
A asociación "Amigos da Terra de Montes" que agrupa a persoas dos concellos de Cerdedo, Forcarei e Beariz, celebrou este sábado a súa 35 xuntanza anual, que desta vez tivo lugar na vila de Beariz.
No transcurso da xornada levaronse a cabo varias actividades, pola maña numeroso público acudiu ás conferencias que impartiron José Lamas Bértolo sobre "O camiño de Santiago pola Terra de Montes", e Jesús Gulías Lamas na que falou do "Verbo dos Canteiros".
O comedor do Colexio de Beariz acolleu o xantar de confraternización da Terra de Montes.
En cada edición desta xuntanza, a asociación promotora recoñece a traxectoria de persoas ou entidades relacionadas coa Terra de Montes, nesta ocasión a condecoración foi para a Banda de Gaitas do concello de Beariz.

Arranca a terceira edición das “ Músicas de Sofá” que terá lugar os días 4 e 5 de agosto en distintas rúas e przas do Carballiño.
O ciclo, organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros, é un festival urbano onde os grupos actúan en distintos “salóns” ubicados no centro da vila.
O obxectivo é achegar unha gran variedade de estilos musicais aos más de 500.000 visitantes que se esperan neste 2017 durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo.
Tras o éxito das pasadas edicións, este ano o 3º Ciclo de Músicas de Sofá pretende consolidarse como un dos festivais de referencia do país. Para iso a organización contará con grupos musicais de primeiro nivel, as actuacións serán consecutivas e non simultáneas, para poder desfrutalas na súa totalidade, e a estética “vintage” fará dos concertos algo único.
Nesta edición, o festival conta cun total de cinco grupos, referentes nos seus estilos dentro do panorama musical galego. Trátanse de Oîma, trío compostelá que nos achegará sons galegos e dos resto do mundo; Najla Shami, vocalista e compositora galega-palestina de ampla traxectoria nacional e internacional;, Iago Fernandez quartet, cuarteto liderado polo baterista Iago Fernández,recoñecido a nivel europeo, ou Andoa, grupo folk cunha ampla traxectoria a nivel individual.
Pechará o ciclo High Paw&Elephants Yard, vocalista e compositora que ven de actuar nos mellores escenarios reggae da Península. Ademais, durante os dous días haberá tamén un sofá destinado ao dj Chico Tralla, que fará unha selección da mellor música negra en vinilo.
Festival de Habaneras
Doutra parte, o sábado dia 5 de Agosto ás 20:30 horas celebraráse no auditorio municipal do Carballiño outra das convocatorias musicais clásicas do verán carballiñés, o Festival de Habaneras que organiza o Orfeón do Carballiño, rondallas e coros ofrecerán un repertorio a rítmo de habaneras.
Fai uns días o señor alcalde do Carballiño publicaba un bando no que facía un chamamento aos veciños do noso concello para a aforrar a auga debido á pertinaz seca deste verán. A pesar das súas boas intencións o señor Paco Fumega está a desperdiciar a auga, pois esta pasada fin de semana a rúa Principal da nosa vila foi baldeada dúas veces, así na madrugada do Sábado ao Domingo efectivos de Protección Civil baldearon esta rúa cun camión de estinción de incendios limpandoa, deste xeito, das manchas ocasionadas polos polvos de cores do festival Holi Pulp cousa que é de agradecer, xa que non é de recibo deixar manchada de cores a rúa máis céntrica do noso pobo e a Praza Maior .
Esta limpeza da rúa Principal non lles debeu parecer suficiente aos nosos gobernantes municipais, pois na madrugada do Domingo ao Luns procedeuse a baldear de novo esta rúa por parte dunha empresa privada. Cousa que consideramos, totalmente, innecesaria, xa que ésta foi baldeada o día anterior. Chegados a este puto preguntámonos se era neceario baldear dúas veces a rúa Principal desperdiciando, desta maneira, a escasa auga da que dispomos máxime cando na actualidade estamos a padecer una prolongada seca.
Se os nosos recursos hídricos foran ben administrados dende o concello non só se aforraría auga senón tamén cartos, xa que o quedar a rúa Principal baldeada na madrugada do sábado ao Domingo non era necesario baldeala de novo na madrugada do Domingo ao Luns aforrándose, desta forma, o cosnsitorio os cartos deste segundo baldeo realizado por unha empresa privada.
Señor alcalde vostede debe se ser coherente co que fai, pois ¿de que vale invitar aos veciños do Carballiño a aforrar auga cando logo vostede a desperdicia baldeando dúas veces a mesma rúa?. A próxima vez en vez de malgastar a auga tan xenerosamente procure dar exemplo con medidas tan sinxelas como diminuir o tempo no que os apersores regan de madrugada as plantas da praza da Alameda, facer unha campaña concienciando aos cidadans da necesidade de aforrar este líquido elemento ou dando consellos aos habitantes do Carballiño para aforrar auga...ao fin e ao cabo vostede e a corporación municipal deben ser os primeiros en dar exemplo os cidadáns ¿non lle parece?.
Ben certo é o tema das ratas que denuncia outro veciño anteriormente. As principais rúas da vila están invadidas, vense de seguido. Son de alcantarilla, sobra falar sobre este foco de infeccións . Estamos contaminados, débese actuar rápido, levamos así dende hai un longo tempo. Contaminados tamén polos ruidos e escándalos nas vésperas de festivos en plenas rúas rodeadas de vivendas ata altas horas da madrugada. Solucións, por favor.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao ourensán Emilio Nogueira, presidente do Centro Partido de Carballiño de Bos Aires, unha entidade que ao longo dun século se ten caracterizado polo seu apoio e defensa dos emigrantes ourensáns na capital arxentina.
Baltar e Nogueira falaron do que supón para esta entidade celebrar, como fará o vindeiro ano 2018, os cen anos de existencia, "un labor que nos honra como ourensáns e defensores dos valores de sacrificio e solidariedade que supuxo a emigración galega en todo o mundo e sinaladamente en Arxentina, país irmán que acolleu no século pasado a milleiros de ourensáns", expresou Manuel Baltar.
O presidente do goberno provincial agradeceulle ao presidente do Centro Carballiño "o traballo que desenvolve a prol de seguir mantendo eses lazos de unión entre Ourense e Bos Aires a través da cultura, a historia e as tradicións da nosa terra, unha defensa do noso na diáspora que nos enche de orgullo e nos permite fortalecer a nosa identidade e continuar crecendo en Ourensanía, como pobo integrador e plural que somos no mundo".

As XOCIVIGA 2017 botarán a andar este domingo, cunha xornada prólogo dedicada ao centenario do nacemento do actor Fernando Rey, que terá como protagonista a proxección na Praza Maior do película El bosque animado, coa presencia do director José Luis Cuerda. Precisamente, Cuerda escibiu un texto sobre o actor nado na Coruña, que foi coprotagonista desta película, e que se inclúe no libro-programa das Xociviga, que foi presentado hoxe polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.
Trátase dun dos mellores libro-programa da historia das Xociviga, pois contén textos de catorce directores, críticos e escritores, así como amplos reportaxes de El bosque animado, película da que se cumpren corenta anos da súa realización; das dúas exposicións (Retratos documentados. José Luis Abad, e Carlos Casares e o Cine) e dúas publicacións (libro-catálogo Retratos documentados. José Luis Abad, e Estrela e Eclipse de Mercedes Mariño, de Xosé Enrique Acuña); dos documentais, das longametraxes das sesión da noite e de cine infantil, das curtametraxes e das persoas galardoadas co XOCIVIGA DE HONRA e a INSIGNIA DE OURO.
Unha ampla e moi documentada información que lle otorga a este libro-programa o carácter de publicación de gran interese, e non só para cinéfilos, e que se distribuirá de xeito gratuito a partir de mañá.
A importancia destas XOCIVIGA 2017 ven dada pola calidade da programación, así como pola oferta complementaria de exposicións, publicacións e proxeccións ao aire libre, como El bosque animado e a película de animación Maimiño, que se proxectará a noite do xoves por xentileza da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Asemade, haberá un concerto de bandas sonoras a tarde dese xoves pola Banda Escola de Música da Limia.
De aí que entre outras autoridades, estas Xociviga contarán coa asistencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do director de AGADIC, Jacobo Sutil.
Dende a organización das Xociviga quérese agradecer o patrocinio da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de AGADIC, e da Deputación Provincial, así como de Miguel Anxo Fernández, de Xosé Manoel Rodríguez, de Suso Obenza, de Xosé Enrique Acuña, de José Luis Abad, Miguel Grandío, da Fundación Carlos Casares e doutros colaboradores sen cuxa dedicación non sería posible organizar un festival de tanto interese e cunhas publicacións sobresaíntes que trascenden o ámbito local e provincial para pasar a formar parte da historia da fotografía e da crítica cinematográfica galega.

Medio cento de persoas tiveron a oportunidade de coñecer parte dos segredos da parroquia de Xuvencos, na cal se asenta a capitalidade do propio municipio de Boborás.
Esta visita enmarcada na programación dos roteiros culturais, organizada polo Concello de Boborás e o Centro de Estudios Chamoso Lamas e financiada en gran parte pola Deputación de Ourense, é xa a octava cita para dar a coñecer os recursos naturais e patrimoniais do territorio boborense.
Tras este último roteiro, tanto as autoridades municipais, así como os propios membros do Centro de Estudios Chamoso coinciden ao resaltar o éxito e a boa participación xeral aos mesmos. Neste roteiroasistou a concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres, así como Xosé Luis Sobrado, Juanjo Álvarez, Jorge Lamas, Diego Reboredo e Adolfo Otero do Centro de Estudios Chamoso Lamas. Durante a visita de Xuvencos, o camiñantes puideron coñecer os encantos dun bosque autóctono conformado na súa maioría por castiñeiros, algún deles centenario, e aprenderon sobre as características deste tipo de plantación que ademais de ser un perfecto cortalume natural, tamén é un tipo de arboreda de coidado fácil.
Tralo paso polo bosque os asistentes chegaron a igrexa románica do século XIII de Santa María de Xuvencos. Trátase dun conxunto espectacular conformado non só polo templo senón tamén polo cruceiro do bispo único na comarca, que deixa ver o expoñente esplendor desta parroquia que tamén foi cabeza do arciprestado das Terras do Orcellón.
Nese lugar Xosé Luis Sobrado explicou sobre as dúas familias máis relevantes desta parroquia, as cales marcaron o rumbo económico do lugar. Unha delas era a de don Etelvino Viéitez, quen foi o que edificou o Pazo de Almuzara e o promotor do paso do tren por esta parroquia, dado que o trazado orixinal era polo concello de Cea.
Este feito debeuse a súa gran amizade con Calvo Sotelo, ministro de facenda daquel tempo, ademais de Alfonso XIII que mesmo pernoctou no Pazo de Almuzara. A outra familia importante eran os Munín, ou tamén coñecidos por “Caldeireiros”, oriundos de Asturias que chegan a Xuvencos para vender potes e caldeiros a mediados do século XIX, tempo no que tamén se asentaron na subasta do viño procedente do Ribeiro. Esta estirpe que emigrou a Manzanillo, Cuba, chegou a facer unha grande fortuna sendo os donos e señores de buques, do peirao do lugar, azucreiras...e fixan a súa residencia na que agora é a casa do Concello de Boborás e o Centro de Saúde.
Este edificio, foi vendido no seu día a PerfectinoVieitez que logo mercou o Concello polo prezo simbólico de 57.000 ptas nos anos 40. Dentro do templo de Xuvencos, os participantes quedaron impresionados polo impoñente retablo do 1780 do altar maior feito por un mestre ebanista de Parada de Cameixa e pintado co tratamento do pan de ouro por un pintor da Xesteira.
Tamén coñeceron os detalles sobre a construción da bóveda no altar principal feita polas Munín, así como a reforma e cambio de altura da zona do campanario feita tamén pola mesma familia, todo elo en 1869. Unha das capelas posteriores foi feita segundo un documento por unha familia de Sande, os “Taboadas” entorno a 1800.
Dentro do templo, conservase o chan orixinal, formado por lousas de pedra en forma de tumbas pero coa peculiaridade de que os enterramentos eran en vertical. No interior como ven sendo habitual, Juanjo Álvarez fixo sonar o canto gregoriano e adicouselle un minuto de silenzo en lembranza das vítimas do accidente do Alvia que hoxe cumpre catro anos. Como anécdota Sobrado contou sobre un pleito entre o cura do lugar e PerfectinoViéitez, que propiciou como detalle que este último se enfadara e cando morreu se fora a soterrar ao Carballiño a pesares de ter a súa residencia e finar naAlmuzara, ademais de contar con panteón na igrexa de Xuvencos.
No exterior do templo vimos o panteón dos Munín, no que está soterrada toda a familia que viña de Cuba embalsamada. No último dos enterros desta familia descubriuse un panteón subterráneo totalmente baleiro por debaixo do que se encontra en superficie. Ademais tamén se falou do mantemento das tradicións deste lugar como a famosa Danza de Xuvencos, que se escenifica cada 4 anos, e a xa perdida costume da bendición das varas para a protección do gando. Continuando o camiño o arqueólogo, Jorge Lamas, falou do camiño real no entorno do túnel que comunica co Penedo e do que ainda se conservan partes. Era un sendeiro fundamental para o comercio do viño e outros produtos cara a Santiago e Pontevedra. Alí explicou sobre a aparición dun documento de 960 que fala da Casa Torre de Xuvencos, torre derruída coa Revolta Irmandiña.
O roteiro cultural de Xuvencos rematou no lugar do Penedo, no que vimos as edificacións e divisamos o impoñente Coto Molín para finalizar visitando os exteriores do Pazo de Almuzara, feito entre finais do século XIX e comezos do XX, hoxe destinado a turismo rural e salón de eventos xunto co Barazal.
O Concello de Boborás e o Centro de Estudios Chamoso Lamas empraza a tódolos interesados a participar no vindeiro roteiro a celebrar o 6 de agosto en Pazos de Arenteiro.

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño acompañado da tamén gaiteira e cantante galega Mercedes Peón ofrecerá un concerto no carballiño o mércores dia 9 de Agosto.
Dous dias despóis, o venres dia 11 de Agosto actuará o mítico grupo "La Uníon", un dos grupos máis recoñecidos da historia do pop español dos últimos 30 anos.
Ademáis, e dentro da mesma programación musical da Festa do Pulpo, terémos unha nova edición do "Ciclo de Músicas de Sofá", que os dias 4 e 5 de agosto ofrecerá cinco concertos de estilos tan variados como jazz ou reggae, unha actividade promovida pola Asociación Cultural "Os Serandeiros"
Tamén destacan na programación musical da Festa do Pulpo o Festival de Habaneras que organiza o Orfeón, celebraráse o sábado dia 5 de Agosto ás 20:30 horas no auditorio municipal, asi como as Xornadas de Folclóre que trae cada ano a O Carballiño a Deputación de Ourense.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 518
- 519
- 520
- 521
- 522
- 523
- 524
- 525
- 526
- …
- seguinte ›
- última »