15, Xuño 2015

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega deu a coñecer as funcións que desenvolverán cada un dos concelleiros do grupo de goberno. O propio alcalde ademáis será o edil responsable da área de Urbanismo e de Servicios Públicos.

Manolo Dacal asumirá as área de Deportes, Ocio e Dinamización Turística.  A concelleira Érika Paz, será a edil de Medio Ambiente e Participacion Cidadá, mentres que Adolfo Nogueira dirixirá as concellerías de Personal, Tráfico, Seguridade e Promoción de Emprego, área esta na que se engloba comercio, hostelería, Industria, turismo, termalismo e emprego.

Marina Ortega foi a edil elexida para dirixir as áreas de Servicios Sociais, Igualdade, benestar e Sanidade; mentres que Rosario González ocuparase da área de Medio Rural. Por último Diego Fernández será o responsable de Educación, Cultura, Xuventude e Normalización Lingüística, e Rita Soto a de Facenda, Economía, Administración e Transparencia.

O alcalde Francisco Fumega afirmaba que "ante todo, cada un dos edis asumirá as responsabilidades das áreas que lle corresponden, aunque o idea é a de traballar en conxunto e como grupo, para faclitar así que as cousas poidan sair adiante, co esforzo de todos, guiados pon un obxetivo común: O mellor para o futuro dos veciños e veciñas do Carballiño".

15, Xuño 2015

O adestrador ourensán Jorge Regal e o club chegaron a un acordo definitivo, polo que o técnico dirixirá ao primeiro equipo do Arenteiro na Preferente Autonómica.

O Club aposta asi por un adestrador que conta con título nacional e con gran experiencia no fútbol ourensán, tras o seu paso polo CD Ourense, Pabellón Ourense CF e UD Barbadás.

Desde esta semana Jorge Regal xa está traballando para avanzar na confección da plantilla de xogadores, altas, baixas e renovacións, coa idea de configurar un grupo de garantías para afrontar unha tempada que se prevé moi competida na Preferente Autonómica.

Doutra parte, o Club quere recoñecer públicamente o enorme traballo realizado nos dous últimos anos pola adestrador Miki López ao fronte do primeiro equipo, do que se fixo cargo en 1ª Autonómica e deixa en Preferente, tras unha tempada na que se cumplíu con solvencia o obxetivo marcado pola  Xunta Directiva, lograr a permanencia na categoría da Preferente e lograr a Copa Deputación.

13, Xuño 2015

O Partido Popular retén a alcaldía do concello de Punxín, Manuel Vázquez Casalta contínúa como alcalde.

As negociacións entre socialistas e a candidatura do Cambio Intelixente de Punxín non fructificaron. Na sesión de investidura cada grupo votou ao seu propio candidato, en consecuencia, Manuel Vázquez "Casalta" tivo 3 votos, a socialista Rosa Outerelo 2 votos, e o candidato de Cambio Intelixente Joaquín Moldes outros 2 votos.

O alcalde popular inicia o mandato en minoria, nunha corporación de 7 concelleiros.

13, Xuño 2015

O socialista Francisco Fumega Piñeiro é o novo alcalde do Carballiño, elexido cos 8 votos do seu grupo, na sesión de investidura celebrada no salón de actos da casa do concello, ante numeroso público.

Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego, e Alternativa Veciñal, non presentaron candidato á alcaldia e optaron pola abstención. A oposición -con 9 concelleiros- suma maioria na nova corporación municipal do Carballiño.

11, Xuño 2015

A decisión tómase por unha ampla maioria entre os afiliados e os membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas. Os nacionalistas exercerán a oposición ao goberno que presidirá Francisco Fumega.

Esta negativa do BNG a integrarse nun cogoberno cos socialistas fará que Fumega deba afrontar o goberno municipal en minoria con 8 concelleiros, toda vez que os grupos da oposición -PP, BNG, e AV- terán 9 concelleiros na corporación muncipal carballiñesa.

A toma de posesión da nova corporación e sesión de investidura de Francisco Fumega como alcalde do Carballiño están previstas para este sábado dia 13 de Xuño ás 10 da mañá.

11, Xuño 2015

O candidato do Partido Popular sumará aos seus tres votos os dous que lle outorgarán Veciños de Piñor, que asi fará posible que este concello teña un novo alcalde este sábado dia 13 de Xuño. Tras doce anos, perderá a alcaldia o socialista Francisco Fraga.

Aínda que Veciños de Piñor dará o seu apoio ao candidato popular na sesión de investidura, quédase ao marxe do goberno municipal, non hai pacto de goberno, que deberá afrontar en minoria o novo alcalde. Os intentos de chegar a un acordo de gobernanza resulturon infructuosos entre ambas formacións políticas.

Asi e todo, Veciños de Piñor vai votar a favor do candidato popular porque "a cidadanía de Piñor votou a favor dun cámbeo político no concello, vistos os resultados, está claro que recibimos un gran número dos nosos votos de xente do PP, e por eso imos facilitarlle ese cámbeo, pero esto non é un cheque en branco, agora deberán demostrar a súa cintura política e se queren o noso apoio terán que gañalo", dixo nesta emisora de radio Uxío Rodríguez, en representación da candidatura Veciños de Piñor.

9, Xuño 2015

Son dúas as reunións previstas para esta semana nas que se abordará esta posibilidade, a integración no goberno que presidirá o socialista Paco Fumega dos dous concelleiros que os nacionalistas terán na futura corporación municipal.

Aínda que a opinión maioritaria entre as bases do BNG carballiñés parece que se decanta en contra desa posiblidade de entrar no goberno, a situación podería dar un xiro trala celebración destas dúas reunións, a primeira xuntará a asemblea de afiliados e a segunda faráse coa candidatura que encabezou Chema Ferreiro, e na que unha gran parte dos integrantes formaban parte da mesma como independentes.

Esta segunda reunión terá lugar este xoves pola noitiña, e será despois de escoitar todas as opinións cando se adoptará unha decisión final ao respecto.

Fumega mantén a súa oferta aos nacionalistas, que no caso de entrar a formar parte do goberno no concello carballiñés, terían ao seu cargo a xestión de dúas áreas municipais.

9, Xuño 2015

O Partido Popular e a agrupación electoral de Veciños de Piñor, despois de reunirse en tres ocasións coa vontade por parte dos populares de acadar un pacto de goberno conxunto para os vindeiros catro anos no Concello de Piñor, non chegan a un acordo que permitiría a gobernabilidade do concello.

"O Partido Popular fixo unha proposta por escrito o pasado venres día 5, un acordo base negociable no que plantexaba a Alcaldía para o Partido Popular e a delegación de competencias das áreas de Urbanismo, Medio Ambiente, Facenda, Persoal, Recursos Humanos e Transparencia na agrupación electoral veciños de Piñor", manifestan dende o PP.

Aseguran que non recibiron  "ningunha contraproposta por parte da agrupación que representa Uxío Rodríguez Blanco máis que a solicitude verbal de ostentar a Alcaldía sen ningunha outra distribución de áreas de goberno o que para a nosa formación demostra que non existía vontade de acadar un acordo pola súa parte".

A Xunta Local do Partido Popular de Piñor "avala a decisión dos concelleiros electos de considerar lexítima a decisión que o Partido Popular ostentase a Alcadía do municipio, fundamentada na decisión do electorado entre ambas formacións e por ter unha estrutura capaz de acadar os recursos necesarios para os proxectos do concello de Piñor, o desenvolvemento e a dinamización do municipio", remarcan.

8, Xuño 2015

O Arenteiro proclamouse campión da XXXV Copa Deputación de Fútbol, título que os verdes consiguen por segunda vez na historia e tras derrotar a SD Bande nunha vibrante final desputada no Estadio do Couto de Ourense, que rexistrou un gran ambiente.

Os goles de Martín Pérez, Dani Vázquez e Dani Arbo deron a victoria ao equipo carballiñés, que sempre foi por diante no marcador que en dúas ocasións lograron igualar os da Baixa Limia, que foi un digno rival, con dous goles do dianteiro pontevedrés Diéguez.

O capitán Carlos Escudero recolleu o trofeo de campión no medio do delirio dos centos de afeccionados carballiñeses que vestiron de verde carballiñés o Estadio do Couto.

Despois, a celebración continuou no Carballiño, onde o equipo foi recibido na casa do concello polo alcalde en funcións, Argimiro Marnotes, e numerorosos afeccionados que ovacionaron aos campeóns.

5, Xuño 2015

O grupo municipal do Partido Popular tilda de "propagandístico" o recurso de reposición presentado polo PSdeG contra o acordo plenario da Corporación Municipal do Carballiño polo que se aprobou a proposta da alcaldia para a operación de compra da casa da antiga ferraxería Soto.

Prema no arquivo adxunto para ver o comunicado do Partido Popular:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS