
O Grupo Municipal do PSdeG "cumprirá o compromiso avanzado durante a campaña electoral, e presentará nesta semana o escrito de impugnación do derradeiro Pleno da Corporación Municipal, no que o PP aprobou o acordo de compra do edificio da antiga ferraxería Soto".
Paco Fumega e o PSdeG reafírmanse así na decisión xa avanzada durante a campaña, de impugnar o acordo plenario aprobado polo PP "debido ás deficiencias constatadas en dita operación, ao carecer de informes municipais e taxación previa, da que xa advertiu a propia secretaria do Concello", manifestan.
O PSdeG mantén que antes de facer ningún tipo de operación respecto ao edificio Soto "é imprescindible contar cunha taxación, a fin de axustar o prezo ao mercado actual, e en ningún caso está disposto a pagar o que pretendía o PP (1.725.000 euros) ao considerar que ese non é o valor real do inmoble a día de hoxe".
Os socialistas salientan "que non consentirán que a artimaña de Marnotes para deixar hipotecado ao Carballiño nos vindeiros anos siga adiante, e que tras impugnar o acordo plenario o seguinte paso será saber en qué punto están as negociacións realizadas polo PP cos propietarios e tamén coñecer a opinión dos demais grupos da que será a nova Corporación Municipal".
Paco Fumega e o Grupo Municipal do PSdeG afirman rotundamente que "a operación de compra, tal e como pretendía levala a cabo Marnotes, sen consenso, sen informes, sen taxación e a un prezo desorbitado, non se levará a cabo".
O PSdeG, que foi a lista máis votada nas eleccións do pasado domingo e a que terá o maior número de concelleiros na vindeira Corporación, "mantén que cumprirá todos e cada un dos seus compromisos electorais, avanzados durante a campaña nun programa de 115 propostas, e por suposto manterá tamén o seu compromiso respecto á antiga ferraxería Soto".

A casa levaba anos deshabitada e descoñecese cál pudo ser a causa que orixinou o lume, na tardiña deste martes 26 de Maio.
O Servizo de Emerxencias do Concello do Carballiño trasladou a varios efectivos e o camión de bombeiros, que traballaron na extinción do incendio.
A casa, sita na rúa posterior á Estación de Autobuses do Carballiño, resultou calcinada e so quedan en pe as paredes de pedra.

Revolcón electoral no concello do Carballiño, fundamentalmente debido á debacle do Partido Popular, que non so perde a maioria absoluta - Marnotes tiña 9 concelleiros- senón que retrocede ata os 6 concelleiros (2.517 votos)
O gran gañador da xornada electoral é o socialista Paco Fumega, que será o próximo alcalde do Carballiño. Os socialistas pasan de 7 a 8 concelleiros (3641 votos), e quedanse ao borde da maioria absoluta.
O BNG logra, con Chema Ferreiro, doblar a súa representación na próxima corporación, obtendo 2 concelleiros (1023 votos).
E finalmente, tamén logra colarse na futura corporación municipal carballiñesa a Alternativa Veciñal de Bernardo García, cun concelleiro (471 votos)

Baixou o telón a liga 2014-2015 e o Arenteiro fixoo con derrota ante os pontevedreses do Marcón AT., que se xogaban a vida neste partido na derradeira xornada de liga nesta súa primeira visita oficial ao Estadio de Espiñedo, que na liña de toda a liga, volveu rexistrar unha gran entrada no graderío.
Tarde gris dos verdes que tan só na primeira parte fixeron méritos para sacar o partido adiante, pero que se viñeron abaixo na segunda parte, sobre todo despois de encaixar o primeiro gol.
A nota positiva do Arenteiro foi o debut co primeiro equipo dos xuvenís Pol e Esteban, e tamén a homenaxe ao capitán Carlos Escudero, que tras cinco tempadas xogou o seu último partido co Arenteiro en Espiñedo, non aínda o último coa camiseta verde, xa que aínda queda pendiente a competición copeira.
Tamén foi o último partido co Arenteiro en Espiñedo para o mister Miki López, que tras dous anos no club e conseguir deixar ao Arenteiro en Preferente, non continuará a vindeira tempada.
No concello de Avión o alcalde do Partido Popular, Antonio Montero, conserva 10 concelleiros, sobre o total de 11 que ten a corporación municipal. O restante é para o PSdG, e perde o que tiña o BNG.
En Beariz tamén todo sigue igual, o alcalde Manuel Prado repite con 8 concelleiros, mentres que Alternativa por Beariz obtén 1 concelleiro.
Repitense os resutlados de fai catro anos en San Amaro, o alcalde Ernesto Pérez conserva con 6 concelleiros a maioria absoluta en San Amaro, onde os socialistas tamén repiten resultados con 3 concelleiros.
No Irixo, Manuel Penedo experimenta un importante retroceso -perde case 300 votos- e 2 concelleiros, aínda que con 6 conserva a maioria absoluta. Obteñen representación -1 concelleiro- Polos Veciños, Fai O Irixo e PSdeG.
En San Cristovo de Cea, José Luis Valladares perde dous concelleiros -tiña 9 e quedase con 7-, mentres que o BNG (2) e o PSdG (2) sumarán catro concelleiros na oposición neste concello.
En Punxín perde a alcaldia Manuel Vázquez, do Partido Popular, quedase con 3 concelleiros por catro que suman PSdeG (2) e Cambio Intelixente (2). Todo fai indicar que haberá relevo na alcadía
O alcalde socialista de Maside Celso Fernández amplia a súa maioria absoluta, ata os 7 concelleiros. O Partido Popular, que perde 1, quedase con 4.
Mentres, o no concello de Piñor o PSdG podería perder a alcaldia ao ceder a maioria absoluta, os socialistas obteñen 4 actas, fronte ás 3 do Partido Popular e ás 2 de Veciños de Piñor, que entra con forza na corporación.
En Boborás Cipriano Caamaño reforza a súa maioria absoluta, pasa de 6 a 7 concelleiros. Neste concello MoveBoborás obtén 3 concelleiros, e a candidatura Xuntos por Boborás 1 concelleiro. Quedase fora da corporación o PSdG por vez primeira na historia da democracia.
En Leiro, o alcalde Francisco Fernández tamén amplia a súa maioria absoluta para o Partido Popular, faino a costa do PSdeG, que tiña dous concelleiros e queda so cun representante na futura corporación. Conservan as actas de concelleiro Independentes de Leiro e Bloque Nacionalista Galego.

Os verdes despidense da competición de liga este domingo dia 24 de Maio, no Estadio de Espiñedo, desde as seis da tarde ante o equipo pontevedrés do Marcón At. O Arenteiro chega a este derradeiro partido de liga cos deberes xa feitos desde fai varias xornadas nas que asegurou a permanencia, polo que volverá militar na Preferente para a vindeira tempada.
Pola súa parte o Marcón At., trala reclamación por alineación indebida do Pontevedra B en Baiona no seu partido co Erizana, chega a Espiñedo coa obriga de gañar para asegurar a súa participación na Preferente no vindeiro curso.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 603
- 604
- 605
- 606
- 607
- 608
- 609
- 610
- 611
- …
- seguinte ›
- última »