
13 stands de establecementos con prendas infantís e de adultos, calzado, complementos, lencería e, por vez primeira, artigos gourmet, estarán abertos dende mañá, venres, 11 de marzo, ata o domingo, 13 de marzo, na Feira do Stock de inverno, que promove o Centro Comercial Aberto, en colaboración co concello do Carballiño. Outra das novidades desta feira será que se entregarán uns bonos sorpresa, con regalos directos, por cada compra superior a 10 euros. Así o sinalou o presidente do CCA, Julián Garriga, durante o acto de presentación deste evento, que se inaugurará este venres dia 11 ás 12 do mediodía na “pista roxa” da Praza do Emigrante. Dominará a oferta o sector da roupa, tanto infantil como para adultos, pero tamén con presenza doutros sectores. En concreto, os establecementos que participan son, por sectores: 1. Prendas infantís como Contos, Píkaros, Duende e Endebén Mundo Infantil 2. Prendas de adultos contamos coa presenza de B-Jeans 8, Aura Modas e El Desván de Mía e Rembrandt 3. Calzado estará representado por Castaño e Pasiños 4. Complementos con Uno de Cada by Quintana 5. Lencería de La Moderna 6. Artigos Gourmet representada por El Jamonar Asemade, Garriga adiantou unha iniciativa para a celebración do Día do Pai. Durante os días 17, 18 e 19 de marzo vanse promocionar os establecementos acollidos ao Centro Comercial Aberto, con actividades de entretemento, como uns zancudos que entregarán diversos regalos e figuras de globoflexia ás portas dos comercios, e a realización de talleres para os rapaces na Praza da Veracruz, na Praza Maior e na Praza Emilia Pardo Bazán. Finalmente, informou doutra iniciativa para desenvolver en Semana Santa, do 21 ao 27 de marzo, que, baixo o lema de “Semana Santa Divertida”, intentará dinamizar o comercio ofrecendo actividades lúdicas para os máis pequenos. O presidente do Centro Comercial Aberto compartiu o acto de presentación co concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, que amosou o poio da súa concellalía e do concello a esta feira, así como ao resto das actividades programadas. Nogueira indicou que a promoción do comercio é un dos obxectivos fundamentais para o concello, xa que é o motor económico do Carballiño. Reiterou o apoio ao comercio de cercanía e ao desenvolvemento de actividades que redunden na dinamización deste sector, resaltando o papel fundamental que representa o Centro Comercial Aberto, que conta xa con 102 socios.
A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), adxudicará dúas vivendas de promoción pública vacantes no municipio do Carballiño. A Comisión Provincial de Vivenda decidiu, na súa reunión de hoxe, iniciar o procedemento de adxudicación de ditas vivendas.
Os inmobles, que se adxudicarán a través do preceptivo sorteo entre os solicitantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, están emprazados na avenida de Compostela 122 do Carballiño.
As vivendas a adxudicar son propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo e xa estiveron ocupadas por anteriores adxudicatarios. O réxime de adxudicación (aluguer ou compravenda) dependerá dos ingresos dos adxudicatarios, xa que a normativa obriga á adxudicación en alugueiro cando os mesmos non superan 1,5 veces o Iprem (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples).

A estación fixa de ITV que se vai instalar no polígono industrial do Carballiño, ten previsto inspeccionar 4.000 vehículos durante o primeiro ano, e 14.000 no 2020. Así o anunciou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, no acto de presentación desta nova estación de ITV, que fai a número 26 das que hai en Galicia con carácter fixo.
Tahoces dixo que este proxecto mellora as prestacións de servizo para a cidadanía e incrementa a seguridade vial. E informou de que esta estación, que se instalará nunha parcela do polígono industrial da Uceira, que era propiedade do IGVS, suporá un investimento de 950.000 euros e creará 4 novos postos de traballo de calidade.
Por isto, sinalou que ésta "é unha moi boa noticia para O Carballiño, e hoxe é un día de ledicia". Tahoces estivo acompañado na presentación polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, así como polo presidente de Supervisión e Control, Amador de Castro, que xestiona as ITV de Galicia, e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz.
Francisco Fumega dixo que esta estación fixa de ITV era unha vella demanda do Carballiño e que abría unha posibilidade de futuro e apuntalamento do polígono industrial.
E recordou que era importante que se creasen catro novos postos de traballo directos, pero que se crearían ainda máis indirectos, polo que expresou o agradecemento dos talleres mecánicos por esta iniciativa. Fumega engadiu que O Carballiño se ubicaba no centro estratéxico das comunicacións de Galicia e que esta condición, xunto coa de ser cabeceira da comarca, lle otorgaba unha situación de privilexio que debía aproveitarse. Finalmente, agradeceu o esforzo da consellería de Economía e Industria, e a deferencia de Ángel Bernardo Tahoces e Amador de Castro, por achegarse ao concello para informar desta boa nova para O Carballiño.
Amador de Castro, pola súa parte, referiuse ao éxito das empresas que representa, e que está baseado non só na calidade técnica das instalacións, senón na calidade do persoal. Así, dixo que haberá moitas melloras técnicas e medioambientais, pero que o máis importante era contar cuns bos profesionais que conformaban un equipo. Por iso, definiu a súa empresa como novedosa e solidaria. Ata agora, no Carballiño só prestaba servizo unha ITV móbil, que inspecionaba vehículos lixeiros durante varios días cada mes, e só unha vez ao ano aos vehículos agrícolas. Unha situación que cambiará en canto se constrúa esta nova estación.

Os locais non deron opción a un Arenteiro que tirou -literalmente- a primeira parte, do minuto 1 ao 45, o Porriño Industrial foi netamente superior, unha superioridade fraguada no centro do campo, onde unha e outra vez marcaron a difererencia, levandose todos os balóns nesta parcela e superando a un fráxil Arenteiro con dous goles nos minutos 14 e 31. Partido correspondente á 28ª xornada na Preferente Galicia, desputado no campo de Lourambal, con presenza de afeccionados do Arenteiro, entre eles varios carballiñeses residentes en Vigo.
Tras o paso por vestiarios, non podía reanudarse o partido de mellor forrma para o Arenteiro, que no minuto 46 recurtaba diferencias no marcador cunha xogada protagonizada en banda por Sanginés, éste envia un balón ao primeiro pau e Martín Pérez, anticipandose á defensa, marca o único gol da tarde para os verdes.
Pero a pretendida reacción foi máis o espellismo do gol que outra cousa, porque o Arenteiro estivo no partido apenas un cuarto de hora, logo no minuto 63 xa chegaba o terceiro do Porriño e no 81 o cuarto e último gol da tarde para un bo Porriño Industrial, xusto vencedor do encontro.
CD Arenteiro: Pachi, M. Castro, Maxi, Aitor, Vilachá, Dafonte, Bardelás, Victor Gallego, Martín Pérez, Dani González e Alberto. Tamén xogaron, Sanginés, Vitti, Iván Portos e Esteban.

No concello de Piñor celébrase a "1ª Semana da Muller" con diversas iniciativas que pretenden concienciar á veciñanza na igualdade de de xénero. No concello carballiñés, ademáis dun acto institucional, tamén se programaron un concurso de fotografía, unha andaina e unha mesa-coloquio.
1ª Semana da Muller
O Concello de Piñor informa da posta en marcha dunha campaña de concienciación sobre a igualdade de xénero, para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Co obxectivo de destacar a importancia da muller ó longo da historia, os avances acadados a nivel de igualdade de xénero e a necesidade se continuar esta loita social, este ano o concello aposta pola “I Semana da Muller”, unha iniciativa que pretende acercar á poboación o tema da igualdade e facela partícipe dun modo orixinal e creativo. Con elo, dende o 8 ó 15 de marzo, as principais dependencias municipais e o Centro de Saúde de Piñor únense nesta campaña igualitaria, levando a cabo dúas accións:
1) “Piñor coa muller”: Implicación dos diferentes Departamentos municipais, de forma que cada dependencia municipal contará cun cartel conmemorativo do Día da Muller, no lugar máis visible para a poboación, destacando a diferentes mulleres recoñecidas ó longo da historia, ben sexa polos seus logros no eido da igualdade ou noutras áreas relevantes.
2) “Doces da igualdade”: para achegar o tema da igualdade de xénero á poboación, as principais dependencias municipais (Atención ó Público, Servizos Sociais, Mediambiente, Urbanismo, Padrón e Alcaldía) e o Centro de Saúde (na consulta do enfermeiro e na da médica) contarán con pequenas chocolatinas marcadas con mensaxes orixinais sobre a igualdade de xénero. A idea é transmitir ideas igualitarias en contra do machismo e a sociedade patriarcal, pero dun xeito orixinal e simbólico. Vamos a “endulzarnos”,vamos a volvernos “máis igualitarios”.
Esta iniciativa, totalmente innovadora no municipio, pretende chegar á poboación dun modo máis directo, facéndoa partícipe da loita por unha igualdade efectiva entre mulleres e homes. Un compromiso máis co III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Piñor (2014-2017).
Actos conmemorativos no Carballiño
A concelleira de Igualdade Marina Ortega deu a coñecer a programación de actividades conmemorativas do Dia Internacional das Mulleres, que se inicia o martes dia 8 de marzo cun acto institucional no salón de sesións do concello carballiñés, onde ademáis se procederá á entrega dos premios do concurso de fotografía "Unha mirada de xénero: a muller e a concilicación", que repartirá 600 euros en vales de compra nos establecementos do Carballiño Centro Comercial Aberto.
Para datas próximas quedará a celebración doutras actividades, como a "5ª Andaina O Carballiño camiña pola igualdade", que terá lugar o domingo dia 13, e unha Mesa-Coloquio sobre "A conciliación ao longo do tempo" o martes dia 15 de marzo.

Luis Iglesias e Beatriz Fernández, resultaron vencedores absolutos, nas categorías masculina e feminina, da IV Media Maratón disputada este domingo no Carballiño.
Iván Docampo e Marina Losa, resultaron vencedores na categoría de 7 Km.
A proba, de 21,9 km., que se recorreron tras dar tres voltas a un circuito que partía da Avenida do Balneario e ía ata a Pena dos Namorados, bordeando o entorno do Parque Municipal, tivounha alta participación, con 350 corredores e corredoras, e foi seguida por numeroso público.
Ao remate da carreira, o atleta nado en Leiro con licenza do Club Atletismo Carballiño, Luis Iglesias Raña, alzouse co triunfo. En segundo lugar quedou José Manuel Corral e en terceiro, Carlos Lorenzo.
Na categoría feminina, venceu Beatriz Fernández, seguida de Mª del Rosario Figueroa e Sonia Teijeiro Ferro.
José Canda gañou a media maratón na categoría senior, seguido de José Luis González e Roberto Santos. E en VAF gañou Maiuca Cortón, seguida de Almudena Vázquez e Lola Rodríguez.
Iván Docampo, gañou a proba de 7 km., seguido de Albino Fernández García, e foi terceiro Cristóbal Dafonte Diéguez.
Nacategoría feminina, a vencedora abolutafoi Marina Losa Miranda, seguida de Lucía Requeijo Requeijo e Elena Pérez González.
Na categoría senior masculina, os vencedores foron: José Canda Lozano, José Luis González Núñez e Roberto Sántos Núñez.
En VAF Feminino, as vencedoras foronMaiuca Cortón, Almuedena Vázquez Fernández e Laia Rodríguez González.
O equipo de atletismo do Carballiñor ealizouunha boa competición, acabando clasificado entre os tres primeiros e subindo ao podio.
Cara á unha e media da tarde, entregáronse os premios, poñendo fin a esta competición organizada polo Club de Atletismo do Carballiño, e a colaboración da área de Deportes do concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 579
- 580
- 581
- 582
- 583
- 584
- 585
- 586
- 587
- …
- seguinte ›
- última »