
A agrupación política de ámbito local "Polos veciños", que entrou na escea política do Irixo nas pasadas eleccións municipais conseguindo acadar representación na corporación do Irixo, inicia a publicación dun boletín informativo que dende esta semana será distribuído entre a veciñanza, e no que aborda a actualidade municipal dos últimos meses e fai varias críticas á xestión política do grupo de goberno do Partido Popular.
Para acceder ao boletín prema no arquivo adxunto:
Os verdes tiveron que remontar un marcador adverso dende o minuto 12 de partido, tras o gol inicial do Sporting Celanova. Logo, o Arenteiro empatou por mediación de Victor Gallego no minuto 43, e xa na postrimería do encontro Esteban fixo o gol da victoria ( 1-2 ) que clasifica ao Arenteiro para a seguinte ronda do torneo de copa. Tarde moi fria e con forte vento no municipal de San Rosendo de Celanova, con marioría de seguidores do Arenteiro, no partido que siñificou a despedida de Jorge Regal como adestrador.
O gol dos locais aínda cando se xogaban os primeiros minutos de partido complicou o partido para o Arenteiro. Tras o gol do Sporting Celanova, o partido no resto de toda a primeira parte foi un monólogo do Arenteiro que tivo varias ocasións para marcar antes de que chegase o gol de Victor Gallego tras unha boa combinación en ataque dos verdes.
O go do empate volvía clasificar ao Arenteiro que, non obstante non foi capaz de cerrar a eliminatoria cun segundo gol que se fixo esperar ata o suspiro final. Antes, o Celanova dispuxera dun par de ocasións para meter o susto no corpo dos verdes, que finalmente e non sen sufrimento lograron o obxetivo.
CD Arenteiro: Israel, Ocampo, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás, Victor Gallego, Marcos Castro, Vitti (Marcos Sotelo, m. 61) e Dani Vázquez (Esteban, m. 83).
O Club deu a coñecer este sábado a decisión na súa páxina WEB e nas redes sociais. O técnico dirixirá por última vez ao equipo este domingo 27 de Decembro no campo de San Rosendo de Celanova en partido de volta dos octavos de final da Copa Deputación ante o equipo local do Sporting Celanova ( 0-0 na ida en Espiñedo).
No comunicado oficial do club agradécese o traballo desenvolvido por Jorge Regal dende o pasado mes de Xullo, cando se fixo cargo da dirección do equipo. Aínda que no primeiro tercio da liga o equipo estivo a un bo nivel e incluso en varias xornadas figurou en postos de promoción de ascenso, a deriva negativa dos últimos partidos provoca unha decisión que se veu madurando no transcurso da última semana.
O club tamén confirma que despois deste partido en Celanova faise cargo dos adestramentos e dirección técnica do equipo, ainda que de forma eventual, o preparador físico, Diego López.

Un grupo de alumnos de 4º de ESO do IES Chamoso Lamas do Carballiño rodarán unha película sobre a historia dos arrieiros dentro do programa Cine en Curso, da Consellería de Educación. Cine en curso defínese como un programa de pedagoxía “do cine e co cine” porque persegue un dobre obxectivo prioritario: achegar a mocidade ao cine como arte, creación e cultura, e explorar as potencias pedagóxicas da creación cinematográfica.
En Galicia o CGAI coordina Cine en Curso en colaboración co Plan Proxecta, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Este ano o centro carballiñés foi elixido novamente por terceiro ano consecutivo para participar nun programa do CGAI, polo que dende o mesmo manifestan a súa satisfacción, xa que só se conceden 4 proxectos cada curso.
Os alumnos xa empezaron a traballar dirixidos e orientados polo director de cine Ángel Santos e coa coordinación dun grupo de cinco profesores, que nestes últimos anos estiveron a traballar a linguaxe fotográfica cos alumnos, o que diu lugar a varias exposicions que percorreron diferentes salas de Galicia e foron seleccionadas para participar no Outono fotográfico.
O resultado do traballo sobre os arrieros dará lugar á realización dunha película na que os propios alumnos aprenderán a levar a cabo todas as funcións habituais dunha rodaxe, cun equipo técnico similar aos que se empregan no cine profesional. A súa estrea producirase a fin de curso, nunha proxección que se fará no CGAI co resto dos traballos feitos en Galicia e os profesionais que participaron no mesmo, a que acudirán os profesores e alumnos participantes.
Haberá tamén unha estrea no Carballiño, no marco da XXXIII edición das Xociviga, que colaboran neste proxecto dende o primeiro momento, para facilitar o seu visionado ás familias dos rapaces participantes e a toda a comarca do Carballiño.
O Partido Popular gaña en 18 das 19 mesas electorais no concello do Carballiño. A única excepción é na mesa B da Uceira, onde os socialistas consiguen unha simbólica victoria por 2 votos de diferencia.
Para consultar os resultados electorais mesa a mesa, participación, e a comparativa con 2011, pode acceder ao arquivo adxunto:
Un gol en cada parte derrotou ao Arenteiro na súa visita a Lalín, unha derrota dos verdes con matices, xa que tras unha mala primeira parte, tras o descanso o Arenteiro foi superior e mereceu, polo menos, o empate. Non obstante foron os do Deza os que se levaron o partido tras sentenciar cun segundo gol, que ademáis foi en claro fora de xogo.
Sen ánimo de poñer excusas á derrota do Arenteiro, que continúa nunha dinámica de resultados moi negativa, o certo é que tampouco a sorte acompaña a este equipo. Nos primeiros 20 minutos de partido o Arenteiro fabricou ata 3 claras ocasións de gol, pero a errática definición volve pasar factura aos verdes, pola contra o Lalín marcou na única ocasión que tivo, que ademáis ven propiciada por un fallo defensivo do Arenteiro. A partir do gol local, o Arenteiro veuse abaixo.
Logo, na segunda parte, o Arenteiro recuperou o control do xogo e volveron chegar as ocasións, pero nin Victor Gallego, nin Vitti nin Sanginés -ao que anularon un gol por fora de xogo- souberon definir. Cando parecía que estaba cerca o empate, o que chegou foi o segundo gol do Lalín, como deixamos dito, en claro fora de xogo.
CD Arenteiro: Pachi, Ocampo, Maxi, Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás, Marc, Victor Gallego, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sanginés e Marcos Castro.

O Subsector da Garda Civil de Tráfico de Ourense, iniciou no pasado mes de Xuño unha investigación denominada "Operación Radar", en colaboración coa Jefatura Provincial de Tráfico, que finalmente tiña os seus puntos neurálxicos nas localidades do Carballiño e Lalín.
Na mencionada investigación, na provincia de Ourense, detectáronse 37 expedientes por multas de tráfico (controis fixos de velocidade), más non sendo parado o vehículo no momento de cometerse a infracción, os propietarios dos vehículos implicados , tiñan a obrigación, cando recibían a notificación no seu domicilio, de identificar ao condutor. En todos os casos investigados, e co fin de eludir o pago da multa e evitar a perda de puntos, os implicados identificaron a un mesmo condutor, que se trataba dun cidadán portugués con domicilio en Lalín. No domicilio que aportaban os investigados, vivía unha familia, que cando chegaba a notificación de correos coa sanción, recollíana e que foron tamén implicados investigados. A meticulosidade da investigación determinou a configuración dun modus operandi desenvolvido de forma metódica e calculada durante un período de 6 anos (2009-2015). O nexo que tiñan en común era un taller de compra venda de vehículos, que lles orientaba para evadir pagar as multas, nalgúns dos casos quedábase co importe da multa e dáballes os datos do condutor portugués, para evitar a retirada de puntos; e noutros só informáballes dos datos do condutor. Entre as persoas implicadas investigadas, atópase o propietario do taller,asi como tres residentes do domicilio de Lalín, onde chegaban as notificaciones aos conductores dos vehículos sancionados. O total da cuantía das sancións que nunca chegou a abonarse ascende a uns 12.000 euros. Esta investigación estendeuse ás catro provincias galegas, determinándose como puntos neurálxicos as localidades de Carballino e Lalín, ao detectar 55 expedientes nos que se indentifcaba como condutor responsable á mesma persoa, de nacionalidade portuguesa. |
|

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, e os directivos do Cine-Club Ricardo Paz e Antonio Godás presentaron estas actividades cinemotrográficas enmarcardas na programación de nadal do concello carballiñés.
Neste Nadal teremos unha variada oferta cinematográfica no Carballiño. O Cine Club e o Concello organizan dous ciclos de cine, un dirixido ao público familiar, especialmente aos mozos e cativos, e outro centrado no problema dos refuxiados.
Este último ciclo iniciarase o día 19 de decembro ás 20:00 horas coa estrea en Galicia de District Zero, que conta a historia dun refuxiado sirio que vive no campo de Zaatari (Xordania) e que, desde a súa tenda de móbiles, axuda a outros refuxiados a imprimir fotos de tempos máis felices. A película documental estreouse o 20 de septembro no 63 Festival de Cine de San Sebastián dentro da sección Zinemira.
Contaremos para a súa presentación con un representante de Intermon Oxfam, ong que traballa con refuxiados. As outras tres películas que compoñen o ciclo proxectaranse no Auditorio Municipal os días 21, 22 e 23 de decembro, en horarios de 20:00 (versión dobrada ao castelán) e 22:30 horas (VOS). A primeira delas é Almanya:Benvido a Alemania, unha mestura de drama e comedia que reflicte o tema da inmigración turca en Alemania. O 22 teremos unha auténtica delicia, a canadiana Profesor Lazhar, que no ano 2011 foi nominada aos Oscar, aplaudida pola crítica e polo público, recibiu o premio FIPRESCI na Semana de cine de Valladolid, o de mellor película canadiana dese ano…O ciclo pecharase con Welcome, película francesa que trinfou no 2009 nos premios César do seu país.
O ciclo adicado ao público máis novo componse de tres películas que se proxectarán ás 18:00 horas no Auditorio municipal os días 21, 22 e 23. As dúas primeiras son inéditas en Ourense: La canción del mar, nominada aos Oscar como mellor longametraxe de animación, sete premios Annie, nominada nos premios do Cine Europeo como mellor longametraxe de animación. Un film fermosísimo e artesanal, recomendable non so para nenos senón para todos aqueles adultos que lles guste o bo cine.
Ao día seguinte proxectarase La mecánica del corazón, película francesa dirixida a un público un pouco maior, xa que está recomendada para maiores de 12 anos. Por último, o día 23 termos unha sesión especial coa proxección dunha película para todos os públicos, Del revés (Inside Out), un dos grandes éxitos de taquilla e de crítica deste ano, considerada por moitos unha das mellores obras de animación dos últimos tempos. Neste caso a proxección ten un marcado carácter solidario, xa que en vez de comprar unha entrada para poder ver a película haberá que traer un alimento (que será donado ao banco de alimentos) ou un xoguete (que será donado á Cruz Vermella). O resto das sesión teñen un prezo de 3 euros.
Moi pronto se puxo o partido de cara para os pontevedreses do Marcón At. que no minuto inicial de partido non desaproveitaron o desaxuste defensivo do Arenteiro para poñerse por diante no marcador. E tamén moi pronto, no minuto 9, fixeron o segundo gol.
Aínda había moito tempo por diante para a reacción, pero os pontevedreses controlaron sen moitos agobios os intentos verdes de meterse no partido, que conseguíu Marc a piques de chegar ao descanso ao transformar un penalti.
Na segunda parte, o mesmo guión, o Marcón At.facendo gala de poderío físico, suficiente para defender o resultado ante un querer e non poder do Arenteiro, e asi foron pasando os minutos ata o pitido final.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Ocampo, Victor Gallego, Marcos Sotelo, Dafonte, Bardelás, Marc, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Pana, Gele e Esteban.

Para consultar a programación de nadal da concellería de cultura do Carballiño prema no arquivo adxunto:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 589
- 590
- 591
- 592
- 593
- 594
- 595
- 596
- 597
- …
- seguinte ›
- última »