
A 62 edición da Festa do Pulpo a celebrarse o domingo 11 de agosto, terá a súa programación previa desde o 30 de xullo, con actividades a diario e con actividades gratuítas e con propostas para todas as idades, unha programación na que destacan os concertos musicais, as orquestras, a tapa xigante de pulpo, a festa das camisetas e un reforzado festival de música tradicional galega para o dia grande da festa, tanto no parque municipal como no casco urbano.
SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS. Do 30 de xullo ao 2 de agosto de 19 a 21 horas na Praza da Veracruz, con actividades interactivas para os máis pequenos.
MOSTRA DE VIÑOS DO RIBEIRO. A Festa do Pulpo destee ano 2024 está dedicada ao Ribeiro, e asi os dias 3 e 4 de agosto de 12 a 21:30 horas a Praza Maior do Carballiño acollerá unha mostra dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro, da que forman parte 3 parroquias carballiñesas, as do Varón, Banga e Cabanelas. Os dous dias a partir das 8 da tarde haberá amenización musical con Os Biruxes, Isidro Vidal e "El Hechizo de Nora".
CONCERTO DE CLON MELA. Será o lúns dia 5 ás 20 h. na Praza Maior.
A TAPA XIGANTE MÁIS GRANDE DO MUNDO. O gran espectáculo que cada ano ofrecen as pulpeiras e pulpeiros de Arcos-O Carballiño está programado para o martes 6 a partir das 19 h. na Praza Maior, coa animación musical de "Terras do Arenteiro", e a partir das 21 h, tamén na Praza Maior, o concerto de SOUL&ROCk.
ORQUESTRA AMÉRICA. Mércores dia 7 a partir das 23 h. na Praza Maior.
ORQUESTRA COMBO DOMINICANO. Xoves 8 ás 23 h. na Praza da Veracruz.
FUTBOL, CD ARENTEIRO-PONTEVEDRA CF, venres 9 ás 19:30 h. no Estadio de Espiñedo.
DISCOMÓBIL A GRAMOLA, venres dia 9 a partir das 23 h. na Praza Maior.
FESTA DAS CAMISETAS. Sábado 10 a partir das 17 h. na Praza Maior.
FESTIVAL DE MUSICA TRADICIONAL E CHARANGAS. O domingo dia 11, a partir das 11 da mañá animarán as rúas do Carballiño varias charangas. Xa no parque municipal, de 12 a 18 h, GRAN FESTIVAL DE MUSICA TRADICIONAL GALEGA coa participación das agrupacións: CORIBANTES DE BUCHADE, CANTANASCROAS, MADIAVELA, e ESKELGA. As 20:30 h. concerto de "Amigos do Acordeón de Celanova", na Praza Maior.
CONCERTO DE OSCAR IBAÑEZ&TRIBO. Fin de festa co concerto estelar a partir das 23 h. do domingo 11 na Praza Maior do Carballiño.
Ultimamente moito se esta a falar do Carballiño, que esta ben que se fale tamén, pero esta deixando de lado o resto dos concellos da comarca, dos que case nada se sabe, mais ala do esperpento do Irixo, no resto parece coma se non houbese chisco de oposición a vista, e como se todo estivese perfecto, e non houbese ningun problema, os pueblos sin xente, camiños en mal estado, maleza, etc
Non sei para que se presentan alguns se despis non fan oposición, así nunca chegaran a gobernar
Dicía Platón que só os gobernantes podían ter o poder de non contar a verdade. Vese que os tempos dende a Antiga Grecia son pasados e o presuposto nivel que o filósofo lle atribuía aos políticos e gobernantes quedou reducido a un mero chiste de bar. Sí, coma os que se contan nas tertulias ou nas conversas nas rúas do Carballiño. A polémica municipal é vox populi, máis isto non ten porqué importarnos a xente que queremos vivir a nosa vida con independencia da política. O importante é onde quedaron reflictidos os debates municipais e plenarios, e iso pode verse na nosa pequena cidade/vila. Unha política de merda da como resultado unha vila "de merda" ou polo menos nun estado semellante. Moitos aférranse cunha especie de síndrome de Estocolmo ao actual goberno municipal dicindo case sen máis argumentos que verborrea de terceira división que "calquera cousa é mellor que a volta do pachismo". Sen ser un servidor un gran fanático do que supón a figura de Pachi Vázquez (e moito menos o seu partido que é unha copia fracasada do modelo de partido rexionalista socialdemócrata, podo dicir que o período comprendido enre 1995 e 2005 foi o mellor período de desenvolvemento vivido na nosa vila dende o desarrollismo franquista nos anos 60. E non nos enganemos o caciquismo estivo presente pero, acaso non o está nestes precisos instantes? Pachi é un político, un home de poder e que busca aferrarse ao poder pero polo menos loitou pola súa vila, actuou como un verdadeiro home de poder defendendo sempre os intereses da súa xente. Claro que a contratación irregular é vergoñenta, sen dúbida. Pero agora temos o mesmo, pero con barbarie e pobreza para o noso pobo.
Un usuario desta páxina web reseñaba como Pachi fixo caer as caretas ao PP e ao PSOE. Máis razón imposible: Son o mesmo, teñen os mesmos intereses ecónomicos, son o verdadeiro caciquismo, aquel que busca perpetuar a miseria do pobo e o seu atraso e o mantén preso con subsidios miserables. Por iso entendo a decisión de Pachi Vázquez de plantarse fronte a indignidade. Deus quera que o pobo deixe de aferrarse a miseria por un plato de lentellas e vote a quen de verdade pode mellorar O Carballiño e a vida dos seus residentes.
Hoxe subíamos seis persoas cara o centro, atravesando por flores, e comezamos a ver numerosas pulgas na roupa de todos. Pedimos ó concello que tome medidas o antes posible.
O que está a acontecer na última semana en Avión e Beariz é algo inaudito.
A día de hoxe son xa máis dunha ducia de vivendas asaltadas algunhas cos seus moradores dentro. polo que parece ser unha banda de profesionáis do roubo con escalo.
A presencia policial redoblouse coa incorporación de patrullas procedentes de unidades de outras comarcas e ó parecer hai personal que actúa de paisano tamén traballando na zona.
Pero o máis chamativo e ó mesmo tempo lamentable é a creación espontanea das chamadas patrullas de vixiancia cidadá ó máis puro estilo americano. Esto é fruto da psicose que reina entre os veciños o que xa ten provocado algún incidente entre os mesmos, cando alguén descoñecido se topa cos vixiantes amateurs.
Se ben resulta comprensible que os cidadáns que ven ameazada a intimidade dos seus fogares organicen estos grupos voluntadios, o realmente lamentable, e a xuizo do que suscribe, a verdadeira causa do que está a acontecer, é a falta de personal de de medios cos que parecen contar ás forzas de seguridade, Tivo que surixir esta oleada de roubos para que se vexa policía nas rúas procedentes de outras zonas, seguramente deixando desatendidas as súas demarcacións. Vestir un santo para desvestir outro.
Nun país onde se pagan impostos por respirar, non é de recibo que a poboación careza de servizos de seguridade pública.
Quen sexa o responsable, por favor que tome medidas, porque podo asegurar como veciño, que se está a empezar a ver unha verdadeira "caza de bruxas" sobre todo no concello de Avión, onde xa brilla algunha que outra navalla polas noites.
O q fixo Pachi , non o fixo naide,ademais de ser un gran alcalde Po Carballiño, agora conseguiu o q naide diu feito en toda España , quitarlle a máscara a PP e PSOE e uniónos en coalición no Carballiño, porque o temen e teñen moito medo a q volv0a a alcaldía, saben q o volvería a facer moi ben e xa non o farían sacado de ahí. Pachi un crack fixo q PP e PSOE se unirán en coalicion. O pazto da vergonza.
A
A
Parece que a memoria é fráxil, moi fráxil, aínda que este non creo o motivo de varios dos comentarios que vexo por aquí, seguro que teñen máis que ver con aquelo que se decía dos estómagos agradecidos.
Miren señor@s, Pachi Vázquez obtentou a alcaldía do Carballiño durante 10 anos, desde 1995 a 2025, e foi a etapa máis oscura., caciquil e retrógrada que tivo a historia deste concello. Unha época felizmente superada.
Por moitas voltas q lle desen os achegados do tándem Fumega Marnotes, Pachi foi de largo o millor alcalde q tivo o Carballiño.Quen nos dera agora ter un Carballiño tan limpo, tan fermoso e con tantas actividades como na era Pachi. Agora temos o tándem Fumega Marnotes e xa todos vemos no estado lamentable q teñen o pobo.Paci o millor alcalde q se recorda no Carballiño. Fumega e Marnotes o piored q se recordan ás q o pobo xa castigou duramente nas urnas.
Moitos asistimos con vergoña ao espectáculo dunha vila onde os seus políticos parecen discutir sobre cando estivemos "ben". Vou deixar caer algúns datos e realidades dende unha perspectiva máis ou menos neutral.
1. A mentira da débeda e a herencia do "pachismo".
O goberno de Pachi Vázquez no Carballiño levou a cabo unha política, efectivamente, expansiva en materia económica e de gasto máis non se viu repercutido no ámbito da deuda que, facendo unhas buscas en Internet pode verse que no ano 2008 ascendía a 3 € por habitante. Pachi foi alcalde ata o ano 2005. Polo tanto a responsabilidade do aumento da débeda é do seu sucesor do PSOE e do posterior goberno do PP alcanzando máis de 300 € por habitante. Durante o goberno de Pachi podo dicir que en xeral, había certo interese por embelecer a vila, asfaltar e encerar as rúas e por intentar expandir económicamente O Carballiño. En aspectos negativos queda, polo tanto, a política municipal de contratación pública tantas veces posta en entredito ou que moitos dos gastos foran innecesarios e inútiles, podéndose gastar en materias máis importantes.
2. A parálise dende 2011.
Creo que queda ben claro que dende os anos da crise económica de 2008 os sucesivos gobernos municipais levaron á vila e o seu rural a quedar estancada e progresivamente degradarse co paso do tempo. Sorprende a rápida baixada da dende 2012 ata 2019 pero e que dende 2019 non ten sentido seguir coa política de austeridade pois o gasto público está baixo control e incluso o concello ten superávit para facer inversións. Que mínimo que polo menos coidar das infraestructuras e dos servizos xa existentes.
3. Gobernados por unha esquerda que non é de esquerdas e unha dereita que renega da dereita.
E chegamos a situación actual onde o PP e o PSOE deciden pactar e amosan que non só ideolóxicamente, senón tamén en materia de intereses son prácticamente o mesmo. Dende 2011 veñen defendendo as mesmas políticas e a cidadanía está orfa e a vila, degradada e olvidada.
Un saludo.

O alcalde de San Amaro, Fernando Redondo deu a coñecer o proxecto de ampliación do Centro Hípico, que terá o apoio da Xunta e unha inversión que pasa dos 400.000 euros.
Neste Centro Hípico ten a súa sede a Escola de Equinoterapia de San Amaro, e no que nenos e persoas maiores con necesidades especiais reciben esta terapia, de todo elo falamos coas monitoras Marta e Sonia.
Divulgamos o San Amaro veraniego e festivo, con Cristina coñecimos a programación da Festa da Cabra de Anllo para o próximo mércores dia 24 deste mes de xullo, e con Victor Gulias de "Dar Trela Teatro" avanzamos o que será a gran festa castrexa no castro da Cidade a celebrar o domingo 1 de setembro, e que terá a súa previa o sábado 31 de agosto coa terceira edición do Festival Celta de San Amaro, no que actuarán as agrupacións Zurrumalla e Leira Buxo.
No PODCAST podes escoitar este programa especial dos venres de verán, dedicado ao concello de San Amaro, que foi emitido este venres dia 19 de xullo de 2024.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- …
- seguinte ›
- última »