O Concello de Piñor ven de aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) na sesión plenaria do 25 de febreiro, publicandose no DOG núm. 45, do luns 7 de marzo de 2016.
Os planos do PXOM están expostos no salón de sesións da casa do Concello e tamén na web municipal (www.piñor.es), durante o prazo de dous meses dende a súa publicación no DOG, para a súa consulta por parte de todas as persoas interesadas e tamén para a presentación de alegacións.
Por este motivo, o Concello de Piñor organiza varias charlas informativas nas que o equipo redactor do plan explicará aos veciños e veciñas de cada parroquia as características do plan en cada pobo. As datas, horarios e lugares son os seguintes:
LOEDA: LUNS 4 DE ABRIL 19:00 H CASA DO CONCELLO
CARBALLEDA: LUNS 4 DE ABRIL 20:30 H CASA DO CONCELLO
BARRÁN: MÉRCORES 6 DE ABRIL 19:00 H CASA DO CONCELLO
A CANDA: MÉRCORES 6 DE ABRIL 20:30 H LOCAL ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
TORCELA: SÁBADO 9 DE ABRIL 09:30 H LOCAL ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
COIRAS: SÁBADO 9 DE ABRIL 11:00 H LOCAL ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
A CORNA: SÁBADO 9 DE ABRIL 12:30 H CASA DO CONCELLO

O Arenteiro tivo que remontar un marcador adverso tras adiantarse o Mondariz no minuto 44, polo que se chegou ao descanso co 0-1 no marcador tras unha primeira parte bastante igualada e na que os verdes tamén tiveron un par de ocasións de gol. Pero foi Hugo Tei lanzando maxistralmente unha falta sobre a portería de Israel o que marcou o único gol da primeira parte.
O guión do partido cambeou radicalmente tras o paso por vestiarios. O Arenteiro saíu con decisión en busca da remontada, metendo outra velocidade ao partido que sorprendeu e deixou noqueado ao rival. No minuto 53, tras un tiro de Martín Pérez dentro da área, rexeitou o porteiro visitante e Victor Gallego fixo o gol do empate.
O Arenteiro era un vendaval sobre a área do Mondariz, e no minuto 70 Martín Pérez, de cabeza, volteou o marcador a favor do equipo carballiñés. Despois chegou o penalti a favor do Arenteiro que desperdiciu Dani Chimpin, enviando alto o balón, pero o Mondariz xa estaba cun xogador menos tras a expulsión do central Samu, que ademáis protagonizou un feo xesto á arbitro ferrolanana Raquel Orge.
Xa co Mondariz buscando á desesperada o gol do empate, o que chegaron na recta final do partido foron os goles de Vitti e Sanginés para redondear o resultado para o Arenteiro, merecido pola súa sensacional segunda parte.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Dafonte, Aitor Martinez, Pana, Victor Gallego, Bardelás, Dani Chimpín, Martín Pérez, Vitti e Martín Pérez. Tamén xogaron Maxi, Sanginés, Esteban e Iván Portos.

Máis de cen persoas, entre traballadores e familiares, da fábrica de torres eólicas do Carballiño “GRI Towers Galicia”, do grupo internacional de enerxías renovables, GRI Renewables Industries, participaron na plantación de 800 árbores na contorna da fábrica do papel da Lavandeira.
Bidueiros, arces, aciñeiras, alcornoques e coníferas formarán parte, dende agora, da paisaxe forestal desta contorna natural á beira do río Arenteiro, para converter as 3 hectáreas de superficie desta illa nun lugar de paseo e disfrute.
Esta iniciativa da fábrica de aeroxeradores ubicada no polígono industrial da Uceira, no Carballiño, é a primeira do grupo empresarial GRI que se pon en marcha. A compañía GRI Renewable Industries, con doce fábricas repartidas en sete países (España, Brasil, India, China, EEUU, Turquía e Sudáfrica), compensa desta maneira as emisións de CO2 pola fabricación de torres eólicas durante o ano 2014.
Así o explicou o xerente de GRI Towers Galicia, Cándido González: “por cada torre construida prantamos unha árbore. A estas 800 árbores do Carballiño, engadiranse outras 400 árbores en Madrid”. Así, 1.200 torres construidas, outras tantas árbores prantadas”. Cándido González expresou o seu orgullo por ser a primeira fábrica do grupo GRI Renewable Industries en levar a cabo esta iniciativa, contribuindo a reforestar un espazo natural de incalculable valor e beleza, como o da contorna da fábrica do papel. Por todo isto, amosou a súa satisfacción, reiterando o seu compromiso co Carballiño e co respecto medioambiental.
A este acto tamén asistiron o alcalde, Francisco Fumega; a concelleira de Medio Ambiente, Erika Paz e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, así como a concelleira do PP, Pilar Caride. Francisco Fumega agradeceu a deferencia de Gestamp e de GRI por ter elexido O Carballiño para emprender esta iniciativa que ía permitir recuperar unha das zonas naturais máis fermosas da ribeira do río Arenteiro no Carballiño.
Fumega loubou o compromiso de Cándido González coa vila carballiñesa e resaltou o feito de que a prantación se realizase nunha paraxe de uso público, para o disfrute dos carballiñeses e dos visitantes, na que se atopa a fábrica do papel, que é un exemplo notable da arqueloxía industrial hidráulica de Galicia, que data do ano 1838, e que se vai converter en pouco tempo no primeiro museo do papel obtido con enerxía hidráulica de Galicia e de España.
Tamén felicitou á empresa Bosques Sostenibles, polo magnífico traballo realizado para efectuar a prantación, e o labor de coordinación desenvolvido pola concelleira de Medio Ambiente, Erika Paz. Bosques Sostenibles é unha empresa especializada en actividades e proxectos medioambientais, que se ocupou da selección das árbores e toda a infraestrutura para realizar a prantación con todas as garantías de que convertan o lugar nun auténtico bosque e zona de paseo e lecer nun entorno natural excepcional, preto da fábrica do papel, da Piscifactoría, da Pena dos Namorados e do conxunto etnográfico dos muíños.
Precisamente, os técnicos desta empresa explicaron aos traballadores e familiares da empresa GRI Renewable Industries, que participaron nesta experiencia medioambiental, o xeito de realizar a plantación das árbores. Nos últimos días realizáronse labores de limpeza e preparación do terreo ao redor da fábrica do papel, de xeito que agora pode percibirse con claridade o interese deste conxunto arqueolóxico, etnográfico e natural.

Ao acto inaugural desta exposición asistiu o alcalde, Francisco Fumega, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, os portavoces do Partido Popular, Argimiro Marnotes, e de Alternativa Veciñal, Bernardo García, e a concelleira do PP, Pilar Caride.
A exposición, que consta de vintecinco paneis e podemos ver na casa do concello durante os meses de Abril e Maio, amosa dun xeito didáctico e moi prolífico a vida e a obra de Manuel María, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. O alcalde referiuse no acto inaugural ao intenso programa que ten elaborado o concello para conmemorar as Letras Galegas e que, nunha parte importante, comprenderá actos vencellados con Manuel María e a obra poética que lle adicou ás terras do Carballiño.
Francisco Fumega, que definiu a Manuel María como “O poeta do Orcellón”, en consonancia co alcume de “Poeta da Terra Cha”, adiantou que o próximo 15 de abril vaise presentar nun acto público na Casa da Cultura a reedición do Cantigueiro de Orcellón, que financia o concello en colaboración coa Fundación Manuel María, e que contará coa asistencia da viúva do poeta, Saleta Goy, e do historiador Felipe Senén, autor das ilustracións do cantigueiro que Manuel María lle adicou ao Carballiño e á súa comarca.
Dende a concellalía de Educación e Cultura xa se remitiu información aos centros educativos non só do Carballiño, senón de toda a comarca, para que poidan planificar visitas cos seus alumnos e alumnas. Incluso o concello ofrece un servizo de guía para aqueles centros que queiran percorrer o roteiro do Cantigueiro de Orcellón.
A exposición, que foi elaborada pola Fundación Manuel María, que colabora estreitamente co concello do Carballiño nesta efeméride, permanecerá aberta en horario de 08,00 a 20,00 h., de luns a venres, e de 08,00 a 14,30 h., os sábados, do 1 ao 15 de abril. Trátase da primeira actividade que leva a cabo o concello do Carballiño dentro do programa elaborado pola concellalía de Educación e Cultura co gallo das Letras Galegas. Este programa, que terá preto de vinte actividades culturáis, desenvolverase durante os meses de abril e maio, e será presentado a próxima semana.
Estámonos acostumbrando en Maside a aparecer na televisión. Hoxe puidemos ver nos informativos a varios veciños de Garabás bastante indignados pola colocación, según eles "sin informar a ninguén", dunha antena de telecomunicacións no seu pobo. Pedían a axuda do alcalde, para que lles vote unha man. Lembro, que non fai moito, tamén foi o noso pobo protagonista televisivo das noticias. Naquela ocasión, outros veciños denunciaban que se lles quería colar unha incineradora de neumáticos no medio e medio dun monte, esta vez tamén "pola calada", intentando por parte do Concello, facela pasar por planta de reciclaxe.
Se a tendencia continúa, pode que os masidaos acabemos convertíndonos en asíduos protagonistas da tele. Non podo máis que imaxinar ó incombustible Gaioso de Luar, co seu micrófono adherido ó papo, temendo que os de Maside lle acaben mermando a súa cuota de pantalla.
Lástima que as referencias televisivas ó pobo estean sempre vinculadas a veciños cabreados, moi cabreados.
Se cadra, só se cadra, sería bo que os responsables do goberno municipal, probaran a facer tamén os seus "pinitos" nesto de saír na tele e aproveitaran para dar públicamente as explicacións que os veciños lles veñen solicitando dende fai moito tempo. Veciños ós que representan e cuios intereses defenden, ou eso din.
Entendo tamén que como informóu hoxe a Televisión de Galicia, "non foi posible coñecer a opinión do alcalde". Quero pensar que o rexidor está realmente ocupado preparando a convocatoria do pleno que tivo que ser promovido por case que oitocentos veciños, para rechazar o despropósito da instalación de incineración de neumáticos.
Se cadra, podería delegar o alcalde nalgún dos seus concelláis para informar sobre o conflicto. Ocúrreseme por exemplo, algún concellal cuia dedicación parcial nos costa ós masidaos uns mil euros brutos de bellón ó mes.
En calquera caso, ninguén da explicacións. É máis, por non dar, non dan nin a cara.
Seguindo coa cuestión televisiva, ven ó meu maxin a coñecida parodia do gran José Mota e a súa maxistral imitación de Robert de Niro : "Abogaaado... Sal ratita. Quiero verte la colita".
Pois eso... que alguén teña a decencia de sair e por respeto ós seus veciños, dé as explicacións que se lles pide. (anque non fai falla que enseñe... "la colita").
Unha vez mais as poesias do alcalde do Irixo na prensa escrita distribuida por todos os puntos da provincia de Ourense.As mocions da oposicion leoas unha vez o mes as dos veciños todos os dias, como se ignorara q os da oposicion son veciños do Irixo e representantes de outros veciños q os votaron nas urnas. O alcalde do Irixo deberia disculparse ante os veciños do Irixo polo desprezo e bochorno ofrecido onte no pleno q oxe o estan a ver na prensa en todos os lados.Volven os poemas do alcalde desplis do da incineradora. Daquela frases como poñoa porque me dan a gaña ou botara vapor de auga pola chimenea entre outras .Onte puderonse escoitar alguns poemas do alcade com.AQUI MANDO EU. Ou ACABA DE UNHA PUTA VEZ. Un desprezo os veciños do Irixo. Que magua que o Irixo sempre nos medios por istes razonamentos do seu representante. Haber si toman nota xa de unha vez e esto non se volve a repetir.

Os establecementos hostaleiros do Carballiño ofrecerán este venres, 1 de abril, vintenove formas diferentes de degustar os ovos.
Este produto, que é básico na alimentación e, sobre todo, nas casas do rural, é o elemento esencial desta nova edición da Ruta das Tapas, que fai a numero seis e se adica, ademáis, ás dezaséis parroquias que conforman o concello do Carballiño.
De feito, ao acto de presentación que tivo lugar hoxe no salón de sesións do concello, asistiron representantes de todas as asociacións veciñáis. Entre eles, o presidente da Federación veciñal. Falou en nome de todos Manuel Reboredo, que agradeceu a dedicatoria e aplaudiu a iniciativa.
O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a concelleira de Medio Rural, Rosario González. Diego Fernández salientou a importancia das parroquias na vida da vila e o significado da dedicatoria, que vai máis alá da gastronomía e da promoción dun sector tan importante no Carballiño como o hostaleiro.
O concelleiro fixo fincapé na promoción desta iniciativa que, ainda que está xa moi consolidada, é un evento que atrae en cada edición a máis visitantes. Asemade, xustificou a ausencia do alcalde e do concelleiro de Turismo, que se atopa convalecente.
Os pinchos ofrecidos hoxe como mostra polos representantes da hostalería van dende o tradicional prato de ovos fritidos con xamón, ata arepas, nidos de ovo ou madalenas de ovo con pementos. Son só unha parte das vintenove formas culinarias de preparar uns ovos que se poderán degustar, ao prezo de 1 euro, a partir das oito da tarde deste venres, nos mesóns e cafeterías integrados na Ruta das Tapas

A iniciativa ten como finalidade a recollida de material para atender as necesidades dos refuxiados en Lesbos, victimas da guerra.
Dende a asociación "Casa Aberta" de Maside pídense "mantas novas ou usadas, sacos de durmir, tendas de campaña, leite infantil, biberóns, respiradores infantís, muletas, bastóns, cadeiras de rodas, prótesis, medicamentos non caducados e material de hixiéne".
As doazóns poden entregarse na sede da asociación "Casa Aberta" no antigo grupo escolar de Maside, durante esta semana e ata o próximo domingo dia 3 de Abril, en horario de 10 a 12 e de 19 a 21 horas. Tamén pode facerse entrega dos donativos nos bares da vila de Maside, que colaboran con esta actividade solidaria, aberta tanto á veciñanza masidá como doutros concellos.
O grupo municipal do Partido Popular considera que "o concello do Carballiño non dispón na biblioteca de personal cualificado para atender as necesidades deste servizo dende finais de 2015, e tampouco parece que teña intención de contratalo".
Engaden como "en anos anteriores a biblioteca estivo cuberta con persoal cualificado, pero na actualidade tanto pode ser un coordenador de deportes ou un técnico de son" os que atenden este servizo ubicado na casa da cultura do Carballiño.
Ademáis de lamentar esta situación, recordan os populares como entre os anos 2012 ao 2015 se obtiveron distintas axudas económicas para a biblioteca municipal do Carballiño "tanto para a mellora de fondos bibliograficos como para actividades de animación á lectura" mentres que neste 2016 non se obtivo ningún tipo de axuda "cirustancia que pode ocorrer por dous motivos, que a pediran pero non lla concederan, que se nos antoxa moi difícil, ou ben porque o concelleiro de cultura e educación, que cobra unha dedicación pola súa función, non fixera o seu traballo e non enviase a solicitude a tempo", subliña o Partido Popular.
Semella que no Outeiro Grande non temos dereito a un servizo tan básico como o da auga. Semella que os que vivimos no Outeiro non temos os xenes que nos fan merecedores, xa non de entrar por unha porta xiratoria como concelleiros dun pobo colindante, senon simplemente de asearnos.
Resulta insultante que o concello nos peche a auga sen previo aviso, un domingo as catro da tarde, e o lúns sigamos sen auga. Teremos que ir a pedirlle clemencia ó alcalde cacique de turno, pedirlle por favor que nos deixe vivir, que nos deixe asearnos. Ou teremos que preguntarnos, se os máis de 80.000 euros que se leva o ano, non dan pra arranxar as averías.
UNHA VERGONZA, deben estar vostedes moi ocupados contando os cartos da suba do servizo da auga, e os concelleiros con adicación parcial deben estar moi ocupados tomando café e arranxando o mundo participando na alizanza das civilizacións.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 579
- 580
- 581
- 582
- 583
- 584
- 585
- 586
- 587
- …
- seguinte ›
- última »