O único concelleiro co que conta Alternativa Veciñal-SON na corporación municipal carballiñesa conseguíu que o resto dos grupos políticos, por unanimidade, aprobasen as súas propostas no pleno ordinario correspondente ao mes de Setembro.
Asi, o concello carballiñés encargará unha auditoria externa das contas municipais dos últimos catro anos de goberno do Partido Popular, unha proposta que contou co voto favorable tanto dos outros dous grupos da oposición como do goberno. Tamén, por unanimidade, Bernardo García logrou que a corporación apoiase un regulamento para favorecer a participación cidadán nos plenos que celebre a corporación municipal do Carballiño.
O acordo entre as distintas formacións políticas tamén se puxo de manifesto no resto das mocións presentadas a esta sesión plenaria, aínda que con algunhos distintos matices, foron aprobadas todas elas.
As dúas do Partido Popular, propoñendo axudas e bonificacións para aquelas empresas que adquiran parcelas no parque empresarial do Carballiño propiedade do IGVS, asi como a rebaixa do IBI nas parcelas de solo urbanizable.
As do BNG, relativas á problemática dos refuxiados e sobre a dinamización do Carballiño no mes de novembro, propoñendo diversas actividades.
Finalmente, tamén por consenso, aprobouse a moción socialista para instar á Xunta á construcción dun centro de día no Carballiño.

O grupo de goberno do concello de Piñor, integrado por Partido Popular e Veciños de Piñor, e explica nun comunicado o motivo desta decisión, e defende a xestión de goberno que está levando a cabo cando veñen de cumplirse os 100 primeiros dias dende que se constituíu a nova corporación. Os socialistas critican esta decisión.
Para ver os comunicados de prensa do grupo de goberno e do PSdeG prema nos arquivo adxuntos:

Un ano máis, e levan xa sete, o grupo de teatro afeccionado Tiruleque, organiza a Mostra de Teatro Amador no Carballiño, que este ano, desenvolveráse durante as fines de semana do mes de octubro, no auditorio do Carballiño.
O edil de Cultura, área promotora e colaboradora desta actividade, Diego Fernández, agradecía o tesón e o traballo dos membros de Tiruleque, por traer cada auno as mellores compañias de teatro afeccionado ata a vila carballiñesa, permitindo á veciñanza gozar dunha nova actividade cultural.
Un dos fundadores desta compañía teatral carballiñesa, José Prada, foi o encargado de presentar o cartel deste ano, que comenzará xa este venres, 2 de outubro, ca estrea de Tiruleque “Media de Callos”, na que se estrea como director Victor Tato. Esta obra representaráse o venres 2 de octubro, as 22:30 e o sábado 3 as 21:00 horas. Nesta mesma fin de semana, pero xa o domingo 4 de outubro, a compañía pontevedresa Piollo Teatro, representará a obra Espermatozoides.
Na seguinte semana, o 10 de octubro, será o turno para a compañía de Antas de Ulla, Grupo Teatral Rosalía, que porán en escea “Os cravos de prata”, e o domingo 11 Faradoleiras Cabaré, de Oleiros, mostrarán o seu espectáculo “Un cabaret de película”. Os días 17 e 18 de octubro tocaralle o turno as compañías Ateaco de A Coruña, e Nostrum Cai Teatro Danza, de Lugro, cas montaxes “Eirugas” e “Alba A casa pechada” respectivamente.
A programación desta VIII mostra de teatro Amador do Carballiño continuará o 24 de octubro, con Argallada Teatro, que traera os escearios carballiñeses a obra “O Anel Máxico”, e o 25 o turno será para Farrapo Teatro de Santiago, ca súa representación de “Frío”.
Por último, o 31 de octubro, O Aturuxo de Melpómene, de Narón, porán sobre o esceario do Carballiño a obra “Desencaixados”.
Prada destaca a participación da ultima das compañías, que actuar´o 1 de novembro, e que insistiron en achegarse a esta mostra, cun gran interés por parte dos seus integrantes. Así Delatoute Prod, de Ourense, porá en esecea a súa montaxe Miña gran Mansión.
Todalas representacións serán as 19:00 horas, salvo as da primeira fin de semana. O prezo da entrada será único para todalas represnetacións, 3 euros. Esta mostra conta co apoio do concello do Carballiño e a deputación provincia de Ourense, que aporta catro das 10 compañías, dentro do Circuito Galego de Teatro Amador.

Comezou moi ben o Arenteiro, que no minuto 16 xa gañaba por 2-0, todo parecía indicar que os verdes ían ter un plácido partido con cheiro incluso a goleada ante un flouxo rival, pero a expulsión do meta Pachi no m. 35 xa co 2-1 no marcador complicou as cousas para un Arenteiro que rematou o partido con outros dous expulsados -Victor Gallego e Vilachá- e non marcou o gol da tranquilidade ata o minuto 92. E outra deficiente arbitraxe en Espiñedo, a do santiagués Xesús Fontes, que rematou o partido con catro expulsións, tres delas moi rigurosas.
Estaba xogando ben o Arenteiro, pero primeiro un tiro lonxano que sorprendeu a Pachi, e logo a súa expulsión, descompuxo por completo aos verdes, que pasaron a ser unha caricatura de equipo. Afortunadamente para os intereses do Arenteiro, enfronte estaba un equipo timorato, que tan so creou un par de ocasións ben resoltas por Israel, o meta vigués que debutou na portería do Arenteiro tras a expulsión de Pachi.
Vitti, Martín Pérez -de penalti- e Maxi foron os goleadores verdes.
NO CD Arenteiro xogaron: Pachi, Vilachá, Ocampo, Maxi, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Israel, Bardelás, lois e Marcos Sotelo.

Extraordinario ambiente favorecido polo bo tempo na matinal carballiñesa con motivo da V Ruta MTB ADC Os Mosqueteiros.Bike&trail, que trouxo ata O Carballiño a 400 deportistas chegados dende toda a xeografía galega e dende o norte de Portugal.
A ruta de bicicletas de montaña, de carácter non competitivo, asi como un trail de montaña, transcorreron por camiños e montes dos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás.
O pleno da entidade supramunicipal elexíu como novo presidente ao tenente alcalde do concello do Irixo, Manuel "Lito" Cerdeira Lorenzo, en substitución do alcalde de Beariz, Manuel Prado, que veu obstentando a presidencia nos últimos 8 anos.
Como nova vicepresidenta foi designada a concelleira de Boborás Patricia Torres. Tralas eleccións do pasado mes de Maio e a conseguinte renovación das respectivas corporacións municipais, correspondía agora a constitución do novo pleno da Mancomunidade, que decidíu a renovación dos máximos responsables da entidade.
A Mancomunidade de Concellos do Carballiño está integrada polos concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, Maside e San Amaro.

O Partido Popular considera un desatino a organización dunhas festas "que por vez primeira na súa historia reduciron o seus dias, mentres se aumentou a aportación económica do concello, que foi a máis alta dos últimos cinco anos, reducense días e aumentase o presuposto", incidíu o portavoz popular.
Argimiro Marnotes tampouco entende como "existindo un concelleiro de festexos, as festas patronais foron coordinadas polo encargado do servizo eléctrico, que mentres atendeu a esto deixou de facer o que debería facer, pois foi siñificativa a falta de alumeado nalgunza zonas durante os dias de festa", asegurou.
"E o colmo destas festas, logo de diversos cámbeos na programación ou a ausencia do pregón, co alumeado artístico máis ridículo que se recorda ou un concurso de gando sen veterinarios da Xunta por falta de previsión, a mostra máis grave de descordinación e irresponsabilidade foi o acontecido o dia 18 ás 19:45 horas, cando aínda estaba tocando a banda de música do Carballiño na Praza da Veracruz, con rapaces xogando no cespede e nais paseando con bebés, ao mesmo tempo estabase descargando por parte da pirotécnica toda a pólvora para os fogos artificiais sen ningún tipo de seguridade, sen que se fixese o operativo de seguridade, sen ningunha autoridade, nin Policia local, Garda Civil ou Protección Civil", denunciou o portavoz do grupo municipal popular.
Para o BNG "o mellor destas festas foi a procesión".
Os nacionalistas lamentan "a improvisacíón que quedou de manifesto na organización destas festas, nas que é necesario que haxa participación e implicación de todos os sectores da sociedade carballiñesa, algo que botamos en falta".
O BNG quere unhas festas "máis participativas, e que teñan en conta a idiosincrasia festiva carballiñesa, por exemplo, non pode ser que se despachen os fogos artificiais cunha única sesión de 3.000 euros, cando é unha das actividades máis populares".
"Tamén houbo cousas que me gustaron, como a procesión, que sen dúbida foi o mellor das festas, tanto pola súa organización como pola representación institucional", ironizou o concelleiro Chema Ferreiro.

Primeira derrota do Arenteiro en liga tras caer por 2-0 no partido desputado no campo de San Pedro de Vilalonga ante o equipo locatario, que desta maneira fai pleno de victorias na Preferente Galicia tras cinco xornadas de competición.
O partido tivo unha primeira equilibrada, na que ambos estiveron igual de mal, practicando ambos un xogo moi primitivo e sen ocasións en ningunha das porterías.
Na segunda parte, saíu mellor o Arenteiro, pero no minuto 60 adiantouse o Vilalonga, que a partir dese momento foi mellor, aínda que non logrou sentenciar no marcador ata o minuto 89. Resultado xusto no peor partido do Arenteiro no que vai de liga.
No CD Arenteiro, que rematou o partido con 10 por expulsión -doble amarela- de Dani Arbo, xogaron de inicio Pachi, Marcos Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. No tramo final do partido entraron Marc, Bardelás, Sanginés e Marcos Sotelo.
O parque municipal do Carballiño acolleu este domingo a 71 edición do Concurso Comarcal do Gando da Raza Rubia Galega, que fora suspendido o pasado dia 15 por causa do mal tempo.
Desta vez, a colaboración da meteoroloxía cunha soleada maña de domingo, favoreceu a celebración dunha actividade que reuníu aos mellores exemplares da raza rubia galega da comarca, que foron admirados por numeroso público, curiosos e ata familias con cativos, que se achegaron ata o recinto do parque.
Un concurso que se mantén, fundamentalmente, grazas a presenza dos gandeiros de Piñor e Cea. A Deputación desplazou, fora de concurso, dous sementais reproductores, que superan os mil kilos de peso, e despertaron o interese de nenos e maiores.
O concurso está organizado pola concellería do medio rural do concello do Carballiño, e rematou coa entrega de premios e un xantar de confraternidade celebrado no mesmo parque municipal.

Chega outro dos grandes acontecementos festivos da comarca, as festas da Saleta na vila de Cea, que -cousas do calendario- coinciden este ano durante dous dias coas do Setembro carballiñés. Celebranse entre o venres 18 ao lúns 21, día que ademáis é festivo de carácter local no municipio de San Cristovo de Cea.
Unha comisión integrada por catro veciños da localidade organizan este ano as festas, que contan cun actractivo programa musical, tamén con outras actividades de carácter infantil, deportivo e cultural.
No apartado musical, ademáis das charangas Mekánica e Ardores e bandas de música como a de Muimenta, o plato forte será o das afamadas verbenas das festas da Saleta de Cea, que contan este ano coas actuacións de Poceiro e Nebraska (Sábado 19), Panorama (Domingo20) e Sintonia de Vigo (Lúns 21).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 592
- 593
- 594
- 595
- 596
- 597
- 598
- 599
- 600
- …
- seguinte ›
- última »