
A Garda Civil levou presos a tres veciños do Carballiño, de 43, 30 e 34 anos de idade respectivamente, como presuntos autores de varios roubos rexistrados na Comarca do Carballiño no transcurso dos últimos meses.
Concretamente, a Garda Civil impútalles dous roubos en interior de vehículos e sete roubos en vivendas, dos que se recuperaon varios efectos que foran sustraídos.
Ademáis, tamén se lle atribúe o roubo cometido na noite deste pasado dia 23 de Marzo na igrexa parroquial de Arcos, neste caso a Garda Civil recuperou a totalidade dos efectos roubados.
Dixémolo en decembro.
Xa o dixemos tamén a principio de Marzo.
E agora, a mediados de Marzo temos que voltar a falar do mesmo, máis agora cunha nova sentenza que vai no senso xa pronosticado polo Grupo municipal do Partido Popular, de que o monitor de tenis podería conquerir a indifinición ou nulidade do seu despido.
O pasado día 6 de marzo dende o Partido Popular presentamos unha serie de preguntas sobre esta cuestión, que como outras moitas, quedan sen contestar por parte do Goberno municipal. Pedíamos daquela, informe de secretaria sobre o derradeiro contrato que facilitóu o traballo continuado deste monitor así como copia de sentencias que fosen saíndo.
Agora o Concello conta cunha sentenza que fala de NULIDADE DE DESPIDO POR PERDA DE DEREITO FUNDAMENTAL DE GARANTÍA DE INDEMNIDADE, polo que este traballador pasa a ser traballador do Concello de forma definitiva e na condición de indefinido.
No ámbito das relacions laborais, a garantía de indemnidade se traduce na imposibilidade de adoptar medidas de represalia derivadas das actuacions do traballador encamiñadas a obter xudicial ou extraxudicialmente a tutela dos seus dereitos.
Entrando na sentenza, se di, entre outras cousas:
Que se debe estimar a demanda de despido nulo, pois acreditouse a vulneración da garantía de indemnidade, e a actitude represiva por parte do Concello, pois consta acreditado documentalmente que o demandante interpón a reclamación previa, en data
7/11/16 e o 22/12/16 se lle comunica por parte do Concello do Carballiño que en data do 31/12/16 quedará rescindida a todos os efectos a súa relación co concello, sen que a maiores conste causa maior para a extinción da relación laboral, incurrindo o Concello en fraude procesal, posto que extingue o contrato, permanece sen traballar durante 15 días, e transcurrridos estos se formaliza un contrato con outra empresa, a entidade MAIS ESCOLA XXI, ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS E DE OCIO SC, que depende do Concello do Carballiño, cunha duración dende o 14/1/17 hasta ó 28/2/17, contrato que queda comprobado que é para atender aos mesmos alumnos , coas mesmas tarefas que viña facendo, e na mesma xornada laboral e horarios, e ademáis aos alumnos non se lles avisóu dende a empresa que contratóu ao demandado , senón que foi por medio de chamada telefónica dende o Concello.
En Consecuencia, queda acreditado que se despediu, contratándolo de novo 15 días despois para realizar prácticamente o mesmo, aproveitando o subterfuxo da contratación a través dunha empresa do Concello, é evidente que non existe causa para o cese, producido por unha clara represaría (transcurriron escasos días entre a reclamación previa efectuada e o cese), sendo o certo que a relación laboral segue igual, por todo elo se estima acreditaddo, acudindo asimesmo ás presuncions previstas na LEC, que foi ante reclamación do traballador, cando o Concello reacciona dándolle a baixa sen causa xustificada, todo elo en vulneración de dereitos fundamentais.
Queremos saber neste caso que foi o que incitou ao concelleiro de Deportes a tomar todas estas decisión equivocadas e que unha vez encadenadas leva a nulidade do despido, se foi por revanchismo, se foi por estar mal asesorado, ou foi por un arrebato do momento. Claramente primeiro se toma unha mala decisión, despedindo a quen xa presentara reclamación previa, logo amenázase públicamente de que non podería traballar no Concello antes de esperar sentenza algunha e logo para máis inre fai todo o contrario facilitando oa demandado o mesmo traballo que viña facendo por medio dunha empresa externa e que claramente se puxo a disposición das conveniencias do Concello.
Para o Partido Popular produxose un abuso de poder por parte dalgún responsable municipal, pendente de saber si por parte do Concelleiro de Deportes, do Concelleiro de persoal ou o mais probable de ámbolos dous xuntos, no que se podería chamar “CHAPUZA TRANSVERSAL”, unha mais en materia de persoal, que nos está a costar a todos os vecinos e veciñas do Carballiño, moitos cartos.

O padrón municipal do concello do Carballiño rexistra neste momento 14.036 habitantes, o que supón recuperar a barreira dos 14.000 habitantes, que se perdeu hai dous anos, no 2014. Este dato, non obstante, non será oficial ate final deste ano cando se conte co aval do Instituto Nacional de Estadística, tras cruzar os datos de ambas administracións. O 31 de marzo quedará pechado o padrón municipal do 2016, pero o definitivo non será aprobado e publicado ate o 1.1.2017.
Constantemente prodúcense baixas e altas no empadronamento debido a múltiples circunstancias, polo que o reconto final interprétase dun modo diferente dende a administración local e a estatal. De feito, entre os datos municipais e nacionais pode haber unha variación de ata 30 ou 40 persoas. O segmento de poboación que máis sole fluctuar é o de extranxeiros, pero tamén acontece con residentes doutros lugares da comarca, de Galicia e nacionais.
En todo caso, a día de hoxe, no concello do Carballiño hai máis de 14.000 persoas empadronadas, e este é un dato que non se producía dende había dous anos, cando se acadou oficialmente un padrón de 13.999 persoas, e no seguinte, cando estaban empadronadas 13.913 persoas.
Cos datos oficiais, o padrón de habitantes do Carballiño con data do 1 de xaneiro do 2007 era de 13.983 persoas. Ao ano seguinte, pasou a 14.114, e a partir de aí foi medrando ata acadar 14.335 habitantes con data do 1 de xaneiro do 2013. O empadronamento con data do 1 de xaneiro do 2014 caeu ate as 14.123 persoas. O padrón de 1 de xaneiro do 2014 foi de 13.999 persoas. E o último padrón publicado, o do 1 de xaneiro do 2015, acadou unha cifra de 13.913 persoas.
En relación a este último dato, de confirmarse a final de ano o incremento do empadronamento ate algo máis de 14.000 persoas, teríase subido sobre un centenar de personas.
Para o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, é un bo dato que pon de manifesto a mellora que está a experimentar O Carballiño en moitas vertientes, e que, nesta referida á poboación, permite augurar un futuro ascendente e de maior crecemento en todos os sentidos. De feito, según di Fumega, este dato pode asociarse co feito de que O Carballiño e a súa comarca figuren por segundo ano consecutivo no Observatorio Económico da Provincia, que elabora a Deputación de Ourense, como a zona de maior ocupación e creación de emprego despois da capital. O Carballiño, asegura o alcalde, é hoxe un pobo moi atractivo para vivir e para investir, e estase comprobando cada día máis.
O Partido Popular manifesta que "o goberno municipal do PSOE, por medio dunha couce do seu concelleiro Diego Fernández, dalle un duro golpe ao cine no Carballiño ao abandonar Cinemas de Galicia", un circuíto cinematográfico do que o concello carballiñés participaba dende o ano 2014.
O grupo popular pídelle ao concelleiro de cultura "que si existe forma de resolver a situación creada por el mesmo que o faga de inmediato, de non ser asi e por outras situacións caóticas que se irán coñecendo, farán que nos vexxamos obrigados a pedir a súa demisión nesta concellería e dende logo a que non cobre a dedicación que ten asignada". .
Para ver o comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:
Hay que aclarar que los convenios de colaboración social no pueden denominarse en ningún caso como una contratación laboral, no se encuadran dentro del ámbito del derecho del trabajo.
Si bien es cierto que se trata de una figura regulada en el Real Decreto 1445/1982, de 25 de junio, una numerosa cantidad de juristas de reconocido prestigio dudan de su legalidad.http://guiasjuridicas.wolterskluwer.es/Content/Documento.aspx?params=H4s...
Veamos cómo la aplican en la prática todos los concellos porque sí es cierto de que casi todos la aplican, pero estimo que recurrir a 21 personas es excesivo.
La condición para poder suscribir un convenio con cualquiera de las personas que van a realizar estos trabajos es que tiene que ser perceptora de una prestación, bien sea contributiva o no contributiva.
Suscribir un convenio con 21 personas es evitar realizar un contrato de trabajo con estas 21 personas, porque el Ayuntamiento solo va a pagar un complemento que viene fijado en la diferencia entre la citada prestación o subsidio por desempleo y el importe total de la base reguladora correspondiente a la prestación contributiva que estuviera percibiendo o que hubiera agotado antes de comenzar a percibir el subsidio; garantizándose, en todo caso, el 100 por 100 del salario mínimo interprofesional vigente en cada momento.
En la práctica los ayuntamientos pagan al trabajador la diferencia entre su prestación y el salario mínimo interprofesional, no formalizan contrato de trabajo, y a la seguridad social solo le pegan una parte proporcional. Y LO QUE ES MUY IMPORTANTE, LÓGICAMENTE POR NO SER UN CONTRATO DE TRABAJO, NO GENERA DERECHOS PARA EL PARO.
Y es radicalmente falso que el INEM sea el que organiza esta salvajada. Son los ayuntamientos los que solicitan esto al INEM, que no puede negarse al procedimiento por la existencia de este RD socialista y de dudosa legalidad. Y lo que hacen los ayuntamientos es teledirigir los planes de colaboración, de tal manera que el Inem les manda para entrevista a una serie de perfiles que encajan, y el ayuntamiento elige. Está bien que lo teledirigan porque es una putada para una persona que percibe una prestación por desempleo y está buscando trabajo, lo que no es fácil, que se vea obligada a ir a trabajar por algo que no le va a generar derechos para el paro, y esta persona no pueda buscar empleo porque tiene que estar realizando estos trabajos. Y cuando los acabe, se quede sin empleo que ya no tenía, y sin derechos por desempleo.
EN RESUMEN: MUY MAL RECURRIR A ESTA FIGURA DE MANERA TAN ABUSIVA

Los socialistas de Leiro, acabamos de introducir por Registro Municipal dos escritos, pidiendo al Alcalde por un lado, que debido a las quejas recibidas en nuestro Grupo Municipal de los vecinos de varias calles del Casco Urbano, en las que nos exponían los mismo, de que había y hay un montón de suciedad y en cambio en las calles mas céntricas del Pueblo se vienen limpiando casi todos los días, por lo que se sienten discriminados y como nos comentan ellos “pagan los impuestos y las tasas que el resto de vecinos” por eso se preguntan a que se debe tal discriminación por parte del Alcalde y su Grupo de Gobierno, por eso los socialistas vamos a insistir en que se tomen las medidas oportunas, para que se limpien todas las calles por igual, ya disponemos de cuatro personas para realizar este tipo de tareas.
Por otro lado también registramos otro escrito, pidiéndole al Alcalde que nos de una explicación con respecto a unos residuos de las obras que se están realizando en la calle Padre Eijan, ya que comprobamos en el día de ayer que fueron depositamos en un Parque Biosaludable, situado en el Campo de la Feria, mismo al lado de un Parque Infantil, pero lo mas grave es que fueron arrancados dos aparatos del Parque Biosaludable y dejaron uno y estos aparatos fueron pagados con dinero público, por eso y otro motivos le pedimos explicaciones al Alcalde de tal atropello en todos los niveles tanto medioambientales como de despilfarro de dinero publico.

Os establecementos hoteleiros do Carballiño elaboran unha oferta para esta Semana Santa, consistente en packs de aloxamento, manutención, servizos termais e visitas guiadas.
Para perfilar a campaña, que se dará a coñecer nos próximos días, representantes do sector hoteleiro e dos balnearios mantiveron unha reunión no concello co alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal.
O pack incluirá estancias de catro días, do Xoves Santo ao Domingo de Pascua, con tres pernoctacións (xoves, venres e sábado), programando unha serie de actividades de ocio e lecer, como servizos termais nos balnearios e visitas guiadas aos principais monumentos e lugares de interese do Carballiño.
A esta oferta sumarase o programa de actividades culturais que organiza o concello así como as procesións e actos religiosos e culturais previstos pola Cofradía da Veracruz. Ademáis, dase a circunstancia de que este ano a feira é o sábado, o que supón un aliciente máis para o turismo.
Durante eses días estará aberta a oficina municipal de Turismo da Alameda, dende onde se canalizarán as visitas guiadas e se ofrecerá información sobre as actividades e lugares de interese do Carballiño e da comarca para visitar.
Na reunión tamén se acordou que, unha vez pasada a Semana Santa, proseguirase coas iniciativas para promover o turismo e a ocupación hoteleira durante o resto da tempada de primavera e verán.
A este respecto cobra especial importancia a próxima apertura do novo balneario de As Caldas de Partovia, que supón un aliciente que engadir aos recursos turísticos cos que se conta. Nesta campaña participan a totalidade dos hoteis do Carballiño: Aparthotel Arenteiro, Derby, Esclavo, Lorenzo, A Cubana, Pituxo, Xardín e Lecer. Así como os dous balnearios, o novo das Caldas de Partovia, que para esas datas xa estará abierto, e o Gran Balneario do Carballiño.
Disque nun galpón de Maside andan moi nerviosos desque un galo que veu de fora está a escorrentar as galiňas.
Deixade que cante e que asome os espolóns por se fora macho ou femia. Mesmo se fora merlo branco que pie por se vai ser merdla. Maside adoece por escoitalo seu cacaraca. Se non pía ou cacarexa pode ser galiňa choca ou ter moito que calar...
Gran liorta pra tan pouco millo mais o ovo sen poňer. Maside non merca galiňas chocas non vos queren. E por moito que a galiňa altanera teňa infulas de galo non vos vai ser nada.
Son un asiduo do cineclube do Carballiño. Moi mal a decisión do Sr Concelleiro de Cultura de non respetar o horario pra esta actividade , que practicamente se desenrola no inverno.
Contraprogramar sen ter en conta a opinión da xente que desinteresadamente traballa pra traer bon cine ao Carballiño e do público que aisiste a estas funcións , é un acto , cando menos ,de prepotencia.
Que un día haxa algún evento trascendente que sexa estrictamente necesario celebralo no Auditorio , todos o entendemos .Mais non é xustificable que se pretenda reducir a unha vez ao mes.
Principalmente cando non hai outro espazo que ofrezca as caracteríscas do Auditorio en calidade de pantalla ,medios de emisión e butacas.Esperemos que o Sr. Concelleiro rectifique, do contrario teremos que movilizarnos.
Dende o ano 2010, no que se recuperou a actividade do Cine Club Carballiñocoapoio da responsable da Área de Cultura do concello do Carballiño, que facilitou en todo momento a utilización das instalacións do Auditorio municipal para as proxeccións regulares en venres, no Carballiño, e tamén en Ourense, RibadaviaouLalín, os amantes do cine saben que de setembro a primeiros de xuño, os venres no Carballiñohai cine. Esa regularidade é entendida polo actual equipo directivo do cine club como unha das claves para fidelizar ao público e facersostible a actividade. Evidentemente, en todos estes anos houboexcepcións, motivadas por diferentes eventos que puntualmente se foron celebrando no Auditorio. Comunicados con suficiente antelación (a programación do cine club péchase coas distribuidoras con ata 3 meses de antelación) e sempre de xeito dialogado para mirar de atoparunha alternativa para que esa semana en que o venresía haber outraactividade no auditorio a xente non quedara sen cine.
Esta situación de entendementovén de ser rachada de xeito unilateral por parte do responsable actual da Área de Cultura, Diego González. Fai un par de meses comunicóuselleao cine club por parte dos traballadoresdesta área que un dos venres de maioía estar ocupado por unhaactividade do Concello. Faiunha semana se llecomunicou que non un, senón 3 venresían ser ocupados polo concello. En ningún momento se prantexouunha alternativa nin se dialogou en busca dunha solución. Esta situación reduce a unha única película a programación do mes de maio do cine club e é interpretado polanosa parte como unha total falta de respecto tanto aonosotraballo como ao público que asiste ásproxeccións. Cremos ademáis que é froitodunhaactitude impositiva e equivocada, que confunde xestionar os recursos do concello (neste caso o auditorio) con telos á enteira disposición da súavontade. Froitotamén no fondo dunha ausencia de xestión e máis ben dunha improvisación constante e unha total falta de planificación, que provoca que para traer unhaactividade cultural ou lúdica ao Auditorio, hai que suprimir outraxa consolidada.
Ante o que consideramos unha falta de respecto e un desinterese por “aquelo que eles mesmos non organizan e controlan directamente”, o cine club tomou a decisión de non colaborar coconcellonasproxeccións cinematográficas de Cinemas de Galicia. Cremos que o actual concelleiro non ten ningún interese en que se leve a cabo, a pesar das súasvantaxosascondicións, xa que o AGADIC corre coa metade dos gastos da proxección das películas. Dende o Cine Club esperamos que isto non lle sirva de desculpaaoconcelleiro para renunciar a un proxecto que permitiu complementar a programación do cine club conseguindo que no Carballiño se poideran ver cerca de 50 películas ao ano nas últimas tempadas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 532
- 533
- 534
- 535
- 536
- 537
- 538
- 539
- 540
- …
- seguinte ›
- última »