
O grupo de goberno cifra en máis de 500.000 euros nos últimos anos para devolver os servizos de saneamento e abastecemento a varios barrios da vila, que levaban tempo con estes servizos deficitarios. As áreas de Urbanismo e Medio Ambientet, "crearon unha planificiación durante este tempo, dirixida principalmente a renovar a rede municipal co fin de ofrecer mellores servizos, e ao mesmo tempo evitar verteduras nas dúas concas carballiñesas, a do Carrás e o Arenteiro, como estaba a acontecer antes, por non se realizar esta programación e planificación".
Así mesmo as obras executadas, e tamén "as que están proxectadas para os próximos meses, evitan tamén as inundacións que se producían en varias zonas da vila e o rural". O edil de Obras sinalaba que "un dos primeiros problemas que detectamos ao asumir estas funcións de goberno foi comprobar que moita da nosa rede municipal estaba estragada e anticuada, o que provocaba constantes ,molestias aos veciños e usuarios".
Unha das primeiras accións levadas a cabo dende a área de Urbanismo foi o de aproveitar calquera tipo de acometida que se fose a executar nunha rúa, para revisar o estado da rede, e renovalo nos lugares onde detectaron defectos "así optimizamos os recursos ao tempo que renovabamos infraestruturas que, se ben non son obras de gran lucimento, ao estar enterradas, se eran mais que necesarias para o confort e o servizo aos veciños", indica Magín Daparte.
Entre os proxectos executados encóntranse a renovación do colector xeral da rúa Ourense, onde se inverteron máis de 40.000 euros, na reposición das canalizacións de recollida de pluviais, rede de sumidoiros abastecemento, así como os correspondentes pozos, rexistros e bocas de rego. Esta zona levaba tempo con defectos nestes servizos, que provocaron mesmo o afundimento da calzada nesa zona.
Así mesmo acometeronse os traballos de renovación do abastecemento de Curros Enríquez, nas súas dúas marxes, aproveitando a obra de peatonalización de toda esa rúa. Nesta zona elimináronse os problemas que presentaba nos últimos anos, dende hai máis dunha década, cos rebentóns e inundacións de baixos comerciais e establecementos. Neste proxectos investíronse máis de 120.000 euros en total, repoñendo máis de 70 metros de canalizacións.
No mesmo barrio, en concreto na zona da Veracruz, realizáronse obras de mellora da rede de recollida de pluviais, que evitaron tamén moitos problemas nas vivendas da zona.
No 2014 fixeronse obras de mellora na rúa Alberto Vilanova, que conduce ata o centro de saúde, onde se investiron preto de 42.000 euros, e nas que se executaron traballos de colocación de novos sumidoiros e canalización de pluviais, que eliminaron o problema das inundacións na rúa Alexandre Bóveda, así como a substitución dun tramo de rede de sumidoiros.
Outra obra dese mesmo ano foi a da zona da Praza da Mina, onde se eliminaron os problemas de saneamento, coa renovación do colector, así como a reposición de máis de 120 metros de canalizacións nas redes de rede de sumidoiros, e pluviais.
Por outro lado executáronse obras na recollida de pluviais da zona do polígono da Uceirea, que vertían cara á avenida de Compostela, e que provocaba tamén inundacións. Coa nova canalización evitáronse en boa medida estas incidencias.
Por último na rúa José Pontes executáronse tamén traballos de mellora en toda a rúa, que incluíron reposición e mellora da rede de saneamento e pluviais, cun importe total de preto de 20.000 euros.
Tamén se realizou un estudo da situación da rede no medio rural, xunto coa empresa subministradora da auga no municipio, co fin de seguir dotando de mellores infraestruturas a toda esa zona.
Así mesmo están previstos varios traballos que se executarán en poucos meses, no apartado de saneamento e abastecemento en varios barrios da vila carballiñesa. Magín Daparte aseguraba que "estamos a crear unha rede de futuro, seguindo un esquema moi claro e sinxelo, a separación de pluviais e saneamento, para evitar inundacións, sobrecarega das depuradoras, polo tanto diminuír o seu consumo, e evitar vertidos aos nosos ríos, ou a terreos privados".
O equipo carballiñés achegase con esta victoria un chisco máis ao obxetivo da permanencia na categoría da Preferente autonómica, sumando xa 47 puntos, a falta de seis xornadas para rematar a competición.
CD Arenteiro: Pachi, Carlos, Dani Arbo, Lois, Pana, Dafonte, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Choco e Dani Vázquez. Tamén xogaron Manu, Brais e Gele.
Goles:
0-1. Minuto 9. Libre directo que chuta Juncal, raso e centrado, e sen aparente perigo, pero a Pachi escápaselle o balón e Aarón adianta ao equipo visitante.
1-1. Minuto 12. Xogada personal de Dani Vázquez, que sortea a varios contrarios na liña de fondo, e o seu centro rematao Sanginés para empatar.
2-1. Munuto 47. Choco provoca unha falta ao borde da área, o lanzamento é obra de Dani Arbo, que envía un obús que se cola na portería do equipo do Morrazo.
O Partido: Tras un inicio un tanto apático do Arenteiro, o gol dos visitantes fixo espabilar aos verdes que poideron lograr un resultado máis amplo se non fose pola falla de acerto nas numerosas ocasións de gol que xeraron no transcurso do partido, e todo hai que decilo, polas magníficas intervencións do meta do Rápido Bahía, David, que estivo extraordinario. Tamén o perigoso dianteiro visitante Buba dispuxo de dúas ocasións para poder marcar.

A casa da cultura do Carballiño acolleu o acto de presentación dos candidatos e candidatas do PSdeG ás alcaldias da comarca, agás nos concellos de Boborás e Beariz.
No caso de Boborás, os socialistas sinalaban na súa relación de alcaldables a Alberto Otero, actúal concelleiro e que xa fora o seu candidato fai catro anos. Non obstante, Otero asegurou que se desvincula do PSdeG, e que asi llo comunicou aos responsables do partido fai varios meses atrás. De feito, o aínda concelleiro socialista está participando na elaboración dunha candidatura veciñal para presentarse a estas eleccións municipais no concello de Boborás.
Tampouco, de momento, encontran os socialistas candidato para o concello de Beariz.
Quenes sí participaron neste acto de presentación foron os candidatos dos outros sete concelllos da comarca. Os que repiten, Paco Fumega para o concello do Carballiño; o de Piñor, Francisco Fraga, o de Maside Celso Fernández, e o de Cea, Guillermo Dopazo. E as tres novidades, a candidata de San Amaro, Maria Jesús López, a de Punxín, Rosa Outerelo, e o do Irixo, Iago Fariñas.

Uxío Rodríguez, a quen o BNG anunciara semanas atrás como o seu candidato á alcaldia do Concello de Piñor, concurrirá ás eleccións municipais encabezando unha Agrupación de Electores.
Tamén se desvinculan do BNG a maioria dos integrantes que tiñan comprometida a súa participación na candidatura nacionalista. O motivo son os desacordos das últimas semanas co propio BNG, según explican no seguinte comunicado, que reproducimos integramente.
Comunicado da Agrupación de Electores de Piñor
A mediados do 2014 o BNG de Piñor dirixiuse a Uxío para propoñerlle encabezar a candidatura por este Concello.
Presentada a proposta á asemblea do grupo de Piñor no mes de Novembro, aceptouse por unanimidade.
A línea de traballo que se acordou baseouse na renovación, incorporación de xente nova,dispoñibilidade, equilibrio territorial ( representación de todalas parroquias ) e relevo xeracional.
Despois de varias xuntanzas o candidato presenta unha lista que se aproba co apoio maioritario, casi unánime (coa única oposición de dous membros do BNG). Con posterioridade esas mesmas persoas insisten en impoñer a un deles no segundo posto.
Dáselle traslado á organización do BNG, insistindo en que hai risco de ruptura por esa imposición contra a maioría. A Organización non ofrece alternativa ningunha. Finalmente, o Grupo en asemblea asina un acordo que se lle traslada ó BNG, ó que tampouco resposta.
Chegados a esta situación o grupo que viñamos traballando baixo as siglas do BNG en Piñor, comunicamos a nosa desvinculación do BNG-Asembleas Abertas, optando por presentar a lista aprobada como unha Agrupación de Electores.
A corporación aprobou, coa abstención dos socialistas, o prego de bases que regulará a concesión do contrato para a xestión do servizo municipal de axuda a domicilio.
Increméntase siñificativamente a cantidade económica que o concello carballiñés destinará ao mantemento deste servizo, pasando dun orzamento de 226.000 euros que se viñan orzamentado para este fin, aos 407.000 euros do contrato futuro, o que siñificará un importante aumento de horas na prestación deste servizo municipal.
O pleno atendeu unha moción de urxencia do grupo socialista para demandar da Xunta a apertura da Residencia de Tempo Libre durante todo o ano. O grupo socialista aceptou unha transacccional do Partido Popular e finalmente acordouse instar á Xunta de Galicia a que reciba a unha delegación do concello do Carballilño para buscar puntos de encontro cara a dinamización destas instalacións.
Tamén, por unanimidade, aprobouse unha moción do PSdeG contra a privatización dos Rexistros Civís.
A sesión plenaria foi aproveitada polos extraballadores do matadoiro para facer patente a súa protesta pola tardanza na convocatoria do concurso público para a concesión da explotación destas instalacións.
O pleno iniciouse coa toma de posesión da nova concelleira Remedios Castro Covela, que apenas a dous meses por diante para concluir o actuál mandato municipal, sustitúe no grupo socialista a Maria Josefa Pérez, que presentara a súa renuncia no pasado mes de Xaneiro.

Os nacionalistas incorporan esta proposta ao seu programa electoral e compromentese a traballar neste proxecto, que comezaría polos contactos cos alcaldes de concellos próximos que estarían en condicións a sumarse a esta iniciativa "como Boborás, Leiro, Beariz ou Avión, entre outros".
O candidato á alcaldía Chema Ferreiro subliñou que éste "é un proxecto tan laborioso como ambicioso, que pretende darlle un novo pulo a O Carballiño nun marco de amplas posiblidades para o turismo, o termalismo, a natureza e o emprego".
Nesa mesma liña tamén se pronunciou Marco Antonio Reboredo, número dous da candidatura do BNG no concello do Carballiño "tratase de facer políticas con miras de futuro, a longo prazo, apostando por un desenvolvemento sustentable do territorio".
Unha Reserva da Biosfera, distinción que concede a UNESCO, é unha área de ecosistemas -na actualidade están declaradas un total de seis en Galicia- na que se promove a investigación, asi como a educación ambiental e a sensibilización, unha área xeográfica na que promóvese a conservación dos recursos naturais e o desenvolvemento económico e social das comunidades locais, tendo en conta as necesidades sociais, culturais e económicas dos seus habitantes.
O nefasto inicio de partido do Arenteiro, xa perdia 3-0 aos 25 minutos, que serían 4-0 ao descanso, condenou aos verdes á derrota na súa visita a Vigo. O Alertanavia aproveitou a paxara dos carballiñeses durante a primeira parte, e por se fora pouco, dous erros de bulto do colexiado santiagués Vidal Fonseca, para sentenciar o partido.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, Lois, Ocampo, Dani Arbo, Dafonte, Martín Pérez, V. Gallego, Choco, Marcos Sotelo e Brais. Tamén xogaron Sanginés, Carlos, Manu e Dani Vázquez.
Goles:
1-0. Minuto 3. Pérdida de balón do Arenteiro no medio campo e os vigueses lanzan un ataque rapidísimo que culmina Victor.
2-0. Minuto 10. Dafonte golpea defectuosamente un balón dentro da área que termina atrapando Pachi, nunca pode haber intención de cesión, que sí interpreta o árbitro. Barciela executa maxistralmente o libre indirecto.
3-0.Minuto 25. Outra xogada na que o árbitro volve ser protagonista. Falta clara sobre Dafonte, que queda tendido no chan no centro do campo, os vigueses continuan o xogo e o Arenteiro, outra vez mal en defensa, facilita o terceiro gol local, obra de Kiko.
4-0. Minuto 39. Outra moi confusa xogada, o axudante de banda levanta a bandeirola sinalando unha falta sobre un dianteiro local, o árbitro -aquí acertou- aplica a lei da ventaxa e Borjita, con algo de fortuna, introduce o balón na portería de Pachi.
4-1. Minuto 66. Falta sobre a meta local que lanza Sanginés e Dani Arbo, peinado cara atrás, fai o gol da honra.
O Partido: Primeira parte "horribilis" do Arenteiro, superado en todas a liñas polo Alertanavia, que independientemente dos favores arbitrais fixeronse merecedores de ir ao descanso co partido resolto. Na segunda parte, os verdes despertaron da sesta - o horario das catro da tarde era bastante propicio- e puderon marcar algún gol máis do conseguido por Dani Arbo, pero non era a tarde do Arenteiro. Para esquecer.

Por segunda tempada consecutiva os verdes xogarán as seminfinais da copa Deputación, desta vez tras vencer a domicilio ao Nogueira de Ramuín, nun partido que se complicou para o Arenteiro no minuto 32 da primeira parte ao quedarse con 10 xogadores no campo pola expulsión de Dafonte, por doble cartón amarelo.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, Dani Arbo, Ocampo, Pana, Dafonte, Bardelás, Victor Gallego, Sanginés, Manu e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Martín Pérez, Dani Vázquez, Brais e Lois.
Goles:
0-1. Aos corenta segundos de partido, gol olímpico de Marcos Sotelo, coa colaboración do meta local, ao que se lle escapou o balón.
1-1. Minuto 19. Bruno, casi sin ángulo, introduce o balón na portería de Pachi.
1-2. Minuto 75. Golazo de cabeza de Dani Vázquez a pase de Gele.
1-3. Minuto 85. Brais pelexa un balón que despois sirve sobre Bardelás, que marca a placer.
O Partido: Nin xiquera ía un minuto de xogo cando o partido se puxo de cara co gol olímpico de Marcos Sotelo, non obstante nin moito menos foi impedimento para que o Nogueira buscase con fé o gol do empate, que chegaría tamén pronto, no minuto 19. Depois, en apenas catro minuto sucedense dúas xogadas claves, primeiro no m. 28 o árbitro trágase un clarísimo penalti sobre Sanginés, e a renglón seguido, no m. 32 deixa ao Arenteiro con 10 xogadores por doble amararela a Dafonte. Cando pior parecía que se poñia o partido para o Arenteiro foi precisamente un momento de inflexión, xa que a partir dese instante o Arenteiro controlou por completo o partido, máis aínda despois de que ao cuarto da segunda parte tamén se quedase o Nogueira con 10 sobre o campo por explusión de Patas, tras unha moi fea acción sobre Marcos Sotelo. Despois sucederinase as ocasións de gol a favor do Arenteiro, aínda que houbo que esperar ao m. 75 para que marcase Dani Vázquez o segundo da tarde e deixase practicamente sentenciada a eliminatoria, á que o gol de Bardelás puxo a guinda.

O servizo de emerxencias estará operativo a partir do lúns dia 6 de Abril, según concretou o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, unha vez que se completou o procedemento para a autorización admistrativa e a contratación do personal.
O servizo terá ámbito exclusivamente municipal, polo que é único dentro das súas características en Galicia, aínda que no caso de requerirse dende a central de emerxencias podería actúar fora do municipio.
O concello carballiñés destina ao pagamento de salarios 129.329 euros, os traballadores contratados son 12, en base á lista de contratación saída do concurso de selección feita o ano pasado para esta mesma finalidade. Daquéla, os contratos foran por 3 meses de duración, agora terán vigor durante 9 meses, ata o 31 de Decembro.

A Mancomunidade Turistica Terras do Avia, integran os concellos de Boborás, Leiro, Ribadavia e O Carballiño, ven de presentar unha aplicación que permite unha visita virtual pols catro municipios.
A APP ofrece ao visitante unha guia virtual, na que se inclúe un percorrido virtual de 360º por máis de 25 monumentos de intereses no ámbito dos catro concellos que forman parte da mancomunidade.
Prema no arquivo adxunto para coñecer a APP Terras do Avia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 606
- 607
- 608
- 609
- 610
- 611
- 612
- 613
- 614
- …
- seguinte ›
- última »