19, Outubro 2016

Un grupo de 5 traballadoras, apoiadas polo sindicato da CIG e o concelleiro de Alternativa Veciñal Bernardo García, fixeron pública a súa protesta contra o alcalde do Carballeiro e o concelleiro de persoal, aos que fan responsables de quedarse sen traballo.

As traballadoras estaban contratadas por unha empresa adxudicataria do contrato municipal para a limpeza dos centros escolares públicos do Carballiño, un contrato que non foi renovado polo concello carballiñés ao decidir remunicipalizar o servizo e polo tanto realizar os traballos de limpeza con personal contratado directamente polo propio concello.

Nati Álvarez, do sindicato da CIG, manifestou que "as traballadoras síntense engañadas" polos responsables municipais, "nos estamos a favor da xestión pública dos servizos, pero o que se lles pedía é que estar traballadoras seguisen nos seus postos de traballo mentres non se convoca o concurso para cubrir as prazas", dixo.

Pola súa parte, dende o goberno municipal carballiñés, Adolfo Nogueira asegura que "o que se está fecendo é cumplir o acordo do pleno de remunicipalizar servizos, e neste caso se subrogamos a estas traballadoras despóis do informe de Secretaría estariámos prevaricando, e esto xa se lles explicou a estas traballadoras", polo que para o concelleiro é difícil de entender a protesta.

17, Outubro 2016

Os responsables da Mancomunidade turística Terras do Avia, que agrupa aos concellos de Leiro, Ribadavia, O Carballiño e Boborás, presentaron novas iniciativas coa idea de mellorar e promocionar os recursos turísticos dos citados catro municipios.

O presidente da entidade e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, deu conta a implantación de códigos QR tanto en formato en alumiño, para exteriores, como para interiores en plástico para locais e establecentos.

En total, serán 500 códigos QR os que inicialmene se van repartir no ámbito dos catro concellos e que "permitirán que estando nun dos concellos imos estar á vez nos catro con toda a información almacenada nestes códigos aos que podemos acceder a través dunha aplicación no teléfono móbil",subliñou Fernández.

Ademáis, tamén anunciou o máximo responsable da entidade a intención de renovar a homologación dos 67 kilómetros de sendeiros cos que conta a mancomunidade turística no ámbito dos catro municipios.

Pola súa parte, o alcalde do Carballiño manifestou "o total compromiso do concello carballiñés coa Mancomunidade Turística, recoñecendo unha labor e unha experiencia que acumula xa 16 anos, e que agora imos tratar de trasladar de forma puntual a outros concellos da comarca", manifestou Fumega.

Este acto desenvolvido na casa do concello de Leiro, e ao que tamèn acudiu a tenente alcaldesa de Boborás Rosa González Doporto e o concelleiro carballiñés de turismo, Manolo Dacal, tamèn servíu para presentar os paneis ilustrativos nos que cada un dos catro concellos mostra as súas festas gastronómicas e acontecementos máis representativos.

17, Outubro 2016

BASES PARA A SELECCION DE PERSOAL... PARA DESMOSTRARLLE O SEÑOR BERNARDO GARCIA DO GRUPO ALTERNATIVA VECIÑAL DO CARBALLIÑO,QUE ESTÁ EQUIVOCADO NO QUE DI, AHÍ ESTAN AS BASES, ANTES DE FALAR DEBE INFORMARSE, ESPEREMOS QUE RECTIFIQUE PUBLICAMNENTE E RECOÑEZA O SEU ERRO :

BASES ESPECÍFICAS reguladoras da selección de persoal laboral temporal de 3 capataces e 9 peones para a Grupo Municipal de Emerxencias A selección do persoal laboral temporal levarase a cabo de conformidade co desposto nas Bases Xerais reguladoras da selección de persoal laboral temporal do Concello de Carballiño, aprobadas por resolución do Alcalde de data 18 de decembro do 2013, e publicadas na páxina web do Concello do Carballiño, así como co establecido nestas bases específicas que terán prioridade sobre o disposto nas bases xerais naqueles aspectos non coincidentes.

Bases Específicas : • Denominación dos postos convocados, requisitos POSTO TITULACIÓN MÍNIMA REQUERIDA CARNET CONDUCIR CAPATAZ Graduado escolar, graduado en E.S.O ou equivalente C PEÓN BRIGADA Certificado de Estudios Primarios. • Solicitudes: presentaranse de conformidade co disposto na Base Quinta das Bases Xerais, tendo en conta as seguintes particularidades:

O prazo de presentación das solicitudes será de 5 días naturais, que se computarán a partir do día seguinte a aquel no que apareza publicado o anuncio da convocatoria nun dos diarios de maior circulación da provincia. (Se a instancia se presentase nun Rexistro distinto do Rexistro Xeral do Concello (ó amparo do artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, será obrigatorio comunicar por fax ó Concello a presentación desta instancia, así como xustificación do pago das taxas efectuado (salvo que o proceso esté exento), comunicación que deberá realizarse dentro do prazo anteriormente sinalado.) (o número de fax do Concello é 988 530008.

A comunicación do fax deberá dirixirla ó Sr. Alcalde ou a Secretaría) Unha vez que o Alcalde dicte resolución de aprobación da lista de admitidos e excluidos (indicando a causa de exclusión), resolución que se publicará no Taboleiro de anuncios do Concello, se concederá un prazo de 1 día para a enmenda dos erros que sexan subsanables.

14, Outubro 2016

As Xornadas Monográficas de Arquitectos que se desenvolven na Casa da Cultura do Carballiño comezaron cun recoñecemento ao valor da obra do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías como unha parte importante do patrimonio arquitectónico ourensán e galego. Durante dous días, arquitectos, urbanistas, historiadores e deseñadores exporán algunhas das obras máis emblemáticas deste arquitecto nado en Bearíz, na comarca do Carballiño, autor, entre outros, dos proxectos arquitectónicos do balneario do Carballiño ou a igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside.

Lucila Vázquez-Gulias, presidenta do Centro Cultural que leva o nome do arquitecto e que organiza estas xornadas, xunto co Centro de Estudios Chamoso Lamas, destacou no acto de presentación deste evento a necesidade de poñer en valor o patrimonio arquitectónico para evitar que desaparezan obras significativas como foron o Hotel Roma de Ourense ou o antigo Hotel Balneario de A Toxa, que foi un dos grandes proxectos de Daniel Vázquez- Gulías. Por iso, asegurou que estas xornadas tiñan como obxectivo concienciar á xente sobre a pervivencia do legado patrimonial e cultural, entre o que se atopa a obra de Daniel Vázquez-Gulías. Asemade, fixo fincapé na intensidade do programa previsto, con dez ponencias, e no feito de que as dúas primeiras actividades do centro cultural se desenvolvesen no Carballiño, cabeceira da comarca na que naceu o arquitecto.

Precisamente, a esta mesma circunstancia se referiu o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, resltando a construccion do Gran Balneario, inaugurado no ano 1900, que impulsou á vila do Carballiño como unha das principias estacións termais de Galicia. De feito, Fumega contrapuxo a burguesía liberal carballiñesa daquel tempo fronte á burguesía conservadora de Mondariz, como un feito salientable da puxanza da vila do Carballiño a comezos do século XX.

Neste mesmo sentido pronunciouse o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, ao referirse á comarca carballiñesa como berce de grandes arquitectos, citando a Juan Cendón Carballal que construiu no século XIX a maioría das fábricas de papel da zona, ou a Lois Monteagudo, nado no Irixo, que no século XVIII acadou un gran renome en Italia e Francia. E xa actualmente, Manuel Gallego Jorreto, Fernando Blanco ou Alfredo Freixedo, entre otros.

O presidente da delegación en Ourense do Colexio de Arquitectos, Alberto de Paula agradeceu ás asociacións e institucións a iniciativa para desenvolver as xornadas e fixo fincapé no feito de que se poidese profundizar na obra de Daniel Vázquez-Gulías e promover a posta en valor da boa arquitectura. Asemade, impartiu a primeira ponencia sobre “La Casa Taboada y el Ourense contemporáneo”.

Finalmente, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez, disculpou a ausencia do conselleiro de Cultura e resaltou a importancia deste tipo de xornadas para encarrilar o futuro do país, que ten moitas posibilidades. Referiuse aos problemas do planeamento urbanístico, que debe basearse no consenso e na aportación de ideas de todos os factores sociais, e sempre co máximo respecto ao medio ambiente, á xeografía e á historia.

As Xornadas continuarán esta tarde e durante este sábado dia 15, con ponencias e unha mesa redonda de clausura tras da cal actuará Daniel Minimalia.

13, Outubro 2016

Fai uns días, o diario La Región publicaba un estudo que recollía o custo que para as arcas públicas representa a extinción dos incendios forestáis. Entre outros, destacaba o prezo dunha hora de servicio dun medio aéreo, que está  arredor de 4.500 euros. Gasto que por suposto se produce cando o incendio xa está  en proceso. A primeira conta que fixo a miña cabeza foi calcular a cantidade de meses que un servidor precisaría traballar, para percibir tan respetable suma.

Seguindo coas miñas cábalas numéricas reparéi en que os catro mil quinientos euros poderían cubrir o custo laboral de, se cadra, tres operarios. Penséi neses traballadores e nas súas familias, e inmediatamente imaxineinos con cada un súa desbrozadora. Poderían ser desas máquinas modernas, potentes e lixeiras. Pregunteime despóis, cantas hectáreas serían quen de limpar entre os tres nun mes de traballo. Os predios limpos non arden.

O recurso natural máis abondoso na nosa provincia é o monte, ó que ano tras ano lle poñemos lume en troques de xestionalo, xerando emprego, ou como se di agora "poñelo en valor".

Poño nun prado da balanza os sesenta minutos do medio aéreo cando o monte xa está ardendo, e no outro o salario mensual de tres personas, quizás con familia, que abandonan as listas do paro, e que co seu traballo imposibilitan que o lume se propague, e desconcértame ver como os catro mil quinientos se van para pagar o helicóptero.

Descoñezo cantas horas chegan a facturar os propietarios das aeronaves nunha campaña, e como prefiro xuntar palabras que facer contas, non quero multiplicar.

Pero ¿Qué facemos coa materia que resulta do desbroce e a limpeza? Se permanece no terreo convírtese en potencial combustible para o lume do seguinte vran.. Ó fin e ó cabo, a biomasa non deixa de ser enerxía acumulada. Sen ter coñecementos de enxeñería, antóllaseme que pode haber algunha forma de aproveitala e transformala en riqueza. A nosa riqueza. Cando se produce un incendio forestal, inxentes cantidades de calor disípanse, esfumándose no aire.

De tódolos xeitos xa empezamos a asumir que ano tras ano vaise queimar o noso monte. Pode que teñan razón algúns dos meus veciños cando din que "ten que arder"

13, Outubro 2016

O Partido Popular do Carballiño "denuncia que o Goberno Municipal Socialista, non tome en consideración a calquera das empresas de construción do noso pobo ou da nosa comarca, para as adxudicacións que fai de forma directa, e fixera nos dous casos que puido facelo desta forma, a adxudicación a unha empresa ourensá".

Engaden os populares que "en febreiro deste ano, adxudicouse de forma directa por 16.857,99€ a obra de muro de contención e beirarrúa en Alberto Vilanova a unha empresa da capital ourensá, e recentemente en setembro deste ano tamén se adxudicou á mesma empresa e polo mesmo procedemento, a obra de acondicionamento de miradoiro no río Arenteiro por 49.900€".

Finalmente, o grupo municipal do Partido Popular manifesta que "toda vez que ata ó de agora as obras directas son ó 100% para a mesma empresa ourensá, 2 de 2, pedimos ao señor alcalde que ten todas as competencias nesta materia, pois ademais ten atribucións de concelleiro de obras, que mire polo ben das empresas situadas na nosa comarca que son as que producen riqueza no noso territorio e son as que xeran emprego entre os nosos veciños".

13, Outubro 2016

Hoy se celebró en toda España el día de la Hispanidad. Uno de esos días a los que a muchos nos gusta presumir de bandera.
Resulta que en Carballiño la dejadez puede superar cualquier expectativa y pudimos contemplar como durante todo el día el balcón del Ayuntamiento estuvo sin ninguna de las banderas.
Las banderas, lejos no están, y al menos desde el 29 de septiembre ( no sé si desde antes) están tiradas en el suelo del Salón de Plenos.
QUE FALTA DE RESPETO.

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=1297908263573028&id=1164592823571240

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS