
Comezou moi ben o Arenteiro, que no minuto 16 xa gañaba por 2-0, todo parecía indicar que os verdes ían ter un plácido partido con cheiro incluso a goleada ante un flouxo rival, pero a expulsión do meta Pachi no m. 35 xa co 2-1 no marcador complicou as cousas para un Arenteiro que rematou o partido con outros dous expulsados -Victor Gallego e Vilachá- e non marcou o gol da tranquilidade ata o minuto 92. E outra deficiente arbitraxe en Espiñedo, a do santiagués Xesús Fontes, que rematou o partido con catro expulsións, tres delas moi rigurosas.
Estaba xogando ben o Arenteiro, pero primeiro un tiro lonxano que sorprendeu a Pachi, e logo a súa expulsión, descompuxo por completo aos verdes, que pasaron a ser unha caricatura de equipo. Afortunadamente para os intereses do Arenteiro, enfronte estaba un equipo timorato, que tan so creou un par de ocasións ben resoltas por Israel, o meta vigués que debutou na portería do Arenteiro tras a expulsión de Pachi.
Vitti, Martín Pérez -de penalti- e Maxi foron os goleadores verdes.
NO CD Arenteiro xogaron: Pachi, Vilachá, Ocampo, Maxi, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Israel, Bardelás, lois e Marcos Sotelo.

Extraordinario ambiente favorecido polo bo tempo na matinal carballiñesa con motivo da V Ruta MTB ADC Os Mosqueteiros.Bike&trail, que trouxo ata O Carballiño a 400 deportistas chegados dende toda a xeografía galega e dende o norte de Portugal.
A ruta de bicicletas de montaña, de carácter non competitivo, asi como un trail de montaña, transcorreron por camiños e montes dos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás.
O pleno da entidade supramunicipal elexíu como novo presidente ao tenente alcalde do concello do Irixo, Manuel "Lito" Cerdeira Lorenzo, en substitución do alcalde de Beariz, Manuel Prado, que veu obstentando a presidencia nos últimos 8 anos.
Como nova vicepresidenta foi designada a concelleira de Boborás Patricia Torres. Tralas eleccións do pasado mes de Maio e a conseguinte renovación das respectivas corporacións municipais, correspondía agora a constitución do novo pleno da Mancomunidade, que decidíu a renovación dos máximos responsables da entidade.
A Mancomunidade de Concellos do Carballiño está integrada polos concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, Maside e San Amaro.

O Partido Popular considera un desatino a organización dunhas festas "que por vez primeira na súa historia reduciron o seus dias, mentres se aumentou a aportación económica do concello, que foi a máis alta dos últimos cinco anos, reducense días e aumentase o presuposto", incidíu o portavoz popular.
Argimiro Marnotes tampouco entende como "existindo un concelleiro de festexos, as festas patronais foron coordinadas polo encargado do servizo eléctrico, que mentres atendeu a esto deixou de facer o que debería facer, pois foi siñificativa a falta de alumeado nalgunza zonas durante os dias de festa", asegurou.
"E o colmo destas festas, logo de diversos cámbeos na programación ou a ausencia do pregón, co alumeado artístico máis ridículo que se recorda ou un concurso de gando sen veterinarios da Xunta por falta de previsión, a mostra máis grave de descordinación e irresponsabilidade foi o acontecido o dia 18 ás 19:45 horas, cando aínda estaba tocando a banda de música do Carballiño na Praza da Veracruz, con rapaces xogando no cespede e nais paseando con bebés, ao mesmo tempo estabase descargando por parte da pirotécnica toda a pólvora para os fogos artificiais sen ningún tipo de seguridade, sen que se fixese o operativo de seguridade, sen ningunha autoridade, nin Policia local, Garda Civil ou Protección Civil", denunciou o portavoz do grupo municipal popular.
Para o BNG "o mellor destas festas foi a procesión".
Os nacionalistas lamentan "a improvisacíón que quedou de manifesto na organización destas festas, nas que é necesario que haxa participación e implicación de todos os sectores da sociedade carballiñesa, algo que botamos en falta".
O BNG quere unhas festas "máis participativas, e que teñan en conta a idiosincrasia festiva carballiñesa, por exemplo, non pode ser que se despachen os fogos artificiais cunha única sesión de 3.000 euros, cando é unha das actividades máis populares".
"Tamén houbo cousas que me gustaron, como a procesión, que sen dúbida foi o mellor das festas, tanto pola súa organización como pola representación institucional", ironizou o concelleiro Chema Ferreiro.

Primeira derrota do Arenteiro en liga tras caer por 2-0 no partido desputado no campo de San Pedro de Vilalonga ante o equipo locatario, que desta maneira fai pleno de victorias na Preferente Galicia tras cinco xornadas de competición.
O partido tivo unha primeira equilibrada, na que ambos estiveron igual de mal, practicando ambos un xogo moi primitivo e sen ocasións en ningunha das porterías.
Na segunda parte, saíu mellor o Arenteiro, pero no minuto 60 adiantouse o Vilalonga, que a partir dese momento foi mellor, aínda que non logrou sentenciar no marcador ata o minuto 89. Resultado xusto no peor partido do Arenteiro no que vai de liga.
No CD Arenteiro, que rematou o partido con 10 por expulsión -doble amarela- de Dani Arbo, xogaron de inicio Pachi, Marcos Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. No tramo final do partido entraron Marc, Bardelás, Sanginés e Marcos Sotelo.
O parque municipal do Carballiño acolleu este domingo a 71 edición do Concurso Comarcal do Gando da Raza Rubia Galega, que fora suspendido o pasado dia 15 por causa do mal tempo.
Desta vez, a colaboración da meteoroloxía cunha soleada maña de domingo, favoreceu a celebración dunha actividade que reuníu aos mellores exemplares da raza rubia galega da comarca, que foron admirados por numeroso público, curiosos e ata familias con cativos, que se achegaron ata o recinto do parque.
Un concurso que se mantén, fundamentalmente, grazas a presenza dos gandeiros de Piñor e Cea. A Deputación desplazou, fora de concurso, dous sementais reproductores, que superan os mil kilos de peso, e despertaron o interese de nenos e maiores.
O concurso está organizado pola concellería do medio rural do concello do Carballiño, e rematou coa entrega de premios e un xantar de confraternidade celebrado no mesmo parque municipal.

Chega outro dos grandes acontecementos festivos da comarca, as festas da Saleta na vila de Cea, que -cousas do calendario- coinciden este ano durante dous dias coas do Setembro carballiñés. Celebranse entre o venres 18 ao lúns 21, día que ademáis é festivo de carácter local no municipio de San Cristovo de Cea.
Unha comisión integrada por catro veciños da localidade organizan este ano as festas, que contan cun actractivo programa musical, tamén con outras actividades de carácter infantil, deportivo e cultural.
No apartado musical, ademáis das charangas Mekánica e Ardores e bandas de música como a de Muimenta, o plato forte será o das afamadas verbenas das festas da Saleta de Cea, que contan este ano coas actuacións de Poceiro e Nebraska (Sábado 19), Panorama (Domingo20) e Sintonia de Vigo (Lúns 21).

As condicións meteorolóxicas están condicionando e mesmo, limitando, as actividades programadas no inicio destas festas carballiñesas do Setembro.
Para esta xornada de xoves dia 16, os concertos da Banda de Música de Ramirás trasládanse ao auditorio. Tamén hai cambeos para a tarde de hinchables e de xogos infantís, programada na Praza Maior, faráse no Pavillón de Deportes a partir das 17:30 horas.
A comisión de festas decidíu, ademáis, aplazar a sesión de fogo voador de Pirotecnia La Gallega prevista para a medianoite deste 16 de Setembro na Praza da Veracruz, onde se celebrará finalmente o venres 18 á unha da madrugada.
O concurso do gando, suspendido este pasado martes, tamén polo mal tempo, celebraráse o domingo dia 20 a partir das 10 da mañá no parque municipal do Carballiño.
A partir do xoves dia 17 -festivo de carácter local no municipio do Carballiño- melloran as condicións meteorolóxicas, polo que se agarda o normal desenvolvemento do programa de festas.

Asi o avanzou o alcalde Francisco Fumega nesta emisora de radio "aínda temos moitos aspéctos que matizar, pero imos traballar para buscar unha solución para os problemas de escasez de aparcamentos que temos, asi nolo pediron os profesionais da Praza de Abastos e outros comerciantes", asegurou o rexedor municipal.
Fumega fixo referencia a ordenación do estacionamento na rúa Celso Emilio Ferreiro "e logo cando se execute a urbanización de Alexandre Bóveda gañaránse novas prazas de aparcamento, será logo o momento de pensar nun sistema de zona azul gratuíta para regular o estacionamento no Carballiño".
O proxecto pasa, en todo caso, por un sistema que favoreza a rotación nos estacionamentos, e que pola contra penalice a aqueles que rebasen un determinado periodo de tempo "todo eso haberá que estudialo con tempo2, subliñou Fumega.
En todo caso, recalcou o alcalde "o que buscamos é sobre todo favorecer ao comercio e a hostelería local, está claro e podémolo ver mesmo no Carballiño que os establecementos que teñen maiores posiblidades de aparcamento funcionan mellor que outros aínda que ofrezan os mesmos productos".
Unha boa primeira parte do Arenteiro -con goles de Vitti e Dani Vázquez- foi suficiente para conseguir os tres puntos ante o Xuventude Sanxenxo. Logo, trala reanudación, un fallo na liña de retaguarda dos verdes propiciou que os sanxenxinos se meteran no partido, que pasaron a dominar e a piques entiveron de empatar, aínda que o Arenteiro dispuxo no tramo final do partido de moi boas ocasións para ampliar o marcador ao seu favor, pero Dani Arbo, Martín Pérez e Sanginés malograron oportunidades moi claras de gol.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 592
- 593
- 594
- 595
- 596
- 597
- 598
- 599
- 600
- …
- seguinte ›
- última »