23, Novembro 2015

Os socialistas, por medio dun comunicado asinado pola Agrupación Local do Carballiño, cargan contra o exalcalde Marnotes, ao que fan responsable de levar ao concello a "unha situación económica lamentable". Aseguran que se encontraron con 1 millón de euros en facturas "gardadas no caixón".

Para acceder ao comunicado de prensa da Agrupación Local Socialista do Carballiño prema no arquivo adxunto:

22, Novembro 2015

Un autogol de Dani Arbo abríu o camiño da victoria do Portonovo ante o Arenteiro, ata ese momento, minuto 57, o partido estivera bastante igualado e ramplón, xa que  ningún dos contendientes sobre o campo de Baltar fixera méritos para adiantarse no marcador, que finalmente conseguiron os portonovenses tras a xogada de infortunio do central do Arenteiro.

Foi unha acción na que Dani Arbo pretende ceder ao gardamenta Israel, pero a cesión convirtese nun chupinazo en toda regla que rebasa por alto ao porteiro do Arenteiro que, ante súa desesperación ve como o balón chega ao fondo da portería. Tras a desgraciada xogada o Arenteiro repúxose e de feito dispuxo das mellores ocasións de todo o partido para igualar o marcador, por dúas veces Dani Vázquez e unha Martín Pérez só fallaron na definición final.

Cando se presentía o empate, no minuto 71 chegou o segundo gol do Portonovo e ahí morreu o partido, a partir dese momento o Arenteiro xa non tivo opcións e o Portonovo mantivo o resultado sen problemas.

Con este resultado en Portonovo o Arenteiro suma a terceira derrota consecutiva nun mes de novembro negro para os intereses carballiñeses, que o domingo reciben en Espiñedo á USD O Grove.

No partido desta tarde o Arenteiro saíu de inicio con Israel, Gele, Maxi, Dani Arbo, Ocampo, Dafonte, Marc, Martín Pérez, Sanginés, Victor Gallego e Dani Vázquez. Tamén xogaron Bardelás, Marcos Castro, Vitti e Marcos Sotelo.

19, Novembro 2015

Tras permanecer de baixa durante unhos meses para recuperarse dunha doenza, o rexedor municipal ven de asumir novamente as responsabilidades na alcaldía do Irixo.

Manuel Penedo avanzou -no transcurso dunha interveción nesta emisora de radio- que para o primeiro semestre de 2016 o concello do Irixo contará con planeamento urbanístico coa entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Muncipal -PXOM- que "vai posibilitar aos veciños que poidan acometer a construcción de novas vivendas e tamén a ampliación de varios cemiterios parroquiais, que hai tempo que están agardando pola aprobación do PXOM para acometer eses proxectos para os que hai demanda en varias parroquias".

Outra das actuacións que se anuncian como próximas por parte do concello é a relativa a continuidade dos traballos de acondicionamento da chamada "Ruta dos Castros", que partindo do Muiño do Río, en Irixe, percorre polas antigas minas, o castro de Orros, o castro da Cidá, Valdesoiro, Santiso e Souteliño "será unha ruta dunhos 15 Km. e totalmente homologada", subliñaba Penedo.

Tamén anunciaba o alcalde do Irixo que o concello vai acometer obras de acondicionamento no centro social do Campo, para adaptalo á normativa como velorio "esto farémolo xa, e no transcurso dos próximos anos a intención é acondicionar o resto dos locais que están nesta mesma situación, que deben 8 no conxunto do Irixo, precisamente no pleno que celebrarémos o próximo mércores tomarémos un acordo para pedirlle á Xunta unha moratoria de dous anos para adaptar este locais sociais á normativa", dixo.

18, Novembro 2015

Asi o confirmou nesta emisora de radio o alcalde da localidade, Antonio Montero. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Avión pasará dos 6 efectivos cos que conta na actualidade aos 9 que terá a partir de 2016 e durante os próximos 3 anos.

O rexedor municipal tamén avanzou que os 6 traballadores que dende agosto de 2013 veñen desenvolvendo esta actividade verán prorrogados os seus contratos atá o 31 de Decembro de 2018, mentres que para cubrir as 3 prazas de nova creación o concello de Avión procederá próximamente á convocatoria do correspondente concurso público para a selección do novo personal.

Desta maneira, o alcalde de Avión verá atendida unha demanda na que viña insistindo nos últimos anos, que se incrementase o número de efectivos neste GES que ademáis do municipio de Avión cubre as emerxencias noutros concellos limítrofes das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

17, Novembro 2015

A falta de información -afirman dende Plataforma Masidá- sobre o proxecto de instalación "dunha planta de incineración pirolítica de neumáticos nun monte comunal a 200 metros dun núcleo de vivendas e dun colexio público" levan a este colectivo a promover unha Iniciativa Popular Local no concello masidao.

Para elo deben reunir as sinaturas de apoio das persoas con dereito a sufraxio no municipio, que no caso de Maside ao ser menor de 5.000 habitantes, debe representar o 20% do censo electoral. Trátase dunha figura de participación cidadán que recolle a Lei Reguladora de Bases de Rexime Local.

Antonio Iglesias, un dos promotores desta Iniciativa Popular, calcula que serán necesarias unhas 500 ou 600 sinaturas "en todo caso cantas máis mellor", subliñou nesta emisora de radio. A recollida de sinaturas está xa en marcha e esperan nunhas cantas semanas reunir as sinaturas necesarias.

No caso de prosperar, motivará a convocatoria do pleno extraordinario da corporación municipal de Maside, que deberá logo debatir e votar a Iniciativa Popular, neste caso relativa a posible instalación no municipio dunha planta para o tratamento de neumáticos usados.

15, Novembro 2015

Cando ao cuarto de hora da segunda metade o Arenteiro consigue poñer o 2-0 no marcador de Espiñedo, ninguén podía esperarse que en apenas dous minutos desperdiciase unha vantaxe tan importante e que os verdes acabasen perdendo o partido. Pero asi aconteceu, de nada serviron os dous goles iniciales dos carballiñeses, o segundo de penalti, porque logo o Gondomar daríalle a volta ao marcador. Incomprensible.

Outra primeira parte do boa do Arenteiro, tamén iniciou ben o segundo periodo, pero cando parecía que o partido estaba máis que encarrilado, chegou a fatalidade dos minutos 62 e 64, a fatalidade ou a falta de concentración da retagarda carballiñesa, que permitíu a igualada visitante en dous minutos. Depois, o partido pasou a ser de ida e volta e nesa lotería os do Gondomar fixeron o terceiro gol e con él, levanse os 3 puntos.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Ocampo, Pana, Dafonte, Bardelás, Victor Gallego, Sanginés, Martín Pérez e Marcos Castro. Tamén xogaron Gele, Marc, Vitti e Marcos Sotelo.

Na vindeira xornada -a 14 do campionato-, o domingo 22, o Arenteiro desplázase ao campo de Baltar para enfrontarse ao Portonovo.

15, Novembro 2015

O concello do Carballiño sumouse ao mediodia deste domingo ao minuto de silencio convocado pola FEGAMP en sinal de condena polos atentados terroristas de Paris e de solidaridade coas víctimas.

12, Novembro 2015

A au la CEMIT do Concello do Carballiño, ubicada no segundo andar da casa consistorial, está renovando neste días os seus equipos grazas ao convenio asinado coa Xunta de Galicia e  co se mantén este centro aberto dende o ano 2011.

A renovación consitiu na substitución das antigas unidades CPU, para instalar unhas que ofrecen maiores prestacións. En total instalárnose 15 destas unidades, que nesta mesma semana xa estarán a disposición dos usuarios desta aula municipal.

Na actualidade a aula CEMIT do Carballiño ofrece varias actividades formativas, repartidas durante todo o ano, nesta semana remata a última das convocadas, un curso de iniciación á informática que contou cunha ampla demanda por parte dos veciños e veciñas do Carballiño.

Pero ademais dos cursos a aula CEMIT está aberta para que tódolos veciños e veciñas do Carballiño poidan usar estes ordenadores, todos eles conectados á rede polo que se lles brinda a posibilidade de realizar todo tipo de consultas a través de internet, dun xeito seguro e rápido.

Deste xeito son moitos os cidadáns que acuden a esta aula para consultar as demandas de emprego das administracións ou as empresas privadas, e tamén os que aproveitan esta tecnoloxía para contactar cos seus familiares que están fóra de Galicia.

O horario de apertura desta aula CEMIT é de luns a venres de 8:00 a 13:30, estando este horario condicionado á celebración de cursos e actividades.

 

10, Novembro 2015

O proxecto fora adxudicado durante o anterior mandato municipal, aínda co Partido Popular no goberno do concello do Carballiño, por un importe de 59.933,18 euros.

Para acceder ao comunicado de prensa do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

9, Novembro 2015

O concello do Carballiño afirma que "as brigadas municipais actuaron con celeridade para dar cobertura a todolos afectados, cun operativo no que participaron o responsable dos servicios eléctricos municipais, e o mesmo tempo tanto Protección Civil como Policía Local iniciaron o protocolo propio destes casos, dirixidos polo alcalde carballiñés. Así a Policía Local dotou rapidamente de servicio de telefonía e comunicación o Centro de Saúde, afectado pola incidencia".

Efectivos  de Protección Civil tiveron que rescatar a dúas persoas que  quedaron atrapadas en ascensores. En concreto tiveron que rescatar a un vecino da Praza do Emigrante e outro da avenida 25 de Xullo. Outros veciños -polo menos en catro edificios do Carballiño- foron atendidos por persoal das empresas de mantemento dos ascensores.

Tal e como informaron dende a empresa subministradora , o problema tivo a súa orixe nas proteccions da liña de media tensión, afectando á maioría dos centros transformadores que abastecen o casco urbano do Carballiño. Tamén resultaron afectados centros transformadores do concello de Maside, de feito, a zona da Fontela foi a primeira en quedar sen suminstro.

A maior parte da poboación carballiñesa quedou sen suminstro eléctrico ás 21:37 horas do pasado domingo, os cortes tiveron distinta duración según o centro transformador que abastece a cada zona, asi, as máis tardías en recuperar a normalidade non o fixeron ata ben pasadas as once da noite. Maís tarde, na mesma noite do domingo e aínda na mañá do lúns, producironse varios microcortes, que volveron afectar a unha gran parte dos usuarios do casco urbano carballiñés.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS