
Lorena Rodríguez López e María Gómez Dominguez, ex-alumnas do IES Nº1 do Carballiño, recibiron os Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e Grao e de Doutoramento concedidos pola Universidade de Vigo.
Lorena Rodríguez López realizou estudos de Química na devandita universidade e realiza na actualidade un Máster; pola súa parte María Gómez Domínguez rematou os seus estudos de Grao en Publicidade e Relacións Públicas e traballa actualmente en Madrid.
O acto académico tivo lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, coincidindo coa festividade de Santo Tomé de Aquino, patrón da Universidade.
O alcalde Argimiro Marnotes manifestou no acto de presentación celebrado no stand de Turgalicia en Fitur 2015 que " O Carballiño tiña unha débeda que agora se paga coa cidade da Coruña para dedicarlle esta festa, coa idea de ter moita presenza da festa do pulpo na Coruña e da Coruña no Carballiño".
No acto estiveron presentes o alcalde da Coruña Carlos Negreira e a tenente alcaldesa Luisa Cid, que agradeceron esta dedicatoria do concello carballiñés, asegurando que "faráse todo o posible para estar á altura doutras cidades que xa recibiron tal distinción".
Durante a presentación mostrouse tamén o cartel do artista carballiñés Xesús Carballido, que servirá par promocionar a convocatoria festivo-gastronómica.
Pechou o acto a directora xeral de turismo da Xunta, Nava Castro, recordando que "o polbo é embaixador de Galicia, e o mellor polbo do mundo cómese no Carballiño".
A denuncia, presentada nos xulgados do Carballiño, partíu dunha Plataforma Veciñal constituída no concello de Piñor.
Consideran os denunciantes que, durante os últimos anos e dende que o socialista Francisco Fraga obstenta a alcaldía do concello de Piñor, non se cumpliron as máis elementais garantias legais, e tampouco se respectaron os procedementos que rexen na contratación pública.
Cando o actúal alcalde accedeu ao cargo, recordan, o concello de Piñor contaba con 3 traballadores no seu cadro de persoal, mentres que na actualidade son 20 os traballadores que integran a nómina muncipal nu concello de 1.237 habitantes según o último padrón de habitantes de Piñor.

O portavoz do Grupo Municipal do PSdeG do Carballiño, Paco Fumega, xunto aos alcaldes de Piñor, Francisco Fraga, e de Maside, Celso Fernández, denunciaron hoxe "a ineptitude e o desleixo do goberno de Marnotes e da Xunta para conseguir que a comarca do Carballiño non quede desatendida ante as emerxencias".
Fumega afirmou que "O Carballiño está agora mesmo desprotexido dende que remataron os contratos dos operarios que atendían as emerxencias de Protección Civil, debido á ineptitude e a ineficacia que ven sendo a dinámica dos catro anos de goberno de Marnotes”.
Sinalou que “O Carballiño precisa ofrecer servizos públicos como cabeceira de comarca, e o de emerxencias é ademais un servizo fundamental do que non poden prescindir os veciños”.
Por elo considerou que “as promesas incumpridas e os parches que está a poñer Marnotes son un insulto á cidadanía e aos voluntarios de Protección Civil, que foron ninguneados por este alcalde despois de prestar un servizo exemplar”.
O alcalde de Piñor sinalou que “esta é unha mostra mais da nula preocupación da Xunta pola nosa comarca” xa que “os cidadáns están desasistidos mentres o conselleiro da Presidencia di reiteradamente que a apertura do parque de bombeiros é inminente, pero pasan os meses e non vemos esa inminencia”.
Francisco Fraga asegurou que os concellos da comarca "que adiantaron diñeiro para a compra de material para o parque de bombeiros, teñen que estar cubertos ante unha emerxencia".
Apuntou ademais que a Xunta incumpre o acordo acadado no Pacto Local de que se contaría cun equipo para a atención de emerxencias mentres non estivese operativo o parque de bombeiros. “É inconcebible que unha comarca como a do Carballiño estea totalmente desprotexida pola inacción da Xunta”.
Por elo, os socialistas esixiron “menos palabras e máis obras” e urxiron a posta en marcha dun Grumir, GES ou similar, que atenda as urxencias mentres non estea operativo o parque de bombeiros, e incluso despois como apoio a este, para atender outras incidencias que se produzan.

O TSXG atende asi a petición do Ministerio Fiscal e acorda o procesamento do excalde do Carballiño, que deberá comparecer en declaración indagatoria o vindeiro dia 3 de Febreiro e abonar 2.000 euros como fianza en previsión de costas.
A fiscalía apreciara "relevantes e significativos indicios de criminalidade" na súa actuación, xa que os contratos levaronse a cabo "de maneira absolutamente arbitraria, atendendo exclusivamente a afinidades de tipo político, persoal ou doutro tipo".
O auto que acorda abrir proceso a Pachi Vázquez por un presunto delito de prevaricación continuada resalta que o exalcalde, aínda estando advertido da ilegalidade "continuou contratando con habitualidade ao persoal en rexime laboral sin un mínimo expediente, nin unha mínima acreditación do mérito e capacidade dos elexidos e sen publicidade algunha".
Tamén cita o auto un decreto do exalcalde "no que sin ningún procedemento ou xustificación amparada lexitimamente no ordenamento xurídico acorda sen maís recoñecer a condición de traballadores indefinidos a 6 traballadores que con anterioridade tiñan contratos temporais realizados sen ningún procedemento ou amparo legal".
A maioria das 37 contratacións de traballadores que motivan o procesamento de Pachi Vázquez durante a súa etapa como alcalde do Carballiño foron feitas entre os anos 2003 a 2005.
Unha vez coñecido o auto do TSXG o exalcalde, e na actualidade deputado do PSdeG no parlamento de Galicia, volve proclamar a súa inocencia e anuncia que presentará un recurso contra o mesmo.

Partido tostón, pesado para o afeccioando o que ofreceron Arenteiro e Nogueira, ambos equipos apostaron polo fútbol directo e tan so a incertidume no marcador mantivo a atención ata o pitido final. Se por ocasións de gol desperdiciadas fose, o Arenteiro sería claro vencedor.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, D. López, D. Arbo, Pana, Dafonte, V. Gallego, Bardelás, Martín Pérez, D. Vázquez e M. Sotelo. No tramo final do partido tamén xogaron Sanginés e D. Quiroga.
O Partido: Sen apenas fútbol, o Nogueira xogando ao patadón dende o primeiro minuto, e o Arenteiro nun querer e non poder constante. Porque queren sí que quixeron, non se lle pode negar ao equipo entrega e tesón durante toda a tarde, pero fáltalles coordinación e frescura para volver a unha dinámica positiva. Ainda asi, o Arenteiro pudo gañar este partido se aproveitase alguna das súas claras, clarísimas ocasións de gol que tivo. Na pimeira parte, Dafonte cun tiro que se desviou por pouco e V. Gallego cunha gran volea que se foi ao longueiro puderon adiantar ao Arenteiro. Aínda máis claras foron as oportunidades perdidas na segunda parte, pero nin Martín Pérez, nin D. López, nin Arbo nin Victor Gallego acertaron ante a portería visitante. Para o Nogueira Kike e Guille desperdiciaron as únicas ocasións que os de Luintra fixeron en toda a tarde. Xa no minuto 90 unha gran intervención do meta do Nogueira Jacobo eviotu o gol, tras un tiro de D. Quiroga que se colaba na cepa do poste.

Mariela Montero Rodríguez recibíu como premio unha viaxe a Galicia, tras gañar o concurso de oratoria no que participa o estudantado de secundaria de Panamá.
Acompañada da súa profesora-adestradora e a vicecónsul de Panamá en España, a xoven foi recibida no transcurso dun acto institucional na casa do concello do Carballiño, ao que asistiron concelleiros e concelleiras das corporacións municipais de Boborás e O Carballiño. Despois, a comitiva visitou os dous institutos de secundaria carballiñeses e o templo da Veracruz.
O alcade Argimiro Marnotes lembrou a gran relación existente entre a nosa comarca e Panamá, a través da emigración, con numerosas familias orixinarias da comarca emigrantes a Panamá " e tantos dos nosos veciños que traballaron nesa colosal obra do canal de Panamá", remarcou o rexedor municipal.
Mariela agradeceu a acollida, manifestou ter a sensación de "estar como en casa" e invitou aos carballiñeses e galegos en xeral para coñecer Bocas del Toro, a súa terra natal en Panamá.
O Bloque Nacionalista Galego ven de dirixir un escrito á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, á que piden compromiso para recuperar a participación na Festa dos Maiores, que con carácter anual ten lugar no parque municipal do Carballiño.
O BNG achégalle á Conselleira "a preocupación como organización política polo notable descenso de participacion, na última edición de 2014, xustificabase ese desceno porque ao parecer a consellería non sufragou o coste dos autobuses que desplazan aos maiores desde os distintos concellos de Galicia".
Entende o Bloque, e asi o manifestan á Conselleira, que "podian tomarse algunhas medidas para promocionar a festa, e como suxerencia, poderian dar as instruccións oportunas ás direccións dos distintos centros sociais da súa competencia, para que fagan a previsión para o pago dos autobuses".
Deportivo e Banda Orquestra para a Festa do Polbo
Noutro escrito, éste dirixido ao goberno municipal do Carballiño, o BNG propón ao concello do Carballiño, e toda vez que a Festa do Polbo de 2015 está adicada a cidade de A Coruña, que se fagan as xestións oportunas e canto antes posible para contar este verán e nas datas previas á festa coa presenza no Carballiño do Real Club Deportivo da Coruña, que desputaría un partido amigable no Estadio de Espiñedo co Club Deportivo Arenteiro.
Outra das actividades que propoñen os nacionalistas é unha actuación da Banda Orquestra da Coruña no Carballiño nesas mesmas datas.

O Carballiño Centro Comercial Aberto fixo entrega de 43 sudadeiras seregrafiadas ao equipo Balonmán O Carballiño.
Desta maneira, o CCA continúa mostrando o seu compromiso co deporte local, e cos distintos equipos e entidades que representan a O Carballiño nas competicións deportivas.
No acto de entrega, no polideportivo Paco Chao, estivo presente o Presidente do CCA Julián Garriga e a Xerente Cristina González, que felicitaron aos integrantes do Balonmán O Carballiño pola súa actividade.

A casa sita no lugar de Figueirido, na parroquia de Pazos de Arenteiro, estaba deshabitada. Quedou completamente destruida a estructura de madeira, quedando unicamente en pe as paredes exteriores, que son de pedra.
Veciños da localidade advertiron o fume que saía do inmoble e deron aviso ao 112, aínda que os servizos de emerxencias tardaron algo máis dunha hora en chegar ao lugar do sinistro, según o testimonio dos propios veciños, que participaron activamente no control do lume, evitando que se propagase ás casas colindantes.
Pola súa parte, os servizos de emerxencias mobilizaron aos efectivos do GES do concello de Avión e voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Carballiño, que acudiron con camións de bombeiros.
A Garda Civil investiga a orixe do lume, xa que a casa non contaba con electricidade, polo que se descarta a posibilidade do cortocircuíto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 613
- 614
- 615
- 616
- 617
- 618
- 619
- 620
- 621
- …
- seguinte ›
- última »