21, Xullo 2015

O campionato do mundo  master de piragüismo en pista celebrouse na pista de piragüismo de Montemor O Velho de Portugal,  onde a palista do Club Fluvial Avión tivo unha sobresaínte actuación, conseguindo un total de 6 medallas, nunha competición na que tomaron parte deportistas de todo o mundo.

A palista avionense conseguíu as seis medallas nas seguintes probas, individual, dobles e cuádruples:

- Plata en K1 2000 metros

 - Bronce en K2 2000 metros con Ángeles del Riego (Viveiro).

 - Bronce en K2 Mixto en 2000 metros con Miguel Angel Carrera (Fluvial O Barco).

 - Plata en K4 2000 metros con Ángeles del Riego (Vivero), Rut Otero (O Grove) y Araceli Menduiña (Ría de Aldan)

 - Bronce en K2 200 metros con Ángeles del Riego (Viveiro).

 - Plata en K4 200 metros con Ángeles del Riego (Viveiro), Rut Otero (O Grove) y Araceli Menduiña (Aldan)

20, Xullo 2015

O Salón de Plenos do concello de O Carballiño acolleu a  reunión da Xunta Local de Seguridade de O Carballiño, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de O Carballiño, Francisco José Fumega Piñeira e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 10 de xullo de 2014, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá  e fixeron fincapé na importancia da colaboración entre a Policía Local do Concello de O Carballiño e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Na Xunta Local de O Carballiño analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano 2015 (Xaneiro – Xuño), facendo una comparativa co mesmo período de tempo de 2014. Os datos estatísticos amosan na totalidade de infraccións penais unha tendencia á baixa; 16 puntos menos. Os delitos contabilizados descenden 25 puntos, mentres as faltas repuntan ata os 9 puntos. Descenden así mesmo as infraccións penais sen delito contra a seguridade vial e as infraccións administrativas. Tamén é menor o número de detidos e imputados. Os niveis de esclarecemento manteñen as mesmas porcentaxes (por riba do sesenta e cinco por cento).

No que respecta á actividade desenvolvida en materia de violencia de xénero cabe resaltar a importante labor policial de protección ás vítimas, que se viu potenciada coa firma do Acordo de Coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local de Carballiño, do 10 de xullo de 2014, que tras un ano de funcionamento avalíase o seu impacto como moi positivo.

Na reunión tamén se avaliaron as previsións en materia de seguridade para o segundo semestre do ano, prestándolle atención á chegada do período estival. Deuse conta, así mesmo, dos traballos previos que xa se están a desenvolver, para concretar o dispositivo de seguridade a establecer na Festa do Pulpo.

 DECLARACIÓNS

 O subdelegado do Goberno agradeceulle ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e á Policía Local “o magnífico traballo diario desenvolvido a prol do benestar da cidadanía reflectido nas estatísticas que hoxe acabamos de coñecer”, e animounos a seguir incidindo na mesma tarefa “de compromiso tanto no campo da investigación de casos pendentes como no eido preventivo de cara ao futuro”.

Trala chegada do verán, e coa previsión da Festa do Pulpo, Roberto Castro sinalou, “a necesidade de incrementar tódalas  atencións, e delimitar con exactitude o dispositivo para que a celebración da Festa do Pulpo sexa un referente de normalidade e a seguridade do gran número de visitantes que se acheguen á capital do Arenteiro, estea garantida”.

 

 

 

19, Xullo 2015

O Venres dia 24 de Xullo, ás 9 da noite no Estadio de Espiñedo, será a xornada de presentación do primeiro equipo do CD Arenteiro, iniciando asi unha nova etapa coa vista posta na Preferente Galega.A gran novidade estará no novo corpo técnico, comandado polo novo adestrador Jorge Regal, con él como preparador físico debutará Diego López, que continúa no club onde xogou nas dúas últimas tempadas.

As outras novidades serán as novas incorporacións: o porteiro Marcos Macia que chega do Club Lemos; os defensas Vilachá -do Barbadás- e Maxi, que ven do CD Allariz; o centrocampista Marc -ex Lalín e Estudiantil-; o extremo Marcos Castro, que xogou a tempada pasada no Céltiga; e o dianteiro vigués Vitti, ex do AlertaNavia. Con eles, iniciarán o traballo os 13 futbolístas que foron renovados, asi como varios xuvenís e dous xogadores a proba.

O primeiro partido da pretempada xogarao o Arenteiro no Estadio de Espiñedo o sábado 1 de Agosto ás oito da tarde fronte a UD Barbadás da 3ª división.

19, Xullo 2015

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu  á VII edición da Festa da Palabra da Insua dos Poetas -na parroquia carballiñesa de Madarnás- que en palabras do titular de cultura “é hoxe máis que nunca punto de encontro entre Arxentina e Galicia, ponte de unión entre escritores que, a dez mil quilómetros de distancia, comparten un sentimento común”, xa que este ano está dedicada a Francisco Luís Bernárdez; poeta nado en Bos Aires e galego de sentimento e que pertenceu a xeración literaria de 1922.

Rodríguez gabou a figura do escritor ao que se referiu como “un intelectual que amaba por igual a Arxentina e a Galicia, un poeta que comezou escribindo en lingua galega e que nos legou unha obra que honra as letras hispánicas”.

Neste acto tamén se fixeron entrega dos galardóns Ínsua dos Poetas que este ano recaeron en Manuel Rivas (Letras), Francisco Lores Mascato (Cultura Galega na Emigración), Grupo Ecoloxista Outeiro (Arte e Medio Ambiente), Grupo Gadisa (Compromiso Económico e Social) e Faro de Vigo (Comunicación e Difusión Cultural).

Xunto ao conselleiro, tamén acudiron ao acto os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García; o presidenta da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o presidente da Fundación da Insua dos Poetas, Luís González Tosar; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e o presidente da Academia Arxentina de Letras, José Luís Moure.

Nado en Arxentina e de pais galegos , Francisco Luís Bernárdez, non tardou en volver á terra de seus proxenitores onde sería redactor de El Pueblo Gallego. En canto a súa obra poética cabe destacar títulos como “Poemas Elementales” e “Poemas de Carne y Hueso” grazas os cales acadou o Premio Nacional de Poesía de Argentina no ano 1944. Ten unha rúa que leva o seu nome no Carballiño e no ano 2010 o concello de Maside nomeouno fillo adoptivo.

19, Xullo 2015

As rúas do Carballiño reviviron a festa de carnaval, coa celebración do Carnaval de Verán, organizado pola área de Ocio e Turismo do concello do Carballiño, en colaboración cos hostaleiros, un total de 60, e o Centro Comercial Aberto.

Dende as 20:000 horas as comparsas e charangas iniciaron o seu desfile dende a praza da Veracruz ata a Praza Maior. Todo o percorrido estaba cheo de público, que gozo co colorido e animación de comparsas e a música das charangas e a batucada.

Pero o mellor estaba na rúa. Os carballiñeses aproveitaron esta festa para saír novamente cos seus disfraces, e encher de colorido as rúas e sobre todo a Praza Maior, que rexistraba un grande cheo ao termo do desfile.

A festa continuou polos bares participantes, con canas de cervexa a un euro para todos os que acudiron disfrazados. Manolo Dacal, disfrazado para a ocasión, agradecía ao público e ás comparsas a súa participación neste Iº Carnaval de Verán, augurando que pode ser unha festa con futuro no Carballiño.

A festa comenzo xa á mañá cos máis pequenos que gozaron da animación do DJ Tibu, e os talleres de manualidades previstos para eles en ao praza maior, así como cos regalos ofrecidos polo Centro Comercial Aberto.

17, Xullo 2015

A edil de Benestar Marina Ortega, e o alcalde Francisco Fumega, fixeron  entrega das chaves o colectivo de discapacitados psíquicos do Carballiño  Aspadisi, da vivenda do barrio da Uceira , de propiedade municipal, para desenvolver o programa de promoción da vida independente, que Fademga leva execuntando dende hai tempo noutras localidades de Galicia.

Fumega lembraba a necesidade a apoiar a este tipo de colectivos, con fin de ofrecerlles as mesmas ferramentas que o resto dos veciños e veciñas, e pola súa banda o presidente de Fademga agradecía o concello do Carballiño a colaboura neste tipo de actividades “pese a que outras administracións están cada día recortando máis o apoio o noso colectivo”.

O programa de promoción da vida independente se levará a cabo no carballiño todolso xoves, cun grupo de 13 rapaces e rapazas de Aspadisi, que aprenderan a levar unha casa eles solos, con tadalas tarefas que esto implica dende a compra diaria, a limpieza, e a cociña.

Pola súa banda a edil de Benestar Social sinalaba que “este proxecto pareceunos moi interesante, polo carcatre integrador que ten, e por elo non dudamos en ofrecer este piso de propiedade municipal, que estaba sendo usado para emerxecnias sociais, e que sempre que exista unha emerxencia deste tipo seguirá usandose, tal e como asinamos no convenio con Aspadisi”.

Os 13 participantes neste programa amosaban u seu entusiasmo e gañas de empezar o mesmo. Proba delo é que antes de entrar na vivenda xa estaban repartindo as tarefas do fogar entre eles.

15, Xullo 2015

O mercado da Praza de Lugo, na Coruña, acolleu a presentación da Festa do Polbo do Carballiño, dedicada nesta 53 edición á cidade herculina. O alcalde coruñés Xulio Ferreiro recibía á comitiva carballiñesa, agradecendo o xesto da dedicación dunha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia.

Ferreiro recordaba a unión que existe entre A Coruña e O Carballiño, cimentada nos veciños dunha e outra poboación, recordaba durante a presentación como el mesmo coñeceu O Carballiño cando rea pequeno, acompañando os seus pais e avós a tomar as augas da vila do Arenteiro.

Pola súa banda o alcalde carballiñés mostraba o seu agradecemento á corporación coruñesa alí representada polo seu alcalde e o edil de Turismo Alberto Lema, por acoller esta presentación, nun lugar tan emblemático como a praza de Lugo, onde se encontra a Praza de Abastos " e que mellor lugar que un mercado para presentar esta festa, un lugar onde, como na orixe do Carballiño, reúnen os veciños e veciñas para o comercio", a estes veciños e veciñas da Coruña invitou Francisco Fumega a que acudisen á Festa do Polbo, o segundo domingo de agosto, onde serán recibidos como sempre, cos brazos abertos e dispostos a compartir unha porción de polbo a feira".

Tras os discursos chegou o momento de probar o produto estrela, o polbo a feira, que nesta ocasión foi cocido polo campión galego, o carballiñés Francisco Gómez. Todos os presentes gabaron o sabor do polbo do Carballliño, e aseguraron que non se perderán esta edición da festa.

Entre os numerosos veciños da Coruña que acudiu á cita da Festa do Pulpo encontrábanse tamén veciños e veciñas do Carballiño, que residen na Coruña, e que tampouco quixeron perderse saborear unha tallada carballiñesa na cidade herculina, entre estes veciños do Carballiño encontrábase, como non podía ser doutra forma Felipe Senén, carballiñés de pro e creador de numerosos carteis da Festa do Pulpo durante varias décadas, carteis que adornaban a praza de abastos coruñesa.

A representación Carballiñesa estivo formada nesta presentación polo xa mencionado alcalde da vila, acompañado do edil de Turismo Manolo Dacal, a edil de Benestar Marina Ortega, e os edís do Partido Popular Argimiro Marnotes e Piar Caride, e o concelleiro do BNG Chema Ferreiro.

15, Xullo 2015

 A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no concello de Boborás, parroquia de Moreiras.

O lume iniciouse ás 13:16 horas desta tarde e quedou controlado ás 18:59 horas. No seu control traballaron 4 axentes forestais, 11 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 40 hectáreas, na súa meirande parte arboradas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. 

14, Xullo 2015

Responsables do operador postal, asi como do concello do Carballiño e da Sociedade Filatélica Miño, presentaron na oficina carballiñesa de Correos o mataselos.

Todos destacaron a relevancia desta iniciativa que permitirá difundir o nome do Carballiño e a convocatoria gastronómica carballiñesa a través das cartas e envios postais que viaxarán por toda España e polo mundo.

Filatélicos, usuarios e turístas poden desde hoxe solicitar este mataselado especial para os seus envios na oficina de Correos do Carballiño, na rúa Faustino Santalices. A primeira carta con este mataselo partíu esta mañá con destino moi lonxano, a Xapón.

13, Xullo 2015

Ambas formacións políticas compartirán responsabilidades de goberno e terán representación paritaria na Xunta de Goberno.

O popular José Luis González, que foi investido alcalde o pasado dia 13 de Xuño co voto dos dous concelleiros da Agrupación Veciños de Piñor, nomeou a Uxío Rodríguez como primeiro teniente de alcalde.

O acordo de goberno xa foi escenificado no pleno de organización que ven de celebrar a nova corporación municipal, de tal maneira que o grupo socialista do exalcalde Francisco Fraga quédase coa exclusividade da oposición.

O portavoz de Veciños de Piñor e novo primeiro teniente alcalde manifestou en declaracións a esta emisora de radio que "o máis cómodo para nos despois de apoiar a investidura do alcalde sería quedarnos na oposición, pero tamén sería o máis insensato, por eso decidimos asumir a parte de traballo que nos corresponde e dar estabilidade a este concello.

O acordo inclúe unha rebaixa no custo económico da alcaldia e corporación.

O novo alcalde de Piñor -aclarou Uxío Rodríguez- "cobrará 22.560 euros anuais por unha dedicación parcial do 80%, o que representa unha redución dun 28% en relación ao que cobraba o anterior alcalde, case 33.000 euros",

Tamén se reducen os custos das convocatorias plenarias, xa que a partir de agora os concelleiros recibirán 40 euros por asistencia fronte aos 50 euros do anterior mandato. Tamén se recortan as asignacións económicas pola asistencia á Xunta de Goberno, que paan de 40 a 30 euros, e a comisión informativa de contas, que pasa dos 30 euros aos 25 que cobrarán de agora en adiante.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS