3, Agosto 2015

O salón de plenos da casa do concello acolleu este emotivo acto de homenaxe e recoñecemento á "Peña Nove", da que o alcalde Paco Fumega destacou "o seu carballiñesismo"

A Peña Nove estaba formada por un grupo de carballiñeses, con inquietudes culturais e deportivas, e que tiñan sempre a intención de aopiar cantas actividades se desenvolvian na vila. Así, cando tres membros desta peña foraron parte do goberno municipal, decidiron darlle forma oficial a festa do pulpo. En concreto foi a mediados dos 60 cando o concello faise cargo desta festa, a través da comisión de festas, para un ano despois pasar a ser una comisión aparte, tal e como decidiu  quen era alcalde nesas datas, Javier Perea.

Os integrantes desa Pena Nove foron Fontaiñas, Milucho do Estate Quieto, os dous irnamns Terceiro, Ledo, Pachó, Gonzalo, Juan Victor e Benigno, e posteriormente se incorporó, como o convidado de excepción, xa que sempre participou nas actividades da Pena, Alfonso Cerviño. Así mesmo foron nomeados menbros de honra desta Pena o profesor Don Juan Corral, e o alcalde da época, Javier Perea.

Ademáis de ser os impulsores desta festa gastronómica nos haberes e logros da Pena Nove están el ser os primeiros que celebraron una misa en Galego no día da Letras Galegas, a primeira misa que se oficiaba na ligua galega na provincia nesa década dos 60.

Así mesmo foron os impulsores tamen da proba automovilística do Ralli do Lacón , e impulsaron a celebración do entroido por medio da formación da charanga Os Liborianos.

1, Agosto 2015

CD Arenteiro 2-2 UD Barbadás

No primeiro test de pretempada desputado no Estadio de Espiñedo, os verdes empataron ante o equipo da 3ª División. Adiantouse o Barbadás cun gol de falta no tramo final da primeira parte por medio do Moisés Pereiro, logo ao inicio da segunda parte o equipo azulón ampliaría a súa ventaxa no marcador.

Malia o adverso do marcador non  se veu abaixo o Arenteiro que logrou empatar na parte final do partido, con goles de Marcos Sotelo e Victor Gallego, éste de penalti. Típico encontro de inicio de pretempada no que aos dous equipos, bastante parellos, víuselles aínda faltos de rítmo sobre o terreo de xogo.

CD Arenteiro  3-1  SD Bande

Victoria ante o equipo banduense, aínda asi, as sensacións non foron tan boas como no anterior partido ante Barbadás.

Na primeira parte estivo francamente mal o Arenteiro, permitindo que os visitantes se fosen ao descanso con 0-1 ao seu favor, tras transformar un penalti.

Na segunda parte, o Bande perdeu fuelle e propiciou a remontada dos verdes, con goles de Ocampo e dous de Martín Pérez.

CD Arenteiro  2-0 Maside FC

A carga física típica destas alturas da pretempada deixouse notar por parte do plantel verde.

Primeira parte máis igualada e segunda metade de dominio completo do Arenteiro, que non obstante tivo que esperar aos últimos minutos para marcar os dous goles, obra de Dani Vázquez e Esteban. Antes, o propio Dani Vázquez xa enviara dous balóns ao longueiro.

1, Agosto 2015

A parte central da programación das Xociviga desenvolverase entre o 12 e o 16 de Agosto no Auditorio municipal do Carballiño..

Proxectaranse cerca de vinte películas, destacando recentes estreas como Retratos de familia (premiada no último Festival de Cannes), La mirada del silencio (gañadora do Festival de Venecia) ou Los caballos de Dios (gañadora do festival del Valladolid e que por fin chega ás pantallas españolas), combinadas con algunas das películas de mellor acollida entre o público e a crítica desta tempada, como Birdman (gañadora de varios Oscar, entre eles o de mellor película), Pride, El capital humano ou Nuestro último verano en Escocia, que se pasará en versión dobrada ao galego.

Precisamente o cine galego terá unha forte presenza, tanto de produccións como de directores, actores e equipos técnicos das películas, que se achegarán ao Carballiño nesas datas para presentar os seus traballos. A sección adicada aos máis cativos terá tamén sabor galego, coa exitosa producción galego-cubana Maimiño (a película máis taquilleira do cine cubano), a prácticamente estrea da última película de Digra, Holly nigth ou El club de los incomprendidos, xa que parte da súa producción é tamén galega. Haberá pases non só pola tarde senón tamén pola mañá dirixidos ao público máis xove.

As actividades paralelas estarán moi vinculadas ao ensino, con proxectos como Olloboi, as producción de varias Escolas de Imaxe e Son ou Fotografía en curso e Cine en curso, coordinadas polo CGAI. 

A  programación das Xociviga 2015 presentouse na Ínsua dos Poetas, coa proxección ao aire libre da película A esmorga, a que  asistiron máis de 150 persoas. O acto contou coa presenza do Director Xeral de Política Linguística, Valentín García, o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, o presidente da Fundación Ínsua dos poetas, Luís González Tosar, e representantes do Cine Club Carballiño. 

Premios Xociviga 2015

A Xociviga de Honra recaeu este ano na actriz Rosa Álvarez, pola súa dilatada traxectoria de varias décadas, sobre os escenarios e máis no cine e na televisión nos seus diferentes formatos, compondo unha chea de personaxes nos que deixou pegada da súa versatilidade e bon facer dramático no ámeto teatral e audiovisual de Galicia.

A Insignia de Ouro foille otorgada a Xosé Enrique Acuña. Editor, xornalista e escritor, leva contribuído á recuperación da memoria gráfica e visual de Galiza por medio dunha traxectoria configurada desde un amplo abano de publicacións, edicións e, sinaladamente, como comisario de exposicións fundamentais para os procesos de restauración e posta en valor da nosa historia contemporánea. Galardoado co Premio da Crítica Galicia en 2010, é autor de distintas obras centradas no mundo do cine e a fotografía así como da novela “O café do Idioma”. Foi Director literario de Edicións A Nosa Terra e anteriormente Coordinador de Exposicións do Museo de Pontevedra. Entre 1987 e 1992 formou parte, como responsable de exposición e edicións, do equipo de dirección das XOCIVIGA.

O Xurado que estivo presente na lectura da acta, estaba composto por Eduardo Galán Blanco, cineasta, escritor, debuxante e crítico de cine, Moncho Lemos, locutor de radio e crítico de cine da CRTVG, José Prada Martínez, escritor e ex-director das Xociviga, Miguel de Cabo Ribeiro, presidente do Cine Club Carballiño, e Diego Fernández, concelleiro de Cultura, Educación, Mocidade, Normalización Lingüística e Voluntariado do Concello do Carballiño.

30, Xullo 2015

Os dous asuntos máis relevantes da primeira sesión ordinaria da nova corporación municipal desenvolverónse según o guión previsto e xa anunciado con anterioridade polos catro grupos políticos representados no concello carballiñés.

O Partido Socialista, que agora obstenta o goberno, e os concelleiros do BNG e Alternativa Veciñal escenificaron a súa postura en contra da compra da casa da antiga Ferraxería Soto, que fora acordada polo Partido Popular no derradeiro pleno do anterior mandato municipal. Os populares quedaronse sós na defensa desta operación de compra de venda, que agora quedará anulada.

A que sí seguirá o seu curso é a adquisición da antiga fábrica de papel da Lavandeira, unha propiedade inmersa nun procedemento concursal baixo supervisión xudicial, unha operación que tamén fora iniciada polo anterior goberno do Partido Popular. Neste caso, tanto o actuál grupo de goberno socialista como AV consideran necesaria a operación, polo que o BNG fracasou na súa petición de anular o acordo da anterior corporación.

28, Xullo 2015

O Carballiño recupera a tradición dos grandes concertos, e nesta ocasión dentro da programación da semana grande da festa do polbo. O grupo Celtas Cortos actuará na praza maior o mércores 5 de agosto, as 23:00 horas.

O concelleiro Manolo Dacal e o alcalde Francisco Fumega presentaban a programación e agradeceron a todos os que fixeron posible “levar a bo porto este programa, pensado en todolos públicos e , sobre todo, para atraer a moitos visitantes a O Carballiño durante estes 15 días”.

A partir do  mércores 29 de xullo, todalas tardes na praza maior haberá actividades para os nenos. O 30 de xullo , dende as 19:00 horas, zumba nas pisicinas municipais impartida polo ximnasio Sonora Fitnes. O venres 31 de xullo, continuan as acrtividades para os pequenos, e as 20:30 horas a banda de música de Valga actuará na Praza da Veracruz . Ese mesmo dia, as 22:00, na Insua dos Poetas terá lugar a presentación das Xociviga 2015, ca proxección da película A Esmorga. A xornada do venres pecharáse ca inauguración do alumeado de festas nas rúas carballiñesas.

O sábado 1 de agosto deporte e música, partido de futbol en Espiñedo entre o Arenteiro e o Barbadás, as 20:00 horas, as 20:30 XXII Festival de Habaneras no auditorio da vila e as 23:00 DJ Guilly de Melo, na Praza Maior.

Outra das citas clásicas da semana da Festa do Pulpo, a andaina  popular, terá lugar o dominbgo 2 de agosto, chegando con esta a súa IV edición. Ese mesmo día, as 23:00 actuación de música folk , Festa Rachada e Pasarrúas “Acibeira”, na Praza Maior.

O luns 3 de agostoc omenzan os campionatos de futbol 3X3 na Alameda, e actividades de xogos populares na praza Emilia Pardo Bazán. As 12:00 chega outra das citas clásicas do Pulpo, a Homenaxe a un persoeiro ou grupo que tiveran relación ca Festa o longo destes 53 anos. A tarde O DJ Tibu organiza a festa infantil Octavio 2015, na Praza Maior, e as 23:00, no mesmo lugar , concerto de Skalingrado.

O Martes 4 de agosto O Carballiño será , un ano máis , o centro de atención de todo o mundo, ca elaboración da tapa xigante de pulpo, que este ano se realizará sobre un plato de madeira de 5,13 metros. Será as 20:00 horas na Praza Maior.

O  mércores dia 5, chegando o ecuador destas festas carballiñesas, o plato forete será a actuación de Celtas Cortos na Praza Maior, e antes, actividades para os nenos no Balneario, DJ e Touro Mecánico na Praza de Juan Pajariño, partido do Arenteiro e o Bande en Espiñedo, e espectáculo circense na rúa Principal.

O xoves 6 de agosto continua a festa cos Pulpos Máxicos nos Catro Camiños, actividaee para os nenos, e a apertura de feira de artesanía na praza de Emila Pardo Bazán, as 18:00 horas. Una hora despois, as 19:00 festa da espuma na praza maior cun DJ para animar os pequenos. As pisicinas acollen una nova xornada de zumba, e as 20:00 horas inauguranse as xornadas Gastronómicas do Pulpo, con Guillermo González, subcampeon de europa en servicios de restauración e bar, na praza das Galiñas. Dende as 20:00 iniciase o primeiro ciclo de Música de Sofa, na praza da constitución, Curros Enríquez e Praza Maior, que rematará as 2:00 horas.

Entrando xa na fin de semana do Pulpo o venres destacar o sorteo deo ocengtro comercial aberto da súa campaña de Verán, na praza da veracruz, as 18:00 horas, e unha nova Xornada Gastronómica co chef Flavio Morganti. As 20:30 na praza da Veracruz e rúa principal exhibición do clube de patinaxe  AEHDE, e as 23:00 horas Troula ofrecerá os seu espectáculo de rúa “Pachamama” na Paraza Maior. Esa noite, dende as 00:30, a orquesta Primera Linea ofrecerá o concerto na Praza Maior.

O día 8 de agosto O Carballiño será un ano máis a capital galega da diversión e a xuventude, con concurso de camisetas do Pulpo,. O pasado ano foron máis de 1000 xóvenes os que participaron nesta festa, que comenzará as 18:00 horas e rematará ata que o corpo aguante, animando a festa a batukada  Situme. Ese mesmo día, as 00:00, tirada de fogos dende a praza da Veracruz.

O domingo será o día grande da Festa,  no Parque Municipal. Desfile de grupos do festival folclórico dende as 10:30, recepción de autoridades as 13:00 e comida as 14:30. A xornada será rematada co concerto da orquesta Fin de Siglo na Praza Maior as 19:00 horas.

A aínda festa continúa o luns dia 10 , co día do pulpo pequeño, con atraccíons infantis a mitade de prezo. O martes dia 11  cas xornadas de folclore internacional na Praza da Veracruz, e o mércores dia 12 finalizará dando o testigo a outra gran cita do verán Carballiñés, as Xociviga 2015.

A programación festiva, según os datos aportados polos responsables municipais, terá un orzamento de 100.000 euros.

 

 

 

28, Xullo 2015

O proxecto -informa o Partido Popular- xa fora consensuado cos praceiros por parte do anterior grupo de goberno.

Inclúe a mellora da accesabilidade, a automatización das portas de entrada, obras de contrucción do falso teito, pintura, asi como modernización da instalación eléctrica e nas persianas dos locais.

A Consellería de Industria destina a este proxecto 88.000 euros, mentres que o concello deberá aportar 37.844. A mairoes, a consellería achega 3.000 eruos para a promoción da actividade comercial dos praceiros.

25, Xullo 2015

Comezaron as sesións de preparación do novo proxecto verde para a vindeira tempada, baixo as ordes do tamén novo adestrador Jorge Regal.

Na primeira das sesións estiveron presentes todas as novas fichaxes que chegan co obxetivo de reforzar un plantel no que teñen continuidade os 13 futbolístas do curso pasado. As novas incorporacións que podemos ver na foto son: Marcos Macia, Maxi, Marcos Vilachá, Marcos Castro, Marc, Vitti e Iago.

Nas primeiras sesións de adestramento, tras o periodo vacacional, ten preferencia a preparación física, que se desenvolve tanto no estadio de Espiñedo como no parque municipal do Carballiño, un auténtico luxo para este tipo de exercicio físico.

25, Xullo 2015

As manifestacións que deron lugar á querela presentada no seu dia polo alcalde de Boborás contra José Benito Trigás foron feitas por éste no transcurso de dúas entrevistas en COPE O Carballiño, durante o ano 2013.

A titular do Xulgado do Penal nº 2 de Ourense observou nas intervencións do portavoz de MoveBoborás un delito de inxurias graves con publicidade, e condenao a unha multa de 9 meses cunha cuota diaria de 9 euros, o que supón un total de 2.430 euros. Ademáis, Trigás deberá indemnizar ao alcalde Cipriano Caamaño con 1.000 euros, polos danos morais causados.

Nas súas intervencións radiofónicas nesta emisora de radio, Trigás chegara a cualificar ao alcade como un borracho "que se vai agarrando ás farolas para poder chegar á casa".

O portavoz de MoveBoborás, foi absolto dun presutno delito de calumnias polo que tamén fora imputado na mesma querela.

22, Xullo 2015

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega anunciou a intención de iniciar os trámites para nomear ao presidente da academia das letras Argentina fillo adoptivo do Carballiño, e o facía no acto de ben vida a este persoeiro , José Luis Moure, fillo dun emigrante veciño da carballiñesa parroquia de Banga.

Así o lembraba Francisco Fumega no seu discurso de ben vida, sen esquecer a pegada que tiveron eses miles de galegos que foron polo mnundo adiante, levando consigo a lingua da súa terra nai.

Pola súa banda José Luis Moure agradeceu o recibimento no concello carballiñés, asegurando que nesta viaxe á patria do seu proxenitor, estaba "mirando todo cos ollos do seu pai, e lembrando todo canto il lle contaba de Galicia, de O Carballiño e de Banga". Moure, que chegou acompañado pola súa dona e o escrito Luis Tosar, foi tamén recibido por parte da súa familia que ainda vivie no carballiño, e maís en concreto na zona de Banga e Cabanelas.

Foi Luis Tosar quen destacou a figura de Moure, como un home que non so defende e protexe a lingua castelan na Arxentina, "senón que tamén defende a sua lingua nai, o galego, nesa terra de alen dos mares".

No recibimento a José Luis Moure estiveron tamén o edil de Cultura, Diego Fernández, así como os edis da oposición Bernardo García e Pilar Caride. O alcalde, e tras asinar o convidado no libro de honra do concello, entregoulle uns agasallos, un libro do arquivo municipal, outros sobre o termalismo en Ourenese e un disco da banda de música do Carballiño. Ao recibir este CD Moure lembrou que o seu pais fora tamen membro da banda de música do Carballiño. Tamén se lle fixo entrega dunha metopa co escudo da vila do Arenteiro..

22, Xullo 2015

O alcalde carballiñés, xunto cos edis de deportes e Benestar Social, recibiron non salón de plenos do concello ao deportista paraolimpico carballiñés José Manuel Prado, tras ocnseguir ou campionato de España de Boccia.

 Fumega destacaba o esforzo e constancia de José Manuel, así como a súalaboura de embaixadordoCarballiñoalíonde acode a competir "por eloé un exemplo para todos nos, e é un pracer poder facerllehoxe esta homenaxe".

Manolo Dacal, edil de Deportes felicitou a Prado polo seu último éxito conseguido, e dicía último xa que non seu haber conta con medallas do mundial do 2010, subcampión non mundial do 2015, entre outras, e como non a súa participación representando a España, e ao Carballiño, nas paraolimpíadas de Londres 2012.

Pola súa banda Marina Ortega, edil de Benestar Social, lle facía entrega dunha escultura, obra do artista carballiñés Chicho Carballiño, que traballa a diraio non centro de Aspadisi dá vina, cuios socios, discapacitados psíquiscos, colaboraron tamen na elaboración desta figura.

Finalmente José Manuel Prado agradeceu o recibimento institucional, "sobre todo porque que te reciban e che dean unha homenaxe no teu propio pobo, é se cabe o mellor trofeo de todos cantos pódense ter"

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS