior, ás 21,00 h.

E o venres 11, gran concerto de música pop co grupo LA UNIÓN, que actuará na PrazaMaiorás 23,30 h.

Ademáis haberá actividades infantís polos barrios e actividades deportivas durante toda a semana, na que O Carballiño agarda unha afluencia masiva de visitantes..

5, Agosto 2017

A asociación "Amigos da Terra de Montes" que agrupa a persoas dos concellos de Cerdedo, Forcarei e Beariz, celebrou este sábado a súa 35 xuntanza anual, que desta vez tivo lugar na vila de Beariz.

No transcurso da xornada levaronse a cabo varias actividades, pola maña numeroso público acudiu ás conferencias que impartiron José Lamas Bértolo sobre "O camiño de Santiago pola Terra de Montes", e Jesús Gulías Lamas na que falou do "Verbo dos Canteiros".

O comedor do Colexio de Beariz acolleu o xantar de confraternización da Terra de Montes.

 En cada edición desta xuntanza, a asociación promotora recoñece a traxectoria de persoas ou entidades relacionadas coa Terra de Montes, nesta ocasión a condecoración foi para a Banda de Gaitas do concello de Beariz.

3, Agosto 2017

Arranca a terceira edición das “ Músicas de Sofá” que terá lugar os días 4 e 5 de agosto en distintas rúas e przas do Carballiño.

O ciclo, organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros, é un festival urbano onde os grupos actúan en distintos “salóns” ubicados no centro da vila.

O obxectivo é achegar unha gran variedade de estilos musicais aos más de 500.000 visitantes que se esperan neste 2017 durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo.

Tras o éxito das pasadas edicións, este ano o 3º Ciclo de Músicas de Sofá pretende consolidarse como un dos festivais de referencia do país. Para iso a organización contará con grupos musicais de primeiro nivel, as actuacións serán consecutivas e non simultáneas, para poder desfrutalas na súa totalidade, e a estética “vintage” fará dos concertos algo único.

 Nesta edición, o festival conta cun total de cinco grupos, referentes nos seus estilos dentro do panorama musical galego. Trátanse de Oîma, trío compostelá que nos achegará sons galegos e dos resto do mundo; Najla Shami, vocalista e compositora galega-palestina de ampla traxectoria nacional e internacional;, Iago Fernandez quartet, cuarteto liderado polo baterista Iago Fernández,recoñecido a nivel europeo, ou Andoa, grupo folk cunha ampla traxectoria a nivel individual.

Pechará o ciclo High Paw&Elephants Yard, vocalista e compositora que ven de actuar nos mellores escenarios reggae da Península. Ademais, durante os dous días haberá tamén un sofá destinado ao dj Chico Tralla, que fará unha selección da mellor música negra en vinilo.

Festival de Habaneras

Doutra parte, o sábado dia 5 de Agosto ás 20:30 horas celebraráse no auditorio municipal do Carballiño outra das convocatorias musicais clásicas do verán carballiñés, o Festival de Habaneras que organiza o Orfeón do Carballiño, rondallas e coros ofrecerán un repertorio a rítmo de habaneras.

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS