30, Marzo 2016

  

Estámonos acostumbrando en Maside a aparecer na televisión. Hoxe puidemos ver nos informativos a varios veciños de Garabás bastante indignados pola colocación, según eles "sin informar a ninguén", dunha antena de telecomunicacións no seu pobo. Pedían a axuda do alcalde, para que lles vote unha man.  Lembro, que non fai moito, tamén foi  o  noso pobo  protagonista televisivo das noticias. Naquela ocasión, outros veciños  denunciaban que se lles quería colar unha incineradora de neumáticos no medio e medio dun monte, esta vez tamén "pola calada", intentando por parte do Concello, facela pasar por planta de reciclaxe.
Se a tendencia continúa, pode que os masidaos acabemos convertíndonos en asíduos protagonistas da tele.  Non podo máis que imaxinar ó incombustible Gaioso de Luar, co seu micrófono adherido ó papo, temendo que os de Maside lle acaben mermando a súa cuota de pantalla.
Lástima que as referencias televisivas ó pobo estean sempre vinculadas a  veciños cabreados, moi cabreados.
Se cadra, só se cadra,  sería bo que os responsables do goberno municipal, probaran a facer tamén os seus "pinitos" nesto de saír na tele e aproveitaran para dar  públicamente as explicacións que os veciños lles veñen solicitando dende fai moito tempo. Veciños ós que  representan e cuios intereses defenden, ou eso din.
Entendo tamén que como informóu hoxe a Televisión de Galicia, "non foi posible coñecer a opinión do alcalde".  Quero pensar que o rexidor está realmente ocupado preparando a convocatoria do pleno que tivo que ser promovido por case que oitocentos veciños, para rechazar o despropósito da instalación de incineración de neumáticos.
Se cadra, podería delegar o alcalde nalgún dos seus concelláis para informar sobre o conflicto.  Ocúrreseme por exemplo, algún concellal  cuia dedicación parcial nos costa ós masidaos uns mil euros brutos de bellón ó mes. 
En calquera caso, ninguén da explicacións. É máis, por non dar, non dan nin a cara.
Seguindo coa cuestión televisiva, ven ó meu maxin a coñecida parodia do gran José Mota  e a súa maxistral imitación de Robert de Niro :  "Abogaaado... Sal ratita. Quiero verte la colita". 
Pois eso...  que alguén teña a decencia de sair e por respeto ós seus veciños, dé as explicacións que se lles pide. (anque  non fai falla que enseñe...  "la colita").

 

30, Marzo 2016

Unha vez mais as poesias do alcalde do Irixo na prensa escrita distribuida por todos os puntos da provincia de Ourense.As mocions da oposicion leoas unha vez o mes as dos veciños todos os dias, como se ignorara q os da oposicion son veciños do Irixo e representantes de outros veciños q os votaron nas urnas. O alcalde do Irixo deberia disculparse ante os veciños do Irixo polo desprezo e bochorno ofrecido onte no pleno q oxe o estan a ver na prensa en todos os lados.Volven os poemas do alcalde desplis do da incineradora. Daquela frases como poñoa porque me dan a gaña ou botara vapor de auga pola chimenea entre outras .Onte puderonse escoitar alguns poemas do alcade com.AQUI MANDO EU. Ou  ACABA DE UNHA PUTA VEZ. Un desprezo os veciños do Irixo. Que magua que o Irixo sempre nos medios por istes razonamentos do seu representante. Haber si toman nota xa de unha vez e esto non se volve a repetir.

30, Marzo 2016

Os establecementos hostaleiros do Carballiño ofrecerán este venres, 1 de abril, vintenove formas diferentes de degustar os ovos.

Este produto, que é básico na alimentación e, sobre todo, nas casas do rural, é o elemento esencial desta nova edición da Ruta das Tapas, que fai a numero seis e se adica, ademáis, ás dezaséis parroquias que conforman o concello do Carballiño.

De feito, ao acto de presentación que tivo lugar hoxe no salón de sesións do concello, asistiron representantes de todas as asociacións veciñáis. Entre eles, o presidente da Federación veciñal. Falou en nome de todos Manuel Reboredo, que agradeceu a dedicatoria e aplaudiu a iniciativa.

O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a concelleira de Medio Rural, Rosario González. Diego Fernández salientou a importancia das parroquias na vida da vila e o significado da dedicatoria, que vai máis alá da gastronomía e da promoción dun sector tan importante no Carballiño como o hostaleiro.

O concelleiro fixo fincapé na promoción desta iniciativa que, ainda que está xa moi consolidada, é un evento que atrae en cada edición a máis visitantes. Asemade, xustificou a ausencia do alcalde e do concelleiro de Turismo, que se atopa convalecente.

Os pinchos ofrecidos hoxe como mostra polos representantes da hostalería van dende o tradicional prato de ovos fritidos con xamón, ata arepas, nidos de ovo ou madalenas de ovo con pementos. Son só unha parte das vintenove formas culinarias de preparar uns ovos que se poderán degustar, ao prezo de 1 euro, a partir das oito da tarde deste venres, nos mesóns e cafeterías integrados na Ruta das Tapas

28, Marzo 2016

A iniciativa ten como finalidade a recollida de material para atender as necesidades dos refuxiados en Lesbos, victimas da guerra.

Dende a asociación "Casa Aberta" de Maside pídense "mantas novas ou usadas, sacos de durmir, tendas de campaña, leite infantil, biberóns, respiradores infantís, muletas, bastóns, cadeiras de rodas, prótesis, medicamentos non caducados e material de hixiéne".

As doazóns poden entregarse na sede da asociación "Casa Aberta" no antigo grupo escolar de Maside, durante esta semana e ata o próximo domingo dia 3 de Abril, en horario de 10 a 12 e de 19 a 21 horas. Tamén pode facerse entrega dos donativos nos bares da vila de Maside, que colaboran con esta actividade solidaria, aberta tanto á veciñanza masidá como doutros concellos.

28, Marzo 2016

O grupo municipal do Partido Popular  considera que "o concello do Carballiño non dispón na biblioteca de personal cualificado para atender as necesidades deste servizo dende finais de 2015, e tampouco parece que teña intención de contratalo".

Engaden como "en anos anteriores a biblioteca estivo cuberta con persoal cualificado, pero na actualidade tanto pode ser un coordenador de deportes ou un técnico de son" os que atenden este servizo ubicado na casa da cultura do Carballiño.

Ademáis de lamentar esta situación, recordan os populares como entre os anos 2012 ao 2015 se obtiveron distintas axudas económicas para a biblioteca municipal do Carballiño "tanto para a mellora de fondos bibliograficos como para actividades de animación á lectura" mentres que neste 2016 non se obtivo ningún tipo de axuda "cirustancia que pode ocorrer por dous motivos, que a pediran pero non lla concederan, que se nos antoxa moi difícil, ou ben porque o concelleiro de cultura e educación, que cobra unha dedicación pola súa función, non fixera o seu traballo e non enviase a solicitude a tempo", subliña o Partido Popular.

28, Marzo 2016

Semella que no Outeiro Grande non temos dereito a un servizo tan básico como o da auga. Semella que os que vivimos no Outeiro non temos os xenes que nos fan merecedores, xa non de entrar por unha porta xiratoria como concelleiros dun pobo colindante, senon simplemente de asearnos. 

Resulta insultante que o concello nos peche a auga sen previo aviso, un domingo as catro da tarde, e o lúns sigamos sen auga. Teremos que ir a pedirlle clemencia ó alcalde cacique de turno, pedirlle por favor que nos deixe vivir, que nos deixe asearnos. Ou teremos que preguntarnos, se os máis de 80.000 euros que se leva o ano, non dan pra arranxar as averías.

UNHA VERGONZA, deben estar vostedes moi ocupados contando os cartos da suba do servizo da auga, e os concelleiros con adicación parcial deben estar moi ocupados tomando café e arranxando o mundo participando na alizanza das civilizacións.

27, Marzo 2016

Resulta ser que en Garabás queren colocar unha antena de telefonía. Resulta ser que os veciños non están dacordo coa ubicación proposta xa fai moito tempo. E resulta que no concello de Maside teñen coñecemento desta oposición. Fai cinco meses que cento vinte veciños firmaron en contra, e esas cento vinte firmas tiveron entrada no Concello de Maside.

Resulta ser tamén que nesas mesmas datas, dous concelláis, pedíronlle ós veciños que se "tranquilizaran" e prometéronlle a eses mesmos veciños que farían todo o posible para que a torre non se ubicara dentro da poboación.

Pois ben, medio ano despóis, os veciños de Garabás seguen coa espada de Damocles da antena coa consiguiente alarma social e preocupación polos efectos do invento na súa saúde e por suposto, ninguén do Concello de Maside, tivo a habilidade, decencia ou competencia de dar algunha explicación.

Somella que en Maside, os proxectos que afectan ós veciños hai que facelos con absoluto secretismo. Que a poboación sepa o menos posible, Claro, non vaia ser que se monte unha protesta coma a que se organizóu coa barbaridade da incineradora de rodas e o  alcalde e compañía perdan prestixio.

Dende Garabás quixéramos que nas decisións municipáis que afecten directamente ós veciños,  se nos informe,  que non se nos ningunee e que se conte con nos, así  como contan cando veñen casa por casa a pedirnos o voto.

 

23, Marzo 2016

A Cofradía da Veracruz tan so espera xa a colaboración do tempo, para favorecer a celebración das dúas grandes procesións da semana santa carballiñesa.

A procesión da Sentencia e A Misericordia, que se celebrará na medionoite deste Xoves Santo, está a suscitar certa expectación pola novidade no acompañamento do paso do Noso Señor da Sentencia, que irá custodiado por un escuadrón romano. Cantarán Almudena Mosquera, Emilo Rod´riguez e Maribel López, e contará co acompañemento musical dunha banda chegada dende O Ferrol. Abrirá filas a Cruz Franciscana de Santa María de Mesego.

Asemade, destaca o feito de celebrarse na medianoite, secundando a coñecida como “madrugá” sevillana, onde teñen lugar as procesións de máis sona no mundo. A procesión partirá do Asilo e recorrerá as rúas Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Praza Maior, Aldara, dos Canteiros e Antonio Palacios, ata o templo da Veracruz, onde remata.

Nas rúas que non son peatonais prohibirase o aparcamento nas horas previas, e quedarán cortadas ao tráfico durante a procesión. Ademáis pídese a colaboración da hostalería para que retiren as mesas e as cadeiras e recollan os toldos das terrazas por onde pase a procesión.

A procesión que se prevé máis multitudinaria e que ten un recorrido máis longo é a do Venres Santo, coñecida como a dos “Caladiños”.

Esta procesión partirá ás nove da noite do templo da Veracruz e recorrerá as rúas Evaristo Vaamonde, Conde Vallellano, Aldara, Cesáreo Tizón, Vulcano, Tomás María Mosquera, Praza Maior, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Antonio Palacios.

Nas rúas que non son peatonais prohibirase o aparcamento dende as horas previas á procesión e quedarán cortadas ao tráfico durante todo o recorrido. Esta procesión, que ten tres pasos (María Magdalena, Cristo Xacente e Virxe das Dores), contará nesta ocasión cun remate musical moi novidoso. Trátase da interpretación dun nocturno de Chopin pola formación Alfonso Medela Trío e as voces de Maribel López, Almudena Mosquera, Samino Otero, Emilio Rodríguez, José Luis Reza e o Orfeón do Carballiño. Asemade, durante a procesión, o paso da Doorosa irá acompañado pola banda de gaitas Redegaitas, da Deputación Provincial de Ourense, e da banda de gaitas de Tui.

O concello agradece a colaboración veciñal e dos hostaleiros para permitir que estas procesións se poidan desenvolver nas mellores condicións posibles. Asemade, pide disculpas polo cambio provisional da ubicación dalgúns contenedores de lixo, que dificultan o paso das procesións.

23, Marzo 2016

No ano 2015, estando na oposición, os socialistas criticaban o que este ano eles mesmos practican, xa que a Semana Santa conta unicamente  este ano no Carballiño con actividades relixiosas organizadas pola Cofradía da Veracruz.

Non teñen excusa dende o concello. Teñen orzamento, teñen as súas propias críticas do ano pasado, tiveron tempo de sobra, pero faltoulles intención e vontade para programar actividades nesta Semana Santa, e tamén lles falta a memoría, para recordar o que tanto criticaban cando estaban na oposición.

Foron incluso capaces de modificar a xornada da ruta das tapas, que debería coincidir co Venres Santo e aplazárona 8 dias, deixando asi escapar a posibilidade de aproveitar a afluencia de xente no Carballiño con motivo da procesión, que antes e despois da mesma, garantizaría asistencia de persoas a os locais participantes.

Dende o Partido Popular agradecemos á Cofradía da Veracruz que siga co seu proxecto de Semana Santa do Carballiño como referente no interior de Galicia, aínda que lamentablemente sexa con menor implicación do concello en relación ó ano pasado.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS