30, Decembro 2014

A corporación municipal do Irixo aprobou o orzamento para o ano 2015, por un importe total de 1.085.147,63 euros. En relación ao ano 2014, diminue o capítulo de gasto de personal en 65.365 euros e aumentase o capítulo de investimentos reais en 66.238 euros.

Dende o goberno municipal do Irixo que preside o alcalde Manuel Penedo destacan -por mediio dunha nota informativa- que "este concello ten débeda cero, xa que o pasado dida 22 de Decembro cancelouse a débeda coas entidades bancarias".

Tamén se aprobou neste derradeiro pleno do ano a creación da sede electrónica do concello, con vistas -fundamentalmente- á entrada de facturas electrónicas que pasará a ser accesible para todos os proveedores as 24 horas ao dia durante os 365 dias do ano, presentación que será obrigarotia nesta via electrónica para aquelas facturas superiores aos 2.500 euros.

29, Decembro 2014

Representantes dos  partidos políticos locais, PSdG, BNG, Podemos e Anova, do sindicato CIG, asi como de algunhas asociacións culturais, veciñais e xuvenís, desplegaron unha  gran pancarta ás portas da casa do concello do Carballiño, que servíu como presentación pública desta recentemente constiuída Plataforma Cidadá.

Ademáis, anunciaron o inicio dunha campaña de recollida de sinaturas que comezará este mércores 31 de Decembro, coincidindo coa celebración da derradeira feira do ano no Carballiño.

Demandan que "se abra de xeito inmediato, ao 100% da súa capacidade e dotada de personal público". Consideran dende esta plataforma "que a Xunta e o Concello están a despilfarrar o diñeiro dos nosos impostos ao regalarlle a unha empresa privada unha residencia que costou 7 millón de eruos, e por riba, darlle 500.0000 eruos máis ao ano".

Recordan como no proxecto inicial estaba prevista "unha capacidade de 115 usuarios, e agora tan so vai abrir con 20 prazas". Finalmente, a plataforma cidadán considera "especialmente grave os postos de traballo que se están a perder, xa que coas 115 prazas cubertas necesitaríase un mínimo de 80 postos de traballo, e coa apertura de tan so 20 prazas de residentes van traballar como máximo 12 persoas".

28, Decembro 2014

A Carreira superou o medio millar de participantes, aínda que o gran éxito estivo na solidariedade mostrada polos atletas, que entregaron centos de quilos de productos de alimentos, que recolleron voluntarios de Cáritas Parroquial do Carballiño e da Cruz Vermella local.

Dende a organización, a cargo do concello do Carballiño, solicitarase dos participantes que, dado o carácter solidario da carreira, entregasen un quilo de alimentos non perecedoiros, a chamada foi un éxito total e superaronse as previsións. Serán repartidos entre as familias da comarca con máis necesidade.

As clasificacións da VI Carreira Solidaria do Arenteiro, nas súas diversas categorias, pode verse en www.cronotec.es

27, Decembro 2014

O Arenteiro cumplíu o guión e supera a eliminatoria de octavos de final da Copa Deputación, a partido único, xogado no campo do Novo Aguillón, no que os valdeorreses plantaron cara na primeira media hora, pero que o Arenteiro sentenciou sen problemas cun gol en cada parte.

CD Arenteiro: Pachi, Carlos, Dani Arbo, Lois, Pana, Dafonte, Alex Santiago, Bardelás, Gele, Martín Pérez e D. Quiroga. Tamén xogaron V.Gallego, D.López, Ocampo e Brais.

Goles:

0-1. Minuto 30. Dani Arbo de cabeza á saída dun córner lanzado por Gele.

0-2. Minuto 56. Martin Pérez remata un balón enviado por D. Quiroga.

O Partido: Típico de copa no que o equipo de inferior categoría, neste caso o CD Rúa, que sabe tratar moi ben o balón, sae a por todas e a punto estivo de meter en problemas ao equipo de superior categoría, neste caso o Arenteiro. Os valdeorreses protestaron un gol que lle anularon por fora de xogo, que pudo supoñer o empate cando remataba a primeira parte. Non obstante, foi o Arenteiro o que marcou a pauta do partido, ademáis dos dous goles, pudo marcar algúns máis, nun par de ocasións por medio de Martín Pérez que desbaratou o porteiro local Ferrer, nun balón ao pau de Pana ou nunha gran xogada persoal de V.Gallego que culminou nun tiro que se foi fora por pouco. Xa nas postrimerías do encontro, minuto 90, D. Quiroga lanzou un penalti que desviou nunha magnifíca intervención o porteiro do Rúa.

24, Decembro 2014
23, Decembro 2014

O concello carballiñés ven de remitir ao Ministerio de Fomento a solicitude para acollerse ao 1,5 cultural e financiar asi a obra de restauración do mosteiro medieval de San Pedro de Lobás.

Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde Argimiro Marnotes "nunca antes se dera este paso, a pesar de que se trata dunha reivindicación que ven de moitos anos atrás, pero nunca ata o de agora se fixera dende o concello esta solicitude, temos que poñer en valor o noso patrimonio", subliñou.

Na solicitude enviada dende o concello do Carballiño figura a correspondiente memoria sobre a actuación que pretende levarse a cabo, valorada en 575.000 euros, dos que o 25% "terá que ser aportado polo concello ou buscar unha subvención doutra administracción, avanzou Marnotes. En canto ao proxecto dixo que "consistirá fundamentalmente en consolidar a Igrexa e reconstruir parte do conxunto monástico, deixando espazos diáfanos con vistas a buscarlle unha utilidade, que podería ser a museística ou outra".

21, Decembro 2014

Empate sen goles no Estadio José Argiz de Verín, nunha tarde de moita néboa na que o Arenteiro regresa a O Carballiño cun punto que, tal como se desenvolveu o partido, case sabe a pouco. Non obstante, con éste en Verín, os verdes prolongan a súa racha e suman xa 7 partidos consecutivos sen perder na competición de liga en Preferente.

CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Diego López, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Ocampo ( Bardelás, m. 45), Victor Gallego (Dani Vázquez, m.63), Sanginés (Diego Quiroga, m. 67), Martín Pérez e Marcos Sotelo (Lois, m. 70).

O Partido: Clásico de rivalidade, moi trabado, e nunha primeira parte no que se xogou moi pouco tempo real, despois de que o partido estivese parado 12 minutos pola lesión do porteiro local Jorge, tras rexeitar un balón á escadra enviado por M. Sotelo. Unha vez que se reanudou o Arenteiro tivo por tres veces a oportunidade de adiantarse no marcador por medio de M. Pérez , Ocampo e D. López pero evitouno as meritorias intervencións do meta local, concluindo os primeiros 45 minutos co Arenteiro como claro dominador no terreo de xogo. Na segunda parte, no m. 53 chegaba a primeira ocasión -e practicamente única- do encontro a favor dos verinenses, despois o partido entrou nunha fase na que o xogo non tiña continuidade por ningún dos dous equipos, aínda que foi o Arenteiro -a balón parado- o que volveu estar a piques de marcar en sendas faltas ao borde da área lanzadas por Quiroga e Dani Arbo. Ambos equipos remataron o partido con 10 xogadores no campo, por expulsión de Vicente de Dios nos locais e Dafonte no Arenteiro, nos dous casos por doble cartón amarelo.

21, Decembro 2014

O lume declarouse nunha máquina elevadora, nas instalacións da empresa eólica sita no parque empresarial do Carballiño., ás cinco da madrugada os vixilantes de seguridade da factoria deron aviso ao 112.

Movilizouse o retén  de Emerxencias do Concello do Carballiño, que extinguíu o lume. Tamén de inmediato púxose en marcha un operativo con efectivos de Protección Civil, aínda que xa non foi precisa a súa intervención.

20, Decembro 2014

O Auditorio Municipal de O Carballiño acolleu esta tarde a Convención Provincial de Candidatos e Candidatas do PP de Ourense para as Eleccións Municipais de maio de 2015.

O presidente provincial, Manuel Baltar, salientou durante a súa intervención que  "O PP  é a única forza política desta provincia capaz de presentar a día de hoxe aos seus 91 candidatos provinciais". Destacou tamén Manuel Baltar que a media de idade dos candidatos populares ourensáns é de 52 anos. Ademáis, lembrou que dos 91 candidatos hoxe presentados, 22 supoñen unha renovación. 

Manuel Baltar lembrou no Carballiño que hoxe, precisamente, se cumpren tres anos da investidura como presidente do Goberno de Mariano Rajoy, quen precisamente viviu os seus primeiros anos na vila do Arenteiro.

Tamén fixo un repaso aos obxectivos do PPOU para os vindeiros comicios, que actualmente ostenta 69 das 92 alcaldías de Ourense, así como a intensa actividade orgánica do PP de Ourense. con 70 congresos locais celebrados a día de hoxe. "Defendemos unha visión integral da provincia, onde todos os municipios contan. Somos reformistas, centristas e galeguistas.  E practicamos o verbo máis importante en política: escoitar. Somos unha formación política gañadora como ningunha".

Previamente ás verbas de Manuel Baltar, as intervencións da convención desta tarde correron a cargo de Argimiro Marnotes (benvida); José Luis Ferro Iglesias (“Cultura e Turismo, a xestión local do Turismo Cultural”); Luz Doporto Real (“La alternativa popular, el modelo de la confianza”); Gabriel Alén Castro (“Facendo futuro. A xestión local no século XXI”); María del Carmen Yáñez Salgado (“O futuro de Ourense pasa polo Termalismo”) e Jorge Pumar Tesouro (“Organización política e campaña electoral”).

Durante a súa intervención, ao comezo da Convención Provincial de Candidatos do Partido Popular de Ourense, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que "a pesar de que entre todos, moitos problemas os solucionamos, aínda quedan moitos por solucionar. Pero ninguén nos debe roubar as solucións. Hai algún que pretende proxectarse como o máis grande, e precisan que os problemas sexan máis graves. Eso é minusvalorar á xente e caer no simplismo, cando non se moveu nin un dedo para paliar esta profundísima recesión económica. Desprezan este país e non lles gusta que agora falemos de emprego e non de paro. E non lles gusta porque todo isto o conseguimos co esforzo de todos. Non entendo esa satisfacción por dividir. Frente a súa soberbia, a nosa humildade; frente ao seu ego, o noso servizo. Eles son os salvadores da patria; nós preferimos ser os servidores da patria. Somos o partido que dá a cara, mentres outros lle botan moita cara. Nós estamos aquí para gañar", proclamou ante candidatos e invitados que completaron o aforo do auditorio carballiñés.

 

 

19, Decembro 2014

Dentro do programa da subvención do Fondo de Compensación Ambiental veñen de rematarse as obras de traída de auga e depósito de abastecemento no pobo de Cangues asi como o acondicionamento de espazos públicos en Casar de Cangues, todo elo por un importe de 80.000 euros.

Estase executando a traída de auga ós pobos de A Ponte, Irixe e Vila por un importe de 300.000 euros, prevéndose a sua finalización para o fin da primavera do vindeiro ano, financiada pola Conselleria de Medio Ambiente  Tamén están en marcha traballos de acondicionamento de estradas do municipio por un importe de 70.000 euros pertenecente os Plans Provincias 2014 da Deputación de Ourense

OBRAS A EXECUTAR NO 2015

Na subvención do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2.015 vanse realizar as obras de acondicionamento de espazos públicos en Parada Laviote, para restaurar unha antiga poza asi como o entorno da mesma para o uso e disfrute dos veciños.

Dentro desta mesma subvención vaise por en marcha unha ruta de senderismo polos montes do concello, esta ruta denominada Ruta do castros, partirá do Muiño chamado de Rio, no pobo de Irixe, pasando polas antigas minas ( xa restauradas ), castro de Orros, castro de Cida, a continuación polos pobos de Valdesoiro, Santiso, Rivela ata o castro de Santiso ( denominado Chousa dos Moros) para rematar no castro de Souteliño.  Estas obras teñen un presuposto de 55.000 euros

Dentro do plan de actuacións de melloras de carreteras invertiranse outros 50.000 euros para que as carreteras de todas as parroquias do concello queden arranxadas, dentro dos Plans Provinciais 2015 da Deputación de Ourense

Durante estes días acabase de publicar a subvención para a contratación de brigadas para a extinción de incendios, asi como de limpeza forestal pola Conselleria de Medio Rural , solicitando este concello 3 brigadas  con un  total de 15 traballadores como aconteceu na campaña de 2014.

No Plan Marco do ano 2015 vanse invertir 108.000 euros nas parroquias de O Campo, San Cosme e Froufe para levar acabo actuacións de arranxos de diferentes camiños.

Finalmente, o concello do Irixo informa que  "vindeiros días vaise proceder a aprobación do presuposto Xeral do ano 2015 onde quedarán varias  partidas presupostarias  para as diferentes peticións veciñais, onde entre outras cousas se contempla o arranxo de varias casas escolas para locais socias dos veciños".

 

 

 

 

                

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS