1, Maio 2015

A candidatura "Veciños de Piñor" logrou completar o aforo do salón de actos da antiga escola de Cotelas no seu acto de presentación, ao que acudiron máis de 100 persoas.

Un éxito de convocatoria que agradeceu o candidato á alcaldia Uxío Rodríguez, que falou "das presións dos que mandan neste concello, mandando recados para que a xente non acudise a este acto", en referencia ao alcalde socialista Francisco Fraga e o seu grupo, que goberna o concello de Piñor desde fai 12 anos.

"Veciños de Piñor" tamén denunciaron "a falta de talante democrático do Partido Socialista, que estes dias atrás ata chegaron a presentar unha denuncia ante a Xunta Electoral de Zona, polo único delito de publicitar este acto, queren impedir unha reunión, algo propio dunha dictadura pero unha actitude dificil de explicar en democracia".

Uxío Rodríguez avanzou neste acto a súa idea de concello e de facer política "temos que recuperar a ilusión e acudir á movilización para acadar o cámbeo en Piñor, necesitamos cambear o rumbo dun concello que está practicamente na quebra económica pola nefasta xestión dos últimos anos, coa débeda máis alta de todos os concellos da comarca e dos arredores, máis de 400 euros de débeda por habitante", subliñou.

1, Maio 2015

Un contrato privado de compra venda de folio e medio asinado polo exalcalde Pachi Vázquez e os propietarios da antiga fábrica de papel, no ano 2001, foi toda a documentación feita polo concello do Carballiño para a adquisición por parte do concello carballiñés da citada propiedade.

A cámbeo dunha finca rústica de 3.000 mts. cadrados,, que incluen o vello edificio da antiga fábrica de papel da Lavandeira, a administración local pagou 90.000 euros.

Posteriormente, no ano 2005, o exalcalde Carlos Montes puxo a disposición da Xunta de Galicia a propiedade, con vistas á rehabilitación da vella edificación, un proxecto que foi encargado ao arquitecto Gallego Jorreto, e no que a Xunta investíu 1 millón de euros.

O concello nunca chegou a elevar o documento privado de compra venda a público no rexistro da propiedade, tal como se puxo de manifesto cando un procedemento concursal no que se viron involucrados os propietarios, daquela o xulgado incluíu a propiedade no procedemento concursal e avaliaou a mesma en 694.000 euros.

O concello carballiñés remitirá ao xulgado unha oferta de compra

A solución para que o concello recupere a titularidade pública da propiedade pasa agora pola adquisición da mesma.

Tras varios anos de xestións co Xuíz Concursal, o alcalde Argimiro Marnotes remitirá no transcurso da semana vindeira unha oferta formal de compra por parte do concello carballiñés, que pagaría en cinco anualidades proporcionais, ata completar os 694.000 euros. Na primeira anualidade descontaríanse os 90 mil euros pagados na "primeira" compra do ano 2001.

 

29, Abril 2015

O vindeiro sábado día 2 de maio vai celebrarse en Melide a primeira edición galega dos debates escolares "Modelo Parlamento Europeo, MEP", organizada por Agorae, a asociación galega para a promoción da oratoria en Europa, de recente creación. Nela participará o IES Chamoso Lamas, cun equipo que estará capitaneado polos profesores Clara Vázquez e Miguel Pereira, e integrado polo alumnado: Yeray Diéguez Barreiro, Danarys Michel Constantine, Lucía España Fariñas e Ana Fernández Justo.

A actividade, celébrase por primeira vez en Galicia como resultado da colaboración entre a devandita asociación e os organizadores e promotores da actividade a nivel nacional, a Fundación San Patricio. Conta co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Concello de Melide, de tal xeito que a comunidade autónoma participa neste certame cunha representación de 10 centros de ensino. 

Os centros participantes na edición galega do MEP son:

  • IES Eduardo Pondal de Santiago
  • IES Maruxa Mallo de Ordes
  • IES A Pinguela de Monforte
  • IES Chamoso Lamas de O Carballiño
  • IES Antón Fraguas de Santiago
  • IES de Melide
  • Colexio SEK Atlántico de Poio
  • ColexioLa Salle, de Santiago
  • CPR PREMIR, de Santiago

A xornada comezará ás 10.30 horas. A partires dese momento, os representantes dos centros participantes distribuiranse en catro "Comisións" -emulando o sistema do Parlamento Europeo- nas que se tratarán os seguintes temas:

  •  A política de cohesión e os nacionalismos na UE
  •  A prevención do uso do sistema financeiro para o blanqueo de capitais
  •  Programa xeral de Medio Ambiente da Unión / Ecoinnovación - Emprego e crecemento a través da política medioambiental
  •  Como promover a competitividade e sustentabilidade no emprego para as persoas con discapacidade na UE?
  • Logo do traballo por comisións, ás 16.00 horas dará comezo a Asamblea Xeral, na que todos os participantes -como se se tratara dunha sesión de Pleno no Parlamento Europeo- debatirán acerca dos catro temas expoñendo os seus argumentos e facendo propostas.

    A pesar de ser a primeira vez que se realiza en Galicia, o Modelo Parlamento Europeo leva realizándose a nivel estatal dende hai 15 anos promovido pola Fundación San Patricio.  MEP ten como obxectivo que os estudantes poñan en práctica as catro competencias lingüísticas seguindo o sistema de funcionamento do Parlamento Europeo.

    28, Abril 2015

    O grupo municipal do Partido Popular de Maside entende que "a situación é consecuencia da mala xestión do alcalde Celso Fernández, que provocou nestes anos de goberno unha débeda que supera os 600.000 euros".

    Asi as cousas, os populares critican que nun orzamento que ascende a 1,7 millóns de euros para o ano 2015 "tan so se destinan 85.260,08 euros a inversións reais, e aínda o máis preocupante a situacion financieira cara os próximos anos, xa que ata o ano 2.021, o concello de Maside terá que pagar 80.000 euros anuais de capital e xuros pola débeda existente", recalcan desde o Partido Popular.

    Tildan ao alcalde socialista como "o mestre dos contacontos, asi temos en Maside o conto da gardería infantil, o conto do PXOM, o conto do parque empresarial, o conto das inversións que anuncia nos medios de comunicación, aínda que a única realidade son as débedas, un concello hipotecado para o futuro", subliñan os populares.

    Explican, finalmente, que apoiaron as modificacións puntuais das normas subsidiarias aprobadas polo pleno da corporación "para favorecer aos veciños afectados, aínda que o máis transparente e beneficioso para o conxunto da vecñanza e do concello sería contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal".

    As modificacións puntuais do ordenamento urbanístico aprobadas polo pleno son as que afectan ás localidades de Lamasaida ( Garabás ), Pousada ( Dacón ), Ribas ( O Lago ) e Martín ( Louredo ).

    27, Abril 2015

    O Equipo do Club de Debate do  IES Nº1 do Carballiño formado por Nazareth  Pedrouzo González,  Adrián  Godás Della Ripa,   Héctor  López Lorenzo ,  Manuel  Vázquez Augusto e  Victor  Barreiro Domínguez foi o gañador da Final Galega do Club de Debate 2015 que se celebrou onte domingo día 26 de abril en Carballo. As profesoras que levaron a cabo a preparación do alumnado foron Ana Lousado Duro e Nieves Abelleira. O tema desta final foi: “ Herdamos o galego, temos que transmitilo”

    Participaron nesta fase final seis institutos de outras tantas localidades de Galicia: o IES Parga Pondal, o CPI dos Dices, de Rois; o IES Luis Seoane, de Pontevedra; o IES Número 1 do Carballiño; o IES Macías O Namorado, de Padrón e o IES Xulián Magariños, de Negreira.Desde as dez da mañá ata as sete e media da tarde, os estudantes despregaron no Pazo da Cultura carballés a súa capacidade dialéctica ante un  xurado integrado por xornalistas, lingüistas e docentes.

    O equipo carballiñés impuxose claramente, ao lograr unha puntuación de 363,20 puntos, moi por arriba do resto dos participantes.

    O grupo gañador recibirá como premio unha viaxe multiaventura a Portugal para 20 persoas.

    A cuarta edición do Club de Debate estivo organizada por nove concellos a través do seus servizos de Normalización Lingüística.

     

     

     

     

     

    26, Abril 2015

    Outros 3 puntos que o Arenteiro suma para lograr a permanencia na categoria, tras vencer a un bo equipo como resultou ser a Unión Deportiva Atios de Porriño. Os visitantes neutralizaron o gol co que Arenteiro se adiantou no marcador para chegar ao descanso con co partido empatado, pero unha gran segunda parte dos verdes decidiu con claridade o partido, deixando o 3-1 final no marcador.

    CD Arenteiro: Marcos Nieto; Carlos Escudero, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Victor Gallego. Tamén xogaron Manu, Choco, Lois e Gele.

    Goles:

    1-0. Minuto 14. Magnífico pase entre liñas de Martín Pérez que aprovieta moi ben Dani Vázquez, primeiro para irse da defensa e batir ao porteiro na súa saída cun tiro raso e colocado.

    1-1. Minuto 37. Non está fina a defensa do Arenteiro, perimtindo o roubo de balón por parte dos visitantes, unha xogada que culmina Asi para empatar.

    2-1. Minuto 60. Xogada de extratexia do Arenteiro que culmina Victor Gallego cunha gran volea que toca coa punta dos dedos o meta do Atios, o balón vai o longueiro e finalmente Sanginés empurra entre os 3 paus.

    3-1. Minuto 71. Bonita combinación do Arenteiro, cun centro milimétrico de Sanginés que aproveita Dani Vázquez para dun perfecto testarazo marcar o tercerio.

    O Partido: De inicio trepidante por ambos equipos, aínda que foi o Arenteiro o que con máis perigo se aproximou á portería rival, de feito antes de adiantarse no marcador xa tiveran os carballiñeses dúas magníficas ocasións de gol. Aos 4 minutos da segunda parte o Atios quedabase cun xogador menos por expulsión ao ver doble cartón amarelo o dianteiro Rubio. A partir dese momento, o Arenteiro foi claro dominador do partido e mesmo na fase final pudo incluso ampliar a diferencia no marcador, todo esto ante un bo equipo, no que sobresae o seu dianteiro Jorge Fernández, todo un espectáculo para a categoria.

    25, Abril 2015

    O descontento coas grandes formacións políticas tradicionais ponse de manifesto nestas eleccións municipais do 24 de Maio coa aparición de 7 candidaturas no ámbito comarcal, que se autoproclaman como "veciñais" e "independentes".

    Alternativa Veciñal do Carballiño presenta a Bernardo García como candidato á alcaldía, seguido nos primeiros postos da candidatura por Maria Jesusa Álvarez, Ernesto Atanasio e Patricia Ordás.

    No concello do Irixo xurdiron nestas eleccións 2 candidaturas á marxe dos partidos políticos. "Polos Veciños" encabezada por José Manuel Prieto, e "Fai O Irixo" por Florentino Pérez.

    En Boborás, Manuel González, como candidato á alcaldia, e Alberto Otero abren a lista electoral de "Xuntos por Boborás".

    No concello de Beariz, Manuel Ogando Penela é o candidato á alcaldia bearicense por "Alternativa para Beariz".

    En Punxín, Joaquín Moldes lidera a candidatura "Cambio Intelixente de Punxín".

    E finalmente, no concello de Piñor, Uxío Rodríguez é o candidato á alcaldia pola agrupación de electores "Veciños de Piñor".

     

     

     

    23, Abril 2015

    A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rebate con 11 argumentos xurídicos as alegacións feitas pola defensa do exalcalde do Carballiño. Polo tanto, sigue adiante o proceso aberto pola xustiza contra Pachi Vázquez.

    A Sala do TSXG avala desta maneira a decisión do Xuíz Instructor do caso, tras a querela presentada pola Fiscalía, por un presunto delito de prevaricación continuada en relación á contratación de persoal no concello do Carballiño durante os mandatos municipais nos que Pachi Vázquez foi alcalde do Carballiño.

    A resolución do alto tribunal galego é "firme" e advierte que "contra a mesma non cabe recurso".

     

    23, Abril 2015

    O candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño, Paco Fumega, presentou ás 27 persoas que conforman a candidatura que el mesmo encabeza para as Eleccións Municipais do 24 de Maio.

    A Casa da Cultura do Carballiño foi o escenario de presentación dos candidatos e candidatas, nun acto no arrouparon ao candidato socialista alcaldes doutros concellos, portavoces e afiliados do PSdeG.

    Fumega destacou que a lista do PSdeG do Carballiño "está integrada por un equipo de persoas  que se presentan a estas eleccións ilusionadas, con gañas de traballar polos cidadáns e preparadas para gobernar”.

    O obxectivo da candidatura é claro: “recuperar a alcaldía do Carballiño para reconquistar os nosos dereitos, despois de catro anos cun goberno nefasto do PP que o único que fixo foi castigar aos cidadáns con máis impostos e menos servizos”.

    En palabras do candidato socialista, o PSdeG traballará “para que O Carballiño volva a ser a vila punteira da provincia, un lugar apetecible para vivir, cunha oferta de servizos públicos para os cidadáns, atractiva para o turismo, e cunha dinamización empresarial e industrial axeitada para fomentar o emprego”.

     Candidatura do PSdeG O Carballiño 

    1  Francisco José Fumega Piñeiro. Doutor en Xeografía Aplicada.

    2. José Manuel Dacal Fernández. Empresario.

    3. Érika Paz Rodríguez. Enfermeira.

    4. Adolfo Nogueira Campo. Empresario

    5  Marina Ortega Otero. Psicóloga.

    6. Charo González González. Diplomada en Ciencias Económicas e Empresariais.

    7. Diego Fernández Nogueira. Politólogo e Técnico Forestal.

    8. Rita Soto Vázquez. Empresaria.

    9. Rosa María Fuentes García. Patronista Industrial.

    10.  Francisco Pérez Gómez. Enfermeiro.

    11.  Iolanda Otero Barroso. Politóloga e Consultora de Proxectos Europeos.

    12.  Paulino David Carou Mosquera. Desempregado. Ex traballador do matadoiro.

    13.  Lorena Corral Cao. Enfermeira e Matrona.

    14.  Delfín González Pérez. Técnico Especialista Administrativo.

    15.  Carlos Ernesto Fernández Pérez. Xubilado de Telefónica.

    16.  Jesusa Rodríguez Fontán. Encargada de tenda.

    17.  José Manuel Seijas Fumega. Auxiliar de Farmacia.

     

    23, Abril 2015

    Almudena Valiñas Conchouso viña exercendo como concelleira do BNG en Avión desde o ano 2009. Por medio dun comunicado remitido aos medios e publicado en redes sociais a concelleira, que na actualidade sigue exercendo como tal na corporación muncipal de Avión, comunica que ven de solicitar a súa baixa no Bloque Nacionalita Galego.

    Faino tras anunciarse por parte da executiva nacional do BNG a presentación dunha "candidatura protesta e anticaciquil contra as políticas de extorsión do PP" que encabeza o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence.

    A aínda, a día de hoxe,  concelleira do BNG en Avión manifesta o seu enérxico malestar "paréceme unha falta de respecto cara a veciñanza de Avión a candidatura presentada polo BNG dende a Executiva Nacional". Tamén asegura que en ningún momento foi esa decisión consensuada cos militantes do BNG de Avión.

    Almudena Valiñas aclara tamén  que "dende que exerzo como concelleira do BNG en Avión non se exerceu sobre min ningún tipo de extorsión por parte do Partido Popular". Finalmente, a concelleira atribúe a dificultade de presentar unha candidatura do BNG "non por extorsións, senón pola apatía que existe cara a política no noso concello, como proba o feito de que o propio Partido Popular, que lava 30 anos gobernando Avión, presenta unha candidatura sen suplentes", manifesta.

    Páxinas

    Subscribirse a Copecarballiño.es RSS