6, Xuño 2024

A Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural -AFAMMER- convoca ás mulleres do rural do Carballiño-Ribeiro a participar na xornada gratuíta "Apostamos polo rural, futuro e benestar das mulleres. A muller como impulsora do desenvolvemento".

Terá lugar este sábado dia 8 de xuño desde as 10 da mañá en adiante en Arnoia Caldaria Hotel Balnerario, na vila ribeirán da Arnoia. Ás 14:30 horas faráse un intermedio para o xantar, e lolo pola tarde continuarán as distintas intervencións, ponencias e relatorios nos que se achegarán varios proxectos que son unha realidade no rural de ambas as dúas comarcas.

A xornada pretende, ademáis, servir para revitalizar o movemento das mulleres rurais, e os diversos colectivos e asociacións que forman parte de AFAMMER.

No PODCATS de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a Maria Asunción Fernández Alberte, portavoz da organización.

6, Xuño 2024

O alcalde de Maside José Manuel Iglesias agarda a colaboración da Deputación e a Universidade de Vigo para recuperar as augas termais de Manzós, na parroquia de Louredo.

José Manuel Iglesias tamén quere poñer en valor as augas minero-mediciais da Rañoa. O rexedor municipal avanzou no transcurso da súa intervención radiofónica en COPE O Carballiño outras obras e proxectos que van executarse este mesmo ano no municipio, e atendeu as preguntas, queixas e suxerencias da audiencia desta emisora de radio.

Escóitao aquí:

5, Xuño 2024

Como se ve na imaxen, un contenedor leva semanas mais que heo sen que o vacíen, non hai onde meter mais lixo, algo non funciona ben desde logo, agardamos que se solucione canto antes, en Boboras por desgracia non todos e maravilloso.

5, Xuño 2024

O portavoz do grupo popular no concello do Carballiño, Pepe Castro-Gil, dixo nesta emisora de radio que non descarta ningunha das dúas posibles opcións pero sí ten claro que "o concello do Carballiño necesita outro xeito de facélas cousas".

Neste contexto, o Partido Popular admite que ven tendo conversas tanto con Fumega como con Espazo Común para buscar un acordo político no concello do Carballiño, que ben podía pasar por darlle estabilidade ao goberno municipal socialista, pactando unha serie de condicións "para cambiar moitas cousas no concello" ou chegando a un acordo con ESCO que facilite unha moción de censura ao actúal alcalde.

No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a intervención íntegra do portavoz do Partido Popular.

5, Xuño 2024

Esto è insano para todos os que vivimos aqui.

E unha imaxen horrible para os que veñen a este pueblo. 
Non sei para que pagamos impuestos!

5, Xuño 2024

Actualmente vense moitas criticas a equipo de goberno, de forma casi exacerbada, pero no entorno da Veracruz estanse empedrando os camiños, algo moi necesario e demandado, xa que o estar de terra estanban bastante intransitables coa choiva, a obra vai bastante avanzada e esta quedando precioso, algo positivo hai no Carballiño

5, Xuño 2024

Con bo ou mal tempo, ultimamente os ríos sempre arrastran pedras e pólas que engarran en cada esquina e causan grandes derramas á xente que traballa ás beiras dos regatos. A chegada das harpías de plumaxe escuro ó poder, trouxo fortes tormentas que destrúen a pouca vexetación verde e colorida que quedaba na paisaxe. 

Os labregos, que dende fai anos cultivan froitos coas sementes dos antergos, ven podrecer as súas hortas polas pestes e parásitos da política municipal.

Semella que sofren dun mal de ollo botado polo bo traballo, polo esforzo de manter vivas as nosas raíces. Raíces coas que moitos paxaros engalanados que non saben piar nin contar, se envelenan con só velas medrar.

Os labregos non levantan cabeza. En tempos pasados e case esquecidos, presumían de recolleitas xenerosas que lles permitían seguir alimentando aos máis cativos do fogar, ao futuro do pobo. Sen embargo, as novas xeracións afectadas pola mingua de provisións, quedan sen alento e sen o pan que só se coce no forno do Concello.

Mal porvir lle espera a estes labregos se non cambian as tornas. Ou pode que estas tornas as teñan que cambiar eles á man. 

4, Xuño 2024

A orquestra galega Panorama, para moitos a mellor orquestra de España ten confirmadas datas para este verán na comarca do Carballiño, en concreto nas parroquias de Cameixa e As Neves de Grixoa.

O novo espectáculo da Panorama chegará a comarca o martes dia 2 de xullo, e será nas festas da Virxen do Rosario na parroquia de Cameixa, no concello de Boborás.

Xa no mes de agosto, o martes dia 6, a orquestra Panorama forma parte do programa festivo na parroquia das Neves de Grixoa, no concello de San Amaro.

4, Xuño 2024

Tras ver el ultimo pleno, me quedo preocupado tras ver los bandazos de los concejales del PP.

Nada voy a mencionar sobre la retórica de cualquiera de ellos, que deja mucho que desear.

Al menos mantener la coherencia. En le anterior pleno hacen una propuesta contra el feismo urbanístico.

Y en esta se suman a seguir degradando Carballino en ese aspecto.

Antes de alzar la mano hay que valorar que se està haciendo y las consecuencias.

Ninguno de los 5 ha sido capaz de observar que la manzana donde está la estación de autobuses lleva una linea de una altura todo uniforme? Auditorio , colegio y estación de autobuses?

Y de repente dan luz verde a un proyecto de 4 plantas , creando un monstruo disonante con la propia manzana.

Apostando por un Carballiño de rascacielos que se viene arrastrando del pasado y que por lo que se ve deciden continuar con ello. Si de eso se trata, la propuesta contra el feismo , les sobraba.

A no ser que no haya linea alguna y funcionen por impulsos y ocurrencias. Poco futuro auguro

 

3, Xuño 2024

Herbas máis altas que os nenos impiden que poidan disfrutar do patio nestes días de sol.

Nulo mantemento nos centros educativos públicos por parte do señor Alcade. O cal non parece preocuparlle nada máis q o seu.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS