O Partido Popular do Carballiño suprime a publicidade electoral de rúa "para non entorpecer" coa tradicional campaña comercial do nadal.
Á vez, os populares botan en falta actividades de animación nestas datas do nadal que viña organizando o concello carballiñés nos útlimos anos, como a pista de xeo que se instalara na Praza do Emigrante.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:
O partido estivo marcado polas imprecisións defensivas que propiciaron os catro goles que poideron verse no Estadio do Couto e unha deficiente arbitraxe do colexiado ourensano Renny Mazaira, que se tragou un penalti de libro -tanto él como o auxiliar de banda- sobre Vitti xa co 2-2 no marcador. Deu como legal o primeiro gol do Ourense, precedido dunha falta ao porteiro do Arenteiro. Antes, os locais protestaron a anulación dun gol e reclamaran, xa na primeira parte aínda co empate inicial, outro posible penalti na área do Arenteiro. Foi tamén sorprendente a expulsión do adestrador Jorge Regal, cando o balón estaba en xogo, parou éste para ordenar a expulsión. Un total despropósito.
Polo demáis, Ourense e Arenteiro rivalizaron en erros defensivos que deron lugar aos catro goles. Vitti adiantou ao Arenteiro no minuto 41 tras un fallo do meta local, no minuto 52 outra xogada polémica, un dianteiro do Ourense carga na área pequena sobre o porteiro Israel, ao que desequlibra, o baón queda vivo e aproveitao Bruno para empatar. Apenas unhos minutos despois, no 58 de partido, volveu adiantarse o Arenteiro nunha das mellores xogadas da tarde dos verdes, que propicia o gol en propia meta dun defensor ourensano. Finalmente, tras outra imprecisión defensiva do Arenteiro no minuto 63 chegou o gol do empate de Adrian Padín, que sería definitivo.
O CD Arenteiro saltou ao campo do Couto con Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Marcos Sotelo, Dafonte, Bardelás, Marc, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. No transcurso do encontro tamén xogaron Marcos Castro, Martín Pérez, Pana e Gele.

Faleceu en Maside aos 59 anos de idade. Con José Luis Barreiro como presidente da organización, na década pasada, a Festa do Cabalo de Maside vivíu anos de un gran impulso e popularidade.
Tamén obstentou durante algunhos anos a presidencia do equipo de fútbol da localidade, o Maside F.C, e foi un gran animador dos felos na festa do entroido. Descanse en Paz.
Partido Popular e Veciños de Piñor comparten o goberno municipal que preside o alcalde José Luis González.
Non obstante este feito non impedíu que na última sesión da corporación o grupo da oposición -O PSdeG- contase co apoio dos dous concelleiros de Veciños de Piñor para aprobar unha moción na que se pide a derogación da Lei 27/2013 de racionalización e sustentabilidade da adminstración local.
Ademáis, a moción tamén pide que mentres non se deroge a Lei, se proceda á devolución das competencias aos concellos en materia de servizos sociais.
Para acceder ao comunicado de prensa do Grupo Municipal Socialista prema no arquivo adxunto:

A concelleira de Benestar Social Marina Ortega entregou os diplomas aos 24 integrantes de ASPADISI que, durante os últimos 3 meses, viñeron participando nun variado programa de activiades deportivas promovidas dende este departamento municipal. Este programa completouse cunha andaina celebrada esta mañá.
Aprobeitando a visita da concelleira ás instalacións de ASPADISI, mostraronlle a decoración de nadal, asi como os traballos realizados polos membros desta asociación "que poden ser un bo agasallo de Nadal, xa que son xoguetes e adornos feitos en madeira e de xeito totalmente artesanal, subliñou a concelleira de Benestar Social co concello carballiñés.
Quizás no peor partido do Arenteiro no que vai de liga no Estadio de Espiñedo, os verdes lograron -eso foi o mellor da tarde- volver á senda das victorias, deixando atrás unha série de 3 derrotas. Corría o minuto 72 de partido cando Marcos Sotelo sorprendeu cun magnífico zurdado dende 25 metros que se colou como unha exhalación sen que o porteiro da Unión Grove non poidese facer nada para evitar o gol local.
O partido estivo atascado dende o inicio, cunha primeira parte mala de solemnidade, e unha segunda na que tan so a incerteza no marcador mantiña a emoción dos aburridos afeccionados que acudiron a Espiñedo.O Arenteiro xogou dende o minuto 84 con dez xogadores, por expulsión directa de Victor Gallego.
Ambos equipos dispuxeron dun par de ocasións de gol no transcurso do partido, as dúas do Arenteiro a balón parado, na primeira parte na execución dunha falta na que Marc enviou o balón ao longueiro, e na segunda metade, tamén ao lanzamento doutra falta, que rematou con moita intención Vitti e a pelota foise fora por pouco.
Xa no tempo de desconto, e acaso na mellor xogada da tarde dos verdes, Pana culminouna cun gol que foi anulado polo árbitro lucense Jesús López, a instancia da asistente internacional Tania Fente, que o próximo martes formará parte do trio arbitral que dirixirá o Israel-Gales de fútbol femenino.
No Arenteiro formaron de inicio: Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Marcos Sotelo, Dafonte, Bardelás, Marc, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sanginés, Victor Gallego, Ocampo e Pana.

O salón de actos do Aparthotel Arenteiro, que completou o seu aforo cunha numerosa representación da vida social, cultural, deportiva e política, acolleu o acto de entrega dos galardóns da Arenteira, instituidos por este establecemento hoteleiro para recoñecer as persoas que se distinguen polo seu traballo e traxectoria no ámbito do deporte, a cultura e a ciencia nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Nesta edición de 2015, o galardón da Arenteira do deporte correspondeu ao carballiñés de adopción José María Martínez Magdaleno "pola súa dilatada traxectoria deportiva dentro do mundo do automobilismo na súa etapa como piloto, loitador incansable, que gañou o aprecio popular e dos seus compañeiros", recolle a acta do xurado.
No ámbito da cultura e a ciencia o galardón da Arenteira foi para o carballiñés Felipe-Senén López Gómez pola "súa longa dedicación e sólida formación no mundo das humanidades, a súa traxectoria profesional na museoloxía, arqueoloxía e antropoloxía, xunto coa súa aportación e implicación personal coa cultura galega e carballiñesa". Tamén premia o xurado "a súa condición de embaixador do Carballiño alá onde vai".
Finalmente, o xurado outorgoulle a Arenteira a título póstumo ao tamén carballiñés Faustino José Pérez Sanmartín "Fusi" -falecido anos atrás nun accidente de tráfico- do que valora moi especialmente "unha vida curta pero intensa dedicada ao fútbol e a súa ensinanza, deixando pegada imborrable nos moitos rapaces que foron alumnos seus nas escola municipal de fútbol". Recolleu o premio o seu pai.
Patrocinio para o deportista paralímpico José Manuel Prado
O deportista carballiñés de Boccia, José Manuel Prado, que recibira fai dous anos o galardón da Arenteira, contará a partir de agora co patrocinio do grupo CER&BER, de tal maneira que poderá desplazarse a Pekín e Rio de Janeiro, asi como a outros eventos internacionais nos que competirá nos próximos anos. O compromiso foi feito público neste acto por Uriel Bernárdez, no nome do grupo empresarial carballiñés, propietario do Aparthotel Arenteiro, e organizador dos premios da Arenteira.

A masidá Mª Jesús Rodríguez Gulías, ex-alumna do IES Nº1 do Carballiño obtivo o Premio á Mellor Tese Doutoral sobre emprendemento e creación de empresas dirixidos a teses en todas as Universidades españolas. O título do seu traballo é: El origen universitario como determinante del resultado empresarial de las spin-offs española: Análisis de la supervivencia, crecimiento e innovación.
O galardón insírese no premios “CEUSAL 2015” outorgados pola Cátedra de Emprendedores da Universidade de Salamanca (CEUSAL) cos que se recoñecen os mellores traballos de fin de grao, mellores traballos de fin de máster e a mellor tese doutoral sobre emprendemento. A dotación económica do premio é de 2.500 euros.
Os resultados da investigación de Rodríguez Gulías, baixo a dirección da profesora Sara Fernández e do profesor David Rodeiro do grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada da USC, recomendaban apoiar a creación e desenvolvemento das spin-off universitarias xa que “ contribúen ao desenvolvemento económico e social da súa contorna mediante a creación de riqueza e de emprego e dinamizando a innovación”. Segundo este traballo de investigación, estas fórmulas empresariais atopan maiores dificultades que outras empresas para sobrevivir.
A tese obtivo a comezos de 2014 a máxima cualificación, sobresaliente cum laude, outorgada por un tribunal que presidiu Arturo Rodríguez Castellanos (Universidade do País Vasco) e que integraban Alfonso Rodríguez Sandiás (USC), Loreto Fernández (USC), Nuria Begoña Calvo Babío (Universidade da Coruña) e Alberto Vaquero García (Universidade de Vigo).
Actividades contra a violencia de xénero no IES nº 1
O IES Nº1 do Carballiño está a levar a cabo unha serie de iniciativas con motivo do Día Internacional contra a Violencia cara as mulleres. A primeira actividade foi a publicación dos datos das vítimas por violencia de xénero deste ano. O obxectivo é sacalas do anonimato, da fría estatística numérica e visibilizar a todas e cada unha delas, para que se teña en conta que cada cifra agocha un nome, unha vida, unha familia, un agresor. Para iso colocáronse os datos tomados da Plataforma cordobesa contra la violencia a las mujeres na entrada do centro, para que os números non impidan ver a realidade.
Convocouse ademais un Concurso de tuits contra a violencia de xénero, coa finalidade de que o alumnado participe activamente en xerar mensaxes que sirvan para previr ou denunciar eses comportamentos, utilizando a rede social Twitter. Por último propuxéronse unha serie de ferramentas para traballar o tema nas titorías ou nalgunha outra materia: documentais sobre o tema, cancións e outras actividades moi diversas que inclúen tamén aplicacións para smarphone nas que se pode comprobar se as relacións amorosas son saudables.
Os populares responden ás críticas do PSdeG e emplazan ao goberno municipal para que proceda á contratación dunha auditoria externa tal como acordou o pleno da corporación "pois non entendemos cál é o motivo para o seu retraso", manifestan.
O PP defende a súa xestión económica e afirma que foron os socialistas os que fixaron as condicións contratuais con Viaqua, empresa que reclamaba ao concello 1,4 millóns de euros, pero a xestión do PP conseguíu que a xustiza so lle recoñecera 590.000 euros "un asunto que lle supuxo unha factura de letrados dunhos 120.000 euros que antes de ser aprobada foi exhaustivametne comprobada para cumprimento das tarifas fixadas polo colexio oficial de avogados", subliñan os populares.
Para acceder ao comunicado íntegro do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

O concelleiro socialista critica que o grupo de goberno solicite un crédito de 50.000 euros "para liberar tensións de tesoureiría cando en realidade vaise destinar a pagar tres dedicacións parciais dun grupo de goberno que costará a este concello 4.059,43 euros ao mes", asgurou Iago Fariñas no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio.
Para acceder ao comunicado de prensa do PSdeG prema no arquivo adxunto:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 587
- 588
- 589
- 590
- 591
- 592
- 593
- 594
- 595
- …
- seguinte ›
- última »