
O Candidato a alcaldía de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, desgranou durante a súa presentación o pasado sábado, algúns dos problemas do concello, do que dixo "ser un concello con moitas posibilidades, pero nun estado de abandono e deixadez dende fai 29 anos, un concello no que había que recuperar a ilusión e poñerse a traballar para darlle a volta a esta situación, con moito traballo e ilusión para colocalo no lugar que lle corresponde".
Iago Fariñas comprometeuse durante a súa presentación do pasado sábado, a traballar de forma decidida por fomentar a natalidade no concello, xa que un concello onde non nacen nenos é un concello condenado á desaparición; polo que se obrigou, de ser o novo alcalde do Irixo, a destinar tres mil euros para cada neno que nacera no Irixo, “se din que os nenos nacen cun pan debaixo do brazo, no Irixo viran cunha petada o máis grande posible, en forma de axuda de tres mil euros...” “comprométome a destinar todos os recursos que fagan falta, incluso o soldo do alcalde se fose preciso...”.
Comprometeuse a poñer en marcha unha gardaría pública nunha parte dos antigos locais do grupo escolar que foron cedidos no seu día ó concello por parte da Consellería de educación, precisamente para a construción dunha gardaría que nunca foi construída. Esta infraestructura é necesaria para axudar ás familias e reforzar o grupo escolar, para así evitar a súa desaparición.
Fariñas aposta por un concello que se preocupe por que os rapaces do Irixo se formen e teñan as mesmas posibilidades que os nenos da cidade, poñendo en marcha un sistema de becas que complementen ás de outras administracións se fose preciso para que todos os nenos do Irixo se queren poidan estudiar ou formarse nun oficio como calquer outro neno.
Tamén promover e a incentivar, dende o concello, iniciativas empresarias, a fomentar o cooperativismo, e asesorar a todos os veciños, e comunidades de montes ca creación dunha asesoría xurídica no concello que axude a poñer en marcha calquera iniciativa que xenere riqueza e traballo para os veciños do Irixo. asi como apostar en exclusiva polos veciños e os empresarios do Irixo para recuperar o concello sexa cal sexa o traballo.
A apostar pola formación das persoas en situación de desemprego, cunha escola taller para que poidan desempeñar tarefas de recuperación de todo o rico patrimonio co que conta o Irixo, ou formación en axuda domiciliaria no fogar a persoas que o precisen, tamén por unha axuda no fogar a persoas maiores ou dependentes que de cobertura a tódolos veciños que o precisen sen listas de espera.
O candidato socialista quere poñer en marcha a creación dun selo de calidade de produtos ecolóxicos e de calidade do Irixo, de mel, de castañas, cogomelos e carne..
Tendo en contra que o concello do Irixo é dos máis extensos da provincia e a gran dispersidade da poboación, onde se perderon fai anos os coches de liña e apenas existen trens, Fariñas se comprometeu a poñer en marcha no primeiro ano de goberno un transporte municipal gratuíto ou a un precio simbólico, para todos os veciños do concello que comunique os distintos pobos e parroquias ca capitalidade do concello para que os veciños poidan desprazarse ó médico ou a facer as súas compras, ampliando este servicio ó Carballiño se fose necesario.
Finalmente, comprometeuse durante a campaña electoral a falar con tódolos veciños e incluír no seu programa todas as necesidades que lle plantexen os seus veciños que son moitas e moi diversas; se comprometeu así mesmo a adicarse en exclusiva a tarefa de facer do Irixo un gran concello, onde se recupere a memoria histórica e as súas festas populares e tradicións como a feira do Tellado, e sobre todo a estar sempre dispoñible para tódolos veciños, a estar en todos os pobos ca xente, e sobre todo facer asembleas de veciños para falar, e acordar con todos o rumbo e as necesidades dos, pobos, das parroquias e do concello, para construír un concello dos veciños e para os veciños.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou hoxe o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade do Ribeiro onde o Goberno galego leva investidos preto de 185.000 euros nos últimos 5 anos, para o seu mantemento e coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de información ás mulleres e a promoción da igualdade.
Rogelio Martínez mantivo unha xuntanza co presidente desta mancomunidade e alcalde de Leiro, Francisco Fernández, e co persoal do CIM para coñecer de preto os programas desenvoltos neste centro así como os servizos e informacións máis demandados. O CIM do Ribeiro conta con 5 traballadores, entre a directora e o persoal destinado ao asesoramento psicolóxico e xurídico e á dinamización sociocultural. O ano pasado atenderon a 112 persoas -96 mulleres e 16 homes- e 298 consultas.
Desde a pasada lexislatura, remarcou Martinez, "o goberno galego está apostando pola suma de esforzos entre as administracións, na procura dunha xestión eficiente dos recursos e un benficio marior para a cidadanía, xa que evitan duplicidades e solapamentos innecesarios".
O delegado territorial explicou que con este obxectivo, o que a Xunta prima nas súas axudas e subvencións a aqueles concellos que aposten pola prestación conxunta de servizos, como é o caso do CIM da Mancomunidade do Ribeiro, que desde a data da súa creación, en 2005, decidiu presentarse ás axudas a entidades locais de Igualdade agrupando aos concellos que integran esta entidade supramunicipal: Leiro, Cenlle, Beade, Cortegada e Arnoia. A súa área de influencia é maior e os seus servizos beneficia a todos os concellos da comarca.
En 2014 a esta Mancomunidade correspondeulle preto de 45.000 euros para o mantemento do CIM. Ademais, recibiu máis de 5.200 euros para programas de sensibilización e prevención da violencia de xénero no marco das subvencións recibidas na Orde de Entidades Locais 2014.
O CIM do Ribeiro organizou durante o ano pasado un ciclo de cine coa proxección de películas relacionadas coa violencia de xénero e a igualdade, distintas charlas sobre un amplo abano de temas e máis dunha ducia de obradoiros.

O Grupo Municipal do PSdeG pon en marcha un ciclo de Foros coa Cidadanía, co obxectivo de coñecer as inquedanzas e demandas dos distintos sectores sociais do Carballiño e incorporalas ao seu programa electoral.
O portavoz do PSdeG e candidato á alcaldía, Paco Fumega, explicou hoxe en rolda de prensa que o obxectivo é que o programa socialista sexa participativo, e que se lle dea cabida ao que realmente lle interesa á cidadanía escoitando as súas propostas, “co fin de conseguir entre todos transformar O Carballiño de hoxe, que é unha vila morta, nun Carballiño con futuro, nunha vila viva”.
Os Foros estarán abertos á participación da cidadanía en xeral, e en particular dos colectivos que aglutinan aos principais sectores veciñais, sociais, culturais, empresariais e xuvenís. Os eixos fundamentais de debate, e que centrarán o programa electoral do PSdeG, serán "un modelo de goberno transparente, a promoción económica e a creación de emprego, o freo da emigración e o impulso da mocidade como motor de cambio e a eficiencia dos servizos públicos".
Así, o ciclo de foros iníciase este venres 6 de febreiro cun encontro centrado na transparencia e participación no goberno, ao que acudirá o portavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG no Parlamento de Galicia, que foi ademais conselleiro da Presidencia na Xunta, Xosé Luís Méndez Romeu.
O 20 de febreiro terá lugar o segundo foro, centrado na promoción da economía e a creación do emprego, unha das cuestións que mais preocupa á cidadanía, e na que participará o deputado e economista Abel Losada.
Xa no mes de marzo, o venres día 6 o tema central será a eficiencia dos servizos públicos e sociais, coa asistencia da responsable desta área no grupo parlamentario do PSdeG, a deputada Carmen Gallego.
O día 20 de marzo, o eixo fundamental do foro será a integración da xuventude ao cambio que necesita O Carballiño, co fin de artellar propostas para evitar a masiva emigración da xeración máis preparada.
Fumega explicou que con estas catro premisas: transparencia, emprego, servizos sociais e xuventude, “podemos desenvolver as potencialidades que ten O Carballiño, en contraposición á parálise e retroceso que estamos vivindo co goberno de Marnotes”.
Considerou “moi preocupante” a destrucción de emprego que se produciu nos meses de Novembro e Decembro no Carballiño “sobre todo tendo en conta que o goberno de Marnotes ten as constelacións alineadas axeitadamente, xa que o seu partido goberna en España, Galicia e na Deputación de Ourense, e aínda así non fai nada”.
Fumega afirmou que “se O Carballiño vai cada vez mais para atrás é debido a unha falla absoluta de xestión política, porque o alcalde está preocupado de trapalladas en lugar de atender ao que necesita á cidadanía”.
Por iso destacou que “nos imos escoitar aos cidadáns, coñecer o que lles preocupa e o que necesitan e falar con eles para que as súas propostas e demandas formen parte do noso programa de goberno, e transformar así O Carballiño”.
Estes encontros coa cidadanía terán lugar todos eles no Hotel Arenteiro ás 20,30 h.

Tarde invernal e boa entrada de afeccionados no campo da Xunqueira de Pontevedra para presenciar o encontro de Preferente entre o filial granate e o Arenteiro. Os verdes sairon mentalizados da importancia dos 3 puntos, que lograron tras un trepidante inicio de partido con dous goles en apenas dez minutos de xogo.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, D.López, D. Arbo, Pana, Dafonte, V.Gallego, Bardelás, Martín Pérez, D.Vázquez e M.Sotelo. Tamén xogaron Manu, Brais, Carlos e Sanginés.
Goles:
0-1. Minuto 7. Sensacional testarazo de Dani Arbo no primeiro pau nun balón de córner lanzado por M.Sotelo.
0-2. Minuto 10. Victor Gallego plantase so ante a portería local e de tiro raso e colocado bate ao meta local.
1-2. Minuto 84. Pachi non logra atrapar un forte tiro desde fora da área e o rexeite é aproveitado por Juan.
O Partido: O gran inicio do Arenteiro foi suficiente para gañar este encontro con dous goles nos dez primeiros minutos, despois os verdes moderaron a súa intensidade, aínda asi puderon ampliar a diferencia no marcador nunha inmellorrable ocasión de Bardelás ao inicio da segunda parte. En ningún momento os pontevedreses deron sensación de poñer en perigo a victoria do Arenteiro a pesar do gol, acaso na única vez que chegaron aos dominios de Pachi. No tramo final do partido, primeiro Sanginés e logo Manu, tiveron nas súas botas ampliar a diferencia no marcador para os carballiñeses.

- 6 e 13 de febreiro
ENTROIDO DE CONTO NA BIBLIOTECA .A partir das 17,30 h na Biblioteca Pública Municipal do Carballiño.
-Sábado, 14 de febreiro
OBRADOIRO INFANTIL DE MAQUILLAXE E DECORACIÓN DE UÑAS na Praza da Veracruz a partir das 17,00 horas
BATUKADA “BATE NO COBRE” polas rúas da vila a partir das 20,00 horas
- Domingo, 15 de febreiro
Animación musical a cargo da Charanga ESCACHAPEITOS polas rúas do Carballiño a partir das 13,00 horas
IV CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES NON CONFUNDAS
Animación a cargo de DJ Tibu en colaboración coa Asociación de Hosteleiros a partir das 17,30 h na Praza da Veracruz
- Luns 16 de febreiro
- OBRADORIO INFANTIL DE MAQUILLAXE CON AERÓGRAFO e MÁSCARAS DE ENTROIDO
A partir das 17,00 horas na Praza da Veracruz
BAILE DE DISFRACES amenizado polas orquestras “GRAN PARADA” a partir das 21,00 horas na Praza Maior e “ATENAS” a partir das 22,30 na Pista Vermella
en colaboración coa Asociación de Hosteleiros do Carballiño
- Martes, 17 de febreiro
- ANIMACIÓN MUSICAL a cargo da Charanga DOCTOR ANCHOA, a partir das 13,00 horas polas rúas do Carballiño
- GRAN DESFILE - CONCURSO DE COMPARSAS E CHARANGAS a partir das 17,30 horas polas rúas do Carballiño
- Baile de disfraces a cargo da ORQUESTRA “AMÉRICA S.L” a partir das 19,30 horas na Praza Maior
- Mércores de cinza, 18 de febreiro
ENTERRO DA SARDIÑA, a partir das 20,30 horas na Praza Maior
Animación a cargo de Aspadisi e da Charanga CASTRO BELLO
-Domingo de Piñata, 22 de febreiro
XXI FESTA DA CACHUCHA
Gran desfile-espectáculo de carrozas polas rúas do Carballiño a partir das 18,00 horas

Lorena Rodríguez López e María Gómez Dominguez, ex-alumnas do IES Nº1 do Carballiño, recibiron os Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e Grao e de Doutoramento concedidos pola Universidade de Vigo.
Lorena Rodríguez López realizou estudos de Química na devandita universidade e realiza na actualidade un Máster; pola súa parte María Gómez Domínguez rematou os seus estudos de Grao en Publicidade e Relacións Públicas e traballa actualmente en Madrid.
O acto académico tivo lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, coincidindo coa festividade de Santo Tomé de Aquino, patrón da Universidade.
O alcalde Argimiro Marnotes manifestou no acto de presentación celebrado no stand de Turgalicia en Fitur 2015 que " O Carballiño tiña unha débeda que agora se paga coa cidade da Coruña para dedicarlle esta festa, coa idea de ter moita presenza da festa do pulpo na Coruña e da Coruña no Carballiño".
No acto estiveron presentes o alcalde da Coruña Carlos Negreira e a tenente alcaldesa Luisa Cid, que agradeceron esta dedicatoria do concello carballiñés, asegurando que "faráse todo o posible para estar á altura doutras cidades que xa recibiron tal distinción".
Durante a presentación mostrouse tamén o cartel do artista carballiñés Xesús Carballido, que servirá par promocionar a convocatoria festivo-gastronómica.
Pechou o acto a directora xeral de turismo da Xunta, Nava Castro, recordando que "o polbo é embaixador de Galicia, e o mellor polbo do mundo cómese no Carballiño".
A denuncia, presentada nos xulgados do Carballiño, partíu dunha Plataforma Veciñal constituída no concello de Piñor.
Consideran os denunciantes que, durante os últimos anos e dende que o socialista Francisco Fraga obstenta a alcaldía do concello de Piñor, non se cumpliron as máis elementais garantias legais, e tampouco se respectaron os procedementos que rexen na contratación pública.
Cando o actúal alcalde accedeu ao cargo, recordan, o concello de Piñor contaba con 3 traballadores no seu cadro de persoal, mentres que na actualidade son 20 os traballadores que integran a nómina muncipal nu concello de 1.237 habitantes según o último padrón de habitantes de Piñor.

O portavoz do Grupo Municipal do PSdeG do Carballiño, Paco Fumega, xunto aos alcaldes de Piñor, Francisco Fraga, e de Maside, Celso Fernández, denunciaron hoxe "a ineptitude e o desleixo do goberno de Marnotes e da Xunta para conseguir que a comarca do Carballiño non quede desatendida ante as emerxencias".
Fumega afirmou que "O Carballiño está agora mesmo desprotexido dende que remataron os contratos dos operarios que atendían as emerxencias de Protección Civil, debido á ineptitude e a ineficacia que ven sendo a dinámica dos catro anos de goberno de Marnotes”.
Sinalou que “O Carballiño precisa ofrecer servizos públicos como cabeceira de comarca, e o de emerxencias é ademais un servizo fundamental do que non poden prescindir os veciños”.
Por elo considerou que “as promesas incumpridas e os parches que está a poñer Marnotes son un insulto á cidadanía e aos voluntarios de Protección Civil, que foron ninguneados por este alcalde despois de prestar un servizo exemplar”.
O alcalde de Piñor sinalou que “esta é unha mostra mais da nula preocupación da Xunta pola nosa comarca” xa que “os cidadáns están desasistidos mentres o conselleiro da Presidencia di reiteradamente que a apertura do parque de bombeiros é inminente, pero pasan os meses e non vemos esa inminencia”.
Francisco Fraga asegurou que os concellos da comarca "que adiantaron diñeiro para a compra de material para o parque de bombeiros, teñen que estar cubertos ante unha emerxencia".
Apuntou ademais que a Xunta incumpre o acordo acadado no Pacto Local de que se contaría cun equipo para a atención de emerxencias mentres non estivese operativo o parque de bombeiros. “É inconcebible que unha comarca como a do Carballiño estea totalmente desprotexida pola inacción da Xunta”.
Por elo, os socialistas esixiron “menos palabras e máis obras” e urxiron a posta en marcha dun Grumir, GES ou similar, que atenda as urxencias mentres non estea operativo o parque de bombeiros, e incluso despois como apoio a este, para atender outras incidencias que se produzan.

O TSXG atende asi a petición do Ministerio Fiscal e acorda o procesamento do excalde do Carballiño, que deberá comparecer en declaración indagatoria o vindeiro dia 3 de Febreiro e abonar 2.000 euros como fianza en previsión de costas.
A fiscalía apreciara "relevantes e significativos indicios de criminalidade" na súa actuación, xa que os contratos levaronse a cabo "de maneira absolutamente arbitraria, atendendo exclusivamente a afinidades de tipo político, persoal ou doutro tipo".
O auto que acorda abrir proceso a Pachi Vázquez por un presunto delito de prevaricación continuada resalta que o exalcalde, aínda estando advertido da ilegalidade "continuou contratando con habitualidade ao persoal en rexime laboral sin un mínimo expediente, nin unha mínima acreditación do mérito e capacidade dos elexidos e sen publicidade algunha".
Tamén cita o auto un decreto do exalcalde "no que sin ningún procedemento ou xustificación amparada lexitimamente no ordenamento xurídico acorda sen maís recoñecer a condición de traballadores indefinidos a 6 traballadores que con anterioridade tiñan contratos temporais realizados sen ningún procedemento ou amparo legal".
A maioria das 37 contratacións de traballadores que motivan o procesamento de Pachi Vázquez durante a súa etapa como alcalde do Carballiño foron feitas entre os anos 2003 a 2005.
Unha vez coñecido o auto do TSXG o exalcalde, e na actualidade deputado do PSdeG no parlamento de Galicia, volve proclamar a súa inocencia e anuncia que presentará un recurso contra o mesmo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 612
- 613
- 614
- 615
- 616
- 617
- 618
- 619
- 620
- …
- seguinte ›
- última »