10, Febreiro 2017

Ante todo vaia por diante a miña admiración por cada un dos tertulianos, e sobor de todo, polos dous aos que vou criticar (espero que constructivamente). Aínda que a miña admiración por eles non deixa de ser un tema irrelevante no que me ocupa e preocupa. Porque o que critico é unha opinión determinada, estando moi de acordo con moitas outras que manifestaron.

E é que os señores Barge e Otero están errados cando din que o grupo de emerxencias non pode estar sen facer nada cando non hai emerxencias, e deste xeito se xustifique que se lle obrigue a realizar limpezas en colexios ou realizar desbroces non sabemos se en fincas de dominio público ou privadas.

Cando discrepo, gústame fundamentalo. Para elo vou colocar dous artigos do Estatuto dos Traballadores, que tamén contempla a Lei Básica do Empregado Público.

La movilidad funcional para la realización de funciones no correspondientes al grupo profesional o a categorías equivalentes sólo será posible si existiesen razones técnicas u organizativas que la justificasen y por el tiempo imprescindible para su atención. En el caso de encomienda de funciones inferiores ésta deberá estar justificada por necesidades perentorias o imprevisibles de la actividad productiva. El empresario deberá comunicar esta situación a los representantes de los trabajadores.

La movilidad funcional se efectuará sin menoscabo de la dignidad del trabajador y sin perjuicio de su formación y promoción profesional, teniendo derecho a la retribución correspondiente a las funciones que efectivamente realice, salvo en los casos de encomienda de funciones inferiores, en los que mantendrá la retribución de origen. No cabrá invocar las causas de despido objetivo de ineptitud sobrevenida o de falta de adaptación en los supuestos de realización de funciones distintas de las habituales como consecuencia de la movilidad funcional.

Polo tanto teñen que darse duas condicións pra movilidade funcional no caso do grupo de emerxencias. Razones técnicas que o xustifiquen, e polo tempo imprescindible para a súa atención. E ademáis hai que comunicar esta circunstancia ao representante do traballador. Por non falar do menoscabo da dignidade do traballador, porque se un traballador fai a sua formación para determinada función, e se lle obriga a facer limpezas, a sua dignidade vese comprometida ¿Por qué vai ter que formarse para outra cousa se o final vai facer limpezas ou desbrozar?

Semella que obrigar o GRUMIR  a desenvolver funcións que nada teñen que ver coas que lle son propias é un vicio que arrastra este goberno dende o principio, e que xa vimos no caso das limpezas a un colexio, e dos desbroces coñecidos e descoñecidos (será obriga da oposición averiguar qué se lle obriga a desbrozar).

Co señor Otero non podo poñer exemplos por non ser un traballador por conta allea ó ser autónomo, pero podo poñer un exemplo pra o señor Barge. Imaxínate Xosé Antonio, cando eras director do instituto, que o conselleiro de turno ven coa feliz idea que o tempo ocioso que teñen os directores hai que rendabilizalo, e obriga aos directores a facer a limpeza dos baños do instituto ¿Porías o grito no ceo non? E a maioría estaríamos contigo, porque tes unha formación que nada ten que ver con limpar baños ou mesmo o chan (imaxínate que é o chan o que che fai limpar o conselleiro de turno).

Como nunca fun moi bo redactando e penso que pode que non se entenda ao que quero chegar, vou facer outra pregunta ¿Por qué non fan as limpezas os nosos servidores públicos? Supoño que o alcalde cando non vai por aí a promocionar a Festa do Polbo ou a eurorexión, terá tempo pra facer limpezas ou desbrozar. Por qué non obrigalos e eles a que fagan limpezas e desbroces. E a única resposta que atopo é que pra elo están as brigadas de limpeza e a brigada de desbroces. E que nunha administración pública debe existir unha organización xerarquizada en funcións, cunha RPT que especifique cales son as funcións e as categorías de cada un. Pero claro, parece que é moito pedir unha RPT, tan só interesa cando se está na oposición. E é moito mais doado facer o que a un lle pete, total os que pagan son os penitentes.

Recapitulando: Claro que non pode estar facendo nada o GRUMIR cando non hai emerxencias, pero o que non pode é estar facendo o que nada ten que ver coas emerxencias. O GRUMIR o que ten que facer cando non hai emerxencias é detectar as posibles continxencias que podan ser causantes de emerxencias, e facer as oportunas advertencias aos nosos representantes públicos pra toma de decisións.

Unha aperta a todolos tertulianos, especialmente aos dous cuxa opinión critico. O programa é moi bo. Parabéns.

 

 

 

 

 

10, Febreiro 2017

A consellería de Facenda inclúe doce parroquias do Carballiño entre as zonas pouco poboadas para obter deducións do 100% en materia de tributos cedidos polo Estado, como son o imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como por constitución de préstamos hipotecarios destinados ao financiamento da compra de vivenda habitual por discapacitados, familias numerosas e menores de trinta e seis anos.

Estas doce parroquias son: Seoane, A Piteira, Señorín, Banga, Cabanelas, Lobás, Longoseiros, Madarnás, Mudelos, Partovia, Sagra e O Barón.

Todas figuran na clasificación de zonas pouco poboadas (ZPP), polo Instituto Galego de Estadistica, segundo o grao de urbanización dos núcleos definida por Eurostat.

Quedan fóra deste baremo as parroquias de Arcos, Mesego e Veiga. A orde pola que se determinan as parroquias de Galicia que teñen esta consideración saiu publicada onte no Diario Oficial de Galicia.

9, Febreiro 2017

O Partido Popular asegura que os efectivos do Grupo Municipal de Emerxencias chegaron con moit retraso ao incendio declarado nunha vivenda de Mesego, xa que os efectivos encontrabanse realizando traballos de desbroce e, ademáis, tardaron en ser localizados.

Esixen dos responsables municipais explicacións polo sucedido, e por elo, dende o Partido Popular piden aos responsables municipais un informe en relación a este asunto.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto:

9, Febreiro 2017

Está moi ben a morea de anuncios que se botan na radio sobre o punto limpo. O proceso "é impecabel", tes que ir o concello e avisar do que vas tirar no contedor, podían poñer un formulario na web e aforrabamos todos tempo.

Pero o millor é que se che din que as 8 tes que depositar unha mercancía, cando estás a piques de marchar sobre as 8:01 aparecen cunha furgoneta e meten todo dentro.

Eu poñome a pensar se en todos estes anos cando avisas da mercancía e non aparece ¿ que pensan os do concello ? que o final arrepentícheste e non queres tirala, que desapareceu misteriosamente ?

Ademáis o punto limpo que están montando na curva da carretera cara Ribadavia é espectacular, cando haxa un accidente a culpa non é de ninguén, por non dicer, os contaminantes que haberá na zoa.

Espero que algún día chegue algunha mercancía ó punto limpo.

9, Febreiro 2017

A I Festa dos Callos, que organiza C.D. Arenteiro, en colaboración co concello do Carballiño, nace cunha dobre intencionalidade: por unha parte para acadar fondos para o club e por outra como un evento de dinamización turística.

Así o expresaron esta mañá o concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Dacal, e o vicepresidente do club Manuel Sotelo, durante o acto de presentación.

De feito, a intención é que se poida repetir o próximo ano e nos seguintes para poder institucionalizala. Dacal asegurou que era unha boa iniciativa, xa que o club precisa o apoio dos carballiñeses para poder sacar adiante ao equipo e a escola de fútbol, e poder conseguir o tan ansiado ascenso.

Ademais, dixo que era un evento gastronómico que pode suscitar o interese de veciños e visitantes e que pode ser un revulsivo máis para dinamizar a vila durante este domingo. No mesmo sentido se pronunciou Sotelo, que animou aos carballiñeses a achegarse ata a carpa instalada na Pista Vermella da Praza do Emigrante para degustar os callos e outros productos gastronómicos, como empanada, pulpo e churrasco.

Asemade, dixo que ía haber un xogo inchable para os máis cativos e un ambiente auténticamente festivo. Tamén sinalou que os socios do club terán 1 euro de desconto na ración de callos, que se venderá ao prezo de 6 euros. As de pulpo e churrasco costarán 8 euros, e a de empanada 2,50 euros. A carpa estará aberta este domingo, 12 de febreiro, dende as 10 da mañá ata as 10 da noite.

8, Febreiro 2017

Anque teño un amigo no Irixo que se chama Eladio, coido que non se trata do veciño que se queixa, con máis razón que un santo, do historico desprezo que Gas Natural Fenosa amosa hacia os seus aboados, que, por certo, pagan relixiosa e regularmente o suministro se non queren quedar sen luz.

Na prensa escrita de hoxe, a compañía eléctrica, apresúrase a publicar un comunicado co que semella  tratar de xustificar o inxustificable. En dita comunicación, diríase que pretende respostar ó amigo Eladio, e ós centos de veciños da comarca, que coma él levamos anos sufrindo os desmáns de Unión Fenosa, ou Unión "Penosa", como acertadamente é nomeada por moitos.

Pinden disculpas por ter a centos de fogares do rural sen suministro ata 48 horas. Manifestan que este temporal ten carácter "excepcional". Tamén se gaban, de cotribuír coas súas inversións ó "desarrollo do rural". Ademáis pedían "paciencia" ós aboados. Supoño que non se referirían á mesma que a compañía ten á hora de cobrar o recibo.

Non son quen de atopar por ningún lado a excepcionalidade deste  temporal nunha terrra, na que ano tras ano, os invernos traen estes fenómenos meteorolóxicos. Dendo o célebre "Hortensia" alá polos anos oitenta,  ata  as derradeiras "cicloxéneses explosivas" (Agora disque se chaman así )  ten habido, e en boa lóxica seguirá habendo,  temporáis de maneira prácticamente regular. En canto a suposta inversión no rural da que alardean os da eléctrica, este xuntador de palabras, non a atopa por ningún lado. A proba é que seguimos tendo deficiencias e cortes de suministro hoxe igual que fai vinte anos.

Pedía o veciño  do Irixo, que as administracións tomaran cartas no asunto e promoveran accións legáis para solucionar este  despropósito permanente... Dubídocho ben, amigo Eladio. Seguramente porque esas autoridades que deberían actuar, a corto plazo pasarán a sentarse nos consellos de Administración das eléctricas, ou en cómodos postos a modo de retiros dourados. Verbigracia: O ínclito Director Xeral da Benemérita saliente; Don Arsenio, que seica era a persoa idónea para pasar a formar parte do consello de Rede Eléctrica Española. Supoño que esa "idoneidade" non será pola súa formación derivada da súa plaza de xardiñeiro do Concello de Ferrol.

O dito, Eladio, coido que polo momento sólo nos queda xestionar o mellor posible a  nosa indignación e seguirnos encabronando ano tras ano coa compañía eléctrica de turno que ningunea e abusa do rural.

 

7, Febreiro 2017

O concello do Carballiño pon en marcha unha campaña para impedir o uso indebido dos espazos publicos polos animais de compañía. Asemade, realizará un seguimento para esixir a identificación e o saneamento destas mascotas.

Estas e outras iniciativas foron presentadas hoxe pola concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz; o concelleiro de Seguridade, Adolfo Nogueira, e o responsable da Policía Local, Francisco Valeiras.

Os tres puxeron de manifesto que se trata dunha campaña informativa e de concienciación por parte de toda a cidadania, pero especialmente daquelas persoas que transgreden a ordenanza municipal ao respecto.

Neste sentido, deixaron moi claro que, no caso de que se incumplan, procederase a sancionar aos responsables con multas que poden chegar ata os 750 euros. Érika Paz asegurou que estas iniciativas eran unha das demandas máis solicitadas polos veciños e veciñas, que solicitan ao concello un maior control e rigor coas persoas irresponsables que permiten que os seus cas defequen nas rúas, nas prazas e noutros lugares públicos con absoluta impunidade, provocando situacións de insalubridade ademáis de ensuciar o pobo.

Por isto, a concelleira apelou á sensibilidade da cidadanía para que se implique nesta campaña.

Adolfo Nogueira, pola súa parte, confirmou que as queixas veciñais nesta cuestión eran dun gran calado, e puxo de manifesto a dificultade para poder multar ás persoas reincidentes nestas accións incívicas que afectan a toda a cidadanía, pois é necesario que sexan pilladas in fraganti, según dixo.

Non obstante, asegurou que por parte do concello íase actuar con máis dureza e que se ían a poñer en marcha medidas para facilitar a presentación de denuncias e poder multar ás persoas infractoras.

A este respecto referiuse finalmente o responsable da Policía Local, dicindo que íanse poñer ao servizo dos cidadáns nas oficinas da Policía Local uns impresos para formular as denuncias. E, no tocante ás probas que se requiren, admitirase tanto que se presenten fotografías como a testemuña de dous testigos. Esta é unha modalidade que tamen se emprega nas multas de tráfico.

Para ilustrar esta campaña editouse un cartaz, que foi deseñado por Xurxo Pérez Silvares, co obxectivo de chamar a atención e “sinalar” aos posibles infractores como “porcos” e provocar a súa reacción cara a unha práctica máis cívica.

O concelleiro de Seguridade dixo ao respecto que, ainda que o cartaz pode molestar, non se dirixe ás persoas con mascotas que son responsables e son a maioría, senón aos irresponsables, que son unha minoría que non respectan os dereitos dos demais. Neste sentido, foi craro: “son uns porcos os que o fan”, dixo.

6, Febreiro 2017

Polos seus actos os coñecerás que reza a Biblia, e hoxe podemos ser testigos dun acto máis que nos permite coñecer máis aos persoeiros que o protagonizan. A posta en escea dun acordo que pon nítidamente ás claras que o interese xeral é secundario non ten desperdicio. Pasamos do sainete ó vodevil, por non decir bodrio.

Este intento de tomarnos o pelo e de xustificar o inxustificable é digno dun sucinto análise. O Sr. Bernardo manifesta a súa satisfacción polo seu acordo orzamentario, no que vai explícito un trágala para toda a sociedade do Carballiño (os orzamentos son bos se se cumple cos meus caprichos e malos se non). Pola outra banda o Sr. Bernardo dí implícitamente que nestes orzamentos despilfárranse cartos en certas partidas que deberían ir a cultura ¿En qué quedamos Sr. Bernardo? ¿Está ou non satisfeito con estes orzamentos?

Son dúas cuestións interesantes, pero penso que as cuestións máis interesantes serán as que teremos que plantexar na vixencia destes orzamentos. Os veciños do Carballiño teremos que preguntar a Bernardo qué hai do seu, e ó mesmo tempo teremos que preguntar qué sobrou pra o do resto.

Sin máis deixo aquí a miña IP pública 85.53.227.142. Se alguén pensa que desenvolver a liberdade de expresión contravén a legalidade vixente, ten á súa disposición os tribunais de xustiza. Por riba de aguantar tomaduras de pelo o que faltaría é que nos mandasen calar sen ter potestade pra elo. O maior anonimato é de quen se esconde baixo unhas siglas pra defender os seus intereses persoais e non os xerais.

6, Febreiro 2017

O alcalde carballiñés Francisco Fumega e o seu aliado para a aprobación dos orzamentos municipais deste ano, o concelleiro de AV-En Marea, Bernardo García,manifestaron a súa satisfación e compromiso polo acordo alcanzado,no que atinxe as obras e actuacións que se van levar a cabo con cargo aos orzamentos de 2017.

O plan foi exposto esta mañá nunha rolda de prensa ofrecida por ambos representantes municipais, que puxeron énfase na urxencia dalgúns dos proxectos e valoraron o acordo como de gran interese para toda a cidadanía, especialmente, para aqueles veciños que residen nas rúas e estradas que van ser obxecto de melloras, ou daqueles que usan as instalacións culturais e deportivas.

No casco urbano citaron a necesidade de acometer o asfaltado e beirarrúas, no seu caso, das rúas Aquilino Sánchez, Saleta, Alberto Vilanova, Avenida do Parque e Costa Rica. Asemade, na zona rural citaron o acceso dende Señorín ao Instituto, o acceso dende o Pavillón de Deportes a Veiga e a Avenida do Parque no tramo ao instituto e parque etnográfico. En todos os casos valoraron as deficiencias que se atopan actualmente, con problemas do firme das calzadas, beirarrúas e incluso saneamento e pluviais.

Por iso, o alcalde asegurou que cos 400.000 euros previstos no orzamento municipal para infaestruturas viarias poderase acometer unha boa parte destes proxectos, e o resto faranse con fondos doutras administracións públicas.

Ao respecto, Bernardo García sinalou que todas as obras responden a unha necesidade real e favorecen a un gran número de veciños. Así, referiuse a culminación da beirarrúa da Avenida do Parque como unha demanda de hai trinta anos, e que representa un problema de seguridade para os centos de persoas que a usan habitualmente para acudir ao Instituto de FP ou que van de paseo ata o parque etnográfico.

No mesmo sentido se expresou o alcalde cando se referiu á apertura da rúa Costa Rica, da que dixo ía solucionar un grave problema de pluviais do cruce da baixada a Astureses no cruce coa Avenida do Balneario.

Ademáis, o acordo inclúe a reforma da Casa da Cultura, así como doutras instalacións municipais, como o pavillón de deportes e as piscinas. O portavoz de AV-En Marea precisou que este acordo era un tema moi puntual sobre obras de infraestrutura, pero que a súa intención era que fose máis global, intentando aforrar cartos nalgunhas partidas para poder dedicar máis diñeiro ás infaestruturas culturais e deportivas, entre outras

6, Febreiro 2017

NAS ALDEAS VIVEN PERSOAS, POUCAS, POIS SI, PERO HABELAS HÁINAS. E ATA ONDE SE SABE,EN TEORÍA TEÑEN OS MESMOS DEREITOS QUE OS QUE VIVEN NA CIDADE. POLO
QUE SE VE SÓ NA TEORÍA.
O EXEMPLO CLARO DE QUE SÓ É NA TEORÍA VÍMOLO ESTES DÍAS CO TEMPORAL SUFRIDO. RESULTA QUE NA NOITE DO XOVES, HOUBO UN TEMPORAL QUE AFECTOU A TODA GALICIA. AS CIDADES, AS VILAS E CLARO TAMÉN AS ALDEAS. PRODUCIRONSE OS CONSEGUÍNTES CORTES NO SUMINISTRO ELECTRICO, HABITUAIS CANDO HAI RACHAS DE VENTO, ATA AHÍ TODO NORMAL.
O ANORMAL VEN DESPOIS. TRES DÍAS COAS SUAS CORRESPONDENTES NOITES, SEN SUMINISTRO EN VARIAS ALDEAS DO IRIXO. E EN CENTOS DE ALDEAS DE TODA GALICIA. E SECADRA OS SEÑORES
DE FENOSA NO NO SABEN, PERO NAS ALDEAS A XENTE TEN NECESIDADES E TEN COUSAS QUE PERDER. E SOBOR DE TODO A XENTE PRECISA QUE A ATENDAN E A ESCOITEN CANDO TEN UN PROBLEMA. E E QUE NOS COBRAN BEN CARO TODOLOS MESES POR SUMINITRARNOS ELECTRICIDADE.
PERSOAS MAIORES SOAS. PERSOAS ENCAMADAS SEN LUZ, SEN AUGA QUENTE, SEN TELEFÓNO. PERSOAS QUE PRECISAN DUNHA MÁQUINA DE OSIXENO. CONXELADORES CON ALIMENTOS, ESPECIALMENTE CHEOS NESTA ÉPOCA DE MATANZAS.ANTE ESTAS SITUACIÓNS
CHAMAS O TELÉFONO DE AVERIAS ESPERANDO ATOPAR RESPOSTA ANTE A
SITUACIÓN PERSOAL DE CADA UN. NINGUÉN CHAMA PEDINDO MILAGRES. SÓ
CHAMAN PARA TER INFORMACIÓN, PARA TER UNHA PREVISIÓN DE CANDO SE VAI
RESTABLECER O SUMINISTRO. VAMOS O MAÍS NORMAL DO MUNDO. RESPOSTA DE UNIÓN FENOSA, ESA EMPRESA DE GALEGOS COMA TI, UN CONTESTADOR AUTOMÁTICO QUE LLE CONTA A MESMA PELÍCULA A UN QUE CHAMA DENDE A GUDIÑA OU A OUTRO QUE CHAMA DENDE FRIOL OU DENDE O IRIXO OU DENDE LAROUCO. ¡ ESTAMOS TRABALLANDO PARA RESTABLECER O SUMINISTRO. HAI QUE TER BEMOLES. VERGOÑENTO. INCRIBLE. INHUMANO. EU DIRÍA QUE ATA DELICTIVO.
ESPERO QUE ANTE ESTA SITUACIÓN OS ORGANISMOS CORRESPONDENTES
ACTÚEN EN CONSECUENCIA, ABRAN UNHA INVESTIGACIÓN SERIA E RIGOROSA, TENDO EN CONTA AS SITUACIÓNS RELATADAS E TOMEN AS MEDIDAS PERTINENTES
CONTRA UNION FENOSA, POLO ABANDONO DE TODOS ESES GALEGOS QUE NON
DEBEMOS SER TAN GALEGOS COMA ELES.

ELADIO MUNÍN. O IRIXO.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS