20, Maio 2017

Como ben dí a denuncia do día 18 de maio, a partires do 11 de xuño os servizos ferroviarios en Galicia reestructúranse, e esa debería de ser a única información que se debería de deixar como certa de toda esa nota.
Efectivamente nesa data algunhs trens terán outros horarios e algún manterán os que xa teñen, de ahí que, so aparezcan na páxina oficial de Renfe aqueles que non van a sufrir cambios xa de forma fixa, para que así a xente poida facer reservas se fose preciso sobre o mesmo. Do resto de trenes en aproximadamente 10 días terán xa colgados nas páxinas oficiais de renfe  os horarios definitivos dos trens que faltan que incluso chegado o caso e en función doutras liñas poderían ata ser os mesmo. Por certo nese mesmo momento, tamén se saberá a hora definitiva do tren da primeira hora que cambiará para poder enlazar con outras saídas dende Ourense.
Esto infórmase dende fontes oficiais de Renfe ao Grupo Popular do Carballiño, e que nos trasladámosllo a vostedes para que non cunda unha falsa alarma sobre este servizo fundamental para o noso pobo e a nosa comarca.

19, Maio 2017

"A Roda Xira 40 Aniversario" é o concerto que nos ofrece o mítico grupo galego  este sábado dia 20 de Maio ás 20:30 horas no Auditorio do Carballiño.

Un repaso pola discografía do grupo e os seus 40 anos de historia. As entradas, en venda anticipada poden adquirirse no Aparthotel Arenteiro, A Fuchela e Cafetería O Fiadeiro, ao prezo de 10 euros, 12 euros en taquilla.

No campo da festa de Mandrás, no concello de San Cristovo de Cea, e dende as nove da noite en adiante, tamén neste mesmo sábado 21 de Maio celébrase o "3ª Serán de Mandrás", unha cita para os amantes da música máis tradicional, con actuacións de pandereiteiras, gaiteiros e a actuación estelar do "Rancho Folclórico e Etnográfico de Entre Ambos Os Rios" de Portugal.  Tamén temos convite á "3ª festa da tortilla de Mandrás".

Na vila de Dacón, esta fin de semana ambiente pre-festivo, prólogo aos dias grandes da Santa Rita 2017, lúns 22 e martes 23 nos que actuarán en Dacón as grandes orquestras "El Combo Dominicano" e "Panorama".

Antes, sábado e domingo, sucederánse as actividades, con concentracións moteira e cabalar, ruta de Quads, festa infantil e 2ª xuntanxa-cea popular na noite do sábado, tamén co pregón desta Santa Rita 2017 que estará ao cargo dun dos xamonerios maís veteranos, José antonio Prado "O Farruquiño".

18, Maio 2017

A partires do 11 de xuño os servizos ferroviarios en galicia reestructuranse e no carballiño a priori perdemos trens. Entre Carballiño-Ourense pasaremos dos 3 actuais a 1 único servizo (as 15:10) e entre Ourense-Carballiño pasaremos de 3 a 2 (as 14:36 e as 19:55). O servizo Carballiño-Santiago desaparece. Isto non se pode consentir e hai que presionar ao ADIF, REnfe, Fomento e a Xunta para que non nos quiten servizos.

17, Maio 2017

Dende hai xa bastante tempo nos días que fai bastante calor nótase na rúa principal un forte e desagradable cheiro, que creo que procede dos sumidoiros que se atopan ao longo desta especialmente na rúa Tomás Mª Mosquera polo que creo máis que convinte que éstes se deberían limpar con auga a presión para erradicar estes malos olores agora que o verán está á volta da esquina evitando, deste xeito, que os/as veciños/as do Carballiño teñamos que seguir aturando estes cheiros e que os turistas que acudan a nosa vila se leven unha mala impresión do noso pobo por culpa duns sumidoiros que dende fai bastante tempo que non se limpan e nos que se acumula todo tipo de lixo e sustancias en descomposición que por causa das altas temperaturas provocan estes fétidos e apestosos olores.

 

16, Maio 2017

A Guardia Real realizará este xoves, 18 de maio, ás 6 da tarde, unha exhibición con pasarrúas de movementos floreados pola rúa Curros Enríquez, e a sección de motos Harley Davidson na Praza do Emigrante.

A Guardia Real, que durante estes días estará aloxada na Residencia do Tempo Libre do Carballiño, efectúa diversas actividades na provincia con motivo de cumprir 500 anos de historia.

16, Maio 2017

Quixera aclarar un pouco o que o venres o noso compañeiro e portavoz de Av-son  Bernardo García tivo a ben explicar no programa a tertulia da cope, e que parece ser que ou ben nos se entendeu ou as aclaracións feitas por el despois do pleno celebrado o dia anterior non foron suficientes para algunha parte da veciñanza do Carballiño. Son Manuel Nogueira co-voceiro de en Marea comarcal e integrante e compañeiro de Av-son. Primeiramente a moción que presentamos o xoves no pleno sobre a laicidade do concello non ten como obxeto discriminar unha ou outra relixión e moito menos a xente que a practica. A nosa moción defende unha idea que ven recollida na constitución española no artigo 16 e que defende a liberdade ideolóxica, relixiosa e  de culto da xente e das comunidades sen máis limitación nas súas manifestacións que as necesarias para manter a orde público protexido pola lei. Partindo desto parecenos moi normal que haxa e se dea unha diferenciación de poderes. E para que sirva de exemplo: que o alcalde a título individual pode procesar a relixión que lle apetezca, pero cando fala no nome da veciñanza do Carballiño ou cando é invitado como autoridade a actos de índole ou culto relixioso a nos non nos parece adecuado que acuda a ditos actos como tal : o representante dunha institución pública. ese era a primeira proposta nosa. Que se desvincule o poder relixioso do poder administrativo-executivo das diferentes administracións, neste caso do concello do alcalde e os seus concellais. Repito a nivel persoal parécenos ben que cada un defenda o seu culto pero como representante dunha administraciónpública e como cargo público hai que manter un protocolo neutral. 

Con respeto o punto tres de dito artigo 16 : "ningunha confesión terá carácter estatal", o noso entender está claro o que defende e o que todas debemos defender. Unhas institucións totalmente laicas, e o decir laicas referímonos o non dar preferencia a uns cultos relixiosos frente a outros. Sen discriminacións. Non negamos que se hai unha visita dun arzobispo, dun papa, dun sanerdin, un saferdita o un imán (sexao caso que sexa) non se lle teña que dar audición...todo o contrario. O alcalde e o concello teñen que ter unha metalidade aberta a todalas relixións e cultos que respeten o ideal e a moral humana. Agora eso si o que pretendemos dende AV_son e en Marea comarca e que ese trato sexa neutral e de respeto hacia todos, sin dar preferencia a ningún culto nin a ningunha relixión e menos pondo a súa disposición edificios administrativos nin cargos que fefendan e practiquen dito culto.

A práctica dun culto relixioso é algo personal entendemos, algo de índole privado que no podemos que en pleno ano 2017 se repita o que se viña dando ata a época da transición: un favoritismo fronte o catolicismo rancio e corruptibel que fai que a nosa sociedade se estanque en canto a defensa da carta dos dereitos humanos, por que se a iglesia ten feito moito pola humanidade tamén é certo que os feitos máis aberrantes e as gerras máis sanguinarias teñen tido como intermediaría a santa sede.

Eso xa é outro tema, que non ven o caso nin interesa sacar aquí. Como dixen defendemos a pluralidade relixiosa, ideolóxica e de culto. Pero a hora de que as institucións, as AA.PP (administracións públicas) e os seus representantes actúan como tales deben acollerse o artigo 16.3 de aconfesionalidade de carácter estatal por parte das institucións. Eso é o que defendemos, e o que o noso portavoz presentou neste xoves na moción. Nin Bernardo da clases de liberdade relixiosa nin política nin nos parece que esta sexa unha moción para despreciar. O igual que o título da denuncia que veño a criticar con  título: politiquiños. Os tertulianos fan un traballo inmellorable, teñen as súas ideas e defendenas sempre dende o respeto e dende a pluralidade ideolóxica e o respeto a democracia. Fan moi ben a súa labor, o igual que a maioría dos políticos do noso pais (ollo!!!non todos...) Que sería de nos sen un orde político?? Unha dictadura??Unha anarquía?? Que defendemos logo?? A esto é o que temos que contestar de maneira sinxela antes de criticar a quen de maneira desinteresada e altruista defende certos intereses e os argumenta dunha maneira educada e con criterio. Gracias a todos e todas polo voso apoio e participación.

         Manuel Nogueira co-voceiro de en Marea comarcal e integrante de Alternativa Veciñal de O Carballiño

15, Maio 2017

Soamente quixera facer un chamamento pra saber cando tamén nos van cambiar as bombillas das farolas que alumbren en blanco na Avenida do Balneario...ou hai descriminación según as zonas e solo se poñen no centro?  Nada máis. Moitas gracias e a ver si fora posible a corto plazo.

13, Maio 2017

A entidade privada GESMEDICAL inaugurou este sábado un centro de día para maiores no Carballiño cun acto informal no que o centro abriu as súas portas para que calquera persoa interesada puidera coñecer as instalacións e os servizos que ofrece. Un acto aberto ao público no que participaron preto dun centenar de representantes da administración autonómica, provincial e local, de entidades sociais, de empresas da comarca, veciños e usuarios.

Durante o percorrido polas instalacións, a directora do centro, María Ochogavía explicou que “este centro nace co obxectivo de ofrecer un servizo demandado polos veciños da comarca do Carballiño – Ribeiro, xa que os centros de día máis próximos atópanse en localidades como Ourense, Lalín ou A Cañiza.”

Ochogavía insistiu en que este centro de día de GESMEDICAL “ofrece unha atención integral, individualizada e personalizada a persoas maiores con algún grado de dependencia física ou psicosocial co fin de mellorar ou manter o seu grado de autonomía; para o que contamos cun equipo de profesionais cualificados en psicoloxía, terapia ocupacional, traballo social, auxiliar de enfermería ou animación sociocultural, entre outros.”

Os usuarios, ademais dos servizos típicos de calquera centro de día como enfermería e a realización de actividades cognitivas, físicas e de rehabilitación ou terapia ocupacional individual ou colectiva, poden desfrutar de servicios coma perruquería, podoloxía ou nutrición e dietética que, “aínda que poidan parecer prescindibles, son fundamentais para o benestar dos maiores.”

O eixo de todo o que acontece neste centro de día é fomentar o envellecemento activo e que este se produza nas mellores condicións posíbeis, pero “non esquecemos e temos moi presente a importancia que os centros de día teñen para os familiares ou coidadores habituais. Por iso lles ofrecemos flexibilidade horaria e transporte adaptado.”

Dende GESMEDICAL búscase "axudar aos maiores, que os usuarios reciban unha atención personalizada e integral para mellorar a súa calidade de vida grazas a un servizo profesional e humano, pero tamén nun espazo no que poden compartir momentos con outras persoas maiores en similares circunstancias, e no que se sintan coma en familia; ao tempo que se facilita que os coidadores dispoñan dun tempo de respiro".

O centro conta cunha superficie de 1.500 metros cadrados e está preparado para dar servizo a un total de 55 usuarios; dispón dun módulo especial para a atención de 15 maiores con enfermidade de alzheimer.

13, Maio 2017

  A miña denuncia é para o alcalde de Boborás, levaba un tempo caladiño  e que ben estaba , pero a alegria dos pobres dura pouco. Permitese cuestionar a labor  de algún tertuliano, a do director da emisora, parece que duda do ferido en Pazos, él na linea de sempre.

Para rematar ven Bernardo dar leccions de libertade política e relixiosa, sen pensar que él tiña que ser o primeiro en facelo.  Os que non sabiamos o que eran os politiquiños que cando estaba na tertúlia falaba deles agora xa o sabemos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS