3, Maio 2017

“A empresa de fabricación de torres eólicas GRI, ubicada no parque empresarial do Carballiño, continuará desenvolvendo a súa actividade con total normalidade, sen que estea previsto a súa venda”, así o manifestaron o xerente da fábrica, Cándido González, e o director de recursos humanos, José Antonio Álvarez, durante unha reunión que mantiveron no concello co alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, para desmentir a noticia da venda da sección eólica de Gestamp a unha compañía multinacional, según se publicou por diversos medios de comunicación recentemente.

Polo tanto, confirmaron a continuidade da pranta e a permanencia dos 350 traballadores que ten actualmente.

Na reunión, os responsables de GRI informaron ás autoridades municipais que esta noticia debeuse a unha mala interpretación doutra noticia sobre a venda de parte dos parques eólicos da compañía, pero que non afectaba en absoluto ás prantas de fabricación dos aeroxeradores, como é o caso desta do Carballiño.

En realidade, a noticia orixinal do períódico económico Expansión informaba de que “La familia Riberas, principal accionista de Gestamp Automoción (GEST.MC), está negociando la venta de su negocio eólico por mercados o paquetes de activos y para ello ha contratado a Bank of America, en una operación que podría alcanzar un importe máximo de 2.000 millones de euros incluyendo deuda”. Sen embargo, obviouse que se refería aos parques eólicos e non ás prantas de producción. A finais do pasado ano a filial eólica contaba con cerca de 1.000 megavatios instalados ou en construcción.

Tanto Francisco Fumega como Adolfo Nogueira agradeceron a información facilitada polos responsables de GRI e amosaron a súa satisfacción por comprobar de primeira man a continuidade da pranta, que supón unha das fontes de emprego máis importantes para O Carballiño e a comarca.

Nun primeiro momento, a noticia da venda do negocio eólico de Gestamp provocou unha certa inquedanza no concello, xa que podía afectar á factoría ubicada no Carballiño, e por iso as autoridades municipais pediron unha reunión cos responsables da pranta. Sen embargo, tras a reunión de hoxe volve a tranquilidade, pois a información transmitida polos responsables de GRI non deixa lugar a dúbidas sobre a súa continuidade. Neste senso, o xerente Cándido González amosou o seu convencemento de que a permanencia de pranta no parque empresarial carballiñés ía ser por moito tempo.

3, Maio 2017

Faime gracia que este anónimo que ven co título de democracia plural chame anónimo ó resto. Mire anónimo de democracia plural, leccións de democracia as xustiñas. É unha perogrullada preguntar se un bipartito ou tripartito é malo. Claro que non é malo. O malo é non recoñecer que se fai de bipartito. O malo é dicir que se está a remunicipalizar servizos e se fai bipartito con quen quere seguir privatizándoos. E comentarios maliciosos os seus, que baixo o título de democracia plural fai un absurdo comentario no que se ve as claras que vostede non entende ben o que é democracia plural. Precisamente é democracia plural a pluralidade de ideas, e unha das ventaxas da democracia plural é confrontalas. A diferencia entre vostede e eu, e que eu estou encantada de que vostede exprese as súas opinións. Pero procure cando as expresa, que non sexa tan patente o seu paupérrimo entendimento do que é a democracia.

3, Maio 2017

Vaia por diante todo o respecto por calquera formación política e polos compoñentes das mesmas. Pero o respecto non está reñido coa crítica. E a actitude de Alternativa Veciñal en Marea ten que ser sometida á crítica   por unha carencia absoluta de coherencia. Nestes tempos é máis necesario ca nunca cando falamos de xestionar recursos públicos: Competencia, integridade e coherencia.

AV en Marea estivo moi acertada no cumplimento da normativa das terrazas. Pero a partir de aquí entrou en barrena no que atinxe á coherencia política. Cando AV en Marea fai de bisagra na aprobación dos orzamentos pon dúas condicións: A remunicipalicación de servizos públicos e unha reivindicación persoal do seu voceiro, o das aceras.

Sin querer criticar o tema das aceras, que como calquera pode entender é moi susceptible de crítica, entremos no tema da remunicipalicación dos servizos públicos. Cando Fumega e Bernardo dan unha rolda de prensa para explicar o seu pacto orzamentario, o propio Bernardo recoñece como bastante malos estes orzamentos. Entón a coherencia política de aprobalos soamente pode ser xustificada pola iniciativa de remunicipalización ou as reivindicacións persoais.

O tema da remunicipalización pasa a un segundo plano cando o PSdeG pola porta traseira xestiona a continuidade da empresa de recadación. AV en Marea volve a estar acertado denunciando que esto debe ser aprobado en Pleno como sinala a Lei. E desde este momento AV en Marea perde toda coherencia cando despois de esto Bernardo e Fumega volven a facer unha pinza política e comparecen xuntos para alardear da xestión dos recursos públicos.

AV en Marea ten a obriga, por coherencia, de explicar con claridade qué vai pasar coa empresa de recadación. Ten que especificar a ruta de remunicipalicación, cousa que non fixo. Se a descoñece porque é cautiva das circunstancias, está facendo algo que se paga caro en política, está facendo o canelo.

Eso de decir que AV en Marea non está sometido a xerarquía é como decir que é un caixón de sastre e que cada un pode expoñer a idea que lle veña a cabeza, pero unha cousa moi diferente é levala a bo fin.

Xa que se trata de aclarar termos, hai que decir que toda Administración Pública ten que servir con obxectividade aos intereses xerais de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, desconcentración, descentralización, e pleno semitimento a Lei e o Dereito (é un artigo da Constitución española), Ben é certo que AV en Marea non ten por qué seguir o principio de xerarquía o non tratarse dunha Admiistración Pública, pero nas suas tarefas de goberno sí que ten que seguir o principio de xerarquía porque cando goberna faino como Administración Pública.

E con respecto a non depender de bancos, ese é un latiguillo moi ideolóxico. Ningún dos partidos locais dependen dos bancos. Nin o propio PSdeG co que AV en Marea fai bisagra, ten dependencia cos bancos.

3, Maio 2017

 Sr.Sra Anonymus  opina por este foro de xeito malicioso.Non hai ningún pacto segredo.Alternativa Veciñal-En Marea ,confluencia de distintos correntes cidadáns que o único que lle importa é o ben común , sen obediencia partidaria algunha , fai todo via pleno, ou sexa con transparencia.Votouse a favor dos orzamentos en base a dar cumplimento a acordos plenarios(recadación , medios publicos de comunicación, obras concretas..), tan democrático como votar en contra . En democracia fánse acordos entre partidos , é o normal.No caso de Alternativa Veciñal sempre se vota a favor de quen propoña algo que consideramos positivo pra os veciños.Hoxe no Congreso dos Diputados estanse a facer acordos entre os partidos pra sacar adiante os orzamentos.É malo un bipartito ou tripartito per se?Os peores gobernos foron sempre os de unha soa cor.Exemplos sobran. En canto á marcha da recuperación pra xestión municipal ds servizo de recadación, estamos nelo e poden participar todos os grupos se o consideran.

2, Maio 2017

Un saudo a todas e todos os que seguides dunha maneira máis ou menos directa a política municipal e os entresixos que se veñen dando.Son Manuel Nogueira, covoceiro de En Marea Comarcal e integrante de Alternativa Veciñal do Carballiño. Escribo estas liñas coa única intención de aclarar as iniciativas que se teñen presentado como mocións e que moi xustamente e cunha labor fora de todo lugar defende o noso voceiro municipal, Bernardo García. O primeiro aclarar que nin Alternativa Veciñal, nin en Marea comarcas do Carballiño son solo Bernardo e a súa opinión como moitos pensan. Tanto AV como en Marea comarcal está formado por máis xente que nos reunimos en asambleas abertas a veciñanza e na que todas e todos poden participar e que convocamos semanalmente. O que se aproba en ditas asambleas é o que despois de depurar e levar a términos un pouco máis técnicos, o noso voceiro o sr. García presenta nos plenos como mocións. Nada máis sinxelo que eso. É decir, nin él presenta mocións que non aprobemos nas asambleas nin se presentan temas de índole persoal. Segundamente gustariame recordarlle tanto a entendidos como a iniciados nesto da política que AV naceu como unha xuntanza de veciños que non estaban nin están de acordo co que se está dando no ámbito da política municipal deste concello, que co reforzo institucional de en Marea fai que os intereses da veciñanza se vexan reflectados tanto no que defendemos a nivel municipal como a nivel autonómico. Non obedecemos a ningunha clase xeralquica nin temos que dar contas a bancos nin a empresas. So a veciñanza que son quenes nos respaldan e os que defendemos e representamos moi gostosamente.Terceiro: as iniciativas e mocións que presenta AV e en Marea so buscan mellorar os servicios para os /as habitantes e veciños/as do Carballiño e abaratar os custes dos mesmos, e decir REMUNICIPALIZAR. Nada de privatizacións nin cesións a empresas terceiras que en vez de buscar o ben común so buscan sacar beneficios para eles mesmos. Por cuarto e xa por último: representamos e defendemos toda iniciativa que sexa beneficiosa para o Carballiño e para a súa veciñanza. Danos igual quen nola propoña. Se é bo para o Carballiño e para a súa xente, pola nosa parte vai ter todo o noso respaldo e aprobación. Esa é a folla de ruta e os ideais que defenden tanto Alternativa Veciñal como En Marea comarca do Carballiño. Defender os intereses da xente e loitar polos seus dereitos e por mellorar os servicios que as administracións públicas lles poden prestar e que pagamos cos cartos de todas nos. Criticar por criticar como fan algúns pode valer para facer fume. Agora, que nos seguiremos a traballar deste xeito: QUE NINGUEN O POÑA EN DUDA.

Manuel Nogueira, covoceiro de en Marea comarcal e integrante de Alternativa Veciñal.

2, Maio 2017

O accidente rexistrouse este martes na estrada N-541 á altura da localidade de Listanco, no municipio de Maside.

O camión envorcou e logo incendiouse, o lume propagouse a unha vivenda. Ardeu a cabeza tractora do vehículo e unha palleira anexa á vivenda.

Según os datos facilitados ao 112, ninguén resultou ferido, e o conductor do camión saíu polo seu propio pé, e non había xente dentro da casa.

Varios particulares alertaron ao CAE 122 do ocurrido a primeira hora da tarde.

Nun primeiro momento, os veciños intentaron apagar o lume do camíón con mangueiras. decontado, o Centro de Atención ás Emerxencias informaba do suceso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil do Carballiño e á Garda Civil. Finalmente, o lume quedou extenguido, evitando que se extendese ás vivendas.

2, Maio 2017

O Partido Popular culpa ao concelleiro de cultura Diego Fernández porque "o concello do Carballiño non está entre os benefiados simplemente por non telo solicitado unha subvención que podería ser dunhos 2.000 euros" para a adquisición de libros en galego.

Aseguran dende o grupo popular que "este concelleiro acumula unha falta de recursos nun ano entorno aos 10.000 euros para a biblioteca".

Pregúntanse, ademáis, "qué máis necesita o señor Alcalde para tomar decisións ao respecto sobre a xestion de Diego Fernández Nogueira como concelleiro de cultura", e advieten que "no caso de que non se produza movemento algún por parte da alcaldía, procederémos á presentación dunha moción ante o pleno da corporación neste senso".

Pola súa parte, o concello do Carballiño -tamén a través dun comunicado- rexeita as críticas e afirma que "a biblioteca municipal ten cubertas actualemtne as necesidades de novidades editorias".

 

Para ver tanto o comunicado do Partido Popular como do concello prema nos arquivos adxuntos:

1, Maio 2017

Con respecto ao do bipartito carballiñés e a persoa que dí que non ten esa percepción. Pode que sexa un tripartito entón: O PsdeG, Alternativa veciñal (a cara que representa estar cos veciños) e En Marea (a cara ideolóxica) que unhas veces sube e outras baixa según os intereses.

O certo é que despois de ese teatrillo de ameazar cos tribunales polo das terrazas (e vello latiguillo de estudiaremos accións legais e bla, bla, bla...) Fumega e Bernardo diron unha rolda de prensa conxunta que sellou ese matrimonio de conveniencia, na que se daba luz verde a unhos orzamentos viciados.

Bernardo recoñecía que estes orzamentos eran un desastre (por poñer un exemplo decía que eran miserables nas dotacións en cultura). Este matrimonio de conveniencia tivo curto percorrido.

O PsdeG foi infiel as primeiras de cambio. Pola porta traseira estaban xestionando a continuidade da empresa de recadación (ten máis peso un matrimonio real que un de conveniencia). Bernardo volveu ameazar con accións legais, pero xa se sabe, can ladrador pouco mordedor. E a verdade é que nada se sabe de qué vai pasar co servizo de racadación, e penso que é o interese deste bipartito de facto, que nada se saiba. 

E o bipartito volve á carga, cando Bernardo e Fumega, Fumega e Bernardo, comparecen xuntos e no seu nome para colgarse medallas dos cartos de todos.

1, Maio 2017

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo ven de presentar unha moción para recuperar a feira do Tellado.

Expón Iago Fariñas:

Que pouco a pouco O Irixo vai perdendo recursos, servizos e o seu patrimonio material e inmaterial ante a pasividade do Grupo de Goberno, como xa vimos advertindo dende fai tempo.

Que no Irixo,en tempos, recordan aínda a maioria dos veciños e veciñas que se desfrutaba dunha feira baixo a sombra da carballeira do Tellado na parroquia de San Cosme os días 2 e 17 de cada mes.

Que a feira do Tellado chegou a competir ca feira incluso do Carballiño afirmando aínda algúns veciños que era mellor e de máis sona.

Que incluso o campo do Tellado e a súa feira chegarona ter históricamente os seus propios pendellos de pedra,empregados polos feirantes para resgardarse, gardar as cabalerías ou o gando, comer e facer as vendas e as compras, algunhas destas construcións de pedra poderían datar do século XVIII.

Que por desgracia pola pouca sensibilidade e visión de futuro e respecto polo patrimonio na actualidade non existen estas edificacións a diferencia do que pasa noutros concellos como o de Agolada, onde os seus pendellos foron declarados conxunto histórico-artístico en 1985, e en 1990 a Xunta de Galicia e o concello puxeron en marcha un proxecto para limpar e restaurar algúns deles, mágoa que no Irixo se preferise destruílos e facelos desaparecer como outras tantas mostras do noso patrimonio que por desgracia van esmorecendo e desaparecendo por todo o Concello ante a pasividade dun goberno acabado e sen capacidade nin ganas de defender o patrimonio e o futuro do mesmo nin do Irixo.

Que non hai escusas para dicir que non hai veciños e veciñas nin xentes para que O Irixo conservara a súa feira do Tellado, e as mostras témolas ben preto, no Concello veciño de Castro Dozón, na Gouxa, existe unha pequena feira que resiste en contraposición ca do Irixo, e que é foco de reunión e socialización de tódolos veciños e veciñas da contorna, tamén de moitos veciños e veciñas do Irixo que en ocasións a visitan para comprar algunha cousa ou simplemente dar un paseo ou compartir un prato de polbo, carne ó caldeiro e unha conversa con amigos e veciños.

Que a feira do Tellado, como outras moitas cousas, desapareceu e dende o goberno municipal non se fixo nin se fai nada por tentar recuperar esta feira aínda que so sexa como un evento de reunión e socialización dos nosos veciños e veciñas, onde ademáis co apoio adecuado e impulso poderíase, en pequena escala, dotar de compra venta de diversas mercadorías e incluso do rianxo dalgúns veciños e veciñas así como produtos do Irixo pero sobre todo un lugar de reunión e socialización entre veciños e veciñas do Irixo e da nosa contorna.

Que dende logo, non cabe dúbida, que O Irixo non debería ser menos que Castro Dozón, e O tellado non debería ser menos ca Gouxa, e dende logo o que non admite discusión é que a carballeira do Tellado, a pesar dos pesares, é moito mellor lugar e espazo para acoller unha feira que o son outros recintos de feiras cercanas.

Que o Tellado e a que fora a súa feira, so precisan o apoio e aposta decidida dun goberno que queira traballar e molestarse por recuperar o noso patrimonio e darlle vida a un pobo e a unha feira que nunca se debeu deixar perder como tampouco se deberán nunca perder os seus pendellos xa esquecidos.

Que dito todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presentou para a súa consideración e, dado a importancia de recuperar o noso patrimonio tanto material como inmaterial para desfrute dos veciños e veciñas do Irixo, insta ó Pleno municipal á adopción dos seguintes ACORDOS:

1º.- Que o Concello de O Irixo elabore un plan de recuperación e posta en marcha da feira do Tellado dispoñendo dos medios necesarios de planificación e promoción necesarios para elo.

2º.- Que o Concello de O Irixo poña en marcha a feira do Tellado no presente verán aproveitando esta época do ano na que residen máis veciños no Concello polas súas vacacións.

30, Abril 2017

O bipartito carballiñés?

Non o vexo por ningures

Se o comentario anterior se refire a Alternativa Veciñal... Pois como veciña non percibo eso é máis cabe recordar que aínda non fai 3 meses que o Sr. Bernardo García ameazou con acudir aos tribunais para denunciar ao Alcalde e Concelleiro de Tráfico polo asunto das terrazas.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS