
O Concello de San Cristovo de Cea súmase aos actos conmemorativos do 25-N coa convocatoria dunha concentración na Praza Maior de Cea á unha da tarde baixo o lema "Unamos as nosas mans para dicir NON á violencia de xénero".
Doutra parte, o centro social da Albarona acollerá o acto conmemorativo no concello de Piñor, que incluirá a presentación do calendario do ano 2017 editado polo concello piñorense contra a violencia de xénero, que logo será distribuído entre a veciñanza do municipio. Ademáis, celebraráse un taller sobre a influencia dos medios na problemática da violencia de xénero.
Xa no concello do Carballiño, o Centro de Información da Muller, adscrito á concellería de Benestar, Igualdade e Saúde, organiza para este venres, 25 de novembro, un acto solidario e reivindicativo polo Día Internacional contra a violencia de xénero.
Neste acto, que foi presentado pola concelleira Marina Ortega, e que desenvolverá no salón de sesións do concello ás 12, participará o alumnado dos centros educativos do Carballiño, a Escola Infantil Trastes, Bo Día Familia, Cruz Vermella, ASPADISI, ASDIFICA, Conservatorio e Asociacións de Mulleres. Asemade, actuará a cantautora carballiñesa Inés Vázquez. Marina Ortega fixo unha invitación a toda a veciñanza para que asista a este acto como mostra de solidariedade coas persoas que sufren calquera tipo de violencia de xénero.
Asemade, presentou o resto da programación prevista para conmemorar esta efeméride mundial. Así, o 29 de novembro terá lugar un coloquio, co tema “A orixe da violencia de xénero: adolescencia”, coa intervención dos ponentes Patricia Gómez Salgado, investigadora e docente na facultade de Psicología da USC, e Albino Ferreira Rivera, avogado. O coloquio celebrarase no salón de plenos ás 8 da tarde.
Dentro deste mesmo programa o 30 de novembro terán lugar unhas charlas informativas a cargo do persoal do Centro de recuperación integral para vítimas de violencia de xénero sobre as consecuencias desta violencia nas mulleres, nos nenos e nas nenas e pautas para a súa abordaxe. Terán lugar no IES Chamoso Lamas. Finalmente, o 16 de decembro reunirase a Mesa de coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero.
Na foto, Marina Ortega, concelleira de Benestar, Igualdade e Saúde.

Un novo certame de canto coral pasará a incrementar a oferta cultural do Carballiño.
Trátase do I Festival “Outros países, outras músicas”, que organiza o Coro de Cámara Música Viva, en colaboración co concello do Carballiño. O evento, que se celebrará este sábado, 26 de novembro, ás 19,30 h., con entrada gratuita, foi presentado hoxe polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o presidente do Coro de Cámara Música Viva, Antonio Rey.
O Festival reunirá á Coral Polifónica de Berres (A Estrada), a Coral Polifónica Santa Susana (Santiago) e ao Coro de Cámara Música Viva, do Carballiño. Antonio Rey resaltou como elemento diferencial dos demáis festivais de corais, o feito de que a maioría das cancións que se van a interpretar non forma parte habitual do repertorio destas entidades musicais.
Así, ofreceranse cancións e versións adaptadas de temas de moitos países, entre eles, Arxentina, México, Portugal, Reino Unido, EEUU, Venezuela e Canadá, entre outros, ademáis de temas en eusquera e galego. Esta é a principal novidade deste festival, no que se quere ofrecer algo completamente diferente, según dixo o responsable do Coro Música Viva. E por iso realizou unha invitación a todo o público para que acuda este sábado ao auditorio.
No mesmo sentido pronunciouse o concelleiro de Cultura, que agradeceu o traballo do Coro Música de Cámara a prol da cultura no Carballiño e o enriquecemento da programación cun festival tan novidoso dentro dos cánones da música coral.
Na foto: Diego Fernández, concelleiro de cultura, e Antonio Rey, presidente do Coro de Cámara Música Viva.

O alcalde carballiñés avanzou, no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio, varios proxectos nos que na actualidade traballa a institución municipal.
Fumega anunciou a intención do goberno municipal de executar un proxecto integral de mellora da iluminación pública a través da implementación nas rúas carballiñesas da tecnoloxía LED, un proxecto que superará o millón de euros de investimento e para o que o rexedor municipal agarda unha axuda europea.
Ademáis, e neste caso con fondos propios, o concello carballiñés iniciará nas vindeiras semanas unha reforma do alumado público na rúa Martinez Avellanosa, onde se instalarán 24 novos puntos de luz que sustituirán aos actuais.
O Alcalde do Carballiño tamén se referíu a outras actuacións e obras municipais no transcurso desta entrevista radiofónica, que pode escoitarse nesta mesma páxina WEB, no apartado de programas, no arquivo correspondente ao lúns dia 21 de Novembro.
O Partido Popular xa advertira un erro na primeira convocatoria efectuada polo concello carballiñés, e unha vez correxida e novamente publicada, os populares advirten da existencia dun novo erro, polo que esixen unha nova corrección.
Para ver o comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:
Esas son as verbas coas que se lle pagou a Judas Iscariote cando reclamou as suas 30 moedas de plata por traizoar a JC. Esta é unha das múltiples leccións que nos regala a Santa Biblia.
E o que acontece no PSdeG de Ourense e que pon ao PSdeG da nosa comarca no escenario do espectáculo dantesco protagonizado polo PSsss... (sabe Dios o que representa e o que significa), non ten desperdicio. Porque esta morea de iscariotes que agora apuñalan a Nacho, voceiro na Deputación, noutronte intentaban apuñalar ao beneficiario deste sacrificio propoñendo como deputado o fillo dun alcalde veciño polo ´grandioso mérito de ser fillo dun alcalde. Está por ver se este cainismo no ambito da deputación trasladase ó ámbito municipal e vemos unha revancha sustituindo o actual voceiro do PSdeG carballiñes polo fillo do alcalde veciño. Todo é posible na viña do Señor...
O que deixa ás claras esta morea de iscariotes cainistas, é que son absolutamente incompetentes pra arranxar os problemas de ninguén, que están aquí pra arranxar a súa sopa boba, e que neste xogo darwinista sobrevive o que máis capacidade teña de apuñalar o compañeiro.

O Centro Comercial Aberto organiza este sábado, 17 de novembro, un DÍA DE COMPRAS (SHOPPING DAY) con importantes descontos, agasallos, unha exhibición de patinaxe artística e cinco concertos de grupos musicais nas prazas e rúas da vila. Nesta iniciativa participan un total de 39 establecementos comerciais que abrirán pola mañá, de 10,00 a 13,30 h., e pola tarde, de 14,30 a 21,00 h.
Trátase de establecementos asociados ao CCA, que engloban a prácticamente todas as actividades do sector, como moda infantil e de adultos, calzado, complementos, librerías, conxelados, xoguetes, xoiería e pintura, entre outras. Estes establecementos destacarán pola colocación de globos nas súas fachadas, que será o indicativo desta oferta especial do comercio carballiñés.
Anúncianse descontos que van dun 10% a un 40%, e ata un 50% en segundas unidades. Asemade haberá agasallos e un sorteo de 300 euros en vales de compra para os clientes que merquen en calquera destes 39 establecementos.
Pero o Centro Comercial Aberto elaborou, ademáis, unha xornada cun amplo programa de actividade cultural. Así, actuarán cinco grupos musicais e haberá unha exhibición de patinaxe artística. Os concertos previstos son os seguintes: 33 RPM, na rúa Xosé Pontes; Teez Trío, na Praza Emilia Pardo Bazán; Tropa Korriban, na Praza Maior; Canela Cafuné, na Praza de Abastos; Súper Aphonics, na rúa Curros Enríquez, e Tiutsider, na rúa Martínez Avellanosa.
Dependendo do tempo, estas actuacións, así como o flalshmobe de patinaxe artística a cargo do club AEHDE, trasladaríanse a unha carpa á Praza Maior, en caso de chuvia. Nesta mesma praza instalarase un photocall cos personaxes favoritos de Star Wars Galicia.
O evento foi presentado polo presidente do CCA, Juián Garriga; a xerente da asociación, Noelia Mares, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira.
Todos destacaron a ampla e moderna oferta comercial do Carballiño, así como a oporturnidade de realizar compras dun xeito ventaxoso, e animaron aos veciños da comarca e da provincia a achegarse ata a vila e disfrutar coa animación cultural e os agasallos que se ofrecen nestes 39 comercios
Creo que nos estamos equivocando, e cada día rozamos máis a estupidez... Pos suposto non estou en contra das novas iniciativas para incentivar o comercio no Carbaliño, pero xa está ben de paletadas. Que se shopping day, que se photocall... E aínda falta o Black Friday! :O As iniciativas sempre están ben, pero que tal chamarlle o Feirón? Non sei se nos damos conta de que con estas tonterías estamos despreciando a nosa lingua, e creando unha sociedade de acomplexados cada día máis ignorantes. Saúdos
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 549
- 550
- 551
- 552
- 553
- 554
- 555
- 556
- 557
- …
- seguinte ›
- última »