
Un obradoiro de máscaras e o desfile e concurso de disfraces infantil, que se desenvolverán na Praza Maior, abrirán este sábado o ciclo do entroido no Carballiño, que se prolongará durante seis días ata o domingo de piñata, coa celebración da Festa da Cachucha.
O obradoiro de máscaras terá lugar de 11,30 a 13,30 h., e a festa infantil, con desfile, concurso de disfraces e animación do DJ Tibu, desenvolverase a partir das 16,30 h. Pola noite haberá concurso de disfraces e animación de entroido nos locais hostaleiros da vila.
O domingo é o día da murga con máis historia do Carballiño: Os Liborianos. Ofrecerán pasarrúas e interpretarán as súas tradicionais coplas do entroido a partir das 20,00 h., na Praza Maior.
Pero os días grandes do entroido no Carballiño serán o luns e o martes. O luns é día de feira e víspera de festivo, e haberá animación de rúa coa Charanga Mekánica, unha das mellores de Galicia, que combinará pasarrúas con microconcertos nas principais prazas da vila, a partir das 11,30 h. E pola noite terá lugar na Praza Maior unha das actuacións máis agardadas, a da orquestra espectáculo de Portugal Funçâo Públika, equiparable en montaxe e repertorio de efectos ás mellores orquestras de Galicia. Esta gran orquestra animará o baile de disfraces a partir das 11 da noite.
O martes é festivo. A día de hoxe hai xa preto de mil persoas apuntadas para desfilar coas comparsas polas rúas da vila, e espérase que esta cifra se dobre, pois ainda hai de prazo para inscribirse ata o luns. Hai máis de 5.300 euros en premios para os mellores grupos. Este é sen dúbida un dos actos centrais do programa do entroido, que congrega cada ano a milleiros de persoas chegadas de toda a comarca.
E o mércores de cinza o protagonismo será para Aspdisi, que se encargarán de representar o Enterro da Sardiña na Praza Maior. Ao remate do espectáculo ofrecerán unha chocolatada elaborada con leite da cooperativa de Loureiro.
E así chegaremos ata o domingo de piñata, 5 de marzo, no que se celebrará a XXIII Festa da Cachucha e haberá desfiles de folións e comparsas e animación de media ducia de charangas polas rúas e nos establecementos hostaleiros que ofrecerán o menú do cocido do entroido.
O Irixo. Ás cinco da tarde do sábado 25 está anunciada a concentración de grupos e comparsas na explanada do centro de saúde,a continuación sairá o gran desfile do entroido do concello do Irixo, a través das Laxas e A Ponte ata o grupo escolar. O concello do Irixo repartirá premios entre os mellores.
Piñor. O centro social de Cotelas acollerá a maioria das activiades programadas para a tarde-noite do sábado dia 25. Iniciaránse ás catro e media da tarde co entroido divertido para nenos, maquillaxe, e música. Pola noite, tamén no centro social de Cotelas celebraráse unha verbena e baile de disfraces amenizada co grupo "Marema".
San Cristovo de Cea. A programación ábrese o venres 24 co desfile infantil ás tres e media da tarde. O Sábado 25 ás cinco da tarde a Praza Maior de Cea acollerá un espectáculo de circo para nenos e maiores. O Lúns 27, a primeira hora da tarde daráselle a benvida ás carrozas de Mandrás e aos picapezas de Cea. No centro multiusos terá lugar unha gran festa infatil dende as cinceo da tarde coa actuación do mago Chirleta. E pola noite, o grupo AZAR amenizará a verbena do lúns de entroido na Praza Maior, con chocolatada á medianoite. Para o mércores dia 1 de marzo quedarà ainda o Enterro da Sardiña, ás oito e media da tarde,con procesión polas rúas de Cea, sardiñada popular na praza Maior, e fin de festa coa charanga "Os Centellas".
Maside. 250 nenos e nenas do colexio Terras de Maside protagonizan o desfile infantil na xornada do venres 24. O dia grande do entroido masidao será o lúns 27 a partir das cinco da tarde, non faltarán os tradicionais felos de Garabás, tamén se achegarán as sempre espectaculares carrozas do entroido de Parada de Amoeiro, e grupos e comparsas participarán no gran desfile polas rúas de Maside, con premios para os mellores. Ao final, chocolatada para todos os participantes.
Boborás. Ás nove e media da noite do lúns 27 están citados todas as persoas que queiran participar na "Noite dos Rodos" en Pazos de Arenteiro, deberán acudir ao punto de concentración, que será na ponte de Pazos. As persoas deberán acudir disfrazadas, sendo a costume que os homes fosen vestidos de mulleres e viceversa, ao remate, haberá un agapé para todos os participantes nesta actividade que este ano recupera o concello boborés.

O alcalde Francisco Fumega e Alternativa Veciñal-En Marea deciden "centrarse nos obxetivos de consenso aparcando as diferencias", según manifestan a través dunha nota de prensa.
A declaración de intencións chega tras unha xornada de reunións, primeira pola mañá e logo pola noite, entre alcalde, concelleira de Facenda e o concelleiro Bernardo García, que acudíu a estas reunións acompañado por outros cinco representantes de Alternativa Veciñal-En Marea.
"Ambas partes reafirman o compromiso de cumplir o acordo plenario de 29 de Outubro de 2015 polo que se remunicipalizarán diversos servizos, comezando polo de recadación", afirman.
Anuncian a creación dunha comisión mixta "da que en principio autoexclúese o alcalde, para estudar a viabiliade de que se cumpla o programa de recuperación do servizo dacordo coas 4 fases asinadas para a aprobación dos orzamentos de 2017", ainda que matizan "dado o retraso no proceso por non aprobarse os orzamentos antes de final de 2016, faráse un axuste no programa".
Tamén se acorda "ir incorporando os cobros das taxas dende o concello creando unha oficina a tal efecto" asi como "incluir na vindeira RTP as prazas necesarias para xestionar o servizo de recadación".
Finalmente, manifestan dende AV-En Marea que "como proba de boa vontade dáse o visto bo provisional ao reparto de asignacións orzamentarias concretas ao resto dos acordos previos ao pleno do 2 de Febreiro sobre comunicación, viais e incluso a implementación do programa APEGO de Normalización Lingüistica".
En todo caso, AV-En Marea anuncia que celebrará este sábado "unha asemblea aberta para informar da entrevista e decidir a posición definitiva".

Un convenio entre o Centro Comercial Aberto e as Anpas dos centros educativos permitirá que máis de cincocentas familias obteñan descontos en trinta establecementos comerciais da vila adheridos a esta asociación empresarial. Os descontos van do 5% ao 20% e poderán aplicarse ate o mes de xuño.
Este convenio foi asinado hoxe polo presidente do CCA, Julián Garriga, e os presidentes dos centros educativos do Carballiño Sagrado Corazón, A Uceira e Vila do Arenteiro, así como da escola infantil Trastes.
As familias integradas nestas Anpas terán un carné identificativo, no que figurará o nome do pai ou nai e dos fillos, que se deberá presentar nos establecementos do CCA que participan nesta iniciativa para que lles apliquen os descontos.
Nestes trinta establecementos hai locais de todos os sectores comerciais: moda, infantil, zapaterías, complementos, librerías, hostalería, etc. E neles figurará un cartel identificativo da iniciativa.
Julián Garriga sinalou que o CCA tiña moitos convenios asinados con institucións, entidades e empresas, pero que este tiña un significado moi especial, xa que afectaba a moitas familias que son o principal sostén do comercio local e que, polo tanto, tratábase dunha iniciativa para incedntivar as ventas. Explicou que os descontos entre o 5% e o 20% dependían de cada establecemento e que non serían acumulables a outro tipo de ofertas.
Ao acto tamén asistiu o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, que diu a enhoraboa aos directivos do centro comercial e das anpas por esta colaboración que axudará a facer máis atractivo o comercio local, e engadiu que a iniciativa era unha mostra máis da viveza e dinamismo comercial do Carballiño, que hoxe ten unha gran oferta é que un sector moi importante no desenvolvemento do Carballiño e na creación de emprego.
Pola súa parte, os presidentes das anpas e de Trastes manifestaron o seu agradecemento ao CCA por levar a cabo esta iniciativa na que se estiveran traballando conxuntamente dende había tempo, e que supoñía acadar un obxectivo común como era axudarse mutuamente.

O Portavoz Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, insta o Concello do Irixo a que negocia cos responsables de Abanca para que se manteña o servizo de apertura da súa oficina todos os dias da semana.
Ademais, os socialistas, solicitarán que o grupo de goberno do concello do Irixo inste a súa vez a Deputación de Ourense para que lle de prioridade, ademais de outros convenios e acordos que xa ten firmados con esta entidade, a un acordo para que Abanca se comprometa a manter o servicio diario actual nas oficinas do rural e mais concretamente na do Irixo que se pretende pechar 3 días de 5 con carácter semanal.
Os socialistas lamentan o anuncio por parte desta entidade de que a partires do próximo 17 de marzo de 2017 a oficina de O Irixo so abrira os martes e xoves, permanecendo pechada o resto da semana.
Que non se engane a xente, aquí parece ser que hai cambio de cromos. Beirarrúas da casa de un , e manter o traballo da muller do outro no servizo privatizado de recadación. Todo elo, claro está e imprescindible para o benestar dos veciños. Iso é o que pasa cando a nova política pacta coa casta. Explicoulle os detalles internos dos pactos Bernardo á asemblea de En Marea? Está En Marea de acordo con que co seu voto a favor, de Bernardo, o PSOE siga a privatizar os servizos públicos do concello mangoneando así a En Marea? Se non se rectifica coa licitación e privatización de recadación para o pacto dos orzamentos, evidenciarase que todo isto é unha montaxe amañada con premeditación, e polo tanto deberían de marcharse tanto Fumega como Bernardo por enganar aos seus votantes e veciños do Carballiño.
E aproveitando que estamos de Entroido,
PACTO DE CHIRIGOTA:
BENVIDOS sexan os pactos,
BENAVENTURADOS sexan os que asinan o pacto,
BENDITOS sexan eles por contar co apoio dos seus votantes,
MAÍS tamén digo,
BEN BURROS son os cren neles porque neles está o engano,
BEN CABREADOS están os que se senten mangoneados,
BEN CALADOS están os que esperan a votar para botalos,
BEN FARÍAN en marchar Fumega e Bernardo.
Penso que se exaxera o que se di de bernardo. Calquera pode ter un erro e o que o coňecemos sabemos que para nada ten interese. E un apaisoado da política pero nada interesado. O do psdg do carballiňo e escandaloso. A Súa palabra non chega nin a dez días e incumplen as primeiras de cambio. Pero e de humanos errar e de sabios rectificar. Sería ben que a recaudiación pasase de novo o concello forrariase cartos e con traballo poderia ser mais eficaz

Alternativa Veciñal-En marea entende que "o alcalde do Carballiño rompe unilateralmente o acordo para a aprobación do orzamentos", tras publicarse a licitación para a adxudicación do servizo de recadación para os próximos anos.
Bernardo Garcia considera intolerable que o goberno municipal dea continuidade con este procedemento á xestión privada da recadación "a licitación suponlle ao concello un gasto para os dous primeiros anos de 1.060.000 euros", subliñou.
Ademáis, recorda García que se "incumple o acordo olenario de 2015 que o mesmo alclade votou favorablemente para remunicipalizar o servizo de recadación".
Tamén anuncio o concelleiro de AV que "de non retirar inmediatamente a licitación, presenará unha proposta plenaria para reducir á metade o salario de alcalde, xefe de personal e concellal de cultura, ademáis de pedier a demisión do alcalde".
Dende esta mesma formación política, Manuel Nogueira, entende que o concello do Carballiño está vulnerando a lei "xa que se aproba a licitación dun servizo municipal na Xunta de Goberno, cando debía facerse no pleno da corporación", asegurou.
Para ver o comunicado de Alternativa Veciñal-En Marea prema no arquivo adxunto:
Agora que queda as claras que o dos orzamentos foi unha menestra cociñada polo PSOE e o das mareas farian ben en sair novamente en rolda de prensa pra explicar que a condición de remunicipalicación que puxo o das mareas era para encher de palla o que realmente impoñía AS SUAS ACERAS. E de paso que pidan perdón por tomarlle o pelo a xentiña. O das mareas xa coñecía que o da remunicipalización non lle interesa o PSOE e ainda por riba dixo que os orzamentos eran rácanos en cultura. Enton porqué os votou ¿polas aceras? ¿son máis importantes as suas aceras que a cultura do Carballiño? A ver se lle poñen a este home as aceras dunha vez, e así o ano que ben o resto de veciños podemos contar cunhos orzamentos que sirvan aos intereses de todos e non os deles.
O acordo do pleno da corporación para a remunicipalización do servizo de recadación do concello do Carballño non poderá levarse a cabo ata dentro de dous anos, que poderían ser tres se a empresa que resulte adxudicataria faga valer a prórroga dun ano á que terá dereito.
Asi o critica o grupo municipal do Partido Popular, que considera un engano esta decisión do goberno municipal socialista "decindo que quere facer público aquelo que segue a privatizar, e seguro que as verdadeiras razóns desto non se poñen sobre a mesa".
Tamén consideran os populares que este concurso de concesión da recadación municipal pon de manifesto que "o pacto de orzamewntos 2017 entre PSOE e Alternativa Veciñal evidencia un fraude para os veciños do Carballiño so a 10 dias do pleno".
Para ver íntegro o comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 536
- 537
- 538
- 539
- 540
- 541
- 542
- 543
- 544
- …
- seguinte ›
- última »