23, Febreiro 2017

Un convenio entre o Centro Comercial Aberto e as Anpas dos centros educativos permitirá que máis de cincocentas familias obteñan descontos en trinta establecementos comerciais da vila adheridos a esta asociación empresarial. Os descontos van do 5% ao 20% e poderán aplicarse ate o mes de xuño.

Este convenio foi asinado hoxe polo presidente do CCA, Julián Garriga, e os presidentes dos centros educativos do Carballiño Sagrado Corazón, A Uceira e Vila do Arenteiro, así como da escola infantil Trastes.

As familias integradas nestas Anpas terán un carné identificativo, no que figurará o nome do pai ou nai e dos fillos, que se deberá presentar nos establecementos do CCA que participan nesta iniciativa para que lles apliquen os descontos.

Nestes trinta establecementos hai locais de todos os sectores comerciais: moda, infantil, zapaterías, complementos, librerías, hostalería, etc. E neles figurará un cartel identificativo da iniciativa.

Julián Garriga sinalou que o CCA tiña moitos convenios asinados con institucións, entidades e empresas, pero que este tiña un significado moi especial, xa que afectaba a moitas familias que son o principal sostén do comercio local e que, polo tanto, tratábase dunha iniciativa para incedntivar as ventas. Explicou que os descontos entre o 5% e o 20% dependían de cada establecemento e que non serían acumulables a outro tipo de ofertas.

Ao acto tamén asistiu o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, que diu a enhoraboa aos directivos do centro comercial e das anpas por esta colaboración que axudará a facer máis atractivo o comercio local, e engadiu que a iniciativa era unha mostra máis da viveza e dinamismo comercial do Carballiño, que hoxe ten unha gran oferta é que un sector moi importante no desenvolvemento do Carballiño e na creación de emprego.

Pola súa parte, os presidentes das anpas e de Trastes manifestaron o seu agradecemento ao CCA por levar a cabo esta iniciativa na que se estiveran traballando conxuntamente dende había tempo, e que supoñía acadar un obxectivo común como era axudarse mutuamente.

23, Febreiro 2017

O Portavoz Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, insta o Concello do Irixo a que negocia cos responsables de Abanca para que se manteña o servizo de apertura da súa oficina todos os dias da semana.

Ademais, os socialistas, solicitarán que o grupo de goberno do concello do Irixo inste a súa vez a Deputación de Ourense para que lle de prioridade, ademais de outros convenios e acordos que xa ten firmados con esta entidade, a un acordo para que Abanca se comprometa a manter o servicio diario actual nas oficinas do rural e mais concretamente na do Irixo que se pretende pechar 3 días de 5 con carácter semanal.

Os socialistas lamentan o anuncio por parte desta entidade de que a partires do próximo 17 de marzo de 2017 a oficina de O Irixo so abrira os martes e xoves, permanecendo pechada o resto da semana.

23, Febreiro 2017

Que non se engane a xente, aquí parece ser que hai cambio de cromos. Beirarrúas da casa de un , e manter o traballo da muller do outro  no servizo privatizado de recadación. Todo elo, claro está e imprescindible para o benestar dos veciños. Iso é o que pasa cando a nova política pacta coa casta. Explicoulle os detalles internos dos pactos Bernardo á asemblea de En Marea? Está En Marea de acordo con que co seu voto a favor, de Bernardo, o PSOE siga a privatizar os servizos públicos do concello mangoneando así a En Marea? Se non se rectifica coa licitación e privatización de recadación para o pacto dos orzamentos, evidenciarase que todo isto é unha montaxe amañada con premeditación, e polo tanto deberían de marcharse tanto Fumega como Bernardo por enganar aos seus votantes e veciños do Carballiño. 
 
E aproveitando que estamos de Entroido, 
PACTO DE CHIRIGOTA:
BENVIDOS sexan os pactos, 
BENAVENTURADOS sexan os que asinan o pacto, 
BENDITOS sexan eles por contar co apoio dos seus votantes, 
MAÍS tamén digo,  
BEN BURROS son os cren neles porque neles está o engano,  
BEN CABREADOS están os que se senten mangoneados,  
BEN CALADOS están os que esperan a votar para botalos, 
BEN FARÍAN en marchar Fumega e Bernardo.

22, Febreiro 2017

Penso que se exaxera o que se di de bernardo. Calquera pode ter un erro e o que o coňecemos sabemos que para nada ten interese. E un apaisoado da política pero nada interesado. O do psdg do carballiňo e escandaloso. A Súa palabra non chega nin a dez días e incumplen as primeiras de cambio. Pero e de humanos errar e de sabios rectificar. Sería ben que a recaudiación pasase de novo o concello forrariase cartos e con traballo poderia ser mais eficaz

22, Febreiro 2017

Alternativa Veciñal-En marea entende que "o alcalde do Carballiño rompe unilateralmente o acordo para a aprobación do orzamentos", tras publicarse a licitación para a adxudicación do servizo de recadación para os próximos anos.

Bernardo Garcia considera intolerable que o goberno municipal dea continuidade con este procedemento á xestión privada da recadación "a licitación suponlle ao concello un gasto para os dous primeiros anos de 1.060.000  euros", subliñou.

Ademáis, recorda García que se "incumple o acordo olenario de 2015 que o mesmo alclade votou favorablemente para remunicipalizar o servizo de recadación".

Tamén anuncio o concelleiro de AV que "de non retirar inmediatamente a licitación, presenará unha proposta plenaria para reducir á metade o salario de alcalde, xefe de personal e concellal de cultura, ademáis de pedier a demisión do alcalde".

Dende esta mesma formación política, Manuel Nogueira, entende que o concello do Carballiño está vulnerando a lei "xa que se aproba a licitación dun servizo municipal na Xunta de Goberno, cando debía facerse no pleno da corporación", asegurou.

Para ver o comunicado de Alternativa Veciñal-En Marea prema no arquivo adxunto:

21, Febreiro 2017

Agora que queda as claras que o dos orzamentos foi unha menestra cociñada polo PSOE e o das mareas farian ben en sair novamente en rolda de prensa pra explicar que a condición de remunicipalicación que puxo o das mareas era para encher de palla o que realmente impoñía AS SUAS ACERAS. E de paso que pidan perdón por tomarlle o pelo a xentiña. O das mareas xa coñecía que o da remunicipalización non lle interesa o PSOE e ainda por riba dixo que os orzamentos eran rácanos en cultura. Enton porqué os votou ¿polas aceras? ¿son máis importantes as suas aceras que a cultura do Carballiño? A ver se lle poñen a este home as aceras dunha vez, e así o ano que ben o resto de veciños podemos contar cunhos orzamentos que sirvan aos intereses de todos e non os deles.

21, Febreiro 2017

O acordo do pleno da corporación para a remunicipalización do servizo de recadación do concello do Carballño non poderá levarse a cabo ata dentro de dous anos, que poderían ser tres se a empresa que resulte adxudicataria faga valer a prórroga dun ano á que terá dereito.

Asi o critica o grupo municipal do Partido Popular, que considera un engano esta decisión do goberno municipal socialista "decindo que quere facer público aquelo que segue a privatizar, e seguro que as verdadeiras razóns desto non se poñen sobre a mesa".

Tamén consideran os populares que este concurso de concesión da recadación municipal pon de manifesto que "o pacto de orzamewntos 2017 entre PSOE e Alternativa Veciñal evidencia un fraude para os veciños do Carballiño so a 10 dias do pleno".

Para ver íntegro o comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

21, Febreiro 2017

O servizo municipal de limpeza, adscrito á concellería de Medio Ambiente que dirixe Érika Paz, procede estes días á renovación dunha parte das papeleiras das rúas do casco urbano e na zona do parque.

Nunha primeira fase vanse instalar un total de 85 papeleiras, cambiándoas polas vellas e colocándoas noutros lugares nos que non había ata agora, pero que son necesarias para cubrir máis tramos de rúa onde depositar papeis ou calquera outro tipo de obxectos de pequeño tamaño e manter limpa a vila.

Son papeleiras de cor gris e cun deseño máis moderno e axeitado para fomentar as boas prácticas no uso das mesmas, xa que teñen máis capacidade que as vellas, son máis resistentes no fondo e evitarán o desbordo do lixo por causa do depósito de bolsas que deberían ir nos contenedores de lixo común.

Polo tanto, ainda que esta novas papeleiras resultan máis efectivas, cómpre un uso responsable das mesmas para contribuir a manter limpo o pobo. Nesta primeira fase da campaña estas papaleiras estanse colocando nas rúas Julio R. Soto, en substitución das vellas e incluso aumentando os lugares de ubicación en zonas de maior densidade de tránsito peonil; tamén se instalarán na Avda. do Balneario e na rúa Francisco Castelló.

E no próximo mes de marzo colocaranse na zona do parque municipal. Con esta iniciativa trátase de mellorar o servizo de limpeza ao tempo de introducir un cambio paulatino de imaxe no mobiliario urbano, pois moitas das anteriores papeleiras están oxidadas ou rotas, creando incluso máis problemas de limpeza que os que resolven. Por isto se procede a súa renovación e se pide aos veciños e veciñas un uso adecuado das mesmas.

18, Febreiro 2017

¿ DICEN O DICES ? , ¿ UN LABERINTO ? , ¿ PERSONAJES ?SUPUESTAMENTE LIGADOS A LA POLITICA Y QUE SOLO DEJAN PASAR EL TIEMPO SIN HACER NADA , ¿¿ LEÑA AL FUEGO ?? , ¿¿  ALIMENTAR SUS NEGOCIOS ¿??

¿¿ COPERATIVA ?? , NUNCA ESCUCHE ESA PALABRA EN NUESTRAS REUNIONES Y LA VERDAD NO SE DE QUE NEGOCIOS HABLAS , NOSOTR@S NO MANEJAMOS NI PODER ,NI DINERO , CREO QUE TODO SON IMAGINACIONES EN TU MENTE ..

¿¿ PERO DE QUE ESCRIBES ?? , “ PERSONAJES “ , PUEDE QUE SI , PERSONAJE TE HACES DESDE EL MOMENTO EN QUE ESTAS EN LA POLITICA , PERO NO VAMOS Y VENIMOS NI QUEREMOS FIGURAR COMO TU DICES ,, LUCHAMOS POR EL BIENESTAR DE LA GENTE DEL AYUNTAMIENTO DE MASIDE , POR LAS MALAS DECISIONES QUE SE TOMARON ESTOS ULTIMOS AÑOS …..

¿¿ ANDAR DE BAR EN BAR Y ZAPATITO LIMPIO ?? , POCO SABES DE LA GENTE QUE REPRESENTAMOS  EL PARTIDO POPULAR DE MASIDE  , ( LA OPOSICION ) , PORQUE TOD@S TRABAJAMOS , VIVIMOS DE NUESTRO TRABAJO QUE NO ES FACIL EN ESTOS TIEMPOS , PASAMOS HORAS Y HORAS LABORANDO , CREO QUE SI TU TRABAJARAS LAS MISMAS HORAS QUE NOSOTR@S , NO TE DARIA TIEMPO DE ESCRIBIR LO QUE ESCRIBES .

Y DE CASOS Y COSAS QUE SUCEDEN EN EL AYUNTAMIENTO , EN EL POCO TIEMPO QUE LLEVAMOS , SABEMOS Y HACEMOS MUCHO MAS DE LO QUE TE IMAGINAS …

¿¿ UN NUEVO AMIGO ?? , ¡¡¡¡ PUES SI !!! , BIENVENID@S TODAS LAS PERSONAS QUE SE QUIERAN UNIR A NUESTRA LABOR , ¿¿ DESAPARARECIDO  JEFECILLO  ?? , ¡¡¡ SERA PARA TI !!! , PORQUE LO VEMOS POR MASIDE MUY A MENUDO ….

¿¿ MUCHOS GALLOS EN EL GALLINERO ?? , AQUÍ NO PELEAMOS POR EL PODER , AL CONTRARIO , SUMAMOS NUEVAS IDEAS Y LAS COMPARTIMOS , EN EL GRUPO TAMBIEN HAY MUJERES , ¿¿ SERAN GALLINAS ??  ,  ESA ES TU OPINION , PERO TEN CUIDADO , FUERA DE ESTE GALLINERO COMO TU DICES HAY MUCHO ZORRO SUELTO .. ..

Y POR ULTIMO , ¿¿ SERAS GALLO O GALLINA ?? , MAS BIEN CREO QUE GALLINA , PORQUE OCULTAS QUIEN ERES , CREO QUE SOLO ERES UN ANONIM@  MAS ,  UN@  ANONIM@ ERRANTE …..

ATENTAMENTE  : ROBERTO COLLAZO.

 

 

18, Febreiro 2017

Dende xaneiro de 2016, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella no Carballiño leva a cabo un proxecto específico de apoio a persoas con capacidades diferentes, co financiamento do Fondo Social Europeo e a colaboración da Asociación ASPADISI, así como dos servizos sociais do Carballiño.

Dende a posta en marcha deste proxecto, organízanse diferentes accións para potenciar as capacidades básicas dos participantes, tanto persoais como sociais, co obxectivo de aumentar a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

Ademais os participantes teñen a oportunidade de realizar itinerarios específicos e personalizados, co obxectivo de explorar as súas posibilidades nun programa básico prelaboral. En total, 20 persoas de entre 21 e 55 anos participan no proxecto, procedentes de distintos puntos da comarca.

A técnica responsable do proxecto, María África Lavandeira, subliña “a importancia deste proxecto na mellora da autoestima das persoas coas que traballamos, xa que viven no ámbito rural e en moitos casos non teñen finalizados os seus estudos; esta é unha fiestra que se abre para eles e elas, para relacionarse, aprender cousas novas e mesmo poder optar nun futuro a un emprego”.

“O proxecto supuxo implementar de forma moi importante os recursos que había para dar resposta ás persoas con diversidade funcional da nosa comarca; tanto o voluntariado que participa nas actividades como as súas familias, estamos moi satisfeitos e ilusionados ao ver a evolución dos e das participantes, porque teñen ganas de vir aos obradoiros e compartir vivencias, momentos alegres, chegando a ter entre todos nós un trato case familiar”, sinala Lavandeira.

Cruz Vermella organiza actividades de moi distinta índole, como obradoiros de habilidades sociais e socio-laborais, lecto-escritura, obradoiros de teatro, de canto, de informática básica ou igualdade de xénero, co obxectivo de mellorar a súa autonomía, diminuír a fenda dixital e contribuír á redución das desigualdades de xénero existentes, a través da mellora da situación persoal e social.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS